O ex conselleiro negouse a dar dato algún sobre a súa xestión e sobre a trama política e económica tecida arredor do Gaiás. O portavoz nacionalista no Parlamento, Carlos Aymerich, acusou hoxe ao ex conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, de levar a cabo unha “actuación perfecta” na súa comparecencia, mais advertíu de que “non nos fai graza, porque detrás desa impostura hai cousas menos confesábeis”.
Aymerich acusou ao antigo titular de Cultura de ser responsábel das “irregularidades detectadas polo Consello de Contas, alén de ser o artífice dunha rede de intereses tecida arredor do proxecto”.En opinión do deputado nacionalista, as razóns dese “compromiso impostado coa cultura galega” que hoxe reiterou Pérez Varela “eran os cartos, o gran negocio persoal e político en que se convertíu o Gaiás”, ao tempo que lle perguntou por “como e canto incrementou o seu patrimonio nos seus anos de xestión na Consellaría”.Neste labor, o membro do goberno de Fraga repartíu, tal e como contou Aymerich, “entre os do birrete de Pontevedra, aos que lles dá o control político, os da boina de Cacharro, co irmán de Celso Currás como xerente, ou os da boina de Lalín, aos que lles tocaron diversas subcontratas”.Carlos Aymerich repetíulle ao ex conselleiro os nomes de todos os implicados nesta trama que xa víu anunciando ao longo das últimas sesións da Comisión, entre eles destacou a Carlos Hernández Sande, José Manuel Soto Vázquez, Antonio Agrasar e Francisco Loimil.Sobre este último, o parlamentar do BNG lembrou que era presidente de Auditores Asociados, “despacho polo que pasaron os contratos de patrocinios da Sociedade Anónima do Xacobeo, da Fundación do Deporte Galego e da Volvo Ocean Race”.Negouse a respostarO ex conselleiro negouse a respostar a nigunha das cuestións plantexadas polo nacionalista, ao tempo que proferíu insultos varios do que non se retractou e dixo que “non se pode consolidar como demócrata”.O portavoz do Bloque lembrou na súa segunda intervención algúns dos textos asinados por Pérez Varela na súa etapa como xornalista en “El imparcial” ou o texto no que “brindaba con Tejero polo éxito do golpe de Estado” e advertíulle que “vostede non é ninguén para dar leccións de democracia a min e ao BNG, con vostede non vou discutir de democracia”, concluíu.O portavoz do grupo parlamentar insistíu en plantexar as mesmas perguntas, situación ante a que o ex conselleiro reaccionou con estupor e negando calquera incremento do seu patrimonio ou calquera posíbel existencia de rede algunha. Deixación de funciónsO portavoz do grupo parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, díxolle ao ex conselleiro de Economía, Xosé Antonio Orza, que el tamén é “responsábel” da situación á que se chegou no Gaiás “porque non exerceu as funcións que tiña como Conselleiro, nin como membro do padroado nin do Consello da Xunta, en canto ao control e xestión do gasto”.O deputado nacionalista perguntou a Orza pola suposta existencia dun informe das auditorías realizadas pola Xunta na contas da Cidade da Cultura, documento do que, “non se sabe nada nin aparece por ningures”.Aymerich tamén inquiríu ao anterior responsábel de Economía polas accións que levou adiante despois de coñecer os resultados da auditoría de Arthur Andersen, no que xa se indicaba a existencia de irregularidades variadas.Orza asegurou descoñecer a existencia do suposto informe e limitouse a apuntar que non “aventura hipóteses” sobre este tema. Un informe que non existeTampouco quixo admitir Orza, segundo dixo, “responsabilidades que non me competen” e evitou dar datos sobre “por que se concentraron as obras en determinadas empresas e por que houbo contratos adxudicados 14 meses despois”, tal e como lle perguntou o portavoz nacionalista.O ex conselleiro de Economía dixo que o informe de Arthur Andersen servíu para “ter unha primeira información sobre as limitacións do proxecto” e confirmar se se podía financiar con recursos extra-presupostarios.O portavoz do Bloque replicoulle que o suposto informe “non aparece porque non existe” e que tampouco tiñan previsto “financiamento externo, nin europeo, nin do Estado, senón que foi máis ben ao contrario e o edificio de Novas Tecnoloxías servíu para financiar moitas empresas privadas”.
29.10.07
Aymerich acusa a Pérez Varela de 'actuar' na súa comparecencia e asegura que 'detrás desa impostura hai cousas inconfesábeis'
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 3:44 da tarde
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentarios:
Enviar um comentário