26.3.09

O BNG pide ao concello, que se implante a e-sanitaria

No Pleno a celebra hoxe 26 de marzo, o BNG, presenta unha moción , co fin de que o goberno de Neda, tome as medidas oportunas diante do SERGAS, para que a receita electronica, sexa implantada no centro de saúde de Neda.
O decreto Decreto 206/2008, de 28 de agosto, de receita electrónica. ten por obxecto regular a implantación da receita electrónica no ámbito do Sistema Público de Saúde de Galicia e establecer os procedementos e requisitos de prescrición e dispensación de medicamentos e produtos sanitarios mediante aquela.
No proceso progresivo da implantación de soportes informáticos para a xestión da prescrición e dispensación dos medicamentos, a Consellería de Sanidade, a través do Servizo Galego de Saúde, desenvolve un sistema de receita electrónica en Galicia cos obxectivos de mellorar a calidade asistencial ao reducirse o número de consultas para renovación de receitas, incrementando así o tempo de consulta do médico para diagnóstico e tratamento; mellorar a calidade da información sobre a historia farmacoterapéutica dos pacientes, mellorar a seguridade no uso dos medicamentos, facilitando o seguimento farmacoterapéutico, a detección de alerxias, interaccións e información sobre alertas farmacéuticas; mellorar a accesibilidade do paciente ao reducir os desprazamentos e trámites relacionados con pacientes crónicos e coa homologación sanitaria das receitas; habilitar novas canles de comunicación entre os/as profesionais médicos e farmacéuticos que atenden aos/as pacientes; simplificar o procedemento de facturación de receitas e reducir a burocracia, potenciar a atención farmacéutica, e conseguir unha xestión eficiente dos recursos farmacoterapéuticos mediante a racionalización da prescrición e dispensación dos medicamentos.
A receita electrónica desenvólvese en colaboración coas oficinas de farmacia de Galicia, a través da intermediación dos colexios oficiais de farmacéuticos da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, nos termos do Protocolo de actuación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e os colexios de farmacéuticos de Galicia, para a posta en marcha do proxecto de receita electrónica na Comunidade Autónoma de Galicia asinado en agosto de 2007, no que se establece o modelo de relación, as responsabilidades e as accións a desenvolver polas partes, así como o deseño da arquitectura tecnolóxica da receita electrónica.
a) Receita electrónica: é o documento electrónico polo que o profesional sanitario facultado para iso prescribe aos/as pacientes con dereito a prestación farmacéutica medicamentos e produtos sanitarios para a súa dispensación nas oficinas de farmacia.
Polo anteriormente exposto e como queira que este sstema pode facilitar moito o servizo aos/as usuarios/as do Centro de Saúde, non só a aqueles pacientes crónicos senón ao colectivo en xeral, o grupo do BNG
Que o Concello de Neda, tome as medidas oportunas no ámbito das súas competencias, para que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS ), poña en funcionamento no centro de Saúde de Neda a Receita electrónica (e-sanitaria).

0 comentarios: