O portavoz do BNG no Congreso salienta os 30 millóns para o ferrocarril, 10 millóns para a recuperación de terreos do litoral galego, os 8 millóns para seguridade vial e actuacións en estradas, os 15 millóns para o Programa de Desenvolvemento Rural e os 6 millóns para o Plan Nacional de Calidade de Augas O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Rodríguez, concretou hoxe o destino dos 104 millóns de euros adicionais que recibirá Galiza no marco dos Orzamentos Xerais do Estado 2008, froito da negociación que o BNG mantivo co Goberno en aras a dar o seu voto favorábel ás contas do Estado.
Rodríguez lembrou que no proxecto de Orzamentos do Estado para o vindeiro ano figura a cantidade total de 1.942 millóns de euros para o noso territorio. “Foi o noso empeño que se superara esta cifra de modo que Galiza puidera contar con 100 millóns de euros máis até colocarnos en 2.042 millóns.” Amosou a súa satisfación porque o BNG teña logrado esta conquista e lograr, un ano máis, aumentar as partidas estatais para o noso pais.O parlamentar nacionalista desglosou os 104 millóns conseguidos no pacto acadado entre o BNG e o Executivo, e explicou que este acordo será plasmado mediante a presentación de emendas aos Orzamentos Xerais do Estado 2008 cuxo prazo vence mañá xoves 25.A Seguridade Vial As estradas galegas serán receptoras de importantes partidas acordadas polos nacionalistas galegos. En concepto de actuacións de conservación e explotación haberá 1.000.000 euros para A Coruña, 1.000.000 para Lugo, 1.000.000 para Ourense, 1.000.000 para Pontevedra. En concepto de seguridade vial o reparto será igual que o mencioando: 1 millón para A Coruña, 1 millón para Lugo, 1 millón para Ourense e 1 millón para Pontevedra. Un total de 8 millóns.A preocupación pola Historia de Galiza Ademáis, o BNG logrou introducir partidas estatais en beneficio de Galiza como 200.000 euros para a descripción e restauración de fondos medievais galegos existentes no Arquivo Histórico Nacional. Outros 300.000 euros para a dixitalización dos fondos arquivísticos para o estudo da historia de Galiza, depositados nos arquivos estatais de xestión do Ministerio de Cultura.Sectores estratéxicos: o agro e a Innovación Galiza tamén se verá beneficiada no eido agrario por unha importante partida acordada polo BNG. Trátase de 15.000.000 euros destinados ao Programa de desenvolvemento rural. No eido do fomento tecnolóxico, haberá unha partida de 3.000.000 euros para a Fundación para o fomento da calidade e o desenvolvemento tecnolóxico de Galiza.A recuperación do litoral, a rexeneración dos ríos galegos e o Plan Nacional de Calidade de Augas .En concepto de restauración e limpeza das marxes das concas dos ríos dependentes do Miños: Neira, Azumara, Ladra, Loio, Narla, Navia, Parga e Sarria, haberá 1.200.000 euros.No que atinxe á recuperación do litoral galego, o BNG logrou un orzamento total de 10.000.000 euros con destino á compra e recuperación de terreos do litoral atlántico e cantábrico, para a súa incorporación ao espazo de dominio público marítimo terrestre.No que se denomina Plan Nacional de Calidade das Augas 2008-2015, o BNG acordou co Goberno un orzamento de 6.000.000 euros que irán a parar á mellora da calidade das augas en Guillarei e Teo, entre outros. Orzamentos para actuacións e obras repartidas por todo o pais Como xa avanzou o BNG, Vigo percibirá un incremento orzamental que se distribuirá da seguinte forma: Concrétanse 30 millóns para a depuradora viguesa dos 80 millóns que aparecían no proxecto de Orzamentos; 20 millóns para o Eixo Atlántico entre Pontevedra e Vigo; 2 millóns para acelerar o proxecto da saída sur do tren AVE en Vigo e 200.000 euros para o Paseo de A Guía.Respeito a Ferrol, Rodríguez salienta que contará cos seguintes incrementos de partidas: 6 millóns de euros para a alta velocidade ferroviaria entre Ferrol e A Coruña, en concreto para iniciar as obras entre a estación de Ferrol e a Ponte de As Cabras; 500.000 euros destinados á dixitalización do fondo arquivístico do Tribunal Militar de Ferrol e 1.500.000 para o By-pass en Betanzos(liña convencional Ferrol-A Coruña). No relativo á cidade de A Coruña, o deputado do BNG sinala que o groso do incremento irá a parar á Terceira Ronda que percibirá 10 millóns para axilizar a construción desta infraestrutura viaria:AC-14 Tramo As Lonzas-Zapateira e Zapateira-A-6. Ademáis, a Ría de O Burgo recibirá 1 millón máis para a súa rexeneración e recuperación ambiental. Sen esquecer que tamén se beneficiará do By-Pass en Betanzos. Respeito á provincia coruñesa os cartos adicionais conseguidos polo BNG repartiránse do seguinte modo: 300.000 euros será para a Praia de Sada. A zona de Bergantiños será receptora de 300.000 euros para o saneamento do espazo natural de Razo-Baldaio. Outra partida medioambiental será os 300.000 euros destinados á recuperación do borde natural de Couso a Corrubedo e a Illa de Sálvora (Ribeira). Tamén na provincia coruñesa, haberá unha partida de 1.000.000 euros destinada ao acondicionamento do litoral e senda en A Ribeiriña (Pobra do Caramiñal). Para o Paseo marítimo de río Coroño e marítimo de Esteiro (Boiro) consignaránse 600.000 euros. Un orzamento de 700.000 euros destinado á recuperación cantís entre Tanxil e Tronco en Rianxo. En canto a Pontevedra, Rodríguez destaca a partida de 300.000 euros para o proxecto de musealización das excavacións arqueolóxicas da ponte romana medieval de O Burgo. A Circunvalación de Pontevedra percibirá 500.000 euros.Xa a nivel xeral da provincia pontevedresa, disporánse de 400.000 euros para o acondicionamento e recuperación de A Barca e do dominio público marítimo terrestre en Lourido de San Salvador de Poio. Uns 1.119.000 euros para a mellora ambiental da praia de Moaña. Tamén se consignarán 300.000 euros para o acondicionamento da franxa litoral Tragore, desde Punta de Tragore a Ponte da Illa en Cambados. Unha partida de 200.000 euros destinados á mellora ambiental da praia de Agrelo – Praia de Lapamán en Bueu, e outra de 500.000 euros para a recuperación dos espazos das praias de Limens, Nerga, Cabo Home en Cangas de Morrazo. Así como 100.000 euros para a mellora ambiental da praia de Loira (Marin).Para a provincia de Ourense irán a parar 150.000 euros destinados á creación dun Centro de Interpretación da Historia Medieval en Allariz. Tamén no capítulo cultural, por fin o Castelo de Monterrei e a súa Acrópoli percibirán unha partida de 300.000 euros para a súa restauración.A provincia de Lugo percibirá 1.500.000 euros para os accesos ao Complexo Cultural Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo. O concello de Riotorto terá 300.000 euros para o Paseo fluvial do río Torto ao seu paso por As Rodrigas. Contaráse con 1.500.000 euros para a recuperación das marxes do río Cabe en Monforte de Lemos. Asemade, haberá tamén 2 millóns para a ETAP de Monforte.A depuradora de Santiago percibirá unha partida de 2.000.000 euros. Para a transformación da estación de Santiago en estación intermodal, o BNG conseguiu un orzamento de 500.000 euros. O tramo Labacolla-Arzúa na A-54 veráse beneficiada con 2.700.000. A variante de A Estrada tamén foi obxecto de preocupación dos nacionalistas galegos, terá unha partida de 1.300.000 euros. Outra variante na que o BNG insistiu foi a de Ordes, para a que logrou 300.000 euros.
25.10.07
As contas do Estado para Galiza,logrados polo BNG
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:06 da tarde
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentarios:
Xa imos ter AVE a Ferrol, mágoa que haxa que baixar na Ponte das Cabras.
¡Menos mal que so quedan cinco meses de aturar ó imprestable defensor de REganosa!
Paco Rodriguez vai vai que te leve o demo vai vai que te vai levar
O feito de que paco rodrigues se convertera nos ultimos tempos no maior valedor de reganosa non debe levarnos a perder de vista o moito que ten feito pola contrucion nacional. Pero quen o vai suceder o fara para defender os intereses do especuladores autoctonos na crenza de que iso lle vai reportar ao bng un claro avance electoral. Pero a resposta a deben buscar nos rsultados electorais das municipais na comarca de ferrol. Ou cambioa ou xa vexo ao bng convertido nun partido ao servizo do psoe e co tempo tamen do pp. Unha bisagra que servira para manter aos cargos ociosos da organización. A traballar que ainda hai esperanza.
casadelos
Por qué Paco Rodriguez non pactou ningunha partida co PSOE para o tren ó Porto Exterior de Ferrol?. Xa veredes como nos próximos días para quedar ben presenta unha alegación ós presupostos do Estado pedindo algún euro para o Tren ó Porto Exterior, pero que ó non tela pactada, será rexeitada.
Paco Rodriguez o gran demagogo.
Por qúe Paco Rodriguez, non pactou ningunha partida para trasladar de sitio a estación de ferrocarril de Ferrol e soterrar ás vías como recolle o programa do BNG para ás eleccións municipais de Ferrol, para posibilitar unir San Xoán e sAnta Maríña co Inferniño?. Pola contra pacta unha partida para que non se poida realizar esa proposta de trasladar a Estación. Pacta un lavado de cara para a estación e facer a vía do Ave ata a Ponte das Cabras. Que ten que dicir o BNG de Ferrol diante dese desproposito de Paco Rodriguez? Menos mal que só nos quedan cinco meses de aturalo
Paco rodrigues pacta o que lle deixa pactar o negociador do psoe. Hai un reparto de papeis. El publicita que grazas a súa xestion conseguironse mais cartos para Galiza. E o psoe llo permite dentro da estratexia de presentarse como un partido que chega a pactos e acordos con todos a diferenza do pp que esta enfrontado con todos. Pero insisto hai que distinguir ao Paco reividicativo e lucido de hai anos do actual paca mais preocupado de atoparlle acobillo aos que dentro da upg viven sen oficio nen beneficio. Hoxe o bloque é unha estupenda axencia de colacación para moitos cargos organicos que na sua vida foran capaces de conseguir un traballo do que vivir. E o que che hai e o que seguirá habendo senon se artella unha alternativa a este bng comodo no spoil sistem
Enviar um comentário