31.10.07

O Bloque Nacionalista Galego, vai presentar alegacións as Taxas e Impostos do concello para o ano 2008

O B.N.G. vai presentar alegacións á suba provisional de taxas e impostos aprobados polos socios de goberno ( TG e PP), no Pleno do pasado 21 de setembro de 2.008, cando en principio o BNG, non tiña pensado presentar alegacións, a inquedanza dos veciños/as pola suba , fixo que retomaramos o tema e é polo que decidimos facer presentación de alegacións.Ainda que dende sempre o Bloque Nacionalista Galego defendeu que os servizos deben ter adecuado o seu custe, dende o BNG non compartimos que esta suba se faga de golpe. No caso dos impostos o BNG, vai pedir e se conxele a súa suba.

29.10.07

Aymerich acusa a Pérez Varela de 'actuar' na súa comparecencia e asegura que 'detrás desa impostura hai cousas inconfesábeis'

O ex conselleiro negouse a dar dato algún sobre a súa xestión e sobre a trama política e económica tecida arredor do Gaiás. O portavoz nacionalista no Parlamento, Carlos Aymerich, acusou hoxe ao ex conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, de levar a cabo unha “actuación perfecta” na súa comparecencia, mais advertíu de que “non nos fai graza, porque detrás desa impostura hai cousas menos confesábeis”.
Aymerich acusou ao antigo titular de Cultura de ser responsábel das “irregularidades detectadas polo Consello de Contas, alén de ser o artífice dunha rede de intereses tecida arredor do proxecto”.En opinión do deputado nacionalista, as razóns dese “compromiso impostado coa cultura galega” que hoxe reiterou Pérez Varela “eran os cartos, o gran negocio persoal e político en que se convertíu o Gaiás”, ao tempo que lle perguntou por “como e canto incrementou o seu patrimonio nos seus anos de xestión na Consellaría”.Neste labor, o membro do goberno de Fraga repartíu, tal e como contou Aymerich, “entre os do birrete de Pontevedra, aos que lles dá o control político, os da boina de Cacharro, co irmán de Celso Currás como xerente, ou os da boina de Lalín, aos que lles tocaron diversas subcontratas”.Carlos Aymerich repetíulle ao ex conselleiro os nomes de todos os implicados nesta trama que xa víu anunciando ao longo das últimas sesións da Comisión, entre eles destacou a Carlos Hernández Sande, José Manuel Soto Vázquez, Antonio Agrasar e Francisco Loimil.Sobre este último, o parlamentar do BNG lembrou que era presidente de Auditores Asociados, “despacho polo que pasaron os contratos de patrocinios da Sociedade Anónima do Xacobeo, da Fundación do Deporte Galego e da Volvo Ocean Race”.Negouse a respostarO ex conselleiro negouse a respostar a nigunha das cuestións plantexadas polo nacionalista, ao tempo que proferíu insultos varios do que non se retractou e dixo que “non se pode consolidar como demócrata”.O portavoz do Bloque lembrou na súa segunda intervención algúns dos textos asinados por Pérez Varela na súa etapa como xornalista en “El imparcial” ou o texto no que “brindaba con Tejero polo éxito do golpe de Estado” e advertíulle que “vostede non é ninguén para dar leccións de democracia a min e ao BNG, con vostede non vou discutir de democracia”, concluíu.O portavoz do grupo parlamentar insistíu en plantexar as mesmas perguntas, situación ante a que o ex conselleiro reaccionou con estupor e negando calquera incremento do seu patrimonio ou calquera posíbel existencia de rede algunha. Deixación de funciónsO portavoz do grupo parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, díxolle ao ex conselleiro de Economía, Xosé Antonio Orza, que el tamén é “responsábel” da situación á que se chegou no Gaiás “porque non exerceu as funcións que tiña como Conselleiro, nin como membro do padroado nin do Consello da Xunta, en canto ao control e xestión do gasto”.O deputado nacionalista perguntou a Orza pola suposta existencia dun informe das auditorías realizadas pola Xunta na contas da Cidade da Cultura, documento do que, “non se sabe nada nin aparece por ningures”.Aymerich tamén inquiríu ao anterior responsábel de Economía polas accións que levou adiante despois de coñecer os resultados da auditoría de Arthur Andersen, no que xa se indicaba a existencia de irregularidades variadas.Orza asegurou descoñecer a existencia do suposto informe e limitouse a apuntar que non “aventura hipóteses” sobre este tema. Un informe que non existeTampouco quixo admitir Orza, segundo dixo, “responsabilidades que non me competen” e evitou dar datos sobre “por que se concentraron as obras en determinadas empresas e por que houbo contratos adxudicados 14 meses despois”, tal e como lle perguntou o portavoz nacionalista.O ex conselleiro de Economía dixo que o informe de Arthur Andersen servíu para “ter unha primeira información sobre as limitacións do proxecto” e confirmar se se podía financiar con recursos extra-presupostarios.O portavoz do Bloque replicoulle que o suposto informe “non aparece porque non existe” e que tampouco tiñan previsto “financiamento externo, nin europeo, nin do Estado, senón que foi máis ben ao contrario e o edificio de Novas Tecnoloxías servíu para financiar moitas empresas privadas”.

25.10.07

As contas do Estado para Galiza,logrados polo BNG

O portavoz do BNG no Congreso salienta os 30 millóns para o ferrocarril, 10 millóns para a recuperación de terreos do litoral galego, os 8 millóns para seguridade vial e actuacións en estradas, os 15 millóns para o Programa de Desenvolvemento Rural e os 6 millóns para o Plan Nacional de Calidade de Augas O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Rodríguez, concretou hoxe o destino dos 104 millóns de euros adicionais que recibirá Galiza no marco dos Orzamentos Xerais do Estado 2008, froito da negociación que o BNG mantivo co Goberno en aras a dar o seu voto favorábel ás contas do Estado.
Rodríguez lembrou que no proxecto de Orzamentos do Estado para o vindeiro ano figura a cantidade total de 1.942 millóns de euros para o noso territorio. “Foi o noso empeño que se superara esta cifra de modo que Galiza puidera contar con 100 millóns de euros máis até colocarnos en 2.042 millóns.” Amosou a súa satisfación porque o BNG teña logrado esta conquista e lograr, un ano máis, aumentar as partidas estatais para o noso pais.O parlamentar nacionalista desglosou os 104 millóns conseguidos no pacto acadado entre o BNG e o Executivo, e explicou que este acordo será plasmado mediante a presentación de emendas aos Orzamentos Xerais do Estado 2008 cuxo prazo vence mañá xoves 25.A Seguridade Vial As estradas galegas serán receptoras de importantes partidas acordadas polos nacionalistas galegos. En concepto de actuacións de conservación e explotación haberá 1.000.000 euros para A Coruña, 1.000.000 para Lugo, 1.000.000 para Ourense, 1.000.000 para Pontevedra. En concepto de seguridade vial o reparto será igual que o mencioando: 1 millón para A Coruña, 1 millón para Lugo, 1 millón para Ourense e 1 millón para Pontevedra. Un total de 8 millóns.A preocupación pola Historia de Galiza Ademáis, o BNG logrou introducir partidas estatais en beneficio de Galiza como 200.000 euros para a descripción e restauración de fondos medievais galegos existentes no Arquivo Histórico Nacional. Outros 300.000 euros para a dixitalización dos fondos arquivísticos para o estudo da historia de Galiza, depositados nos arquivos estatais de xestión do Ministerio de Cultura.Sectores estratéxicos: o agro e a Innovación Galiza tamén se verá beneficiada no eido agrario por unha importante partida acordada polo BNG. Trátase de 15.000.000 euros destinados ao Programa de desenvolvemento rural. No eido do fomento tecnolóxico, haberá unha partida de 3.000.000 euros para a Fundación para o fomento da calidade e o desenvolvemento tecnolóxico de Galiza.A recuperación do litoral, a rexeneración dos ríos galegos e o Plan Nacional de Calidade de Augas .En concepto de restauración e limpeza das marxes das concas dos ríos dependentes do Miños: Neira, Azumara, Ladra, Loio, Narla, Navia, Parga e Sarria, haberá 1.200.000 euros.No que atinxe á recuperación do litoral galego, o BNG logrou un orzamento total de 10.000.000 euros con destino á compra e recuperación de terreos do litoral atlántico e cantábrico, para a súa incorporación ao espazo de dominio público marítimo terrestre.No que se denomina Plan Nacional de Calidade das Augas 2008-2015, o BNG acordou co Goberno un orzamento de 6.000.000 euros que irán a parar á mellora da calidade das augas en Guillarei e Teo, entre outros. Orzamentos para actuacións e obras repartidas por todo o pais Como xa avanzou o BNG, Vigo percibirá un incremento orzamental que se distribuirá da seguinte forma: Concrétanse 30 millóns para a depuradora viguesa dos 80 millóns que aparecían no proxecto de Orzamentos; 20 millóns para o Eixo Atlántico entre Pontevedra e Vigo; 2 millóns para acelerar o proxecto da saída sur do tren AVE en Vigo e 200.000 euros para o Paseo de A Guía.Respeito a Ferrol, Rodríguez salienta que contará cos seguintes incrementos de partidas: 6 millóns de euros para a alta velocidade ferroviaria entre Ferrol e A Coruña, en concreto para iniciar as obras entre a estación de Ferrol e a Ponte de As Cabras; 500.000 euros destinados á dixitalización do fondo arquivístico do Tribunal Militar de Ferrol e 1.500.000 para o By-pass en Betanzos(liña convencional Ferrol-A Coruña). No relativo á cidade de A Coruña, o deputado do BNG sinala que o groso do incremento irá a parar á Terceira Ronda que percibirá 10 millóns para axilizar a construción desta infraestrutura viaria:AC-14 Tramo As Lonzas-Zapateira e Zapateira-A-6. Ademáis, a Ría de O Burgo recibirá 1 millón máis para a súa rexeneración e recuperación ambiental. Sen esquecer que tamén se beneficiará do By-Pass en Betanzos. Respeito á provincia coruñesa os cartos adicionais conseguidos polo BNG repartiránse do seguinte modo: 300.000 euros será para a Praia de Sada. A zona de Bergantiños será receptora de 300.000 euros para o saneamento do espazo natural de Razo-Baldaio. Outra partida medioambiental será os 300.000 euros destinados á recuperación do borde natural de Couso a Corrubedo e a Illa de Sálvora (Ribeira). Tamén na provincia coruñesa, haberá unha partida de 1.000.000 euros destinada ao acondicionamento do litoral e senda en A Ribeiriña (Pobra do Caramiñal). Para o Paseo marítimo de río Coroño e marítimo de Esteiro (Boiro) consignaránse 600.000 euros. Un orzamento de 700.000 euros destinado á recuperación cantís entre Tanxil e Tronco en Rianxo. En canto a Pontevedra, Rodríguez destaca a partida de 300.000 euros para o proxecto de musealización das excavacións arqueolóxicas da ponte romana medieval de O Burgo. A Circunvalación de Pontevedra percibirá 500.000 euros.Xa a nivel xeral da provincia pontevedresa, disporánse de 400.000 euros para o acondicionamento e recuperación de A Barca e do dominio público marítimo terrestre en Lourido de San Salvador de Poio. Uns 1.119.000 euros para a mellora ambiental da praia de Moaña. Tamén se consignarán 300.000 euros para o acondicionamento da franxa litoral Tragore, desde Punta de Tragore a Ponte da Illa en Cambados. Unha partida de 200.000 euros destinados á mellora ambiental da praia de Agrelo – Praia de Lapamán en Bueu, e outra de 500.000 euros para a recuperación dos espazos das praias de Limens, Nerga, Cabo Home en Cangas de Morrazo. Así como 100.000 euros para a mellora ambiental da praia de Loira (Marin).Para a provincia de Ourense irán a parar 150.000 euros destinados á creación dun Centro de Interpretación da Historia Medieval en Allariz. Tamén no capítulo cultural, por fin o Castelo de Monterrei e a súa Acrópoli percibirán unha partida de 300.000 euros para a súa restauración.A provincia de Lugo percibirá 1.500.000 euros para os accesos ao Complexo Cultural Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo. O concello de Riotorto terá 300.000 euros para o Paseo fluvial do río Torto ao seu paso por As Rodrigas. Contaráse con 1.500.000 euros para a recuperación das marxes do río Cabe en Monforte de Lemos. Asemade, haberá tamén 2 millóns para a ETAP de Monforte.A depuradora de Santiago percibirá unha partida de 2.000.000 euros. Para a transformación da estación de Santiago en estación intermodal, o BNG conseguiu un orzamento de 500.000 euros. O tramo Labacolla-Arzúa na A-54 veráse beneficiada con 2.700.000. A variante de A Estrada tamén foi obxecto de preocupación dos nacionalistas galegos, terá unha partida de 1.300.000 euros. Outra variante na que o BNG insistiu foi a de Ordes, para a que logrou 300.000 euros.

