O nacionalismo confirma o seu bon momento logo do Día da Patria Galega máis multitudinario da historia
Santiago de Compostela, 31 Xullo 07. O último estudo demoscópico do CIS deixa entrever as boas espectativas eleitorais coas que o BNG enfrenta o próximo proceso eleitoral, as xerais de Marzo 07. En voto máis simpatía, e sobre o 100 por cen do censo, o BNG representaría o 0,8 por cento do voto total estatal. Se extrapolamos esta magnitude, a formación nacionalista podería superar o 1,2 por cento do voto válido emitido, moi por enriba dos sufraxios obtidos en 2004 (o 0,81 por cento).
Estes dados hai que contextualizalos nun momento en que se multiplican os sinais que dan conta de que a corrente de simpatía que inspira o nacionalismo en Galiza non cesa de medrar.
Primeiro foron os actos organizados polo BNG arredor do Novo Estatuto, cunha participación social moi numerosa. Logo os mítins nacionalistas na campaña eleitoral das municipais, os máis masivos dos últimos anos. A seguir, uns resultados que por vez primeira superan os das eleccións galegas precedentes. E, por último, un Día da Patria Galega 07 para a historia por ser sen dúbida o máis multitudinario nunca celebrado.
A respecto das boas espectativas para as xerais, cumpre lembrar as palabras do portavoz nacional, Anxo Quintana, quen nunha recente entrevista co Benegá ao día ten manifestado que para os nacionalistas galegos "as eleccións xerais son tan importantes como as galegas", porque nelas se xoga que o noso país cobre máis peso político no Estado.
A xulgar polo grao de mobilización da base nacionalista e pola resposta social obtida, esta mensaxe comeza a callar na sociedade galega.
31.7.07
O BNG confirma as súas boas expectativas para as xerais segundo o último CIS
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 8:45 da tarde
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentarios:
Enviar um comentário