5.9.07

Os informes de Reganosa, serán revisados novamente por Industria


Entrevista no Ministerio de Industria
Representantes dos veciños pechados na Casa do Concello de Mugardos mantiveron, na mañá de onte unha entrevista con Jorge Sanz, director xeral de Política Enerxética e Minas, dependente do Ministerio de Industria, para solicitarlle que non se lle conceda a autorización de funcionamento comercial á planta de gas, por considerar que non acredita a distancia de seguridade necesaria ás vivendas.

Os responsábeis ministeriais comprometéronse a revisar os informes que no seu día avalaron o funcionamento da planta de gas mugardesa, supeditado a que se cumprisen determinados condicionantes que, segundo expresan os afectados, non se tiveron en conta en posteriores autorizacións emitidas. Entre os requisitos que condicionaban a autorización da construción da planta atopábanse o respecto ás distancias de seguridade aos núcleos de poboación e que os buques, en caso de urxencia, puidesen abandonar a ría o máis axiña posible e polos seus propios medios.

Así mesmo, os responsabeis de Industria aceptaron mediar cos máximos responsables do Ministerio para que o colectivo poida ser recibido polo seu titular, Joan Clos, ou ben polo secretario xeral de Enerxía, Ignaci Neto.

O Ministerio de Industria concedeu a autorización administrativa previa, o 3 de xuño de 2002, e a autorización de construción de Reganosa, o 13 de febreiro de 2004. Segundo sinalou Luz Mariña Torrente, as autorizacións concedidas estaban condicionadas ao cumprimento da norma EN-1532, sobre tráfico de buques gaseiros, "que require que o buque poida saír rapidamente e polos seus propios medios en caso de accidente durante a descarga"; que se cumpran as distancias á poboación que figuran na 'Lei SEVESO II', e que o circuíto de refrixeración do gas sexa pechado. Pola súa banda, a empresa Reganosa asegurou nun comunicado que as instalacións cumpren “estritamente” a distancia que debe existir coa poboación e cualificou de “moi remota” a posibilidade de incidentes.

3 comentarios:

Anónimo disse...

Manolo Castro, firme defensor da planta de gas dentro da Ría de Ferrol seguindo as instrucións de Paco Rodriguez, agora despois de ve-lo fracaso do BNG en toda a comarca, debido a esa defensa de Reganosa, quere lava-la cara publicando noticias relacionadas co traballo do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol( os cabreados do PSOE segundo as verbas de Manolo Doval, o político profesional). Manolo Castro non enganas a ningúen e todos sabemos o que fixeches para que a planta de gas estea en Mugardos ¡Obediencia cega e lamerlle o cú a Paco Rodríguez para conseguir ir de primeiro por Neda! De que che valeu?

Anónimo disse...

Totalmente de acordo co meu tocaio. O que che queda é demitir e dar paso ao nacionalismo que defende a terra. Sumisos non grazas. Deixa a Abel que é o unico que vale algo

Anónimo disse...

29/08/07
FRAGA SINTESE ORGULLOSO DE REGANOSA E A CIDADE DA CULTURA-GAIÁS



Fraga di que Reganosa e a Cidade da Cultura son as súas mellores obras
"Os que defenden como gato panza arriba que Reganosa se vaia, só queren que se lles merque o seu silencio con cartos", afirmou este luns nunha cena homenaxe en Cabanas.



Tags: Cidade da Cultura Manuel Fraga Reganosa

O ex presidente do Goberno, Manuel Fraga, foi o protagonista este luns dunha cea homenaxe por parte do PPdeG de Cabanas e de Pontedeume.


O fundador do Partido Popular afirmou que "do que estou máis orgulloso da miña época como presidente da Xunta é da planta de Reganosa e da Cidade da Cultura", informa este martes El Correo Gallego.


Ademais, engadiu que "os que critican esas dúas xestións son os que nunca fixeron nada".


Respecto aos que protestan contra a regasificadora dixo que "semella que a xente tolea", e xustificou o seu funcionamento para darlles servizo aos ciclos combinados das Pontes e de Sabón. Segundo Fraga, "os que defenden como gato panza arriba que Reganosa se vaia só queren que se lles merque o seu silencio con cartos".


O ex dirixente cualificou tanto esta obra como a da Cidade da Cultura como "moi positivas", e engadiu que "tamén o Palacio de Versalles recibira críticas no seu día".


Vieiros .-

Publicado por esquerdaunida-ferrol en 22:11

Etiquetas: Cultura e Turismo, PRENSA


2 comentarios:
Anónimo dijo...
PACO RODRIGUEZ, FERNANDO BLANCO, QUINTANA, TOURIÑO, IRISARRI, IVAN PUENTES, BARCIA Tamén se sinten orgullosos igoal que Fraga

30/8/07 06:41
Anónimo dijo...
Que senten no banquiño dos acusados a FRAGA,PEREZ VARELA, FEIJÓ ...E TODA A TROPA...

31/8/07 16:53