1.7.07

PLENOS CADA DOUS MESES

Tal e como se estaba a falar, nestes últimos días, ao final se confirmou no Pleno celebrado onte ( 28 /06/07) no Concello de Neda, Terra Galega, acaba de coartar a participación dos veciños/as e dos grupos políticos, naquel órgano de deliberación, vinculante e resolutorio do Funcionamento do Concello, que é o Pleno.
A pesar da creación de 3 comisións informativas mais ( segundo establece o ROF, no Art. 123 – “ son órganos sen atribucións resolutorias”, e non son de carácter público), tratando deste xeito o que é unha perda clara da democracia efectiva á hora de control e resolución dos temas que preocupan aos veciños.
O Bloque Nacionalista Galego, expresa o mais firme rechazo a esta nova maneira que desde Terra Galega se trata de facer democracia, pensando ademais nos posibles intereses escuros que poidan existir e que poden levar a esta organización a tratar de roubar a participación, xusto onde os veciños/as poden visualizar os criterios das distintas opcións políticas, polas que eles votaron nestas últimas eleccións.
NOTA ENVIADA AOS MEDIOS

1 comentarios:

Anónimo disse...

Se sabedes facer ben o traballo teredes moitas oportunidades de exercer o control. Plenos extraordinarios 3 ao ano. Comision de control podedes convocalas cunha pequena porcentaxe. Para os plenos extraordinarios e convoatorias da comision de control e fiscalizacion vos tedes que poñer de acordo co PSOE. Sorte.