30.5.08

O BNG NON MINTE

O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Neda nunca foi convidado, ata o día da data, para participar nos traballos de elaboración do Plano Xeral de Ordenación Municipal.
A pesares das múltiples ocasións nas que solicitamos a nosa participación e ofrecimos a nosa colaboración ao Grupo de Governo Municipal (actual ou anteriores) para elaborar un documento urbanístico que deberá contar co máximo consenso, nunca se aceptou a nosa intervención.
Como representantes dos veciños, sempre solicitamos ter reunións cos diferentes grupos políticos e coa equipa de redacción, co fin de aportar o que nos consideramos que é beneficioso para os veciños/as de Neda, como así o fixemos no seu momento aínd que non se nos tivo en conta.
A Sra. Concelleira de Urbanismo manifesta moi mala memoria ou un gran descoñecemento dos seus veciños e veciñas, xa que na reunión que tivo lugar na Casa da Cultura en data 15-03-2008 estivemos presentes, a título persoal como o resto dos participantes, alomenos 4 persoas militantes do BNG, ademáis doutros varios simpatizantes históricos.
Pero acontece ademáis que a Sra. Concelleira de Urbanismo ven contradecir as manifestacións do Sr. Alcalde.
Naquela xuntanza, o Sr. Alcalde decía que o propósito daquel acto era “dar conta aos veciños do estado do asunto e escoitar as opinións”, engadindo que “os políticos xa teñen o seu lugar para facer propostas”.
Agora a Sra. Concelleira pretende que aquela era a ocasión do BNG para participar na elaboración do PXOM, en contra do criterio expresamente manifestado polo Sr. Alcalde.
A realidade é que aquel non era o lugar “para facer política” (o Sr. Alcalde dixit) e que non se permite a nosa intervención noutros foros adecuados.
A Sra. Concelleira Delegada de Urbanismo do Grupo de Governo do Concello de Neda non debe ofenderse nin sentirse atacada porque contemos a verdade.
Unha outra vez, desde o BNG de Neda recomendamos e pedimos a maior participación de todos e todas na elaboración do Plano Xeral de Ordenación Municipal do noso concello, porque todos e todas temos o dereito e a obriga de axudar a construir o concello que queremos.
Asdo.: Helena Pardo Rodriguez, ex-concelleira do BNG en Neda e militante do BNG.

0 comentarios: