A crise económica e social de Ferrolterra
Ferrolterra está a sufrir un dos períodos recesivos máis duros da súa historia. O ciclo contractivo, que na ría de Ferrol comezou xa hai tempo coa primeira reconversión, a mediados dos anos oitenta do pasado século, tinguiuse de cores moi escuros no comezo do novo milenio cando, no ano 2004, foi asinado un novo acordo de reconversión entre os sindicatos maioritarios -CC.OO. e UGT- a patronal SEPI e a Unión Europea que obrigaba a saír do mercado da construción naval civil ata o ano 2015 ao estaleiro Astano, un dos principais motores de xeración de actividade e emprego da bisbarra ferrolterrán.
Ademais, a bisbarra ferrolá está a ser gravemente atinxida neste segundo lustro de século polo retraso na dotación de infraestruturas de transporte ao porto exterior de Caneliñas -camiños de ferro e plataforma loxística de Mougá- imprescindibles pra convertilo nunha auténtica plataforma marítima de transporte intermodal, pola nova regulamentación sobre o consumo do carbón que atinxe seriamente á viabilidade do propio porto exterior, ao sector de transporte e á xeración de enerxía eléctrica nas centrais das Pontes, e polos retrasos do concurso eólico e a adxudicación final a empresas sen vinculación efectiva nin plantas de produción en Galicia.
Ora por decisións do governo central, ora por decisións do governo autonómico, os sectores marítimo, naval e enerxético, piares fundamentais pra o futuro desenvolvemento ferrolterrán, están a ser postos en tea de xuizo sen que se produza reacción cidadán diante de tanto aldraxe. Ferrol está adormecido e non é quen de espertar do seu letargo. A súa poboación, avellentada e atordoada polos sucesivos expedientes de reconversión, non é quén de arrepoñerse e os partidos políticos maioritarios e sindicatos afíns, co seu silencio, parecen bendecir este triste sino. É triste que perdamos a memoria do que fomos. E triste que as forzas máis vivas e noutrora mobilizadoras da cidadanía ferrolá fiquen caladas mentres as nosas posibilidades de futuro se esfarelan, mentres o saber colectivo da cidade na área da construción naval, tanto no eido off shore como na construción naval militar como na fabricación de turbinas se vai esvaecendo a base de prexubilacións e xubilacións definitivas dos enxeñeiros, delineantes, técnicos e operarios expertos que fixeron da nosa cidade e das súas empresas Bazán e Astano marcas prestixio internacional na construción naval mundial. É certo que construción naval na ría de Ferrol, ao longo de todo o século XX, deixou en segundo plano os aspectos de racionalización de procesos, organización, control da produción e control de custos. A falla de capacidade directiva para resolvelos -Bazán e Astano tiveron enxeñeiros e tecnólogos de primeiro nivel nos eidos da definición técnica, pero malos xestores en orgaización, procesos e control- e o encastelamento sindical nunha actitude inmobilista e pouco flexible, impediron a modernización do sector nos últimos trinta anos.
A anterior dirección de Navantia non foi quén de acadar os obxectivos do plano estratéxico 2007/2011. Os novos xestores deben ser os responsables de impulsar un proceso de modernización tecnolóxica e orgaizativa que permita definir e fabricar novos produtos, diminuír os custos fixos e tecer redes de colaboración máis efectivas e transparentes coas empresas auxiliares. Os sindicatos no deben ficar ao marxe, polo contrario, deben implicarse nunha actitude máis pro-activa, favorecendo a flexibilidade e transladando aos seus afliados a idea de que se a empresa non aumenta a súa produtividade non é competitiva, se non é competitiva non hai mercado, se non hai mercado non hai negocio, e se non hai negocio non hai emprego nin salarios. Desacóugame moito a constatación dun estado de ánimo xeralizado, de derrota, que o penetra todo, que estende o bulo de que o sector naval non ten futuro, e que a única solución e a prexubilación. Algúns din que cos nosos salarios non podemos construír barcos ¡Non é certo! Alemaña é hoxe o principal construtor europeo, Noruega é o principal foco da tecnoloxía off shore en Europa e Dinamarca está a liderar a construción de plataformas de soporte para torres eólicas mariñas. En todos estes países as condicións de vida e os salarios son moito máis altos que os españois. Acontece o mesmo en Asia con Xapón e Corea. O problema non son os salarios nominais, senón a relación entre o que se cobra e o que se fai. É imprescindible aumentar a produtividade do factor traballo, porque é moito máis baixa en España que nos países nos que a construción naval funciona. A responsabilidade cómpre en primeiro lugar aos que dirixen, aos que deberían orgaizar e non teñen capacidade, non queren ou non saben pero, tamén ás orgaizacións sindicais que non poden seguir a pasar do problema sen querer ver as ameazas que atinxen ao sector, sen ter en conta a precaria situación patrimonial da empresa e sen implicarse a prol dos procesos de maior flexibilidade, incremento da produtividade e innovación tecnolóxica.
art, voz
esperta Ferrolterra
30.12.10
Xa sei que estamos en festas, pero ?
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:23 da tarde 0 comentarios
28.12.10
16.12.10
O nacionalista Pérez Bouza, senador "revelación" para os xornalistas
O senador do BNG recibiu o premio que conceden os periodistas parlamentarios das Cortes do Estado
O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, foi galardonado onte á noite como “Senador Revelación” por parte dos Xornalistas Parlamentares das Cortes do Estado.
Son moitas as súas iniciativas sobre as principais infraestruturas galegas, nomeadamente ourensanas, sobre aspeitos medioambientais, culturais e socio-económicas. "Sen esquecer a súa orixe ourensá, de A Limia, que lle leva a amosar unha especial sensibilidade cos problemas e temas relacionados con esta terra". A deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, tamén estaba nominada polos xornalistas parlamentares ao galardón de parlamentar máis activa
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 11:04 da tarde 0 comentarios
13.12.10
ES LO QUE HAY
La historia se repite y se repite tal cual en el fondo y en las formas, pues lo ocurrido con Astano, ahora se vuelve a vivir con el decreto del carbón. Esa amarga experiencia vivida en Ferrolterra con el astillero de Fene, producto del engaño del PP y del PSOE, ahora se vuelve a repetir con las centrales térmicas de As Pontes y Cerceda y con los mismos partidos como protagonistas.
Los pasos dados hasta el momento con el Decreto del carbón, guardan un parecido extraordinario con lo vivido con Astano, y las presumibles consecuencias, ni que decir tiene. Pero si esto lleva el camino que lleva, que a nadie le quepa la menor duda de que es por la acción política desplegada por los dos grandes partidos así como, por la condescendencia que con estos tuvieron los grandes sindicatos.
Por eso, y aún siendo normal que nos lamentemos, lo que ya no lo es tanto es que nos sorprendamos. Pues las posturas adoptadas por todos estos agentes en alguno de los últimos acontecimientos producidos en esta comarca, dejaron patente que para ellos hay otros intereses que priman por encima de los de Ferrolterra. Y claro, estando las cosas así, por estas comarcas a nadie le puede extrañar el divorcio existente entre la sociedad y la clase dirigente actual.
No se puede entender que haga tan solo unas semanas que los encerrados en el ayuntamiento de As Pontes por el Decreto del carbón, no recibiesen más que apoyos por parte de diputados, senadores, conselleiros, alcaldes..., etc., etc., y ahora, a la vuelta de la esquina, toda esa solidaridad sea mentira cochina.
Una vez más, los ciudadanos de Ferrolterra fuimos espectadores de hasta donde puede llegar la hipocresía de algunos representantes políticos, y eso, se pudo constatar con la negativa de los senadores de los dos grandes partidos a apoyar la proposición del BNG para intentar modificar el decreto del carbón.
¿Dónde están ahora todos esos personajes que hace tan solo unos días se sumaban a todas y cada una de las manifestaciones que por el Decreto del carbón se hacían? ¿Pero dónde están esos que decían que antes que socialistas eran gallegos? ¿Cómo puede un senador de Ferrol, Juan Juncal, no apoyar modificaciones al Decreto para que éste sea más equitativo con su tierra?
Es cierto que estos dos partidos y por su implantación por toda la geografía española, tienen que defender múltiples y diferentes intereses, pero lo que no se puede aceptar, es la doble moralidad que los representantes gallegos de estos dos partidos demuestran un día si y otro también, diciendo una cosa en Galicia y haciendo otra bien distinta en Madrid.
La verdad es que se comportan como unos falsos. Y no vale decir que uno se debe a la disciplina de partido, no, no vale, porque esa es la justificación a comportamientos que casi siempre significan mirar para el propio ombligo.