23.10.07

Na Comisión de Obras, o Bloque Nacionalista Galego, pedirá que o Plan Estratéxico de Infraestructuras Rurais se destine Á Rabadeña


A Consellería do Medio Rural ven de conceder ao Concello de Neda, 120.000 € a través do Plan Estratéxico de Infraestructuras do Medio Rural, dende o BNG propoñemos que este diñeiro se destine ao saneamento da zona rural de Rabadeña e ao acondicionamento do camiño Riocobo-Narahio. Estas axudas do Medio Rural están destinadas a mellorar e dignificar a calidade de vida dos habitantes das áreas rurais de Galiza. Neste Plan o Medio Rural invirte 80 millóns de €.

21.10.07

Inicianse as obras de amaño da Mourela do Medio

As obras da Mourela do Medio, foron demandadas polo Bloque Nacionalista Galego, co fin de que foran incluidas no Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial para o ano 2007.

20.10.07

O Bloque Nacionalista Galego, propón o Saneamento de Anca, para incluír nas obras do P.O.S da Deputación


O 30 de novembro, remata o prazo de presentación de proxectos na Deputación Provincial par o Plan de Obras e Servizos (P.O.S. 2008).
Co fin de que se poidan levar a cabo con antelación os procesos administrativos, o Bloque Nacionalista Galego, propón a os socios de goberno no Concello de Neda, a realización da rede de sumidoiros na Parroquia de Anca.
O Plan de Obras e Servizos da Deputación ten previsto un orzamento para o Concello de Neda de 137.457,57 €, máis o establecemento de aportación mínima por parte do Concello dun 5 %.
Tendo en conta os criterios que establece a administración provincial
· Pódense incluír todas as obras e servizos de competencia municipal, preferentemente aquelas que sexan obrigatorias. Pola contra, non poden incluírse subministracións ou adquisicións de bens para o Concello.
· O importe mínimo de cada proxecto é de 30.000 €
· Débense incluír obras complementarias ( tamén co mínimo de 30.000 € por proxecto) para o caso de que existan baixas ou anulacións de obras.
Como obra Complementaria o Bloque Nacionalista Galego, propón o amaño da estrada Liñares-Narahío, unha reivindicación dos veciños desa zona dende hai anos.

17.10.07

Suárez Canal destaca a vixilancia, prevención, profesionalización e persecución aos delincuentes como melloras introducidas no operativo de extinción

O conselleiro do Medio Rural ofreceu en comparecencia parlamentaria o balance da campaña contra incendios 2007 e salientou a posta en marcha, por vez primeira, de importantes medidas contidas na Lei de prevención e defensa contra incendios forestais, xunto cun sistema organizativo máis profesionalizadoSantiago de Compostela, 16Outubro 07.-O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, presentou no Parlamento un informe co balance provisional da campaña contra incendios deste ano, no que destacou a posta en marcha de medidas contidas na Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais, como a limpeza de perímetros de núcleos de poboación e vías de comunicación. Sinalou tamén entre as novidades, a informatización de sistemas operativos de actuación, a incorporación de voluntariado na prevención e de medios auxiliares na extinción e a renovación dos equipos de protección individual e de medios terrestres, así como a creación de redes de puntos de encontro para brigadas e a modernización das bases aéreas, que contribúen a mellorar as condicións laborais do persoal contra incendios. Suárez Canal fixo especial fincapé na formación e profesionalización do dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais, como unha das melloras desta campaña, cun sistema organizativo que vai sentar as bases para o futuro.
Ofreceu datos comparativos de meteoroloxía, con respecto a anos anteriores que evidencian que a pluviometría, sendo un factor importante, non é determinante por si soa na diminución de número de lumes nin de superficie afectada. Así, o conselleiro sinalou o labor de prevención realizado no perímetro de núcleos de poboación mediante convenios asinados con 215 concellos, cunha superficie certificada de 6.129 has, e outras actuacións executadas nos distritos forestais, tales como apertura e mellora de pistas forestais, faixas auxiliares, desbroces, apertura e mellora de devasas, construción e acondicionamento de puntos de auga... Para esta campaña de incendios, dotouse o persoal do SPDCIF dun equipamento de extinción con buzos ignífugos, botas, cascos, luvas, gafas, máscaras, botiquíns e cintos, entre outros. En canto á adquisición de medios de locomoción e de extinción, dispúxose de 450 vehículos (todoterreos, pick-ups, turismos, furgóns e motobombas). Entre as novidades introducidas nesta campaña destacan a creación de novos procedementos operativos (protocolos de actuación). Na busca dun sistema de prevención e extinción de incendios o máis profesionalizado posible, determinouse a contratación directa da administración, ou mediante encomenda a SEAGA, da maioría das brigadas terrestres e helitransportadas fronte ao sistema anterior de convenios coas entidades locais. Estableceuse un mando único directo de todo o operativo de prevención e defensa contra incendios dependente da Dirección Xeral de Montes. Ademais, dispúxose unha composición de 5 membros das brigadas de reforzo con días de descanso e traballo por brigada completa. Incorporáronse medios auxiliares á extinción, achegados por distintas cooperativas ou CUMAs, creáronse agrupacións veciñais de vixilancia forestal tanto de CMVMC como de propietarios particulares, e xestionouse por parte de Vicepresidencia o Voluntariado do monte galego, encadrado no sistema de prevención da Dirección Xeral de Montes. Estableceuse un Comité de coordinación entre as forzas e corpos de seguridade e a Dirección Xeral de Montes, que funciona a nivel central galego e que ten as súas correspondentes extensións nas catro provincias. Forma parte deste comité o director xeral de Montes da Consellaría do Medio Rural, un representante da Delegación do Goberno Español, o subdirector de Incendios da Dirección Xeral de Montes, un representante da Fiscalía de Incendios, un representante da Garda Civil e do SEPRONA, un representante da Policía Autonómica, un representante da Policía Nacional, un representante das Forzas Armadas e expertos da Dirección Xeral de Montes. Nesta campaña entrou en funcionamento a empresa pública de Servizos Agrarios Galegos, adscrita á Consellería do Medio Rural, e creouse un novo Grupo Central de Análise formado por expertos para deseñar estratexias de incendios con riscos potencialmente perigosos. Investiuse na modernización da flota de motobombas coa incorporación de 20 vehículos a esta campaña e tamén se renovou a dotación de todoterreos. Duplicáronse as brigadas de vixilancia móbil (de 30 a 60) dotadas de vehículo equipado con minidepósito para unha acción rápida en pequenos focos. Ampliáronse as Brigadas Especiais (de 1 a 3), xa que estas unidades demostraron unha grande eficacia o pasado ano (BELUGA) porque teñen un alto grao de profesionalización. Dispúxose que en distritos de difícil orografía se despachase de maneira automática un medio aéreo ás alarmas da zona para gañar tempo e aumentar a eficacia no combate do lume. Despregouse maquinaria pesada en todos os distritos forestais na época de perigo alto. Realizouse unha mellora dos puntos de encontro e de patrulla do SPDCIF para mellorar os tempos de reacción e desenvolvéronse cursos de formación das distintas unidades de defensa contra incendios (brigadas terrestres, helitransportadas e especiais).Ademais, incorporáronse importantes medios tecnolóxicos nesta campaña como o cálculo do Índice de risco diario de incendio (IRDI) en función da temperatura e humidade ambiental; o Xeocode, unha aplicación que subministra información global do estado das alarmas e lumes ocorridos en Galiza en tempo real; automatizáronse as comunicacións de queimas cun novo sistema de xestión; instaláronse posicionadores con motor GPS e GSM / GPRS en medios terrestres (todos os vehículos motobomba e vixilancias móbiles); instalouse o sistema Vixía, para a video-vixilancia nas bases de medios aéreos, con cámara web teledirixida, o sistema COMA, de Control de Medios Aéreos; e realizáronse comunicacións vía SMS de información sobre cada lume, en tempo real, a alcaldes e autoridades da Consellaría do Medio Rural.

13.10.07

O BNG dubída da necesidade dunha variante AP-9-AG64, no seu paso por Neda


Ante a inquietude xerada nos veciños de Neda, coa publicación no DOG, do 31 de agosto, no que se publicaba a Resolución de 22 de agosto de 2007 pola que se anunciaba a licitación da asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e impacto ambiental da vía de alta capacidade de conexión da AP-9 ( enlace Neda ) coa AG-64 ( enlace S. Sadurniño),cun orzamento de licitación de 255.374 €, o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no concello de Neda, e a través do seu Parlamentario da comarca no Parlamento galego Fernando Blanco Parga, realizamos unha pregunta para a súa resposta por escrito diante da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, co fin de saber “ ¿cáles eran as previsións da Consellería, respecto da licitación da redacción do proxecto de construción dunha variante entre a AP-9 e a autovía AG-64, de Neda a San Sadurniño, e os datos ao respecto”, pregunta publicada no BOPG num 404 do 8 de setembro de 2.007.
A constestación da Consellería foi: “ Polo que atinxe ao cronograma desta actuación, resulta difícil establecer unha estimación da data de inicio das obras, tendo en conta que aínda non se adxudicou a redacción do proxecto de trazado e impacto ambiental da vía de alta capacidade así como que , segundo dispón o prego de prescricións técnicas particulares, o prazo máximo para a realización da asistencia técnica é de 20 meses, tal e como se especifica no cadro de características do contrato e que será sometido, con posterioridade a información pública”.
No que atinxe a que tipo de vía será, a Consellería expón: “ o propio estudo definirá as características da nova vía : corredor/autovía.
O B.N.G. de Neda, queremos expresar a nosa posición diante da necesidade ou non deste vial, neste intre.
O concello de Neda ten 23,4 quilómetros cadrados, está atravesado por unha morea de lineas de alta tensión ( coa súa afección ), que delimitan en gran medida o seu desenrolo, unha afectación do litoral, que deixa ao noso concello en inferioridade de condicións comparado con outros concellos limítrofes ( por actuacións políticas mal feitas no seu momento ), unha autovía ( AP-9),que xa atravesa unha parte do concello, dende o Bloque Nacionalista Galego, pensamos, que o Concello de Neda e os seus veciños, xa contribuíron e en grande medida á solidariedade e ao ben colectivo, non poden os veciños de Neda facer mais esforzos polo resto da comunidade sen que se teña en conta o prexuízo que este vial pode provocar no conxunto do territorio de Neda, dividindo o concello en zona Noreste e zona Suroeste, tendo en conta ademáis que este vial tería que pasar por a fraga do Belelle ( cando os grupos ecoloxistas están a pedir que esta zona sexa incluída na rede Natura ) ,e a ladeira sur do Monte Marraxón, causando un impacto ambiental moi agresivo, e por último o perxuízo económico que causaría aos veciños/as e ao proprio concello¸ por todo o antesdito ( de prexuízos ), non estaría compensado neste intre, co beneficio que este vial podería aportar á comunidade, xa que agora o acceso natural ( trala apertura do acceso Freixeiro-Poligono do Pozo), da saída real a autovía AG-64 ( Ferrol –As Pontes ), sería por Neda ( AP-9) cara a Freixeiro, Poligono do Pozo, AG-64.
O Bloque Nacionalista Galego, non ve a necesidade deste vial, nin en termos económicos, nin pensando no desenrolo do concello, nin xustificado en ben da comunidade no seu conxunto.

