31.7.07

O BNG confirma as súas boas expectativas para as xerais segundo o último CIS

O nacionalismo confirma o seu bon momento logo do Día da Patria Galega máis multitudinario da historia

Santiago de Compostela, 31 Xullo 07. O último estudo demoscópico do CIS deixa entrever as boas espectativas eleitorais coas que o BNG enfrenta o próximo proceso eleitoral, as xerais de Marzo 07. En voto máis simpatía, e sobre o 100 por cen do censo, o BNG representaría o 0,8 por cento do voto total estatal. Se extrapolamos esta magnitude, a formación nacionalista podería superar o 1,2 por cento do voto válido emitido, moi por enriba dos sufraxios obtidos en 2004 (o 0,81 por cento).

Estes dados hai que contextualizalos nun momento en que se multiplican os sinais que dan conta de que a corrente de simpatía que inspira o nacionalismo en Galiza non cesa de medrar.

Primeiro foron os actos organizados polo BNG arredor do Novo Estatuto, cunha participación social moi numerosa. Logo os mítins nacionalistas na campaña eleitoral das municipais, os máis masivos dos últimos anos. A seguir, uns resultados que por vez primeira superan os das eleccións galegas precedentes. E, por último, un Día da Patria Galega 07 para a historia por ser sen dúbida o máis multitudinario nunca celebrado.

A respecto das boas espectativas para as xerais, cumpre lembrar as palabras do portavoz nacional, Anxo Quintana, quen nunha recente entrevista co Benegá ao día ten manifestado que para os nacionalistas galegos "as eleccións xerais son tan importantes como as galegas", porque nelas se xoga que o noso país cobre máis peso político no Estado.

A xulgar polo grao de mobilización da base nacionalista e pola resposta social obtida, esta mensaxe comeza a callar na sociedade galega.

27.7.07

Segue os actos do Día da Patria dende telebng

25.7.07

Quintana celebra no Día da Patria a existencia dunha `maioría social no País que quere que Galiza teña un Estatuto de Nación´




Anima aos votantes do PP, "fartos de ver como a dereita española condena a Galiza a ser sempre de segunda a que camiñen con nós"

Santiago de Compostela. 25 Xullo 07.-O portavoz nacional do BNG e vicepresidente da Xunta de Galiza, Anxo Quintana, celebrou hoxe a existencia "dunha maioría social en Galiza que quere que o noso país teña un Estatuto de Nación".



Quintana fixo estas declaracións durante a súa intervención na praza da Quintana con motivo do Día da Patria Galega ante máis de 25.000 persoas, nunha das manifestacións máis numerosas dos últimos anos.

O líder nacionalista celebrou que Galiza "é hoxe máis nación, aínda sen estatuto, porque somos máis os que queremos que teña o Estatuto de Nación que merece e precisa".

Referencia aos votantes galegos e galegas od PP

Neste sentido, mostrouse convencido de que "hai moita xente no PP farta de ver como a dereita española condena a Galiza a ser sempre de segunda, a renunciar aos seus soños e a ver fracasar as súas oportunidades".

A todo ese colectivo, Quintana pedilles "en nome do sentimento por este país que nos une, que camiñen xunto a nós, que traballen con nós para que Galiza teña un Estatuto de todos que coloque o noso país no lugar que se merece".

Necesidade de que o BNG teña máis forza en Madrid

Por outra parte, o portavoz nacional do BNG incidiu na importancia de que Galiza teña unha representación en Madrid "crítica e decisiva, un representación tal que quen queira gobernar o Estado necesite imperiosamente tela ao seu carón".

Por iso, salientou que as próximas eleccións xerais "son a oportunidade para que o nacionalismo galego pese e decida na política estatal, e iso, amigas e amigos, conséguese con traballo, compromiso e votos".
http://gijondenuncia.blogspot.com/2007/04/iu-dice-que-la-regasificadora-de-aboo.html

24.7.07

Xosé Manuel Beiras: "O actual rexime político non tolera que aumenten cualitativamente as cotas de autogoberno das nacións"

Artigo de Xosé Manuel Beiras en GZNacion

25 de Xullo: todas e todos á Quintana !

Santiago de Compostela. 24 Xullo 07.-O BNG celebrará este mércores, 25 de Xullo, a tradicional manifestación para conmemorar o Día da Patria Galega baico o lema "A Forza que fai País".



Como cada ano, a manifestación sairá ás 12:00 horas da Alameda compostelá, percorrerá as rúas do Casco Histórico e rematará na Praza da Quintana, onde intervirán a secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, e o portavoz nacional do BNG e vicepresidente da Xunta de Galiza, Anxo Quintana.

Á manifestación asistirán as seguintes delegacións internacionais:

CONVERGÉNCIA DEMOCRÁTICA DE CATALUNYA Felip Puig. Vicesecretario Xeral de Relacións Institucionais e Portavoz do Grupo Parlamentar de CIU no Parlament

ESQUERRA REPUBLICANA DE CATALUNYA Joan Puig Cordon. Deputado no Congreso Anna Simó. Vicesecretaria Xeral de Acción Política, Deputada no Parlament de Catalunya e portavoz adxunta no Grupo Parlamentar

UNIÓ DEMOCRÁTICA DE CATALUNYA Marta Llorens i García. Vicepresidenta Executiva de Relacións Políticas

BLOC NACIONALISTA VALENCIÁ Francesc Fernández. Membro da Executiva Nacional e Secretari d'Agricultura, Pesca i Ramaderia

PARTIT SOCIALISTA DE MALLORCA - ENTESSA NACIONALISTA Biel Barceló i Milta. Secretario Xeral do PSM – Entessa Nacionalista e Portavoz Parlamentario do Bloc per Mallorca

UNIÓ MALLORQUINA María José Rodríguez. Membro do Consello Político Nacional

PARTIDO NACIONALISTA VASCO Gorka Aguirre. Responsábel Comisión Exteriores do Euzkadi Buru Batzar

EUSKO ALKARTASUNA Mikel Irujo. Secretario de Relacións Internacionais da Executiva Nacional e Eurodeputado

NAFARROA BAI Patxi Telletxea Ezkurr. Parlamentario Jon Abril

PARTIDO COMUNISTA PORTUGUES Vladimiro Vale. Membro do Comité Central e responsável pela organização regional de Coimbra

BLOCO DE ESQUERDA Luís Fazenda. Portavoz do Grupo Parlamentar

ALIANZA LIBRE EUROPEA Jordi Perales. Director

MOVIMIENTO BOLIVARIANO REVOLUCIONARIO Jeanette Miño. Cónsul Xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo Maite Manchobuas. Representante dos Círculos Bolivarianos de Venezuela

PARTIDO COMUNISTA DE CUBA Mirian Arestuche. Cónsul de Cuba en Galiza Alejandro Fuentes. Cónsul Xeral de Cuba en Galiza

DELEGACIÓN SAHARAUI PARA GALIZA Bernardo Porto. Presidente Delegación Saharaui para Galiza Fatma Mohamed Salem. Delegada Saharaui para Galiza Mohamedu Helba. Subdelgado Saharaui para Galiza

FRENTE AMPLIO Elbio Ramos Alvite. Responsábel de Organización do Frente Amplio en Galiza Jorge Burgos. Representante do Frente Amplio

PARTIDO DOS TRABALLADORES Luciano Reis. Delegado en Madrid

PARTIDO COMUNISTA DO BRASIL Javier Alfaia. Membro da Comisión de Relacións Exteriores e Deputado da Asemblea de Bahía

23.7.07

Arrinca este mércores o FESTIGAL 2007, pórtico do Día da Patria Galega

20.7.07

Anxo Quintana en "A Nosa Terra"

18.7.07

Homenaxe a Rosalia e Castelao

O vindeiro día 24 de xullo, Galiza Nova, organiza unha homenaxe a Rosalía e Castelao, no Panteón de Galegos Ilustres.Santiago

5.7.07

O Congreso aproba unha proposta de resolución do B.N.G.para acelerar os prazos das infraestructuras pendentes en Galiza, co voto en contra do PSOE

Segue o debate de Olai Fernández

4.7.07

O Portavoz do BNG no Congreso, demanda a Zapatero que sexa proclive á transferencia de competencias a Galiza

Segue o debate do portavoz do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez

3.7.07

Abrir a Fronteira da Autonomía para a mellor defensa de Galiza

2.7.07

Novo BeNeGa ao dia

Faite co novo número do BeNeGa ao día

1.7.07

PLENOS CADA DOUS MESES

Tal e como se estaba a falar, nestes últimos días, ao final se confirmou no Pleno celebrado onte ( 28 /06/07) no Concello de Neda, Terra Galega, acaba de coartar a participación dos veciños/as e dos grupos políticos, naquel órgano de deliberación, vinculante e resolutorio do Funcionamento do Concello, que é o Pleno.
A pesar da creación de 3 comisións informativas mais ( segundo establece o ROF, no Art. 123 – “ son órganos sen atribucións resolutorias”, e non son de carácter público), tratando deste xeito o que é unha perda clara da democracia efectiva á hora de control e resolución dos temas que preocupan aos veciños.
O Bloque Nacionalista Galego, expresa o mais firme rechazo a esta nova maneira que desde Terra Galega se trata de facer democracia, pensando ademais nos posibles intereses escuros que poidan existir e que poden levar a esta organización a tratar de roubar a participación, xusto onde os veciños/as poden visualizar os criterios das distintas opcións políticas, polas que eles votaron nestas últimas eleccións.
NOTA ENVIADA AOS MEDIOS