30.3.09

A DEPUTACION INVISTE EN NEDA

A Deputación provincial inviste en Neda e ten en conta as necesidades dos veciños e veciñas en épocas de crise coma estes, axudando en investimento real e en financiamento

PLAN PROVINCIAL DE AXUDA CONTRA A CRISE DESTINADO AO FINANCIAMENTO DOS GASTOS DE REPOSICIÓN ASOCIADOS A O MANTEMENTO DOS SERVIZOS PÚBLICOS ESENCIAIS DOS CONCELLOS 2OO9 (PAC-2)

NEDA .............66.307,03


PLAN PROVINCIAL DE AXUDA CONTRA A CRISE DESTINADO AO FINANCIAMENTO DOS GASTOS CORRENTES DOS CONCELLOS (PAC-l) 2OO9

NEDA..............66.307,03

Adaptación dos parques infantís de
Feira de Albarón
Igrexa de Stª María
Paseo Marítimo

TOTAL ……………………60.000 €

Iluminación Campo Fútbol Neda
TOTAL ……………………. 55.750,41 €

28.3.09

A e-sanitaria aprobada por unanimidade


O Pleno do Concello,celebrado o día 26 de marzo, aproba por unanmidade a solicitude de implantación da e-sanitaria no centro de saúde de Neda.
O Bloque Nacionalista Galego, presentou unha moción ao Pleno do Concello, para demandar que se implantara no centro de Saúde de Neda a e-sanitaria, os grupos representados no concello aprobaron por unanimidade a solicitude para a implantación da tarxeta sanitaria electronica, esperemos que en breve sexa usada por todos os pacientes e por todos os facultativos do Centro de Saúde de Neda.
Parabéns,xa que serán os veciños e veciñas de Neda os beneficiarios da implantación da mesma.

26.3.09

O BNG pide ao concello, que se implante a e-sanitaria

No Pleno a celebra hoxe 26 de marzo, o BNG, presenta unha moción , co fin de que o goberno de Neda, tome as medidas oportunas diante do SERGAS, para que a receita electronica, sexa implantada no centro de saúde de Neda.
O decreto Decreto 206/2008, de 28 de agosto, de receita electrónica. ten por obxecto regular a implantación da receita electrónica no ámbito do Sistema Público de Saúde de Galicia e establecer os procedementos e requisitos de prescrición e dispensación de medicamentos e produtos sanitarios mediante aquela.
No proceso progresivo da implantación de soportes informáticos para a xestión da prescrición e dispensación dos medicamentos, a Consellería de Sanidade, a través do Servizo Galego de Saúde, desenvolve un sistema de receita electrónica en Galicia cos obxectivos de mellorar a calidade asistencial ao reducirse o número de consultas para renovación de receitas, incrementando así o tempo de consulta do médico para diagnóstico e tratamento; mellorar a calidade da información sobre a historia farmacoterapéutica dos pacientes, mellorar a seguridade no uso dos medicamentos, facilitando o seguimento farmacoterapéutico, a detección de alerxias, interaccións e información sobre alertas farmacéuticas; mellorar a accesibilidade do paciente ao reducir os desprazamentos e trámites relacionados con pacientes crónicos e coa homologación sanitaria das receitas; habilitar novas canles de comunicación entre os/as profesionais médicos e farmacéuticos que atenden aos/as pacientes; simplificar o procedemento de facturación de receitas e reducir a burocracia, potenciar a atención farmacéutica, e conseguir unha xestión eficiente dos recursos farmacoterapéuticos mediante a racionalización da prescrición e dispensación dos medicamentos.
A receita electrónica desenvólvese en colaboración coas oficinas de farmacia de Galicia, a través da intermediación dos colexios oficiais de farmacéuticos da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, nos termos do Protocolo de actuación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e os colexios de farmacéuticos de Galicia, para a posta en marcha do proxecto de receita electrónica na Comunidade Autónoma de Galicia asinado en agosto de 2007, no que se establece o modelo de relación, as responsabilidades e as accións a desenvolver polas partes, así como o deseño da arquitectura tecnolóxica da receita electrónica.
a) Receita electrónica: é o documento electrónico polo que o profesional sanitario facultado para iso prescribe aos/as pacientes con dereito a prestación farmacéutica medicamentos e produtos sanitarios para a súa dispensación nas oficinas de farmacia.
Polo anteriormente exposto e como queira que este sstema pode facilitar moito o servizo aos/as usuarios/as do Centro de Saúde, non só a aqueles pacientes crónicos senón ao colectivo en xeral, o grupo do BNG
Que o Concello de Neda, tome as medidas oportunas no ámbito das súas competencias, para que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS ), poña en funcionamento no centro de Saúde de Neda a Receita electrónica (e-sanitaria).

22.3.09

Demoledora victoria, ou victoria pírrica

Tendo en conta que a Real Academia Española da lingua define como vitoria pírrica aquela obtida con máis dano do vencedor que do vencido, o bipartito logrou sen dúbida un triunfo destas características nas pasadas eleccións xerais. Segundo o resultado definitivo publicado o pasado venres no Diario Oficial de Galicia, os 524.488 votos logrados polo PSOE e os 270.712 conseguidos polo BNG suman máis de 5.000 sufraxios máis que os 789.427 respaldos alcanzados polo PP. Os populares, con todo, rendibilizan mellor os seus resultados e lograron 38 deputados, fronte aos 37 da oposición de socialistas e nacionalistas, debido ao actual sistema electoral. Así, se non se favorecese ás provincias de Ourense e Lugo ?as menos poboadas? sobre A Coruña e Pontevedra, o BNG lograse o seu decimotercer escano a conta do PP. Do mesmo xeito, se non se aplicase a Lei d´Hont, que beneficia ao máis votado, os populares quedarían en 37 deputados e o Bloque chegaría aos 13.

Un deputado pola Coruña

Así, se puidesen unir os seus respaldos estes 16 partidos (UPyD, Terra Galega, Esquerda Unida, Vos Verdes, Por un Mundo máis Xusto, Fronte Popular Galega, Nós-Unidade Popular, Partido Humanista, Democracia Ourensá, Galicia, Falanxe Española das JONS, Solidariedade e Autogestión Internacionalista, Galicia Unida, Unión Centrista Liberal, Partido Socialista e Democrático de Dereito e Asemblea Votación Electrónica), tan só conseguirían un dos 75 deputados do Parlamento galego.

21.3.09

O BNG solicita a implantación de e-electronica en Neda

O decreto Decreto 206/2008, de 28 de agosto, de receita electrónica. ten por obxecto regular a implantación da receita electrónica no ámbito do Sistema Público de Saúde de Galicia e establecer os procedementos e requisitos de prescrición e dispensación de medicamentos e produtos sanitarios mediante aquela.
Este sistema que sinifica un adianto e unha comodidade, para os pacientes, aínda non foi implantado no Centro de Saúde de Neda, pensando que os veciños e veciñas de Neda, temos que ter unha sanidade acorde cos novos tempo, e tendo en conta que este sitema xa está instaurado en concello como Narón ou Fene, incluso nos centros das distintas Parroquias, dende o BNG, non entendemos porqueos pacientes do Centro de Saúde do Concello de Neda non poden disfrutar da e-electrónica. Por tal motivo o Bloque Nacionalista Galego, ven de presentar na Comisión de Asuntos de Pleno, unha Moción para ser debatida no Pleno da corporación do vindeiro 26 de marzo ás 7 da tarde, moción que solicita que o Goberno de Neda e dentro das súas competencias, tome as medidas oportunas, para que o SERGAS ( Servizo Galego de Saúde), poña en funcionamento o sistema de receita electroónica en Neda, algo que beneficiaria a todos os usuarios pero moi en particular a aqueles pacientes, que teñen doenzas crónicas, e facilitarían o aceso dos facultativos ao seu historial nun caso de urxencia.

18.3.09

O BNG amosa a súa preocupación pola falta de orzamentos

Cando van transcorridos perto de tres meses deste ano, o Bloque Nacionalista Galego, quere amosar a súa preocupación, xa que a estas alturas, non se teñen aprobados os orzamentos do Concello de Neda para o ano 2009, ( un documento importantísimo, para poder desenrolar o Concello ), estes orzamentos cos que se está a traballa,r son prorrogados dendo o 31 de decembro de 2.008, non so e isa a preocupación, senón que a estas alturas, non se teñen feito ningún tipo de xuntanzas cos grupos políticos, para a realización dos mesmos, fixerónse xuntanzas cos veciños en algúns lugares, pero parece que todo quedou en nada, o que da lugar a pensar que foi, unha tomadura de pelo para os mesmos veciños que acudiron a esas reunións.
Para o BNG e sabendo a importancia que ten a expresión cifrada contable do concello, pensamos que tal e como están as circunstancias na situación económica, na caída da construcción en xeral e en Neda en particular, estes deberían ser unhos orzamentos austeros, e tendo en conta a suba de impostos sufrida o anos pasado, esten deberían estar enfocados en dous temas importantes, os servizos sociais, un plan de acesibilidade que debería ter unha relevancía importante e unha partida orzamentaria dirixida aproxectos enfocados á creación de postos de traballo e promoción do desenrolo do Concello de Neda.

11.3.09

A demoledora voctoria do PP

A suma dos votos do PSdeG e do BNG obtivo máis apoio cá lista do PP
Aínda que o PP mantén a maioría absoluta en escanos, a suma dos votos do PSdeG e do BNG tras o reconto do voto emigrante ten 5.524 máis có que obtivo o PP.
A mentira do Pepé eos seus adlateres mediaticos.

7.3.09

Hai medios que non o din

Ainda non tomou posesión e xa empezamos.
Feijoo incumpre o réxime de incompatibilidades do Parlamento de Galiza,"o Réxime de Incompatibilidades dos deputados do Parlamento de Galiza impídelles cando teñen dedicación exclusiva ?caso do señor Feijóo- calquera retribución en diñeiro ou especie diferente das retribucións parlamentarias que se recollen nos Orzamentos da Xunta de Galiza".
Pode que nin pagase impostos a Facenda por utililzar este Peugeot 607, cando o artigo 42 da Lei 35/2006, do IRPF establece claramente a obrigatoriedade de pagar taxas"

6.3.09

Moción do BNG polo Día Internacional das Mulleres


O 8 de marzo, a conmemoración do Día Internacional das Mulleres, é unha data que as organizacións sociais comprometidas na defensa dos dereitos das mulleres, lembran cada ano para procurar marcar un paso adiante neste camiño. Tamén está presente nesta data a homenaxe ás 129 mulleres que morreron nunha fábrica téxtil dos Estados Unidos en 1908, cando estaban facendo unha folga, en defensa dos seus dereitos como traballadoras, e o empresario prendeu lume aos locais da fábrica con elas dentro. Dise que a cor das teas que estaban cosendo era violeta e tamén que o fume que saía da fábrica ardendo era violeta e que se podía ver a quilómetros de distancia.

2.3.09

Eleccións 2009

O Bloque Nacionalista Galego, quere felicitar ao pobo de Neda pola participación nos comicios da día 1 de marzo de 2009, e un agradecemento especial a todos e todas as veciñas e veciños que diron o seu apoio a nosa organización.

O BNG solicita información polo cambio de usos do Centro Cívico

O Concello de Neda solicitou para o Centro Cívico de Neda, axudas a Asociación Costa Ártabra, através do PRODER ( Programa de Desenvolvemento Rural ), axuda que foi concedida na cuantía de 328.000€, ests axudas ían destinada a un proxecto concreto, como queira que este proxecto se ten pensado variar por parte do goberno municipal, o Bloque Nacionalista Galego, ven de solicitar aos técnicos municipais, a compatibilidade das distintas axudas, co fin de evitar que non se perdan as axudas recibidas no seu momento polo camunidade europea.
Os cambios de uso que se teñen pensado realiza na planta superior e na planta baixa non se corresponden co proxecto inicial, posible causa de incompatibilidade das axudas.