Anima aos votantes do PP, "fartos de ver como a dereita española condena a Galiza a ser sempre de segunda a que camiñen con nós"
Santiago de Compostela. 25 Xullo 07.-O portavoz nacional do BNG e vicepresidente da Xunta de Galiza, Anxo Quintana, celebrou hoxe a existencia "dunha maioría social en Galiza que quere que o noso país teña un Estatuto de Nación".
Quintana fixo estas declaracións durante a súa intervención na praza da Quintana con motivo do Día da Patria Galega ante máis de 25.000 persoas, nunha das manifestacións máis numerosas dos últimos anos.
O líder nacionalista celebrou que Galiza "é hoxe máis nación, aínda sen estatuto, porque somos máis os que queremos que teña o Estatuto de Nación que merece e precisa".
Referencia aos votantes galegos e galegas od PP
Neste sentido, mostrouse convencido de que "hai moita xente no PP farta de ver como a dereita española condena a Galiza a ser sempre de segunda, a renunciar aos seus soños e a ver fracasar as súas oportunidades".
A todo ese colectivo, Quintana pedilles "en nome do sentimento por este país que nos une, que camiñen xunto a nós, que traballen con nós para que Galiza teña un Estatuto de todos que coloque o noso país no lugar que se merece".
Necesidade de que o BNG teña máis forza en Madrid
Por outra parte, o portavoz nacional do BNG incidiu na importancia de que Galiza teña unha representación en Madrid "crítica e decisiva, un representación tal que quen queira gobernar o Estado necesite imperiosamente tela ao seu carón".
Por iso, salientou que as próximas eleccións xerais "son a oportunidade para que o nacionalismo galego pese e decida na política estatal, e iso, amigas e amigos, conséguese con traballo, compromiso e votos".
http://gijondenuncia.blogspot.com/2007/04/iu-dice-que-la-regasificadora-de-aboo.html
25.7.07
Quintana celebra no Día da Patria a existencia dunha `maioría social no País que quere que Galiza teña un Estatuto de Nación´
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:16 da tarde
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentarios:
Unha cousa é que a UPG e Paco Rodríguez renuncien en beneficio de que as empresas “galegas” radicadas en Madrid desfagan Galicia segundo lles conveña, máis o Presidente da Xunta debera facer país fronte a unha herdanza velenosa e inviable como Reganosa. Sobre todo porque o apoio político da administración galega impide que outros operadores europeos poidan facer no litoral exterior unha planta de gas catro veces superior ao proxecto perigoso, ilegal e non legalizable do Grupo Tojeiro. Algo que xa hai tempo coñecen por estar rexistrada a petición no Ministerio de Industria.
De Manuel Cendan en Vieiros. E tomade nota. Coma un socialista non perde o sentido crítico nen a sintonia ca cidadania. Por iso medran e nos asi nos vai.
Enviar um comentário