30.5.08

O BNG NON MINTE

O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Neda nunca foi convidado, ata o día da data, para participar nos traballos de elaboración do Plano Xeral de Ordenación Municipal.
A pesares das múltiples ocasións nas que solicitamos a nosa participación e ofrecimos a nosa colaboración ao Grupo de Governo Municipal (actual ou anteriores) para elaborar un documento urbanístico que deberá contar co máximo consenso, nunca se aceptou a nosa intervención.
Como representantes dos veciños, sempre solicitamos ter reunións cos diferentes grupos políticos e coa equipa de redacción, co fin de aportar o que nos consideramos que é beneficioso para os veciños/as de Neda, como así o fixemos no seu momento aínd que non se nos tivo en conta.
A Sra. Concelleira de Urbanismo manifesta moi mala memoria ou un gran descoñecemento dos seus veciños e veciñas, xa que na reunión que tivo lugar na Casa da Cultura en data 15-03-2008 estivemos presentes, a título persoal como o resto dos participantes, alomenos 4 persoas militantes do BNG, ademáis doutros varios simpatizantes históricos.
Pero acontece ademáis que a Sra. Concelleira de Urbanismo ven contradecir as manifestacións do Sr. Alcalde.
Naquela xuntanza, o Sr. Alcalde decía que o propósito daquel acto era “dar conta aos veciños do estado do asunto e escoitar as opinións”, engadindo que “os políticos xa teñen o seu lugar para facer propostas”.
Agora a Sra. Concelleira pretende que aquela era a ocasión do BNG para participar na elaboración do PXOM, en contra do criterio expresamente manifestado polo Sr. Alcalde.
A realidade é que aquel non era o lugar “para facer política” (o Sr. Alcalde dixit) e que non se permite a nosa intervención noutros foros adecuados.
A Sra. Concelleira Delegada de Urbanismo do Grupo de Governo do Concello de Neda non debe ofenderse nin sentirse atacada porque contemos a verdade.
Unha outra vez, desde o BNG de Neda recomendamos e pedimos a maior participación de todos e todas na elaboración do Plano Xeral de Ordenación Municipal do noso concello, porque todos e todas temos o dereito e a obriga de axudar a construir o concello que queremos.
Asdo.: Helena Pardo Rodriguez, ex-concelleira do BNG en Neda e militante do BNG.

28.5.08

TEGA e PP votan en contra da moción do BNG para acondicionar a Ribeira do Belelle con infraestructuras acorde dos traballadores do mar

No pleno do pasado 15 de maio,os membros do PP e TEGA, votaron en contra dunha moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego, moción que ía dirixida a que o proxecto de acondicionamento da zona da ribeira de Neda, contemplara infraestructuras, que facilitaran o traballo ao colectivo de mariscadores e mariñeiros

Texto integro da moción apresentada polo BNG
(descargar documento)

25.5.08

A quen pretenden favorecer TEGA eo PP, co prego de condicións do Parque Eólico Singular de Neda?

No pleno do 15 de maio pasado, no ponto 4º da orde do día ía o " prego de condicións que rexerán a contratación da obra e explotación do Parque Eólico Singular de Neda"; neste tema o Bloque Nacionalista Galego votou en contra por considerar que este prego perxudica en grande medida ao veciños/as de Neda.
No Pleno do mes de marzo, apresentouse un prego, no cal a súa parte económica establecía un canon fixo de 35.000€ e un canon variable do 6%, naquel intre o BNG, solicitou que quedara aprazado e que se estudiara ese tema, facendo a proposta de aumento a 70.000 € a cantidade de canon fixo e dun 8 % de variable, amosando antecedentes de outros concellos que estableceran eses criterios.
Neste novo prego , o que se fixo por parte dos socios de goberno TEGA e PP foi reducir a 30.000 € o canon fixo e ao 4% e canon variable, cando dende o informe de intervención se calculan unhos ingresos de 155.000 € ; os veciños e veciñas de Neda poden chegar a quedarse coa esmola desa producción.

20.5.08

A Festa do XXV Aniversario do BNG de Neda en imaxes


O grupo pontés Encuarentena nun intre da súa actuación

O Humorista e Monologuista Pedro Brandariz, en plena actuación

Os nenos/as no momento do xogo

O cociñeiro,preparando a comida mariñeira

13.5.08

Festa XXV aniversario BNG de Neda


A nosa organización celebrará o vindeiro venres a partir da 18 horas unha festa de conmemoración de XXV aniversario.


11.5.08

Moción do BNG, polo acondicionamento da Ribeira de Neda

O Bloque Nacionalista Galego ven de apresentar no rexistro do concello de Neda, unha moción. co fin de que os grupos políticos deste concello se posicionen diante do proxecto de acondcionamento da Ribeira de Neda. os acordos en concreto son os seguintes.

Que se reforme o Proxecto, hoxe exposto ao público e se teña en conta no entorno do antigo Porto de Neda, a construcción dunhas infraestructuras que faciliten a actividade marisqueira e mariñeira que un sector da nosa poboación ( máis de 70 familias, viven hoxe deste traballo ) ben desenrolando dende tempos inmemoriais, infraestructuras que non teñen que ser incompatibles coa rexeneración do entorno, e non so iso senón que deberian ser complementarias.
Que se contemple unha infraestructura para facilitar o atraque e amarre dos barcos que os traballadores do mar unha na sua faena.
Que se teñan en conta infraestructuras para o mantemento, provisión e conservación de aparellos e naves.