En democracia, efectivamente a quien uno se debe es a los intereses generales del pueblo, pero esos intereses, no pueden pasar permanentemente por perjudicar una y otra vez a los mismos de siempre, como ocurre con las comarcas de Ferrolterra. Y si llega el momento, en el que uno no puede ser honrado al cien por cien, esa falta de honradez tiene que darse por extralimitarse uno en la defensa de su tierra, en la defensa de la tierra en la que uno nació, en la que vive y por la que es cargo público. Y en ese contexto, creo sinceramente que los representantes políticos y sindicales de Ferrolterra, últimamente no se están portando todo lo bien que debieran con ella.
Se dice del indecente, que es una persona que no tiene honestidad. Y en esa línea, habría que preguntarse hasta dónde llega la integridad de esos políticos que se atreven a posicionarse públicamente y luego sin el menor rubor, cambian su postura y dicen digo donde decían diego. Esos mismos representantes públicos que no dudaran (hay que ver que cara tienen) ni lo más mínimo en volver a pedirle su apoyo a aquellos a los que ahora, una vez más, traicionaron
Los efectos que el decreto del carbón tendrá en As Pontes y Cerceda, así como en sus zonas de influencia, todavía se desconocen, y eso ocurre porque la partida aún no terminó. De momento, ya se consiguió poder subvencionar cuatro años más, y a partir de ahí, ya veremos.
¿Recuerdan que hace dos días era hasta el 2014? Pues bien, ahora ya es hasta el 2018 y veremos hasta donde esto da de sí, porque igual y desgraciadamente, ocurre lo mismo que con Astano.
Mal haríamos los ciudadanos en ignorar todas estas jugarretas que nos hacen, la sociedad debe de tener presente quien y como le defiende, y en ese contexto, debe de saber si tiene que rectificar o no.
Si es lo que hay y se mantiene, es porque el pueblo, soberano, así lo quiere, por lo tanto, si aún teniendo la oportunidad de cambiar las cosas no lo hacemos, luego no nos lamentemos.
Viernes, 10 de Diciembre de 2010 00:00 Jesús Varela Castro ( D.F)
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:49 da tarde 0 comentarios
3.12.10
O GOBERNO DO ESTADO E O GOBERNO GALEGO SON OS
HOXE TEMOS QUE FALAR DE IMPREVISIÓN ABANDONO NEGLIXENCIA
HOXE MILES DE GALEGAS E DE GALEGOS, E DESDE LOGO O BNG TAMÉN,
TEMOS A SENSACIÓN DE QUE ANTE A MÁIS MÍNIMA CONTINXENCIA ESTE
PAÍS ESTÁ SEMPRE VENDIDO POLO DESLEIXO E A FALTA DE
COMPETENCIA DO GOBERNO DO ESTADO DO PSOE E DO GOBERNO DA
XUNTA DE GALIZA DO PP.
A responsabilidade é das administracións titulares das vías afectadas,
con independencia do réxime de explotación e conservación (directa no caso
de estradas secundarias, ou concesional no caso de autoestradas e autovías),
xa que
- A adversidade meteorolóxica fora convenientemente advertida,
e polo tanto deberían terse posto en marcha mecanismos
de prevención.
- O colapso non só se produciu en zonas de media e alta montaña
ailladas (algo que poderíamos considerar comprensíbel ) senón
en zonas onde a altitude se sitúa apenas entre 200-400 metros
onde apenas hai concentración de neve, senón
simplemente de xeo.
- A imprevisión foi absoluta pola escasa presenza de servizos de
conservación no día de onte, malia avisarse dun empeoramento
das condicións meteorolóxicas para a noite e mañá do venres.
- Chove sobre mollado, sobre todo no caso da concesionaria da
AP-9, que xa demostrou a incapacidade para garantir o tránsito
e seguridade noutros episodios meteorolóxicos sen que desde o
titular da estrada, Ministerio de Fomento, se lle teñan esixido
melloras no mantemento e conservación da infraestrutura.
Cómpre explicacións tanto por parte do ministro de Fomento como por parte
do presidente da Xunta.
E cómpre non só explicacións, cómpre que se depuren responsabilidades.
Que haxa demisións.
O caos saldouse con molestias para moitos cidadáns, perdas económicas e non
poucos sinistros nas estradas.
Houbo incidencias meteorolóxicas semellantes en Asturias, Euskadi e
Cantabria, mais só en Galiza se tiveron que cortar autoestradas.
Iso ten dous responsábeis: o Goberno do Estado e o Goberno de Galiza.
Mais non abonda coas demisións.
Hai que actuar contra as empresas concesionarias da AP-9 e das
autovías de titularidade galega para que acometan un plano de
conservación serio destas infraestruturas de comunicación.
E hai que actuar tamén contra elas por continuaren a cobrar portaxes en
momentos en que non se presta un servizo adecuado ao cidadán.
Hai que acabar con este escándalo e coa impunidade coa que as
empresas concesionarias actúan, amparadas polo desleixo e a cumplicidade
dos gobernos estatal e galego.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:08 da tarde 0 comentarios
27.11.10
A crise que vive Irlanda
Durante anos, o milagre irlandés foi esgrimido como demostración do suceso neoliberal. Mercado laboral desregulado, baixo gasto social e un desenvolvemento do sector das tecnoloxías da información e da comunicación consecuencia da localización na illa de multinacionais como Intel ou Google, atraídas polas baixas impositivas, a proximidade cultural e lingüística cos Estados Unidos e, todo sexa dito, as facilidades para a expatriación de beneficios.
E o certo é que durante algúns anos o PIB medrou a taxas superiores ao 6%, entanto os bancos e investidores británicos, alemáns, franceses ou americanos acodían á verde Eirín atraídos por unha burbulla inmobiliaria e financeira en pleno crecemento. Mais, ao cabo, a burbulla explotou e como Torres López lembraba hai poucos días nun artigo, pouca xente lembra hoxe que Irlanda foi o primeiro Estado europeo, xa en 2008, en aplicar un draconiano plan de axuste que supuxo unha reducción do 20% no soldo dos empregados públicos, dun 10% no importe das prestacións sociais, un recorte xeneralizado dos programas educativos e sanitarios e a suba do IVA.
Daquela, ao tempo que recortaba o gasto social e produtivo, as autoridades irlandesas decidiron garantir o 100% dos depósitos bancarios nacionalizando deste xeito un burato financeiro superior aos 50.000 millóns de euros sen modificar a regulación do sector e sen incrementar os impostos de sociedades e o gravame sobre os rendimentos do capital. Daquela o FMI deulle os parabéns ao goberno irlandés e prognosticou que en 2009 o PIB crecería un 1%. Mais a realidade foi ben outra. O PIB irlandés esfragouse en 2009 nun 11%, como era de prever á vista do que estas políticas de austeridade recesiva están a provocar noutros países europeos como Letonia ou Grecia. E o burato financeiro seguíu a medrar, mentres o investimento e o consumo estomballaban.
E agora a Irlanda váiselle administrar un novo tratamento de choque. O mal chamado rescate do FMI e da Comisión Europea vai supor o afundimento definitivo do benestar e da calidade de vida do pobo irlandés: despedimento de até 25.000 empregados públicos e rebaixa dos seus salarios, reducción do salario mínimo nun 10%, incremento das taxas universitarias e do IVA, novos recortes do gasto social, educativo e sanitario para unha poboación entrampada en créditos hipotecarios cuxo importe chega a dobrar o valor da vivenda.
E máis outra vez, e non por acaso, o plano de rescate mantén o tipo do imposto de sociedades nun 12,5% –menos da metade da media comunitaria– e renuncia a incrementar o gravame sobre o capital financeiro.
A doutrina oficial explicou a resistencia irlandesa ao rescate nun suposto sentimento soberanista. O que ninguén lembrou é que, por dúas veces, o pobo irlandés rexeitara en referendo un modelo de construción da UE que agora os condena á recesión e á pobreza. Digámolo claramente, a UE e o FMI condenan ao pobo irlandés para rescatar con diñeiro público aos causantes da crise. Os rescatados van ser os bancos e fondos de investimento que acudiron solícitos a inchar o globo irlandés. Agora que este estalou vai ser o pobo de Irlanda e non os accionistas destes bancos os que paguen a factura. Iso si, o patético primeiro ministro irlandés, Brian Cowen, non terá problema: algún dos seus banqueiros amigos ha de mirar por el
xornal
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:00 da manhã 0 comentarios
20.11.10
O PP e parte de TEGA rexeitan as mocións do BNG para a continuidade do Noitebus e o Souto de Leixa
Ningunha das duas moción presentadas polo BNG, nos temas do Noitebús e o mantemento do Souto de Leixa na rede pública, recibiron apoio do PP e de unha parte dos membros de TEGA, no caso do PP non nos sorprende xa que responden á voz do seu amo, pero si no caso dos concelleiros de TG, de tódolos xeitos temos que destacar que o SR. alcalde Iganico Cabezón, tivera que utilizar o seu voto de calidade, para que se producira o rexeitamento das mocións.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:27 da manhã 0 comentarios
15.11.10
O BNG de Neda presenta unha mocion instando á Xunta de Galicia a permanencia do Souto de Leixa na Rede Pública
Diante da convocatoria do próximo Pleno ordinario, no concello de Neda o vindeiro xoves.
O Bloque Nacionalista Galego, ven de presentar no rexistro do concello unha moción para ser debatida no mesmo, pola problemática xurdida no CEE Souto de Leixa ( antigo, carmen polo ). Este centro que forma parte da estrutura da prestación de servizos por parte da Xunta de Galicia, e dirixido e xestionado por profesionais coñecedores das problemáticas dos residentes que nel se atopa, ven como o Goberno da Xunta ten decido transformar esa xestión pública do mesmo, por unha xestión de carácter privado, non respectando sequera os acordos de protocolo, acadados e asinados no seu momento, pola comisión mixta, entre a daquela Vicepresidencia da Xunta de Galicia e a Consellería de Educación, nos que se garantía a xestión pública do complexo e o mantemento da plantilla de traballadores na rede pública.
Por todo isto o B.N.G., presenta no concello a moción, solicitando:
instar á Xunta de Galiza a garantir o mantemento da Xestión Pública do CEE Souto de Leixa e mantemento da súa condición de empregados públicos do persoal adscrito ao mesmo, garantindo ademais a súa calidade asistencial.
Instar á Xunta de Galiza ó mantemento e posta en valor dos servizos públicos
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:17 da tarde 0 comentarios
4.11.10
Continuamos traballando e limpando o partido: nos somos diferentes
« Presenza en Galicia | Inicio | Tunel submarino »
06 09 10 - 18:35 » Xermán TobíoOs galegos e as galegas temos outra alternativa
En Terra Galega creemos que cada un debe defender as súas posicións dando mostras de respectar ao electorado.
Non dicir a verdade, como está a facer estes días Ignacio Cabezón, demostra que só hai intereses persoais no seu exercicio de transfuguismo
A insistencia machacona de Cabezón en que a Dirección Nacional de Terra Galega carece de "representación democrática" obedece á consigna hitleriana de repetir tantas veces unha mentira que faga parecer que é verdade. A dirección do partido elixiuse nun congreso nacional e a xustiza española (á que recorreron os que perderon o congreso) avalou esa elección. É pavero, iso si, que don Ignacio se preocupe tanto da representatividade democrática o mesmo día que admite que, tras presentarse ás eleccións por un grupo político, pasa a defender as teses de outro sen considerar sequera a hixiénica medida de dimitir antes.
É falso tamén que Cabezón se teña "posto en pe", como di tan teatreiramente, en reunión ningunha da dirección de Terra Galega. Consta nas actas -e poden consultarse- das reunións da Dirección Nacional de Terra Galega que nunca votou en contra de ningunha proposta das secretarías executivas e que votou a favor de todas as propostas da Secretaría Xeral.
Evidentemente, a agrupación local de Terra Galega de Neda vai continuar traballando e se presentará de novo ás eleccións municipais cun equipo de homes e mulleres decididos a traballar polo futuro da vila sen deixar espazo ás ambicións persoais. Terra Galega é un proxecto colectivo que funciona democraticamente, ningún militante pode impoñer as súas ideas se non concita o apoio da maioría dos homes e mulleres que formamos parte da organización. Para sermos rabaño teríamos militado en outro partido.
O futuro para Neda está na defensa dos intereses dos seus veciños e veciñas. A "negociación" PP-Cabezón foi persoal; os concelleiros e concelleiras de TeGa non foron informados dos seus movementos e seguirán defendendo o programa polo que foron elixidos. As lealdades de Cabezón, como se sabe, pouco lle duran; non hai máis que facer un fácil seguimento da súa vida pública.
Creemos que Ignacio Cabezón debe facer públicos os seus acordos co PP, para clarificar se quen se vai beneficiar deles vai ser Neda ou vai ser el.
Finalmente, Terra Galega xa comunicou ao militante Ignacio Cabezón a súa expulsión do partido por incumprimento grave dos seus estatutos e a prohibición inmediata de utilizar o nome de Terra Galega.
Etiquetas usadas: tega
« A "platform" called «… | Inicio | Rosa Díez (en negativ… »
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 4:37 da tarde 0 comentarios
31.10.10
O Goberno amigo do PP non cumple con Neda
Analisados os orzamentos da Xunta de Galiza para o concello de Neda, dende o BNG temos que dicir que o goberno amigo do PP, na Xunta de Galiza, e despois da pirueta política de tranafuguismo realizada, co SR. Cabezón á cabeza, non cumple con Neda nin cos veciños, dicimos que non cumple, xa que tendo a posibilidade de reflectir partidas orzamentarias para quitar do impás no que está sometido o concello en termos económicos, a única partida que se ve reflectida nos mesmos son 50.000 €, para o vial de alta capacidade AP-9,AG-64.
E despois dos recortes realizados ao concello en temas como os servizos sociais, en axudas a recuperación ao Casco histórico, etc, dende o BNG pensamos que podería ser un bo momento para demostrar a boa vontade, reflectindo algunha partida para vivendas sociais, polígono industrial, escola infantil, etc., o que demostra que o transfuguismo avalado polo PP, non obedece mais que a intereses persoais e non dos veciños e veciñas de Neda.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 8:27 da manhã 0 comentarios
20.10.10
O ESPERPENTO DA POLÍTICA EN NEDA
Como, na obra Luces de Bohemia, de D. Ramón María del Valle Inclán, a política e o espectáculo, que están a representar os gobernantes do Concello de Neda, roza o esperpento.
Os personaxes, descritos na obra de Luces de Bohemia, poderían trasladarse á representación de cada un e cada unha , dos concelleiros, que forman parte deste esperpento tráxico, do cal estaremos á espera do desenlace, agardemos que non sexa o mesmo que sucedeu , con Max Estrella, na obra.
Si algo pode ser distinto, deste tráxico esperpento é a situación histórica ( xa que neste caso está ambientada no século XXI e que a acción en lugar de ser en pouco máis de un día, está, xa vai para tres anos e medio, comeza xusto cando a celebración das eleccións municipais do ano 2007, na que sae elixido un grupo de xente con unhas siglas (TEGA), sen norte nin ideoloxía política ( non mais que aquela que se pronunciaba, nalgún pleno – aquí no se viene a hablar de política-), houbo incluso naqueles intres algún agoreiro-pitoniso que ao mes, xa falaba dunha próxima maioría absoluta –¡ terá que ser con outros actores, cós mesmos xa non pode ser !, pasa o tempo e nin sequera se gardan as formas, os tránsfugas – porque hai mais de un, fan o que saben facer e do resto quedan divididos en dúas sección, os que aguantan e mais aqueles aos que non aguantan, encerellados en loitas persoais todos eles e buscando saídas persoais outros., como naquel parágrafo de Luces de Bohemia “ las imágenes mas bellas en un espejo cóncavo son absurdas “ . No caso que nos ocupa, non precisamos como na obra de Valle Inclán nin caricaturizar nin deformar os personaxes, todo o que presentamos e pura realidade, e un pobo mirando atónito e impasible, sen reaccionar diante tal situación ¿ que está a pasar?, poderiamos rematar, dicindo; os gobernantes de Neda son unha deformación grotesca de algo, que nunca debería ser real.
enviado a la voz de galicia, diario de ferrol
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:41 da tarde 0 comentarios
18.9.10
A axenda do odio da dereita
¿Que ten en común a visita de Rajoy a Melilla, co desembarco do PP catalán –cunha eurodeputada francesa– en Badalona á busca de poblados ciganos, a expulsión masiva de ciganos rumanos de Francia ou Italia, a campaña racista/antimusulmá do Tea Party nos Estados Unidos ou a campaña contra o galego da dereita no noso país? A primeira vista un podería pensar que nada teñen que ver e que se trata de meras coincidencias, pero ao mellor ese tipo de coincidencias non son tan casuais.
Claro está que a situación de crise exacerba os problemas; a caída da actividade económica e do emprego aumenta o volume de persoas que quedan en situación de marxinalidade e, sobre todo, aumenta a intensidade da privación dos que xa se encontraban nesa situación. Iso aumenta os problemas de inseguranza e acentúa os conflitos sociais e a violencia de todo tipo que se vive dentro dos estratos marxinalizados e naqueles que están ao seu redor. Porque é ben sabido que a vivencia cotiá deses problemas só en moi pequena medida afecta aos sectores acomodados que, en xeral, quedan lonxe do alcance deses conflitos de convivencia.
