O deputado Fernando Blanco insta ao organismo público a que explique o cumprimento dos compromisos acadados e permita o aproveitamento dos terreos improdutivos
Santiago de Compostela, 3 Setembro 07.- O deputado do BNG Fernando Blanco Parga vén de rexistrar unha pregunta para a súa resposta oral en comisión sobre o compromiso da SEPI de “determinar os terreos da antiga Astano que se poden considerar como ociosos”.
Segundo explica o parlamentar, este acordo asinouse na xuntanza mantida o 17 de abril entre o presidente de Portos de Galiza e o responsábel da SEPI.
O presidente do ente portuario destacou desta xuntanza algo que, en opinión do nacionalista resulta “sorprendente”, isto é, “a vontade de colaboración da SEPI” mentres que, até agora, “este organismo público caracterizouse polo seu rexeitamento a que Fene volvese construír barcos”.
Blanco Parga lembra que na actualidade Navantia-Fene dispón de 623.894 metros cadrados de terreos en réxime de concesión na zona de servizo da Autoridade Portuaria dos cales, segundo ten admitido o propio presidente da Sociedade Estatal de Participacións Industriais, 200.000 “non están a ser aproveitados para a construción naval”.
Esta situación choca coa falla de espazo nos estaleiros de Vigo, con plena carga de traballo e que, segundo explica o parlamentar, “nalgún caso, por non dispor de instalacións suficientes están a buscar outros estaleiros, ben para mercalos ou alugalos en outras zonas do mundo”.
Aproveitar o auxe do naval
Deste xeito, en opinión do deputado, “semella que Galiza non está a aproveitar plenamente o auxe da construción naval civil que existe a nivel mundial, cando ten un estaleiro con capacidade de producir en estado anémico”.
O deputado nacionalista lembra, asemade, o acordo parlamentar acadado a instancias do BNG no que se solicitaba a “desafectación dos activos ociosos do estaleiro para os dedicar a usos industriais que non hipotequen a construción naval civil e a que a SEPI presentase de inmediato o Plano Industrial de Ferrol comprometido nos acordos de 16 de decembro de 2004”.
En vista de todo o exposto o BNG quer coñecer en detalle a situación do estudo sobre os terreos ociosos que se comprometeu a realizar a SEPI e a avaliación que Portos de Galiza fai “do cumprimento de compromisos por parte da Sociedade Estatal de Participacións Industriais”.
http://www.nuestromar.org/noticias/industria_naval072006_china_construira_50_superpetroleros
4.9.07
O BNG pergúntalle a Portos de Galiza se a SEPI xa determinou cales son os terreos ociosos de Navantia-Fene (ASTANO)
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 8:06 da tarde
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentarios:
Aqui os unicos ociosos sodes os do bng. e asi vos foi
Enviar um comentário