13.10.07

O BNG dubída da necesidade dunha variante AP-9-AG64, no seu paso por Neda


Ante a inquietude xerada nos veciños de Neda, coa publicación no DOG, do 31 de agosto, no que se publicaba a Resolución de 22 de agosto de 2007 pola que se anunciaba a licitación da asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e impacto ambiental da vía de alta capacidade de conexión da AP-9 ( enlace Neda ) coa AG-64 ( enlace S. Sadurniño),cun orzamento de licitación de 255.374 €, o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no concello de Neda, e a través do seu Parlamentario da comarca no Parlamento galego Fernando Blanco Parga, realizamos unha pregunta para a súa resposta por escrito diante da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, co fin de saber “ ¿cáles eran as previsións da Consellería, respecto da licitación da redacción do proxecto de construción dunha variante entre a AP-9 e a autovía AG-64, de Neda a San Sadurniño, e os datos ao respecto”, pregunta publicada no BOPG num 404 do 8 de setembro de 2.007.
A constestación da Consellería foi: “ Polo que atinxe ao cronograma desta actuación, resulta difícil establecer unha estimación da data de inicio das obras, tendo en conta que aínda non se adxudicou a redacción do proxecto de trazado e impacto ambiental da vía de alta capacidade así como que , segundo dispón o prego de prescricións técnicas particulares, o prazo máximo para a realización da asistencia técnica é de 20 meses, tal e como se especifica no cadro de características do contrato e que será sometido, con posterioridade a información pública”.
No que atinxe a que tipo de vía será, a Consellería expón: “ o propio estudo definirá as características da nova vía : corredor/autovía.
O B.N.G. de Neda, queremos expresar a nosa posición diante da necesidade ou non deste vial, neste intre.
O concello de Neda ten 23,4 quilómetros cadrados, está atravesado por unha morea de lineas de alta tensión ( coa súa afección ), que delimitan en gran medida o seu desenrolo, unha afectación do litoral, que deixa ao noso concello en inferioridade de condicións comparado con outros concellos limítrofes ( por actuacións políticas mal feitas no seu momento ), unha autovía ( AP-9),que xa atravesa unha parte do concello, dende o Bloque Nacionalista Galego, pensamos, que o Concello de Neda e os seus veciños, xa contribuíron e en grande medida á solidariedade e ao ben colectivo, non poden os veciños de Neda facer mais esforzos polo resto da comunidade sen que se teña en conta o prexuízo que este vial pode provocar no conxunto do territorio de Neda, dividindo o concello en zona Noreste e zona Suroeste, tendo en conta ademáis que este vial tería que pasar por a fraga do Belelle ( cando os grupos ecoloxistas están a pedir que esta zona sexa incluída na rede Natura ) ,e a ladeira sur do Monte Marraxón, causando un impacto ambiental moi agresivo, e por último o perxuízo económico que causaría aos veciños/as e ao proprio concello¸ por todo o antesdito ( de prexuízos ), non estaría compensado neste intre, co beneficio que este vial podería aportar á comunidade, xa que agora o acceso natural ( trala apertura do acceso Freixeiro-Poligono do Pozo), da saída real a autovía AG-64 ( Ferrol –As Pontes ), sería por Neda ( AP-9) cara a Freixeiro, Poligono do Pozo, AG-64.
O Bloque Nacionalista Galego, non ve a necesidade deste vial, nin en termos económicos, nin pensando no desenrolo do concello, nin xustificado en ben da comunidade no seu conxunto.

0 comentarios: