23.9.07

Unha subida dun 40 %


O pasado xoves 20 de setembro, os socios de Goberno no Concello de Neda (Terra Galega e PP )aprobaron no Pleno unha subida de impostos de un 40 %, xustificando esta subida ( polo deficit que ten o conello de 50.000 € ), os votos en contra de
BNG,EU E PSOE, non foi suficiente para parar esta subida.
2007 2008 Prezos e Taxas
28,99 € 40,37€ 39,25% Recollida lixo ( 1 día a semán )
0,0189€ 0,0193€ Mínimo auga
7,49€ 9,74€ Escolas deportivas (menores)
2,74€ 10,93€ 30% Sauna
300,5€/m2 511,95€/ m2 Vivenmda Unifiamiliar
0,40% 0,60% 33% Imposto Bens Inmobles (IBI)
2,50 2,60 4% Imposto Construcción, afecta aos grandes constructores mais que nada ¿ é curioso, non ?

Imposto de automóbiles ( Ordenanza 4 ) un 10%

ORDENANZA 28 ( esta non existía )
Por expedición dun Certificado 20 €
Por unha compulsa 30 €
Dende o BNG, e sendo conscientes, que para facer cousas hai que ter diñeiro, apoiariamos unha subida racional dos impostos e prezos, pero non desta maneira desmesurada, e tendo en conta ademais que a poboación do noso concello nun 45 % é amior de 60 anos e en moitos casos están cobrando o salario mínimo interprofesional ou pensións non contributivas, e será a estes sectores da poboación a quen máis vai afectar e non como dice a concelleira do PP, ( aos terratenientes, esta subida vai ademais en contra da filosofía do SR. Rajoy, que di que si goberna baixará os impostos.

3 comentarios:

Anónimo disse...

Paco Rodríguez deixa o Congreso e ábrelle paso a Francisco Jorquera
O secretario xeral da UPG leva nas Cortes desde 1996. Quintana di que o seu traballo é "dificilmente igualábel".


Lunes, 24 de septiembre de 2007


Paco Rodríguez é o líder da UPG

XORNAL I A Coruña/Santiago.- Vaise do Congreso dos Deputados Francisco Rodríguez, un dos grandes líderes do nacionalismo galego, e chega Francisco Jorquera, un home do aparato do BNG.

A Unión do Povo Galego (UPG) na que militan Rodríguez e Jorquera é un partido autodefinido como "comunista patriótico, porque asume a loita de liberación nacional". Ao seu redor fóronse aglutinando durante os anos setenta os sectores que logo confuirían no BNG.

A UPG ten 1.300 militantes e o seu voceiro dende 1965 é "Terra e Tempo". O seu presidente dende 1977 é Bautista Álvarez e o seu secretario xeral Francisco Rodríguez. A Unión da Mocidade Galega que se constituiu en 1977 é a organización xuvenil do partido.

Anxo Quintana falou na Radio Galega sobre o labor que desenvolveu o deputado nacionalista Francisco Rodríguez no Congreso español nos últimos 12 anos: “O seu traballo é dificilmente igualábel e Galiza débelle moito”.

Logo de recoñecer que a miúdo mantén puntos de vista distintos aos do líder da UPG, sinalou que está convencido de que Rodríguez, que se retira da vida parlamentaria, vai “permanecer activo na política e iso para o BNG é moi importante”.





COMENTARIOS
Asunto: O valedor de Reganosa
Autor: toxeiro
(regadeles@yahoo.es)
Comentario:
O principal valedor de que se construira unha planta de gas dentro da Ría de Ferrol, abandona o congreso ¡ É unha moi boa noticia para Ferrolterra!.

Grazas a Paco Rodriguez, o BNG perdeu as alcaldías de Fene e de As Pontes e 10000 votos en Ferrolterra . No Concello de Ferrol de seis concelleiros pasarona a 2. Na manifestación do día 3 de xuño cando se escoitou dicir o seu nome a Praza de Armas de Ferrol foi toda ela un asubío.

Vai, vai que te leve o demo, vai, vai que te vai levar.....

Anónimo disse...

E unha magoa que Paco Rodriguez, outraora defensor dos intereses das clases traballadoras acabe nestes momentos defendendo os intereses dos capitalistas autoctonos. Boa noticia que abandone a vida parlamentar, mala que o sustitua un burocrta do partido. Nada terá que aportar senon servir de correa de trasmision docapitalismo local.

Anónimo disse...

¿É certo que si unha asociación quere utilizar un local do concello, ten que pagar polo aluguer e unha cantidade por cada persoa participante?. Nese caso ¿qué vai ser do asociacionismo no concello? ¿nos teremos que xuntar baixo os soportales da rúa real e facer as actividades ao aire libre? Aínda que ao millor se lles ocurre cobrar un imposto por consumo de oxíxeno.... e entón.... estamos acabados...