29.9.07

Ordenanza de utilización instalacións públicas

Preguntaba, un veciño ou veciña, si se iba cobrar polo uso de locales públicos.

Na Ordenanza nº 17.- Reguladora da taxa pola utilización das instalacións na Casa da Cultura e demais edificios de titularidade municipal. no seu Art. 6 ( Cota Tributaria ) a cota a aboar polos suxeitos pasivos consistirá no seguinte:
A) Pola utilización de locais do concello ( excepto salón casa da cultura e salón de actos do concello ), para fins distitos ós seguintes, a cantidade de 20 € /diarios
B) Pola realización de cursos por entidades privadas satisfarase a cantidade de 30 € de matricula no momento de concederse o local, e 10 €/ mes por persoa matriculada ó inicio de cada período mensual; no caso de períodos inferiores ó mes prorratearase en función dos días.
C) Pola utilización do salón de actos da Casa da Cultura ou da Casa das Palmeiras, a cantidade de 30 € diarios e no caso de entrada 90 €.
D) Pola utilización do salón de actos do concello para vodas 120 € por cada acto e no da casa da Cultura e da casa das Palmeiras 180 €.
E) Pola asitencia a espectáculos no auditorio da Casa da Cultura e na casa das Palmeiras ( teatro, danza, música, etc )
a1.- Entrada adultos 2 €
a2 Entrada infantil e maiores 65 anos, e xoves con carnet de estudante..1€

26.9.07

A gran festa dos 25 anos do BNG


No mesmo lugar no que hai 25 anos, exactamente os días 25 e 26 de setembro de 1982, un grupo de organizacións, colectivos e militantes independentes constituíron o Bloque Nacionalista Galego.

O acto público de conmemoración, no que se espera a participación de 1.500 persoas, comezará ás seis da tarde. En primeira fila estarán as persoas que integraron o primeiro Consello Nacional da organización. E no acto intervirán Encarna Otero, Beiras e Bautista Álvarez. O último en intervir será Anxo Quintana, e é que a conmemoración quere ser tamén o punto de arranque da precampaña dos nacionalistas para as eleccións xerais de marzo.

O pasado sábado Quinana cualificou a asemblea de Riazor de 1982 como un fito "trascendental" na historia de Galicia. Sen o BNG Galiza non estaría a xogar na liga das nacións no Estado”, engadiu Quintana. “Dicía Castelao que 'primeiro ser para despois vencer'. O BNG utilizou os seus primeiros 25 anos en ser. Agora estamos preparados para vencer, para conseguirmos que o nacionalismo sexa unha forza hexemónica en Galiza, para que o nacionalismo poda dirixir o país e, sobre todo, para que Galiza sexa a nación no Estado español, en Europa e no mundo que todos queremos”, concluíu.

Publicado no BOP, o Padrón de Auga e Saneamento

No B.O.P. aparece publicado o Padrón pola Taxa de Auga e Saneamento, co fin de que poida ser examinado

Aprobar o padrón de contribuíntes pola taxa de subministración de auga potable e sumidoiros correspondente ó 3.° trimestre do 2007, sendo o seu resumo o seguinte:

Euros

Auga 23.484,85
Saneamento 20.673,58
I.V.E. 3100,78
Canon 12.245,59
IMPORTE TOTAL 59.504,80

2.°.–De acordo co disposto na Lei xeral tributaria, as matrículas e os padróns aprobados expóñense ó público nas oficinas do Concello, durante un mes, contado a partir da públicación no BOP, durante dito prazo os interesados poderán examinalos e impor contra os mesmos e ante a Xunta de Goberno Local o recurso de reposición previo ó contencioso administrativo a que se refire o artigo 108 da Lei 7/85, de 2 de abril.

3.°.–O anuncio de publicación no BOP produce os efectos de notificación colectiva ó abeiro do disposto na citada Lei anterior.

4.°.–O cobramento das taxas aprobadas verificarase na forma e período que se establecen nas respectivas ordenanzas reguladoras.

25.9.07

Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego

23.9.07

Unha subida dun 40 %


O pasado xoves 20 de setembro, os socios de Goberno no Concello de Neda (Terra Galega e PP )aprobaron no Pleno unha subida de impostos de un 40 %, xustificando esta subida ( polo deficit que ten o conello de 50.000 € ), os votos en contra de
BNG,EU E PSOE, non foi suficiente para parar esta subida.
2007 2008 Prezos e Taxas
28,99 € 40,37€ 39,25% Recollida lixo ( 1 día a semán )
0,0189€ 0,0193€ Mínimo auga
7,49€ 9,74€ Escolas deportivas (menores)
2,74€ 10,93€ 30% Sauna
300,5€/m2 511,95€/ m2 Vivenmda Unifiamiliar
0,40% 0,60% 33% Imposto Bens Inmobles (IBI)
2,50 2,60 4% Imposto Construcción, afecta aos grandes constructores mais que nada ¿ é curioso, non ?

Imposto de automóbiles ( Ordenanza 4 ) un 10%

ORDENANZA 28 ( esta non existía )
Por expedición dun Certificado 20 €
Por unha compulsa 30 €
Dende o BNG, e sendo conscientes, que para facer cousas hai que ter diñeiro, apoiariamos unha subida racional dos impostos e prezos, pero non desta maneira desmesurada, e tendo en conta ademais que a poboación do noso concello nun 45 % é amior de 60 anos e en moitos casos están cobrando o salario mínimo interprofesional ou pensións non contributivas, e será a estes sectores da poboación a quen máis vai afectar e non como dice a concelleira do PP, ( aos terratenientes, esta subida vai ademais en contra da filosofía do SR. Rajoy, que di que si goberna baixará os impostos.

19.9.07

Galiza Nova celebra as súas xornadas de verán na comarca da Montaña, abertas a toda a mocidade galega


Durante os días 21, 22 e 23 deste mes

“Aprofundar en debates como a recuperación da memoria histórica, coñecer o país e as problemáticas específicas do Medio Rural, así como deixar un espazo para o lecer e a diversión”. Estes son, entre outros, os obxectivos das XIX xornadas de verán de Galiza Nova, segundo explicou a súa secretaria xeral, Iria Aboi, en rolda de prensa.

As xornadas celebraranse os días 21, 22 e 23 de setembro, “para evitar coincidir co Festigal e coa época de exames”. A inscrición custa 15 euros, nos que se inclúen as comidas, aloxamentos e visitas. A asistencia agardada estará en torno a 100 persoas, que poden ser militantes ou non de Galiza Nova.

Na rolda tamén estiveron presentes Manuel García, responsábel comarcal da Montaña (comarcas de Arzúa e Melide) e Noa Fernández, responsábel de organización das mocedades do BNG. García explicou as distintas actividades que terán lugar durante estes 3 días:

Programa das xornadas

Venres 21

18.30 Saída en bus dende Compostela
19:30-20h- recepción no Concello de Arzúa co alcalde, Xaquín García Couso.
21:30- Cea no Multiusos de Arzúa
23:00- Concerto de Loretta Martin



Sábado 22

9:30 Almorzo 11:00 Visita ao Enredo do Abelleiro
12:30 Saída cara Porto de Mouros e actividades (kaiak e tiro con arco).
14:30 Xantar
16:30 Saída cara Sobrado dos Monxes e visita guiada do mosteiro
18.00 Saída cara Melide
19:30 Recepción no Concello de Melide, coa alcaldesa Socorro Cea.
20:30 Charla na sala de conferencias, a cargo de representantes do Sindicato Labrego Galego, da consellaría de Medio Rural e do concello.
22:00 Saída cara o pavillón e cea
23:00 Saída nocturna por Melide

Domingo 23

10:30 Almorzo
11:30 Visita ao Museo Terra de Melide
12.30 Saída cara Arzúa
13:00h Homenaxe na Praza da Vila a Juan Vidal, alcalde de Arzúa fusilado no 36. Interveñen Manuel García, Iria Aboi e Xaquín García Couso, alcalde nacionalista de Arzúa.
14:30 Xantar na Área recreativa de Ribadiso
16:30 Saída cara Compostela

15.9.07

Quintana advirte que as forzas nacionalistas “van ter moito que dicir” á hora de decidir quen será o próximo presidente do Estado


O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, considerou hoxe que as forzas políticas que conforman Galeuscat, CIU, PNV e BNG, teñen "unha oportunidade na próxima lexislatura" para contar cun peso destacado sobre o próximo Goberno central.

Na liña do que reclamou tamén o líder de CIU, Artur Mas, no acto que compartiron hoxe en Barcelona con motivo da XVIII Escola d'Estiu de CDC, Quintana advertiu que as forzas que compoñen o Galeuscat teñen "moito que dicir á hora de decidir quen vai ser o responsábel político que ocupe a Moncloa logo das próximas eleccións xerais".

Así, avogou porque os nacionalismos vasco, catalán e galego "traballen conxuntamente" neste camiño e defendeu Galeuscat como "a única alternativa ao modelo de estado que representa PP e PSOE". Quintana sinalou o "reto" desta entidade de erixirse na "única alternativa á monotonía política que se vive no Estado español", convencido de Galeuscat será "o mellor freo para calquera proceso de involución antidemocrático que se queira dar no Estado español, tanto no modelo de Estado como no modelo social".

Neste sentido, criticou que o "pseudoprogresismo español apodérese de termos" como igualdade, innovación ou desenvolvemento, dos que dixo que "os nacionalismos" defenderon sempre. "O nacionalismo hoxe en día é un berro de rebeldía intelectual, dos que non renuncian ao que son e saben que o primeiro paso para ser cidadáns do mundo é ser cidadáns do seu propio país", sinalou.

Estatuto de Nación
Quintana enlazou este modelo co debate do Estatuto galego, vetado polo popular Alberto Núñez Feijoo. Asegura o vicepresidente do goberno galego que “o Partido Popular ten unha estratexia destinada a impedir que haxa estatutos de nación en Galiza, Catalunya e Euskadi”. “Alí onde ten forza parlamentaria para facelo, utilízaa, como en Galiza; en Catalunya, como non ten esa opción, intenta paralizar o estatuto utilizando a Xustiza”, dixo.

Porén, destacou que “non nos consideramos fracasados por non ter un Estatuto, porque a nosa presenza no goberno serviu para impedir que Galiza non teña un estatuto de segunda”. “Estamos agora en condicións de agardar a un novo tempo político, que seguramente virá pronto”, asegurou.

13.9.07

Vicepresidencia implantará en Galiza o servizo galego de apoio á mobilidade persoal, o 065 social, destinado a persoas dependentes ou con discapacidad


O Consello da Xunta deulle hoxe luz verde a este servizo público de carácter social que facilitará o desprazamento ás persoas con problemas de mobilidade

O Consello da Xunta autorizou na súa xuntanza de hoxe o proxecto de decreto polo que se regula o Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal, destinado para as persoas dependentes e/ou con discapacidade. Este novo servizo público de carácter social promovido pola Vicepresidencia da Xunta facilitará o desprazamento programado e non urxente das persoas con problemas de mobilidade, sempre baixo condicións de máxima seguridade, cos medios precisos e co apoio de persoal de acompañamento durante o traslado.

Segundo se establece no decreto aprobado hoxe, para acceder a este servizo será necesario ter recoñecida a existencia de dificultades de mobilidade que impidan a utilización de transportes públicos, atoparse nunha situación de dependencia ou ter recoñecido un grao de minusvalía superior ao 65 por cento. As persoas que cumpran un destes requisitos disporán dunha tarxeta identificativa e poderán beneficiarse desta iniciativa para cubrir así as súas necesidades básicas de desprazamento. A determinación da porcentaxe de participación dos usuarios no financiamento do servizo virá determinada pola capacidade económica persoal do solicitante, sendo o servizo gratuíto para as persoas con ingresos iguais ou inferiores ao 75% do IPREM.

A prestación do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal realizarase en función dunha serie de prioridades, como son a necesidade de acudir a consultas ou tratamentos sanitarios do sistema público, cando o desprazamento non sexa competencia do sistema sanitario; trasladarse a centros ou equipamentos do sistema de servizos sociais como residencias, centros de día ou outros equipamentos de aloxamento temporal ou permanente dos que sexan usuarios; acudir a centros ou equipamentos do sistema de servizos sociais que, non tendo carácter de aloxamento, dispoñen de programas ou actividades ás que acoden ou deban acudir como usuarios; realizar actividades relacionadas coa vida diaria autónoma e co seu desenvolvemento persoal; ou asistir a actividades de carácter educativo ou formativo.

A través desta orde de prioridades, na que tamén se ten en conta a idade dos solicitantes, a Vicepresidencia da Xunta pretende poñer a disposición das persoas con discapacidade e/ou dependentes os medios axeitados para facilitarlle a mobilidade, ao tempo que se garante o seu acceso en igualdade de condicións a servizos de calquera tipo, favorecendo así a súa plena integración e participación no seu contorno habitual. O obxectivo é implantar de xeito progresivo a prestación deste servizo a través de diversas experiencias piloto que poderán comezar neste ano, de xeito que a finais do ano 2009 o servizo funcione con normalidade en todo o territorio galego.

O custo da progresiva implantación deste servizo ascende a 61.404.966,63 euros, que se distribuirán en tres anualidades. Unha vez implantado, o custo anual consolidado do mesmo ascenderá a 33.669.163,53 euros.

Condicións e seguridade

O Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal procurará adaptarse, na medida do posible, á demanda de desprazamento do usuario. Así, cando os usuarios precisen da realización dun desprazamento que estea cuberto por este servizo deberán contactar con antelación coa unidade competente, indicando o seu número de tarxeta de usuario e as circunstancias que sexan necesarias para a organización do servizo.

Durante os traslados os usuarios disporán dunha persoa que os acompañará para prestarlle o apoio necesario durante o percorrido. Os vehículos empregados cumprirán a normativa de accesibilidade e supresión de barreiras e estarán adaptados para o transporte de persoas en cadeiras de rodas. Ademais, terán unha capacidade mínima de sete persoas e máxima de doce prazas de configuración mixta, de xeito que permita unha acomodación flexible ás necesidades do servizo. Como novidade, os vehículos estarán dotados de teléfono e integraranse nun sistema de control e localización GPS.

12.9.07

Esoita a entrevista a Anxo Quintana

Podes seguir a entrevista do Vicepresidente da Xunta de Galiza, D. Anxo Quintana González, na televisón de Galiza no programa " Hai Debate"

11.9.07

Un ascenso dun 20 %

O BNG gaña dúas decimas en voto estimado para as vindeiras xerais

Un 20% máis respecto do 2004

Un inquérito publicado por Antena 3 recolle un ascenso do 20% na intención de voto do BNG para as próximas eleccións xerais. O BNG pasaría dun 0,8 -o resultado do 2004- a un 1,0.

Este estudo recolle unha previsión de participación do 71%, e sitúa ao PSOE primeiro en intención de voto, cunha diferenza sobre o PP lixeiramente menor á que se deu no 2004 (algo menos de catro puntos). Como detalle curioso, sinalar que o partido españolista de Rosa Díaz e Fernando Savater recollería un 2% das papeletas.

9.9.07

Corrixen o soldo da Secretaria do Alcalde


Foto exposición, Nazón de Breogán
No Boletín Oficial da Provincia do día 8 de setembro, aparece unha corrección de erros, no tema do salario da Secretaria particular do Alcalde de Neda, e cando no seu momento, no B.O.P. nº 190, do 18 de agosto, viña publicado que este salario sería de 4.307,31, agora esta corrección faise á alza, e aparece cunha retribución de 6.524,56 €

7.9.07

Un veciño de Ferrolterra novo Secretario Xeral da Vicepresidencia da Xunta de Galiza


O consello da Xunta aceptou o cese a petición propia de Antonio Losada

O novo secretario xeral da Vicepresidencia será Xavier Ferreira Fernández, doutor en Dereito e profesor de Dereito administrativo da Universidade de Santiago de Compostela. Posúe, ademais, estudos de doutoramento na Universidade de Bolonia e na Escola de Administración Pública de Cataluña.

O Consello da Xunta aceptou na súa reunión desta mañá o cese no seu cargo do secretario xeral e de Relacións Institucionais da Vicepresidencia, Antonio Losada, quen presentou a súa dimisión ao vicepresidente, nas últimas horas, por motivos persoais. A dimisión foi aceptada e levada hoxe ao Consello da Xunta.

Nacido en Valdoviño, no ano 1966, Xavier Ferreira Fernández está casado e é pai de dous fillos. Ferreiro, que conta cunha ampla experiencia en materia de formación, ten participado e dirixido numerosos cursos de formación de funcionarios, másters e congresos. Foi director do departamento de Dereito Público e Teoría do Estado entre 1999 e o 2005 e membro da ponencia redactora dos Estatutos da USC.

A súa actividade investigadora centrouse, fundamentalmente, no estudo do dereito local, do réxime xurídico dos funcionarios e dos dereitos lingüísticos. Así, publicou catro monografías e numerosos artigos en revistas da especialidade e en obras colectivas. Entre as súas últimas publicacións salienta a participación na obra “Estatuto xurídico da lingua galega”, editada por Xerais ou a coordinación de dous volumes de análise do dereito como feito diferencial de Galicia, editados polo Museo do Pobo Galego. Ademais, ten colaborado co BNG na elaboración de numerosos estudos e traballos e mesmo formou parte da comisión redactora do Estatuto de Nazón, elaborado polo BNG.

Actualmente, é profesor Titular de Dereito Administrativo da USC e director da Escola Universitaria de Relacións Laborais. No ámbito da xestión, Ferreira Fernández colabora con diversas administracións públicas en actividades relacionadas coa xestión dos recursos humanos e a elaboración de propostas normativas.

Xavier Ferreira Fernández é membro, dende o ano 2.000, da Xunta Electoral de Galicia. Foi elixido polo Parlamento, a petición do Bloque Nacionalista Galego

5.9.07

Os informes de Reganosa, serán revisados novamente por Industria


Entrevista no Ministerio de Industria
Representantes dos veciños pechados na Casa do Concello de Mugardos mantiveron, na mañá de onte unha entrevista con Jorge Sanz, director xeral de Política Enerxética e Minas, dependente do Ministerio de Industria, para solicitarlle que non se lle conceda a autorización de funcionamento comercial á planta de gas, por considerar que non acredita a distancia de seguridade necesaria ás vivendas.

Os responsábeis ministeriais comprometéronse a revisar os informes que no seu día avalaron o funcionamento da planta de gas mugardesa, supeditado a que se cumprisen determinados condicionantes que, segundo expresan os afectados, non se tiveron en conta en posteriores autorizacións emitidas. Entre os requisitos que condicionaban a autorización da construción da planta atopábanse o respecto ás distancias de seguridade aos núcleos de poboación e que os buques, en caso de urxencia, puidesen abandonar a ría o máis axiña posible e polos seus propios medios.

Así mesmo, os responsabeis de Industria aceptaron mediar cos máximos responsables do Ministerio para que o colectivo poida ser recibido polo seu titular, Joan Clos, ou ben polo secretario xeral de Enerxía, Ignaci Neto.

O Ministerio de Industria concedeu a autorización administrativa previa, o 3 de xuño de 2002, e a autorización de construción de Reganosa, o 13 de febreiro de 2004. Segundo sinalou Luz Mariña Torrente, as autorizacións concedidas estaban condicionadas ao cumprimento da norma EN-1532, sobre tráfico de buques gaseiros, "que require que o buque poida saír rapidamente e polos seus propios medios en caso de accidente durante a descarga"; que se cumpran as distancias á poboación que figuran na 'Lei SEVESO II', e que o circuíto de refrixeración do gas sexa pechado. Pola súa banda, a empresa Reganosa asegurou nun comunicado que as instalacións cumpren “estritamente” a distancia que debe existir coa poboación e cualificou de “moi remota” a posibilidade de incidentes.

4.9.07

O BNG pergúntalle a Portos de Galiza se a SEPI xa determinou cales son os terreos ociosos de Navantia-Fene (ASTANO)


O deputado Fernando Blanco insta ao organismo público a que explique o cumprimento dos compromisos acadados e permita o aproveitamento dos terreos improdutivos

Santiago de Compostela, 3 Setembro 07.- O deputado do BNG Fernando Blanco Parga vén de rexistrar unha pregunta para a súa resposta oral en comisión sobre o compromiso da SEPI de “determinar os terreos da antiga Astano que se poden considerar como ociosos”.

Segundo explica o parlamentar, este acordo asinouse na xuntanza mantida o 17 de abril entre o presidente de Portos de Galiza e o responsábel da SEPI.

O presidente do ente portuario destacou desta xuntanza algo que, en opinión do nacionalista resulta “sorprendente”, isto é, “a vontade de colaboración da SEPI” mentres que, até agora, “este organismo público caracterizouse polo seu rexeitamento a que Fene volvese construír barcos”.

Blanco Parga lembra que na actualidade Navantia-Fene dispón de 623.894 metros cadrados de terreos en réxime de concesión na zona de servizo da Autoridade Portuaria dos cales, segundo ten admitido o propio presidente da Sociedade Estatal de Participacións Industriais, 200.000 “non están a ser aproveitados para a construción naval”.

Esta situación choca coa falla de espazo nos estaleiros de Vigo, con plena carga de traballo e que, segundo explica o parlamentar, “nalgún caso, por non dispor de instalacións suficientes están a buscar outros estaleiros, ben para mercalos ou alugalos en outras zonas do mundo”.

Aproveitar o auxe do naval

Deste xeito, en opinión do deputado, “semella que Galiza non está a aproveitar plenamente o auxe da construción naval civil que existe a nivel mundial, cando ten un estaleiro con capacidade de producir en estado anémico”.

O deputado nacionalista lembra, asemade, o acordo parlamentar acadado a instancias do BNG no que se solicitaba a “desafectación dos activos ociosos do estaleiro para os dedicar a usos industriais que non hipotequen a construción naval civil e a que a SEPI presentase de inmediato o Plano Industrial de Ferrol comprometido nos acordos de 16 de decembro de 2004”.

En vista de todo o exposto o BNG quer coñecer en detalle a situación do estudo sobre os terreos ociosos que se comprometeu a realizar a SEPI e a avaliación que Portos de Galiza fai “do cumprimento de compromisos por parte da Sociedade Estatal de Participacións Industriais”.
http://www.nuestromar.org/noticias/industria_naval072006_china_construira_50_superpetroleros

Non nos entenden non


O desprezo que dende Hespaña, se demostra por Galiza e os Galegos.

3.9.07

8 segundos aparece Anxo Quintana nos informativos da TVG

Os directivos de Televisión de Galicia que controlan a cobizada área de Informativos –que quedou en mans socialistas no repartimento acordado coa chegada ó poder do bipartito– manteñen o insólito conflito institucional coa Vicepresidencia da Xunta. Logo de tres días de castigo, sen unha soa imaxe do número dous do Goberno galego, Anxo Quintana reapareceu onte no telexornal do mediodía durante cinco raquíticos segundos, mentres cortaba en Allariz a cinta de saída da segunda etapa de la Vuelta e durante outros tres segundos aínda máis esmirrados na edición do serán, entregándolle o xersei ouro ó ciclista Freire e sen sequera ser citado o seu nome.

Foi a única concesión ó vicepresidente nun informativo que lle dedicou a ETA o seu tema de apertura e no que en titulares si apareceu, con imaxes, o presidente Touriño na súa visita a Cortegada, recuperada como illa de titularidade pública.

Esta será a semana decisiva para buscarlle solucións a unha guerra que ameaza, incluso, con envelenar as relacións na cúpula do bipartito. De feito, fontes da Vicepresidencia confirmáronlle onte mesmo a GH o malestar na familia nacionalista contra "unha estratexia perfectamente definida e sostida no tempo, coa que desde TVG se pretende minimizar a imaxe do vicepresidente Quintana e, tamén, das consellerías do benegá".

Subliñan as citadas fontes que o xaxún que en San Marcos lle aplican de xeito rigoroso e unilateral ós departamentos do Bloque se intensificou tras as eleccións municipais do pasado mes de maio, nas que a oferta nacionalista se asentou como imprescindible para a formación de gobernos de progreso nos concellos da Galicia urbana

2.9.07

Medalla de prata para un ferrolán


O ferrolán, Gomez Noya, quedou a catro segundos da medalla de ouro do campionato do mundo de Triatlón,: o outro galego Iván Raña, non poido rematar a carreira.

Silencio informativo na TVG


A insólita guerra de TVG co vicepresidente da Xunta entra mañá na súa semana decisiva. Os directivos da canle pública manteñen a súa política de castigo e tampouco onte, por terceiro día consecutivo, enviaron cámaras a cubrir as actividades oficiais de Anxo Quintana -fixo unha visita institucional ó Concello de Xunqueira de Ambía, en Ourense-, o líder político peor tratado entre os meses de maio e de xullo se atendemos aos datos de presenza directa en pantalla.

En concreto, no apartado de declaracións directas recollidas polos diferentes espazos informativos -área que dirixe Roberto Cid- o dirixente nacionalista acumula 52 minutos e 41 segundos, moi por detrás dos 74 minutos e 3 segundos de Alberto Núñez Feijóo, lider da oposición, e dos 104 minutos e 43 segundos concedidos ó presidente Touriño. Ademais, o político socialista suma máis minutos que Quintana e Feijóo xuntos no que se refire a aparicións en imaxes de recurso, con 52 minutos e 6 segundos. O portavoz do Bloque encheu 24 minutos e 34 segundos en pantalla, e o presidente do PPdeG quedou en 15 minutos e 6 segundos. Datos tan contundentes alimentan o malestar non só na Vicepresidencia, senón na práctica totalidade das áreas gobernamentais baixo control do Bloque.

A discriminación á que é sometido Quintana desde a área de Informativos, a máis poderosa da Televisión de Galicia, afecta de xeito especialmente claro á súa imaxe institucional. Así, mentres Touriño apareceu como presidente da Xunta en 258 noticias nestes tres meses, analizados por unha consultora independente, e como secretario xeral do PSdeG noutras 70 (unha cuarta parte), o número dous do bipartito só tivo presenza como vicepresidente en 62 novas e, curiosamente, protagonizou 94 informacións co seu perfil de líder do benegá.
( noticia aparecida en Galicia Hoxe)
Outros medios de comunicación, tamén castigan informativamente aos compañeiros e compañeiras do BNG, en distintas Comarcas de GAliza

Callos, Pan e Viño, para rematar o verán de festas


O pan será o acompañante dos callos, na festa do Pan de Neda, bandas de gaitas charangas e orquesta amenizarán o evento, coa actuación de "Los Zares"