20.10.07

O Bloque Nacionalista Galego, propón o Saneamento de Anca, para incluír nas obras do P.O.S da Deputación


O 30 de novembro, remata o prazo de presentación de proxectos na Deputación Provincial par o Plan de Obras e Servizos (P.O.S. 2008).
Co fin de que se poidan levar a cabo con antelación os procesos administrativos, o Bloque Nacionalista Galego, propón a os socios de goberno no Concello de Neda, a realización da rede de sumidoiros na Parroquia de Anca.
O Plan de Obras e Servizos da Deputación ten previsto un orzamento para o Concello de Neda de 137.457,57 €, máis o establecemento de aportación mínima por parte do Concello dun 5 %.
Tendo en conta os criterios que establece a administración provincial
· Pódense incluír todas as obras e servizos de competencia municipal, preferentemente aquelas que sexan obrigatorias. Pola contra, non poden incluírse subministracións ou adquisicións de bens para o Concello.
· O importe mínimo de cada proxecto é de 30.000 €
· Débense incluír obras complementarias ( tamén co mínimo de 30.000 € por proxecto) para o caso de que existan baixas ou anulacións de obras.
Como obra Complementaria o Bloque Nacionalista Galego, propón o amaño da estrada Liñares-Narahío, unha reivindicación dos veciños desa zona dende hai anos.

0 comentarios: