No pleno do 15 de maio pasado, no ponto 4º da orde do día ía o " prego de condicións que rexerán a contratación da obra e explotación do Parque Eólico Singular de Neda"; neste tema o Bloque Nacionalista Galego votou en contra por considerar que este prego perxudica en grande medida ao veciños/as de Neda.
No Pleno do mes de marzo, apresentouse un prego, no cal a súa parte económica establecía un canon fixo de 35.000€ e un canon variable do 6%, naquel intre o BNG, solicitou que quedara aprazado e que se estudiara ese tema, facendo a proposta de aumento a 70.000 € a cantidade de canon fixo e dun 8 % de variable, amosando antecedentes de outros concellos que estableceran eses criterios.
Neste novo prego , o que se fixo por parte dos socios de goberno TEGA e PP foi reducir a 30.000 € o canon fixo e ao 4% e canon variable, cando dende o informe de intervención se calculan unhos ingresos de 155.000 € ; os veciños e veciñas de Neda poden chegar a quedarse coa esmola desa producción.
25.5.08
A quen pretenden favorecer TEGA eo PP, co prego de condicións do Parque Eólico Singular de Neda?
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:18 da tarde
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentarios:
Seguro que aos empresarios como JOVE, EPIFANIO CAMPO ou JACINTO REY. vos soan?
Enviar um comentário