O BNG demanda na ONU que se celebre o referéndum de autodeterminación no Sahara OccidentalAna Miranda asegurou que “non se trata dun problema humanitario, senón dunha cuestión política relacionada coa descolonización”Nova York, 11 Outubro 07. A vicepresidenta da Alianza Libre Europea (ALE) e membro do Consello Nacional do BNG, Ana Miranda, interviu onte, mércores 10, á noite, no IV Comité de Políticas Especiales e Descolonización das Nacións Unidas como peticionaria en favor do Sahara Occidental.
"É unha honra poder intervir nesta Comisión como peticionaria sobre o Sáhara Occidental, en representación do Bloque Nacionalista Galego (BNG), xa que o meu país, Galiza, ten unha profunda vocación internacional, pola súa diáspora presente en todo o mundo, e un compromiso cos dereitos dos pobos e, en especial coa loita do pobo saharaui e da Fronte Polisaria, súa lexítima representante política, polo cumprimento da legalidade internacional", afirmou Miranda diante da comisión.Ana Miranda interviu xunto con outros 5 peticionarios do Estado en representación da Federación estatal de Institucións Solidarias co Pobo Sahariano, coa fin de trasladar o clamor dos colectivos de solidaridade galegos e europeos para que a ONU dea unha resposta urxente ao problema do Sahara. Segundo a representante nacionalista, "a ollada internacional sobre o Sahara Occidental ten que mudarse definitivamente, pois non se trata exclusivamente dun problema humanitario como se nos quere facer crer á opinión pública mundial, senón dun tema político de descolonización e é precisamente esta institución, a ONU, o lugar axeitado para a produra dunha solución pacífica". Diante dos representantes alí reunidos esixiu "a celebración dun referéndum de autodeterminación que conlevaría, definitivamente, a descolonización da ex colonia española do Sahara Occidental". Ademais, engadiu que "o Goberno español indudablemente debe cumplir coas súas obrigas e responsabilidades e clarificar a ambigüedade cara o tema, que lle caracterizou no pasado e na actualidade, en contra da opinión dunha grande parte da sociedade española que apoia e respeita que o Sahara Occidental deba ter por lexitimidade histórica o seu propio Estado".Para pechar a súa intervención, a representante do BNG levou á ONU as palabras que Castelao escribiu no exilio, tamén na cidade de Nova York, afirmando que “non hai peor desterro que aquel que se sofre no propio pais». Destacou que “o pobo sahariano é un pobo desterrado, ao que lle privou da súa terra, do seu mar e aire e dos seus recursos naturais, dos que se beneficia Marrocos de forma impune”.Outras actividadesPor outra banda, a responsábel da Comision de Migración do BNG mantivo unha axenda de traballo coa colectividade galega, visitando os centros de Casa de Galicia, Círculo Español e a Nacional, ademais de entrevistarse con persoas relacionadas coa cultura galega como o profesor Dino Pacio e o poeta Francisco Álvarez, “Koki”.
11.10.07
O BNG demanda na ONU que se celebre o referéndum de autodeterminación do Sahara Occidental
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:32 da tarde
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentarios:
Pensei que desde que X. M Permui visitara o Sahara xa estaba solucionado o tema do referendo, tan eficiente como é el
Enviar um comentário