3.9.07

8 segundos aparece Anxo Quintana nos informativos da TVG

Os directivos de Televisión de Galicia que controlan a cobizada área de Informativos –que quedou en mans socialistas no repartimento acordado coa chegada ó poder do bipartito– manteñen o insólito conflito institucional coa Vicepresidencia da Xunta. Logo de tres días de castigo, sen unha soa imaxe do número dous do Goberno galego, Anxo Quintana reapareceu onte no telexornal do mediodía durante cinco raquíticos segundos, mentres cortaba en Allariz a cinta de saída da segunda etapa de la Vuelta e durante outros tres segundos aínda máis esmirrados na edición do serán, entregándolle o xersei ouro ó ciclista Freire e sen sequera ser citado o seu nome.

Foi a única concesión ó vicepresidente nun informativo que lle dedicou a ETA o seu tema de apertura e no que en titulares si apareceu, con imaxes, o presidente Touriño na súa visita a Cortegada, recuperada como illa de titularidade pública.

Esta será a semana decisiva para buscarlle solucións a unha guerra que ameaza, incluso, con envelenar as relacións na cúpula do bipartito. De feito, fontes da Vicepresidencia confirmáronlle onte mesmo a GH o malestar na familia nacionalista contra "unha estratexia perfectamente definida e sostida no tempo, coa que desde TVG se pretende minimizar a imaxe do vicepresidente Quintana e, tamén, das consellerías do benegá".

Subliñan as citadas fontes que o xaxún que en San Marcos lle aplican de xeito rigoroso e unilateral ós departamentos do Bloque se intensificou tras as eleccións municipais do pasado mes de maio, nas que a oferta nacionalista se asentou como imprescindible para a formación de gobernos de progreso nos concellos da Galicia urbana

2 comentarios:

Anónimo disse...

Pois a min pareceme de abondo. Non fai mais que repetir o que facia o dos tirantes. E se daquela o critivabamos por ocupar horas na telegaita hoxe non vamos a critica a Bewnigno por darlle o tempo que merece a este aprendiz de Fraga

Anónimo disse...

E seguro que eses 8 segundos aparece bailando con vellas en romerías como facía Fraga