4.5.08

O BNG presentará alegacións á 4ª fase do acondicionamento da riberia de Neda


O Concello de Neda, dende que se teñen vestixios escritos, sempre tivo no mar un dos seus referentes económicos, asi o demostran os legados históricos, co aprovisionamente de buques, o transporte de area e a súa actividade tanto marisqueira como de pesca.
Dende os anos 60 e até os noso días os distitntos mandatarios, fixeron unha política de costas ao mar, atopándonos agora nunha situación de total abandono, para a realización de calquera actividade mariñeira.
O Bloque Nacionalista Galego, que nunca quixo ser alleo a esta problematica, levou tanto ao Parlamento Galego como o do Estado, iniciativas co fin de poder trocar esta situación e tentar darlle unha solución a este problema, conquerindo incluso unha enmenda nos orzamentos do ano 2.007 de 60.000 €, para iniciar o proceso de limpeza e acondicionamento, co fin de poder facilitar a actividade aos traballadores do mar do Concello de Neda, partida que nunca foi investida.
Dado que o proxecto de acondicionamento está agora na súa fase de exposición e alegacións, o Bloque Nacionalista Galego, analisou o Proxecto e en ningurés se ten en conta a actividade dos nosos traballadores do mar, xa que o proxecto non se reflicte, ningún tipo d infraestructura para que poidan realizar o seu traballo.
Dende o B.N.G., pensamos que pode ser compatible a actividade lúdica e de ocio ( que ben reflectida no proxecto) co traballo que veñen realizando os noso mariscadores e mariñeiros nunhas condicións dignas, polo exposto é polo que presentamos a seguinte alegación.
Que se reforme o Proxecto, hoxe exposto ao público e se teña en conta no entorno do antigo Porto de Neda, a construcción dunhas infraestructuras que faciliten a actividade marisqueira e mariñeira que un setor da nosa poboación ( máis de 70 familias, viven hoxe deste traballo ) ben desenrolando dende tempos inmemoriais, infraestructuras que non teñen que ser incompatibles coa rexeneración do entorno, e non so iso senón que deberian ser complementarias.
Estas obras deberian ter en conta o atraque e amarre dos barcos e o mantemento, aprovisionamento e conservación dos aparellos de pesca e das naves .

3.5.08

Menores de idade

O BNG ve "inaudito" que o PPdeG desautorice os acordos dos seus alcaldes "Preténdense usar as alcaldías do PP nunha confrontación co goberno e non en beneficio dos veciños”, di Roberto Mera.
O BNG considera inaudito que a dirección do PP "desautorice publicamente os acordos dos seus alcaldes coa Xunta de Galiza". Para os nacionalistas “é evidente que coa súa actuación Núñez Feijoo e Alfonso Rueda, ademais de deixar en ridículo a oito alcaldes, mandan un recado claro aos rexedores do Partido Popular, lembrándolles que as alcaldías do PP deben ser utilizadas como arma de confrontación co goberno galego e non para chegar a acordos beneficiosos para os veciños e veciñas”.
Segundo Roberto Mera, secretario de Acción Municipal do BNG, “detrás do bochornoso e lamentábel espectáculo ofrecido onte por Feijoo e Rueda, hai un claro problema interno no Partido Popular. Por unha banda os alcaldes, pensando nos intereses dos veciños, chegan a acordos coa Xunta positivos para o seu concello e se negan a seguir a estratexia da crispación e o enfrontamento dictada por Feijoo. Por outra banda, a dirección galega do PP pensando nos seus intereses partidarios, pretende utilizar as alcaldías como arma electoral contra a Xunta e o BNG, e decide abroncar publicamente a aqueles alcaldes que non siguen esas ordes e consignas”.
Ademais, o nacionalista considera lamentábel que “os alcaldes do PP se presten a ese xogo aínda a costa da súa propia dignidade. Resulta triste ver a uns alcaldes que se deixan tratar como menores de idade ou incapaces pola dirección do seu partido. Até agora só os menores de idade e os incapaces precisaban de tutela e autorización dos seus titores para obrigarse con acordos. Agora hai que sumarlles os alcaldes do PP”. Nese sentido, o BNG recomendou ao Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, “que cada vez que se reuna cos alcaldes do PP pida unha certificación que acredite que os alcaldes contan coa autorización dos seus titores, Feijoo e Rueda, para asinar acordos coa Xunta”.
No fondo, en opinión do BNG, Feijoo e Rueda, “desde a desesperación e o nervosismo tentan tapar a súa incapacidade como alternativa de goberno recurrindo a unha estratexia de boicot, ataque e crispación contra a Xunta de Galiza e contra as medidas que significan un avanzo histórico no benestar social dos galegos e galegas”. Mera asegura que para executar esa estratexia os dirixentes do PP “non dubidan en utilizar o escaso poder institucional co que contan hoxendía, convertendo os concellos en armas de ataque contra a Xunta e contra o BNG, pensando xa nas eleccións autonómicas de 2009, aínda que sexa a costa de prexudicar aos veciños e veciñas das súas localidades.”
O BNG, por último, recomenda aos alcaldes do PP “que tomen as súas decisións conforme ao que interesa aos seus concellos e veciños e non conforme ás instruccións e ordes partidistas que reciban de Núñez Feijoo e de Alfonso Rueda”