2.9.07

Silencio informativo na TVG


A insólita guerra de TVG co vicepresidente da Xunta entra mañá na súa semana decisiva. Os directivos da canle pública manteñen a súa política de castigo e tampouco onte, por terceiro día consecutivo, enviaron cámaras a cubrir as actividades oficiais de Anxo Quintana -fixo unha visita institucional ó Concello de Xunqueira de Ambía, en Ourense-, o líder político peor tratado entre os meses de maio e de xullo se atendemos aos datos de presenza directa en pantalla.

En concreto, no apartado de declaracións directas recollidas polos diferentes espazos informativos -área que dirixe Roberto Cid- o dirixente nacionalista acumula 52 minutos e 41 segundos, moi por detrás dos 74 minutos e 3 segundos de Alberto Núñez Feijóo, lider da oposición, e dos 104 minutos e 43 segundos concedidos ó presidente Touriño. Ademais, o político socialista suma máis minutos que Quintana e Feijóo xuntos no que se refire a aparicións en imaxes de recurso, con 52 minutos e 6 segundos. O portavoz do Bloque encheu 24 minutos e 34 segundos en pantalla, e o presidente do PPdeG quedou en 15 minutos e 6 segundos. Datos tan contundentes alimentan o malestar non só na Vicepresidencia, senón na práctica totalidade das áreas gobernamentais baixo control do Bloque.

A discriminación á que é sometido Quintana desde a área de Informativos, a máis poderosa da Televisión de Galicia, afecta de xeito especialmente claro á súa imaxe institucional. Así, mentres Touriño apareceu como presidente da Xunta en 258 noticias nestes tres meses, analizados por unha consultora independente, e como secretario xeral do PSdeG noutras 70 (unha cuarta parte), o número dous do bipartito só tivo presenza como vicepresidente en 62 novas e, curiosamente, protagonizou 94 informacións co seu perfil de líder do benegá.
( noticia aparecida en Galicia Hoxe)
Outros medios de comunicación, tamén castigan informativamente aos compañeiros e compañeiras do BNG, en distintas Comarcas de GAliza

0 comentarios: