Durante os días 21, 22 e 23 deste mes
“Aprofundar en debates como a recuperación da memoria histórica, coñecer o país e as problemáticas específicas do Medio Rural, así como deixar un espazo para o lecer e a diversión”. Estes son, entre outros, os obxectivos das XIX xornadas de verán de Galiza Nova, segundo explicou a súa secretaria xeral, Iria Aboi, en rolda de prensa.
As xornadas celebraranse os días 21, 22 e 23 de setembro, “para evitar coincidir co Festigal e coa época de exames”. A inscrición custa 15 euros, nos que se inclúen as comidas, aloxamentos e visitas. A asistencia agardada estará en torno a 100 persoas, que poden ser militantes ou non de Galiza Nova.
Na rolda tamén estiveron presentes Manuel García, responsábel comarcal da Montaña (comarcas de Arzúa e Melide) e Noa Fernández, responsábel de organización das mocedades do BNG. García explicou as distintas actividades que terán lugar durante estes 3 días:
Programa das xornadas
Venres 21
18.30 Saída en bus dende Compostela
19:30-20h- recepción no Concello de Arzúa co alcalde, Xaquín García Couso.
21:30- Cea no Multiusos de Arzúa
23:00- Concerto de Loretta Martin
Sábado 22
9:30 Almorzo 11:00 Visita ao Enredo do Abelleiro
12:30 Saída cara Porto de Mouros e actividades (kaiak e tiro con arco).
14:30 Xantar
16:30 Saída cara Sobrado dos Monxes e visita guiada do mosteiro
18.00 Saída cara Melide
19:30 Recepción no Concello de Melide, coa alcaldesa Socorro Cea.
20:30 Charla na sala de conferencias, a cargo de representantes do Sindicato Labrego Galego, da consellaría de Medio Rural e do concello.
22:00 Saída cara o pavillón e cea
23:00 Saída nocturna por Melide
Domingo 23
10:30 Almorzo
11:30 Visita ao Museo Terra de Melide
12.30 Saída cara Arzúa
13:00h Homenaxe na Praza da Vila a Juan Vidal, alcalde de Arzúa fusilado no 36. Interveñen Manuel García, Iria Aboi e Xaquín García Couso, alcalde nacionalista de Arzúa.
14:30 Xantar na Área recreativa de Ribadiso
16:30 Saída cara Compostela
19.9.07
Galiza Nova celebra as súas xornadas de verán na comarca da Montaña, abertas a toda a mocidade galega
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:57 da tarde
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentarios:
Enviar um comentário