11.10.07

O BNG demanda na ONU que se celebre o referéndum de autodeterminación do Sahara Occidental


O BNG demanda na ONU que se celebre o referéndum de autodeterminación no Sahara OccidentalAna Miranda asegurou que “non se trata dun problema humanitario, senón dunha cuestión política relacionada coa descolonización”Nova York, 11 Outubro 07. A vicepresidenta da Alianza Libre Europea (ALE) e membro do Consello Nacional do BNG, Ana Miranda, interviu onte, mércores 10, á noite, no IV Comité de Políticas Especiales e Descolonización das Nacións Unidas como peticionaria en favor do Sahara Occidental.
"É unha honra poder intervir nesta Comisión como peticionaria sobre o Sáhara Occidental, en representación do Bloque Nacionalista Galego (BNG), xa que o meu país, Galiza, ten unha profunda vocación internacional, pola súa diáspora presente en todo o mundo, e un compromiso cos dereitos dos pobos e, en especial coa loita do pobo saharaui e da Fronte Polisaria, súa lexítima representante política, polo cumprimento da legalidade internacional", afirmou Miranda diante da comisión.Ana Miranda interviu xunto con outros 5 peticionarios do Estado en representación da Federación estatal de Institucións Solidarias co Pobo Sahariano, coa fin de trasladar o clamor dos colectivos de solidaridade galegos e europeos para que a ONU dea unha resposta urxente ao problema do Sahara. Segundo a representante nacionalista, "a ollada internacional sobre o Sahara Occidental ten que mudarse definitivamente, pois non se trata exclusivamente dun problema humanitario como se nos quere facer crer á opinión pública mundial, senón dun tema político de descolonización e é precisamente esta institución, a ONU, o lugar axeitado para a produra dunha solución pacífica". Diante dos representantes alí reunidos esixiu "a celebración dun referéndum de autodeterminación que conlevaría, definitivamente, a descolonización da ex colonia española do Sahara Occidental". Ademais, engadiu que "o Goberno español indudablemente debe cumplir coas súas obrigas e responsabilidades e clarificar a ambigüedade cara o tema, que lle caracterizou no pasado e na actualidade, en contra da opinión dunha grande parte da sociedade española que apoia e respeita que o Sahara Occidental deba ter por lexitimidade histórica o seu propio Estado".Para pechar a súa intervención, a representante do BNG levou á ONU as palabras que Castelao escribiu no exilio, tamén na cidade de Nova York, afirmando que “non hai peor desterro que aquel que se sofre no propio pais». Destacou que “o pobo sahariano é un pobo desterrado, ao que lle privou da súa terra, do seu mar e aire e dos seus recursos naturais, dos que se beneficia Marrocos de forma impune”.Outras actividadesPor outra banda, a responsábel da Comision de Migración do BNG mantivo unha axenda de traballo coa colectividade galega, visitando os centros de Casa de Galicia, Círculo Español e a Nacional, ademais de entrevistarse con persoas relacionadas coa cultura galega como o profesor Dino Pacio e o poeta Francisco Álvarez, “Koki”.

