No mesmo lugar no que hai 25 anos, exactamente os días 25 e 26 de setembro de 1982, un grupo de organizacións, colectivos e militantes independentes constituíron o Bloque Nacionalista Galego.
O acto público de conmemoración, no que se espera a participación de 1.500 persoas, comezará ás seis da tarde. En primeira fila estarán as persoas que integraron o primeiro Consello Nacional da organización. E no acto intervirán Encarna Otero, Beiras e Bautista Álvarez. O último en intervir será Anxo Quintana, e é que a conmemoración quere ser tamén o punto de arranque da precampaña dos nacionalistas para as eleccións xerais de marzo.
O pasado sábado Quinana cualificou a asemblea de Riazor de 1982 como un fito "trascendental" na historia de Galicia. Sen o BNG Galiza non estaría a xogar na liga das nacións no Estado”, engadiu Quintana. “Dicía Castelao que 'primeiro ser para despois vencer'. O BNG utilizou os seus primeiros 25 anos en ser. Agora estamos preparados para vencer, para conseguirmos que o nacionalismo sexa unha forza hexemónica en Galiza, para que o nacionalismo poda dirixir o país e, sobre todo, para que Galiza sexa a nación no Estado español, en Europa e no mundo que todos queremos”, concluíu.
26.9.07
A gran festa dos 25 anos do BNG
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:22 da tarde
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentarios:
Onde foi o BNG que defendía ¡Non Xove nuclear! que foi a foxa atlántica, Baldaio, As Encrobas, a Ría de Pontevedra, A Ría de Ferrol e agora defende ás louseiras no Courel, as piscifactorías en Corrubedo, unha esterqueira no Ribeiro e a Planta de Gas de Reganoxo no medio da Ría de Ferrol.
Os 15000 euros, a privatización dos Servizos Sociais, etc,etc
¡Quen vos viu e quen vos vé!
Enviar um comentário