10.10.07

Ordenanza reguladora da Taxa polas entradas de vehículos a través das beirarrúas

A Ordenanza nº 6, no seu Artg. 5.- cota tributaria establece as seguintes tarifas:
Reservas:
- Almacéns ao por maior e fábricas .........................114,58 €/ano
-Exposición e venda automóbiles............................. 85,93 €/ano
-Talleres mecánicos, reparación,pintura, etc......... 57,28 €/ano
-Garaxes particulares menos 10 automóbiles....... 28,65 €/ano
Por cada metro ou fracción que exceda de 2 m lineales a cantidade de ... ..............................................................................................7,17 €/m/ano.
Reserva de espazo de carácter temporal
-Reserva vehículos formigonado, bombeo, etc, asi como outros aproveitamentos análogos, .................................. 4,00 €/m2 ou fracción /día
Con impedimento total da circulación rodada, por m2 ou fraccion, cada período ou fracción ................................................ 2,98 €
Reserva de espazo por mudanzas, descarga de combustible, etc, por m2 ou fracción, cada período ou fracción ...................... 0,98 €

9.10.07

Ordenanza Reguladora de tarreos de uso público


Ordenanza nº 15, Reguladora de terreos de uso público con mesas e cadeiras



Artigo nº 6.- Cota tributaria



2)



a)Por metro cadrado de superficie ocupada con mesas e cadeiras e outros elementos ..................................1,10 €/mes.



b) Por cada metro cadrado de superficie ocupada por toldos ou marquesiñas fixados na vía pública............... 1,10 €/mes.



7.10.07

Taxa polo servizo de Saneamento

A Ordenanza nº 11 Reguladora da Taxa polo servizo de saneamento di:
No seu Art. 5,. Cota Tributaria

Verquidos domésticos: por cada unha das vivendas ou locais das que conste o inmoble .................................. 11,22 € /trimestre.

Verquidos industriais: bares, restaurantes, hoteis, hospedaxes, cafeterías, salas de festas, talleres, garaxes, carpinterias, perruqierias e similares ...............................19,19 €/trimestre

Os establecementos comerciais non incluídos no apartado anterior, considerados como comercioó por menor, tributarán a cantidade de .........................................11,22 €/trimestre

4.10.07

Ordenanza do Imposto sobre Bens Inmobles

O artigo 2 da Ordenanza reguladora do imposto dos bens inmobles establece:
O tipo de gravamen do imposto sobre bens inmobles aplicable aos bens de natureza urbana queda fixado no 0,60 %

Isto sinifica que o seu aumento en tanto por cento intelixible é o 33,8 %.

3.10.07

Ordenanza da Taxa do Servizo de Recollida do Lixo

A Ordenanza nº 10 de recollida do Lixo establece:
Uso doméstico:
Un día á semana............................40,37 €
Dous días á semana.....................80,79 €
Tres días á semana......................121,13 €

Uso Industrial.comercio por menor

Un día á semana ..........................80,79 €

Dous días á semana...................161,50 €

Tres días á semana....................242,24 €

Uso industrial comercio por maior

Un día á semana........................... 121,13 €

Dous días á semana .................... 242,24 €

Tres días á semana ..................... 363,41 €

Constitúe caso especial de infracción ( cualificada como simple )

O almacenamento de lixo e detritos en patios, corras ou almcéns



2.10.07

Imposto sobre automóbiles de tracción mecánica

A Ordenanza Reguladora Nº 4 establece

Turismos
de menos de 8 hp.......18,93€
de 8 a 11,99hp ............51,12€
de 12 a 15,99hp ........107,91€
de 16 a 19,99 hp .......134,42€
de máis de 19,99 hp..168,00€

Ciclomotores....................6,63€
Motocicletas ata 125 cc..6,63€
de 125 ata 250cc................11,36€
de 250 ata 500cc..............22,73€
de 500 ata 1.000cc...........45,44€
de máis de 1.000cc...........90,87€