Diante desa situación o discurso da esquerda por toda parte trata de racionalizar a situación, tratando de entender e explicar as raíces económicas do problema. Un modelo neoliberal que crea grandes desigualdades sociais, con amplas capas da poboación que vive na privación relativa ao lado da opulencia doutros e sometidas á tentación e presión consumista duns vendedores ávidos de mercado. Máis aínda, a esquerda trata de explicar como nos períodos expansivos o empresariado atraiu man de obra inmigrante, sobre todo nos sectores de baixa productividade, para poder crecer sen elevar os salarios. E, por fin, esa esquerda trata de explicar que a crise económica que deixa millóns de persoas sen emprego, cuns ingresos moi minguados ou reducidos a cero, está provocada por ese modelo neoliberal que se revela inviable; que á larga non é sostible un modelo onde uns países producen e crean emprego, outros consumen en base a rendas e débedas e outros nin unha cousa nin outra. Trata, en definitiva, de explicar que a exclusión social e os conflitos a ela asociados nacen dun modelo económico que cómpre superar e non das características dunhas etnias ou outras e, menos aínda, do feito de ser inmigrantes ou non.
Para a dereita, en cambio, o problema é completamente distinto. Non se trata de racionalizar o problema senón todo o contrario, aproveitalo para desatar a caixa de pandora dos prexuizos sociais e dos baixos instintos. Fronte ao discurso que trata de evidenciar a natureza complexa dese tipo de problemas sociais, a dereita busca acender a mecha das reaccións máis primarias, cos argumentos máis simples e ofrecendo tamén as solucións máis simples, cando menos aparentemente.
Faino xusto no momento en que as bases do modelo económico que encarna se amosan máis inconsistentes e deslexitimadas. No momento en que se evaporan os argumentos lexitimadores no eido económico bótase mán dos fantasmas que acubillan ao redor do medo ao futuro, a incerteza laboral, a inseguridade cidadá, etcétera. E, para iso, cómpre tapar as ameazas que están detrás de factores máis ou menos distantes e intanxibeis para a xente do común –como os fallos do modelo económico– e aguilloar as ameazas de carne e oso, as dos extraños que nos disputan os empregos, os costumes e os espacios. Cando non se teñen solucións para os problemas de fondo nada mellor que inventar problemas cara os que canalizar a carraxe da poboación. E se iso se pode facer alimentando o odio a algún enemigo fácil de bater pois mellor que mellor: os ciganos, os marroquinos, os inmigrantes en xeral.
Estes argumentos que, por outra parte, sempre están presentes no discurso da dereita, pasan a ocupar o centro da súa estratexia cando unha proporción crecente de xente por toda parte amosa un grao de desafección elevado a respeito deste sistema. Até o ponto de que, como amosan as enquisas, mesmo lle quita o crédito a unha “clase política” que parece incapaz de asumir o poder e a responsabilidade de endereitar a situación en beneficio da maioría. E, sobre todo, a estratexia da dereita radicalízase cando os sindicatos –aínda desde a moderación– empezan a artellar por Europa adiante unha tímida contestación social, que no noso caso se concreta na folga xeral do día 29 e que, para drama dunha socialdemocracia rendida, pilla ao PSOE no goberno.
Os ideólogos da dereita saben moi ben que para desprazar o foco de atención nada mellor que mudar de torneo e buscar outro terreo de xogo. Cómpre tamén que os enemigos que encarnan as ameazas sexan febles, o que lle dá un atractivo escepcional ao seu argumentario fronte ao da esquerda, que non se ocorre mellor idea que escoller como enemigos aos poderosos ou, máis difícil aínda, o sistema como tal. Con tamaña disparidade de enemigos, non hai dúbida de quen ten máis fácil arrecadar seareiros.
Pero o máis patético é cando, a falta dese imposible enemigo “exterior”, a dereita opta por cubrir a súa falla de alternativas erguendo a fronteira interior, facendo do autoodio bandeira tras da que fanatizar a todos os acomplexados do país.
Xavier Vence. Xornal
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:18 da manhã 0 comentarios
14.9.10
A dignidade no mundo da política, non é unha característica que en xeral poidamos apreciar a cotío.
Anxo Quintana relata nunha recente entrevista nun xornal galego, o seu pensamento sobre diferentes cuestións que están a debate no país, dende o recoñecemento de non estar en estes momentos na primeira liña de decisión política. Querer aparecer coma ex dirixente, alguén da súa ascendencia sobre unha importante parte da militancia do BNG, é un xesto de humildade, pouco común entre aqueles que saben que neste momento onde corresponde sumar é dende a reserva activa, agardando a que volva a chegar o seu momento. Concordo co de Allariz, en que determinados poderes fácticos temen ao nacionalismo moderado, e ademais engado que cando alguén destaca por riba da mediocridade, é un sumando que activa alarmas que fan espertar as conxuras dos necios de quenda.
Quintana pretendeu que a súa organización chegase a outros recunchos ideolóxicos da amalgama política galega, dende a plena convicción de que era o mellor tanto para o país, como para a súa propia organización. Algúns non entenderon esta achega positiva dende unha parte da esquerda nacionalista, disposta a mudar axiomas ideolóxicos, con tal de conseguir que todos aqueles que os prexulgaban como ameaza, o fixesen como alternativa. Sentíronse ameazados tanto os susoditos poderes fácticos, como os gardiáns das esencias da súa organización, enrocados nun ideal de corte marxista-leninista condenado á descomposición política que se aprecia, e que importantes dirixentes frontistas recoñecen ás agachadas, por medo á reacción do sursum corda.
O que é lamentable –e niso concordo con Anxo Quintana– é que a Galicia, para poderen acceder a aquelas demandas históricas en materia competencial, só lle queda a posibilidade de teren algún día un grupo parlamentario propio, ao estilo de vascos ou cataláns, que poida negociar estabilidade por autogoberno. Sería lamentable ter que chegar a unha situación de case chantaxe aritmética parlamentaria, para acceder a unha serie de competencias, que doutro xeito estarán sempre no limbo dos non tan xustos. E mentres os persoeiros que só poden aportar en positivo á nosa sociedade, deixan por dignidade a primeira liña da mediocre política de hoxe en día, os que ocupan –máis que asumen– a súa responsabilidade, malviven nun entorno que lles sobrepasa, por non seren conscientes das súas propias limitacións.
Dicía Forrest Gump na multipremiada cinta de Robert Zemeckis, que para encaixar ben no exército só se precisaba facer ben a cama, e manterse moi erguido diante dos mandos. Iso mesmo pretenden algúns que suceda, con persoeiros como Quintana, que teñen a dignidade de non querer...
Ou non?
Rafael Cuiña. xornal
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:22 da tarde 0 comentarios
2.9.10
UN CAMALEÓN DA POLÍTICA
O actual alcalde de Neda ( Ignacio Cabezón ), acaba de protagonizar o que podería chamarse , acto de exaltación do camaleón político, digo isto máis que nada pola súa traxectoria política o longo de moitos anos e a seu troco de cor ( coñecido no pobo cha, como troco de chaqueta ), segundo se lle foran dando as ocasións.
Aparece no seu momento, da man do C.D.S., os resultados para Ignacio, non foron nada doados, esquecendo a súa adicación á política durante varios anos, volvendo a aparecer no cenario político, despois de unha escisión protagonizada polo P.S.O.E no concello de Ferrol, pero desta vez da man do finado Bonifacio Borreiro, tampouco diron para moito, os resultados naquel intre.
Anos mais tarde e da man de Xoán Gato e o recen creado grupo de T.E.G.A., volta á política, acadando o seu soño de ser alcalde de unha vila.
Poucos anos pasaron, para que a transformación política, se fixera ver de novo, no Sr. Cabezón e se puxera, realmente no extremo ( desta vez na liña mais dereitosa do PP ), que xa viña demostrando nos seus feitos, na política municipal, frustrando así a confianza de moitos veciños e veciñas, que lle dirán o seu voto,.
Moitas veces escoitase ( todos os políticos,son iguales), con este acto de transfuguismo político, protagonizado polo Sr. Ignacio Cabezón e impulsado polo Partido Popular ( organización que xa nos ten acostumbrado a este tipo de historias- non hai mais que mirar polo País adiante- ), demostra ás claras, que non; hai quen pode ser integro, nas súas ideas e nas súas actuacións e hai quen por cuestións incluso, alleas á política e posibles intereses persoais e transformándose en camaleón da política, sen rubor e sen importarlle, realmente os intereses dos veciños e veciñas e capaz de facer estas piruetas , tendo ademais o aval e apoio dun partido político, que demostra as claras que é capaz de facer calquera cousa na procura de poder.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:37 da tarde 0 comentarios
25.8.10
O BNG, pide que o goberno municipal poña a disposición dos veciños os equipos técnicos para alegar ó P.O.L.
Dende o Bloque Nacionalista Galego en Neda, non acertamos a entender a posición do Goberno Municipal , diante da exposición Pública do Plan de Ordenación do Litoral por parte da Xunta de Galicia, unha posición que parece máis de submisión, que de defensa dos intereses dos veciños e veciñas que foron os que os elexiron.
Un Plan do Litoral que afecta directamente a máis de 140 vivendas e outras mais de 100 indirectamente, incluso as das zonas dos ríos, deixandoas desprotexidas, en cuestións de legalidade e un goberno municipal, que mira cara outro lado, diante desta situación.
Un Plan do Litoral, que deixa no caso de Neda, coas mans amarradas, cara a elaboración do Plan Xeral de Ordenación do Litoral, xa que tal e como establece o propio P.O.L., en caso de dúbida sempre se atenderá a norma máis restrictiva.
Preguntámonos no BNG, si existirán intereses ocultos?, por parte dos gobernantes, ante tal deixadez e sumisión, ou terá que ver coa presentación de Ingancio Cabezón nas listas do PP.?
Dende o BNG, pensamos que o goberno municipal, debería poñer os medios técnicos do concello, para facilitar que todos os veciños/as afectados, poideran facer as alegacións pertinentes e que legalmente establece a lei no seu caso.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:13 da tarde 0 comentarios
24.8.10
Non aparecera o Camps en Galiza?
O portavoz parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, sinalou este martes que existen "cousas sospeitosas" ao redor das adxudicacións da Xunta a distintas empresas de Gerardo Crespo, "unha persoa moi vinculada ao PP", polo que suxeriu que estes fondos poden servir para "financiar a campaña do PP na Coruña". "Un non quere pensar mal, pero vaia...", concluíu.
Preguntado en rolda de prensa sobre a adxudicación de cursos de formación por máis dun millón de euros ao empresario Gerardo Crespo, o deputado nacionalista sinalou que se trata dunha persoa "próxima ao PP da Coruña", particularmente, á conselleira de Traballo, Beatriz Mato, e ao líder popular na cidade herculina, Carlos Negreira.
Ademais, observou que Fundelis -que recibiu da Xunta en 2009 a declaración de Fundación de interese laboral- recibiu "cantidades substanciosas" do Goberno galego, do mesmo xeito que Fundefo, da que é socio o ex director xeral de Formación e Colocación con Manuel Fraga José Jaime López Cossío, que recibe "substanciosas axudas" do departamento que dirixe Beatriz Mato.
Dito isto, revelou que o Goberno de Castela e León -liderado polo PP- tamén adxudicou máis de 180.000 euros a Fundefo para actuacións en materia de emprego. "Estamos ante unha rede? Hai algunha directriz para que as administracións do PP financien ás empresas de Crespo? Quero pensar que non, pero o PP ten expertos nesa materia", sentenciou.
ANTECEDENTES
As sospeitas dos nacionalistas acrecéntanse tras detectar "unha drástica redución" dos fondos que se ceden aos concellos, "sobre todo, na comarca da Coruña", para cursos de formación; que, en cambio, "concéntranse" en empresas de Gerardo Crespo.
De igual modo, Aymerich recordou que a chegada do PP a San Caetano en 2009 supuxo a recuperación do financiamento da Feira Internacional de Acuicultura 'Acui', promovida por López Cossío, e á que o bipartito deixara de apoiar.
Ante esta situación, o dirixente do Bloque considera que "o mellor antídoto é a transparencia", polo que espera obter resposta de "unha batería de preguntas" que rexistrou en sede parlamentaria
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:46 da tarde 0 comentarios
18.8.10
Nobre silenzo de Suárez Canal
Ben sabe Alfredo Suárez Canal o que é estar no punto de mira mentres arde Galicia. No verán de 2006, recén chegado á Consellería de Medio Rural, o nacionalista sufriu nas propias carnes os desvelos da dura vaga de lumes e soportou tamén os non menos duros ataques dun PP, novato na oposición, que non tivo reparos en sacar tallada.
Agora que os papeis políticos se invertiron, sería moi fácil para Suárez Canal dar onde doe e sacar rédito político dos lumes. Pero o ex conselleiro prefire calar. Ante as chamadas dos xornalistas, négase a dar declaracións en relación aos incendios forestais. Cuestión de ética e de lealdade política.
Non deixa de ser paradoxal que o mesmo PP que realizaba unha intensa labor mediática sobre os lumes cando estaba na oposición –fronte a un Bipartito que informaba a diario dos focos– agora opte por manter ocultos os datos da queima do monte. A oposición actual tamén amosa que non é da mesma pasta
Cris Moss.xornal
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:48 da tarde 0 comentarios
4.8.10
Inseguridade Xuridica?
UN TERZO DAS EMPRESAS QUE OPTAN AO EOLICO NON TEÑEN MAIS DE UN MES DE VIDA
A historia repítese, en parte. Se houbo partidos políticos e empresas que criticaron a lista de aspirantes ao concurso eólico do bipartito por "falta de experiencia no sector", as firmas que optan esta vez a algún dos 2.325 megavatios (MW) a adxudicar presentan tamén certa heteroxeneidade nos seus obxectos sociais. Entes empresariais, moitos deles, constituídos nos últimos 30 días no Rexistro Mercantil e entre os que se encontran compañías do ladrillo, a asesoría xurídica, o naval ou a iluminación. A Consellería de Economía e Industria desvelou onte, nun comunicado, a lista final dos aspirantes, que optan a 14.667 MW (aínda que, pola mañá, o conselleiro Javier Guerra dixo que se pediran 15.660).
Sobre todos eles destacan as pretensións de Gas Natural, que acode da man da construtora Copasa para pedir 1.272 megavatios, o 52% do total que a Xunta adxudicará nesta convocatoria. A empresa coa que se presenta é Fenosa Wind SL, que cambiou de nome -para introducir Fenosa, asociada tradicionalmente a Galicia- o 21 de xullo pasado. A compañía catalá presentou 26 plans industriais por valor de máis de 2.500 millóns de euros e asegura poder crear con eles máis de 7.300 postos de traballo.
ENTRE XUÑO E XULLO
O 21 de xullo publicouse no boletín do rexistro mercantil (Borme) a constitución da segunda empresa que máis megas pide: Airosa Vento SL. Opta a nada máis e nada menos que a nove das dez zonas nas que a Xunta distribuíu a oferta de MW, cun investimento de máis de 700 millóns de euros. Esta firma depende de Tasga Renovables, do construtor leonés José Luis Suárez.
A sete zonas distintas opta o Banco Pastor, a quen lle saíu ben a xogada de aliarse co xigante enerxético alemán E.ON (como avanzou Xornal de Galicia). Con el deu forza a unha das tres sociedades que José María Arias Mosquera creara en abril: cambioulle o nome a E.ON Pastor Renovables (chamábase Pastor Privada Eólica 1) o 14 de xullo. Pide 585 megavatios e ofrece un investimento total de máis de cen millóns de euros en catorce plans industriais diferentes. A mesma potencia demanda EDP Renewables Europe, de Asturias, que propón un único plan investidor para Galicia por máis diñeiro que a oferta do Pastor: 727 millóns de euros. Iberdrola solicitou máis de 460 megas, e postúlase como "favorita" polo sector. Propón realizar sete plans industriais e investir máis de 750 millóns.
A AUSENCIA DE CAIXA GALICIA
Sorprende, e moito, que Caixa Galicia non se presentase á nova convocatoria eólica, posta en marcha coa chegada do PP a San Caetano tras frear o concurso do bipartito. Caixanova, pola contra, volveu optar aos megavatios coa súa sociedade Eólica Galenova SL. Co anterior decreto resultou a maior beneficiaria, pois se adxudicara 235 MW. Agora pide 426 megas, con oferta de 30 plans de industrialización -lidera este ranking xunto coa proposta de Cupa e Ceferino Nogueira- e un investimento de máis de 1.200 millóns. A presenza de Caixa Galicia, con quen consumará a fusión o 15 de novembro, redúcese a firmas da súa carteira de participadas: a mencionada de Cupa e Nogueira (con Vector Verde SA, creada no mes de xuño) e Torre de Hércules SLU. Con esta última, con presenza de Corporación Caixa Galicia, pide 273 megavatios
OUTRAS EMPRESAS
Enerxías Renovables de Galicia, de Grupo SanJosé -cuxa filial, Udra Medios, é a empresa editora de Xornal de Galicia- solicitou 391,5 megavatios, cunha oferta de oito plans industriais que supoñerían un investimento superior aos 175 millóns de euros.
Manuel Jove acode esta vez en compañía de FCC, con dúas ofertas de Sigenera SL. Con esta sociedade, participada ao 50% pola construtora, pide 306 megavatios e propón investir máis de 160 millóns noutros catorce plans industriais. Repiten experiencia os empresarios do naval con Enervalor Naval (Vulcano, Freire e Estaleiros Barreiras), Ventauria (empresarios de Lugo) e estréase Vieirasa cunha sociedade creada hai menos dun mes.
Na presentación das ofertas, Guerra aseverou que as aspirantes ofrecían un investimento de máis de 11.000 millóns, aínda que non sinalou que esta se produciría de adxudicar o total do solicitado. É dicir, o resultado de que se desen máis de 14.000 MW, cando só se adxudicarán 2.325. Unha vez máis, reivindicou o concurso como "o plan industrial máis importante da historia de Galicia". A Xunta estima que se mobilizarán investimentos por valor de ata 6.000 millóns e crearanse 12.000 postos de traballo. Economía quere recuperar " ou liderado eólico que Galicia nunca debeu perder
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 4:39 da tarde 0 comentarios
3.8.10
Carta aberta a Feijóo
Señor Presidente: En anterior carta xa lle dicía que non había ser aquela a única que lle tería que escribir, así que aquí andamos outra vez e non porque eu o desexe, senón que acabo de ler as súas declaracións verbo do feito de que a RAG presentase un recurso en contra do chamado Decreto de Plurilingüismo.
Abráiase de que se teña producido tal recurso e recrimina o feito. Señor Feijóo, non cre vostede que calquera galego, se considera que nese decreto hai elementos de ilegalidade, o que debe facer é poñer os medios para que se impida a súa posta en funcionamento? Eu confiaba en que vostede actuara así sempre que osme que algo vai en contra das leis, pero polo visto non hai tal, e cre que se deben pasar por alto certas falcatruadas. Por que? Porque as fai vostede e non outro? Di vostede que a RAG non recorreu os decretos de Fraga, pois se neles advertiu algunha materia de ilegalidade e non actuou, mal feito.
Ademais, por que lle parece mal que os tribunais digan se o que decretou é conforme á lei ou non? Non quererá dicir que sabe que o Decreto ten cousas que non son totalmente acaíadas ao dereito? Se é así iso chámase prevaricación, ben o sabe. E se non é así pois estea tranquilo que non haberá lixo.
Tamén deduzo que non lle gusta o presidente da RAG (como tal presidente quero dicir, que lle supoño respecto para as persoas), pero aí teño que lle lembrar que foi democraticamente elixido polos académicos, que son os que teñen que facer tal cousa. Elixírono a maioría deles (como a vostede o elixiron case a maioría dos galegos), e agora o señor Méndez Ferrín é o presidente da Academia con plena lexitimidade e legalidade.
Tan é así que até aqueles que escribían artigos denigratorios para el como candidato a presidente, agora, en raposeira manobra, prémiano e gábano. O cinismo non lle ten cancelas!
Afirma que os seus compromisos electorais están por enriba das institucións. Teña coidado coa soberbia, que pode botalo a perder a vostede. As institucións públicas, señor Feijóo, pódense mudar e, mesmo, suprimir sempre que se faga por medios democráticos, pero están por enriba de calquera de nós mentres existan, do contrario isto sería a casa de tócame Roque.
Pero, no tocante á Academia, a súa soberbia é un pinchacarneiro inútil: vostede pasará, ninguén o lembrará e a RAG seguirá aí, farturenta ou en precario, mais prevalecerá. Xa sobreviviu a outros máis bravos ca vostede.
Eu ben sei que di estas cousas porque despreza a todos cantos non o votamos. Nunca quixo ser presidente dos galegos, só quería e quere dar satisfacción aos que o votaron. E nin sequera a todos, porque tamén despreza a cantos non comparten ese compromiso que adquiriu, vostede saberá con quen, de baleirar Galicia de calquera signo de identidade diferenciada que puidese haber.
A súa disposición a converter Galicia nunha “región de España” coma outra calquera (e digo isto sen menosprezo ningún para as comunidades autónomas que veñen definidas como tales rexións) e a iso é ao que lle mete máis dedicación de todo canto fai.
A lingua é o máis claro e querido signo de identidade diferenciada de Galicia, ben que o sabe, e a Academia ten que protexelo de calquera acción que poña en perigo a súa supervivencia e neste caso o perigo vén de vostede e do seu goberno. Non presentar o recurso sería unha grave irresponsabilidade por parte da RAG.
XORNAL (Xabier P. DoCampo)
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:20 da tarde 0 comentarios
31.7.10
Austeridade e responsabilidade
Falabamos a semana pasada acerca da particular idea que Núñez Feijóo e o seu goberno teñen da ética a conto do seu famoso “compromiso ético coa austeridade”. Como era de agardar, o goberno español rexeitou a súa pretensión de adiar a devolución dos anticipos recebidos pola Xunta a conta da liquidación dos exercicios de 2008 e 2009 e, sen demora, o presidente galego acusou a Zapatero de estar a executar un “recorte social encuberto”. Falso. Os recortes sociais de Zapatero, ditados polo FMI e partillados polo PP non son encubertos: aplícanse abertamente sexa no ámbito laboral, no das pensións ou na suba dos impostos indirectos. E falso tamén, noutro sentido, porque como xa sabemos Núñez Feijoo non agardou por ninguén, e menos que por ninguén polo goberno español: de facto é un adiantado na eliminación e privatización de servizos e prestacións, sempre á procura de excusas coas que xustificar o enésimo recorte.
E esta política de austeridade, que non impide gastar catro millóns de euros nunha visita papal de catro horas, non recoñece barreiras. No seu nome péchanse os hospitais no verán, dánselle bocadillos aos alumnos nos comedores escolares e, desde o pasado mércores, ábrense ao marisqueo zonas nas que se segue a verter a cachón e sen control ningún augas fecais e residuos de todo tipo. No peculiar sistema de valores do PP de Feijóo pesa máis a austeridade –aforrar as compensacións aos mariscadores afectados – que a seguranza, alimentar, e a protección do medio ambiente. Así acontece, por exemplo, na moi contaminada Ría do Burgo, na que a Consellería de Pesca vén de abrir ao marisqueo, clasificada como zona B “estábel”, a zona comprendida entre a ponte da Pasaxe e a barra de Santa Cristina mesmo a pesar da evidencia, comprobábel a simple vista, de que a zona segue sen sanear. Se para isto hai que forzar a normativa comunitaria tomando as mostras á altura da rampla das Xubias, fóra da zona afectada, tanto ten. Se na operación se pon en cuestión o prestixio internacional dunha institución como o Intecmar, tanto ten. Tampouco interesa se se pón en risco a imaxe de marca do marisco de Galiza ou a saúde dos consumidores. O único que importa é aforrar o escaso millón de euros que, anualmente, viñan percibindo os afectados.
O pasado xoves o patrón maior da Confraría da Coruña convidou a unha mariscada a conselleira de Pesca. “Apañamos unas ameixas da ría do Burgo, depurámolas e comémolas. Aínda que seguramente eu comerei outra cousa”. Onte, venres, e sen contestar a tan amábel convite, a conselleira arremeteu contra o BNG acusando de irresponsábeis aos que denunciamos o lamentábel estado da zona que se vén de abrir ao marisqueo. Contodo, quen son os irresponsábeis?, os que denunciamos que a ría do Burgo segue sen sanear ou os que, sen eliminar nin un só dos moitos puntos de vertido que a contaminan e en nome dunha mal entendida austeridade declaran que as súas augas son aptas para o marisqueo? Alá cadaquén coa súa responsabilidade.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:30 da manhã 0 comentarios
25.7.10
Da patria e da bandeira
O patriotismo non había ser cousa de modas. O patriotismo agroma natural nas colectividades que sinten partillar un proxecto de futuro. O que non prexudica sermos universalistas e solidarios. Pensar globalmente. Sermos cosmopolitas (nada a ver co cosmopailanismo que algún profesan). O patriotismo é complementario do europeísmo e compatíbel totalmente con partillar historia, futuro, obxectivos e afectos co resto dos pobos e nacións do Estado español. Vivirmos a patria é o noso xeito de actuar localmente, como seres humanos universais.
Somos un país moi autorestrinxido na expresión dos nosos sentimentos nacionais. Son, sen dúbida, longas eras de autonegación e desprezo polo propio. Mais agora somos un país moderno, europeo, cun alto grao de incorporación ao ensino, cun proceso de urbanización moi consolidado. Non hai, xa, desculpas. O normal é que expresemos a nosa galeguidade, se é que estamos satisfeitos dela ou sentimos orgullo de pertencermos a este país.
E, nos países máis desenvolvidos da Europa e do mundo, as primeiras expresións da nacionalidade son a bandeira e o himno nacional. Nos USA o uso da bandeira nacional é continuo (e tamén na California e en Texas o uso de cadansúa propia), o mesmo ca en Francia. En Múnic ves bandeiras da Bavaria en todas as súas rúas céntricas. E en Edinburgh ou St. Andrews a bandeira escocesa é omnipresente.
A nosa bandeira é coñecida e non xera resentimento ningún. E, porén, usase pouco. Restrínxese ao mundo político, cultural e sindical do nacionalismo, ao seu frío uso institucional e ao seu uso máis cívico nalgunhas bisbarras do Norte (a branca e azul é moito máis normal a pé de rúa en Ferrolterra ou Ortegal ca no resto do País). De quén ou qué nos agochamos? De qué temos medo?
Velaí que iniciativas coma a de Santiago Domínguez, vice-alcalde de Vigo, ao lle distribuir aos cidadáns e entidades cívicas 5.000 bandeiras na cidade máis poboada da nosa Galicia no Día da Patria, sexan dignas a se ter en conta polo resto dos alcaldes e alcaldesas. Os nosos paseos, peiraos, os mastros nos terreos onde se asentan as vivendas unifamiliares… son todos espazos aptos para exteriorizar o noso orgullo e a nosa galeguidade amosando a nosa bandeira.
E, coa azul e branca na casa, no escritorio ou cara ao fútbol, seremos iguais ou mellores persoas, iguais ou mellores profesionais, iguais ou mellores homes e mulleres fillos do noso tempo e cidadáns do mundo.
Probábelmente mellores. Porque só coñecendo e valorando o que é de noso somos –seremos– quen de lle achegar ao mundo, á ciencia, técnica e cultura universal un contributo digno, unha achega verdadeiramente cualitativa.
xornal.com
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:03 da manhã 0 comentarios
22.7.10
O BNG reprocha a Farjas que o gasto farmacéutico crecese un 7% nun ano
A deputada do BNG Ana Luisa Bouza preguntou onte no Parlamento á titular de Sanidade, Pilar Farjas, polo incremento dun 13% no gasto farmacéutico no mes de marzo. A nacionalista cifrou nun 7% a subida do acumulado interanual, o que supón unha inversión de 62 millóns de euros. “En maio de 2009 consideraron insuficiente o aumento na prescrición de xenéricos do bipartito, que pasou do 7,32% ao 10,64% e marcaron como obxectivo o 21,8%”, dixo Bouza, que engadiu que “Galicia encabeza o crecemento no gasto farmacéutico” e “ocupa o último lugar en prescrición de xenéricos”.
A deputada tamén acusou ao Goberno galego de incumprir a previsión orzamentaria, argumentando que a Consellería asegura que o último recorte, de 54 millóns, que sufrirá o seu departamento se compensará co aforro en medicamentos, algo “incompatible” coa actual evolución do gasto farmacéutico. Pola súa banda, a conselleira sinalou que “ante unha crise sen precedentes”, se fai necesaria “unha xestión responsable” e apelou a intención do Executivo estatal de recortar o gasto farmacéutico en 1.500 millóns de euros. A continuación, resumiu os programas da Xunta para fomentar os fármacos sen marca, comezando cun plan de xenéricos, unha campaña de promoción dos mesmos, a creación dun Observatorio para o bo uso do medicamento e unha Comisión de Farmacia e Terapéutica. Tamén recordou que “dos datos illados dun mes non se poden sacar conclusións” e que “en todas as comunidades nas que se implanta a receita electrónica se produce un aumento do gasto no seu arranque”. “En Galicia pasamos dun 51% a un 61% entre febreiro e marzo”, dixo e cifrou nun punto porcentual, fronte ao 0,5% do bipartito o crecemento no uso de xenéricos.
Esta explicación non convenceu a Bouza, que lle recriminou que repetise a presentación de 2009, cando “xa temos os datos de 2010” e o “seu plan tivo un efecto nulo”.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:19 da manhã 0 comentarios
17.7.10
O BNG de Neda baralla acudir á Fiscalía ou ao Valedor para que se lle entreguen as contas do Concello
O BNG, estudia recurrir á Fiscalía ou ao Valedor o non facilitar os informes de gastos, tal e como este grupo solicitaba
No mes de xuño , o Bloque Nacionalista Galego, solicitou por rexistro no concello de Neda, un informe por escrito das partidas económicas destinadas a gastos protocolarios, viaxes e de carácter festivo.
Os socios de goberno en Neda, veñen de contestar ao escrito do BNG, que “ as contas do concello son transparentes e aparecen en Actas de Xunta de Goberno”, si ben é certa esta afirmación, o BNG quere facer unha puntualización, que é polo que se solicitaron estas contas ( nas distintas acta de Xunta de Goberno ) aparece o reparo do Técnico do Concello, o cal quere dicir, que no seu aspecto procedemental e na súa tramitación adoecen de eivas e defectos, que non aparecen reflectidos nas Actas de Xunta de Goberno e non se xustifican legalmente en ningunha Comisión de Facenda ( xa que estas practicamente non existen ). O Bloque Nacionalista Galego, diante deste certificado de acordo, está a analisar si recorre diante de organismos superiores, tales como o Valedor ou a Fiscalía, co fin de que se nos faciliten as contas solicitadas e os xustificantes, dos informes negativos dos técnicos municipais.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:07 da manhã 0 comentarios
15.7.10
ASTANO VERSUS AS PONTES E CERCEDA
Na comarca de Ferrolterra –aínda que por desgraza non é este o único caso en Galiza– temos moita experiencia de como se xustificou o desmantelamento dun dos nosos sectores produtivos. Un expediente aberto por unhas axudas públicos do Estado ao conxunto do Sector Naval do Estado, consideradas ilegais pola Comisión da Competencia da UE, rematou, logo dunha negociación política, nun veto á construción naval civil no estaleiro de Fene.
Após dun proceso de mobilización social, coa recollida de sinaturas para impulsar unha ILP, diversos actos públicos, manifestación, peche no Concello de Fene, etc., dinos o Ministro de Industria que é mellor deixar as cousas como están, non molestar a Europa coa teima da reapertura do proceso de Astano e, agora, xa fica claro que o Presidente Zapatero mentiu no Congreso cando se comprometeu, a preguntas do BNG, a solicitar formalmente baixo a súa presidencia a revisión do acordo sobre o Naval.
Porén, non ten eses reparos nin esa pasividade o Goberno do Estado cando se trata doutros sectores. Estes días vén de solicitar diante da UE, da mesma Comisión da Competencia que dirixe o sr. Almunia, que se lle permita aportar axudas públicas para o consumo do carbón autóctono; aínda que neste asunto existan informes contrarios das denominadas Comisión Nacional da Enerxía, da Comisión Nacional da Competencia e do propio Consello de Estado.
Para solicitar a aprobación a estas axudas, tamén estatais, houbo tempo e interese en estudar a fondo a lexislación europea e atopar resquicios onde argumentar; un tempo e un traballo que non se adicou a Astano.
De aprobarse estas axudas, como se prevé, significará que dez centrais térmicas de carbón do Estado –ningunha en Galiza– que actualmente non producen polo seu alto prezo, van ter asignada obrigatoriamente unha parte da produción eléctrica, con prioridade sobre outras instalacións.
Isto vai supor unha reducción, case que total, da actividade de xeración eléctrica en Cerceda, As Pontes e Sabón, nun período inicial de tres anos. Con repercusión negativa en todo o tecido produtivo: Descarga en Portos, transporte, mantemento, aprovisionamentos, etc.
Curiosamente dáse esta situación logo de esgotar a nosa materia prima, os lignitos pardos, exportar durante decenios a enerxía xerada, con igual prezo onde se producía a onde se consumía. Lembrar por exemplo que a Comunidade de Madrid, entre outras, practicamente non xera un só quilowatio; e cando agora os grupos térmicos poden consumir un carbón importado que reduce moi considerabelmente as emisións, tanto de xofre como de dióxido de carbono, e xera un quilowatio máis barato que o producido con carbón doutras Comunidades Autónomas.
Cantas xustificacións houbo para paralizar Astano, mesmo con colaboradores activos no propio País, e cantas xestións reais fanse agora para apoiar a outro sector –o carbón español–, sen que se coñezan neste proceso ningunha medida para compensar a estas dúas Comarcas galegas.
O Goberno é Central, mais non goberna igual para todas e todos. E, a súa filial en Galiza, como xa fixeron non seu día, hoxe queixase deste novo golpe económico e maña pasarán a edulcoralo e xustificalo, como fan agora co naval.
E namentres, o Goberno da Xunta, como xa é a súa norma, calou cando se aprobaba en febreiro o Real Decreto 134/2010, pois estaba máis interesado en desmontar os avances conseguidos polo anterior goberno e agora, para eles, a culpa é só do Goberno Central, pois como todo o mundo xa coñece, o Goberno da Xunta non está para gobernar. Estamos, claramente, perante un goberno demoledor.....
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:58 da manhã 0 comentarios
4.7.10
Un axuste brutal para Galiza
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:23 da manhã 0 comentarios
28.6.10
Como afecta o PLan do Litoral en Neda
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 8:33 da manhã 0 comentarios
25.6.10
O boletin do BNG xa está na rúa
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:26 da tarde 0 comentarios
21.6.10
O BNG solicita informe dos gastos das festas do concello
O Bloque Nacionalista Galego, ven de solicitar no concello informe por escrito das partidas económicas destinadas a gastos protocolarios, viaxes, gastos destinados a medios de comunicación, e gastos derivados de eventos de carácter festivo e ocio, realizados ao longo dos anos 2.007, 2.008,2.009.
En época de crise tal e como estamos sufrindo, consideramos que pode ser un bo punto de partida, para despois das súa análise, tentar minorar estes gastos, que son realmente prescindibles no concello, e poden ser utilizados para couestións de carácter social.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 7:13 da tarde 0 comentarios
16.6.10
O BNG amosa a súa preocupación polo estado das pistas municipais
O BNG de Neda, quere mostrar a súa indignación, polo estado deplorable que están a presentar as pistas de tránsito municipal, infraestructuras nas que en algunhos casos, chegan as silvas a mais da súa metade, provocando raiaduras nos automóbiles e producindo algún accidente ( ao querer apartarse co fin de evitar esas raiaduras ).
A desídia e desgoberno, no que están instalados os socios do goberno de Neda, mais preocupados en festas e representación que en realizar o labor para o que foron elexidos, da lugar a que están situacións se prolonguen no tempo, sin existir unha previsón para darlle solución ao problema..
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 7:55 da tarde 0 comentarios
8.6.10
Paro e desprotección: Como se non pasase nada
Levamos dous meses nos que o paro rexistrado está baixando, mais tirar disto unha lectura optimista é un grave erro, xa que as curvas do paro son sempre cíclicas: habitualmente soben de setembro a marzo e baixan de abril a agosto. O importante é ver a referencia anual e, neste senso, no último ano (de Maio de 2009 a Maio de 2010), o incremento do paro en Galiza foi de 21.000 persoas, co que temos a día de hoxe 228.507 paradas e parados.
Unha referencia anual que non é neutra, por mor da política de desGoberno Feixóo, máis preocupado na propaganda e na revisión e derrube do realizado polo Goberno Bipartito que en enfrontar os problemas reais do noso País. Lembremos que a actual Conselleira de Traballo e Benestar, cando estaba na oposición, asinaba a finais do ano 2008 en plena crise unha iniciativa parlamentar que dicía textualmente: "Somos conscientes que a capacidade de incidir do goberno da Xunta no desenvolvemento das súas competencias en materia laboral son o primeiro e máis importante paso a dar na loita contra a precariedade e o desemprego". Mais agora debeu esquecer que as políticas activas de emprego, é dicir, a promoción do emprego e a formación profesional ocupacional, son da súa competencia.
Se as cifras de paro son preocupantes, aínda é máis a desprotección dos parados e paradas. Con dados oficiais do mes de Abril, en Galiza tiñamos máis de 77.000 persoas sen ningún tipo de protección, o que supón o 33% de persoas en paro, cando no Estado esta situación dáse no 24% destas persoas.
Asemade, e como unha consecuencia negativa máis dos baixos salarios que temos, a prestación contributiva que se cobra en Galiza é de 803 euros/mes de media -unha das máis baixas do Estado- engadíndose outro último dado negativo: nun ano, o subsidio de desemprego pasou de 43.620 persoas a 71.648, cun incremento do 64%; debido fundamentalmente á posta en funcionamento do denominado Programa Temporal de Protección por Desemprego e Inserción (Prodi), que supón 420 euros/mes, que foi aprobado o pasado mes de agosto polo Goberno do Estado e que, agora, dentro das drásticas medidas de recortes sociais non fica claro que vaia ter continuidade; co que se agravaría a desprotección das traballadoras e traballadores en situación de desemprego.
Por iso, nunha perspectiva realista a curto e medio prazo no que o paro non vai baixar (o que significará que un número moi importante de persoas que actualmente están en desemprego van ter moi difícil atopar un posto de traballo), deberíamos demandar un incremento das partidas económicas para a súa protección; máis aínda cando vemos como se facilitan desde o erario público miles de millóns para o sector financeiro, para as empresas de automoción ou para as eléctricas, entre outras. Permanecermos calados sería inadmisíbel perante a grave situación económica pola que están a pasar diariamente milleiros de galegos e galegas.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:46 da tarde 0 comentarios
23.5.10
El TSXG ve legal que se puntúe el capital público en parques eólicos
“O informe da asesoría considera como contrario á legalidade a participación pública no capital das empresas eólicas porque vulnera a Constitución (atenta contra a liberdade de empresa)”. Con este argumento la consellería de Economía e Industria, dirigida por Javier Guerra, procedió a anular el concurso eólico del bipartito, que concedió 2.325 megavatios de potencia en diciembre de 2008 y tenía en la participación pública un criterio de valoración de la adjudicación de parques eólicos. Ahora ese argumento ha sido desestimado por el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en dos sentencias a los recursos presentados por Endesa y Eurovento contra el bipartito.
En los recursos, ambas empresas energéticas cuestionan la validez del criterio de valoración de la participación pública en los proyectos empresariales eólicos presentados en base a la Orde del 22 de mayo de 2006, elaborada por la consellería de Innovación e Industria de la Xunta bipartita. Endesa considera que este criterio va en contra de un “sector liberalizado y sometido únicamente a autorización”, algo que según la compañía viola la Ley del Sector Eléctrico. Por su parte, Eurovento también señala que la entrada de capital público en los proyectos “contraviene lo dispuesto en la Ley del Sector Eléctrico”, “afecta a la libertad empresarial –recogida en el artículo 38 de la Constitución Española–” y porque se convierte “en determinante” para la admisión de las solicitudes presentadas.
DEFENSA DE BIPARTITO
En su defensa, el bipartito, además de considerar que la demanda llega fuera de tiempo, argumenta que la participación pública “se trata de un criterio de valoración, que no de admisión, de las solicitudes”, por lo que estima que no se puede considerar determinante para la autorización de los proyectos. Además, la consellería de Innovación e Industria indica que otras comunidades autónomas –como el País Vasco– “prevén criterios más intensos de participación y que resulta amparado en la Directiva 2003/44/CE”.
La Xunta bipartita considera que Eurovento “incurre en el error de considerar la previsión como una exigencia implícita de admisión”, es decir, que si no cumple ese criterio no se le concederá ningun parque, a lo que el letrado del anterior Gobierno gallego añade que ese criterio “en modo alguno se trataría de una reserva para el sector público de una actividad sometida a la libre iniciativa empresarial”. En su defensa también indica que el artículo 17.2 letra h) del Decreto 302/2001 permite que en las convocatorias anuales se establezcan “otros criterios de valoración”, motivo por el que el recurso “ha de ser desestimado” en este punto.
LOS EXPERTOS COINCIDEN
Las fuentes jurídicas consultadas explicaron que el TSXG “no ve motivo para el recurso” en lo referente a la supuesta ilegalidad de puntuar la participación pública en los proyectos empresariales eólicos. “Es un criterio que está en el reglamento, y no es eliminatorio. Además está bien aplicado y no fue determinante para que las compañías obtuvieran un autorización”, señalaron las mismas fuentes. “Si el criterio fuera en contra de la Constitución Española los demandantes podrían acudir al Tribunal Supremo, pero este criterio se enmarca en un reglamento autonómico y al ser valorativo no es ilegal”, añadieron. Los expertos jurídicos consultados apuntaron que las sentencias son “contrarias” al informe emitido el año pasado por la Asesoría Xurídica de la Xunta contra el concurso eólico del bipartito
Fonte xornal
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:18 da tarde 0 comentarios
14.5.10
Mina de Andalucita, un perigo para o Belelle
O Bloque Nacionalista Galego de Neda, quere mostrar a súa preocupación polos prexuízos que para os veciños de Neda, pode ter a posta en funcionamento da explotación, de mineral, solictada pola empresa Picobello Andalucita .
A explotación que tería lugar, nunha zona de grande biodiversidade e altísimo nivel de valor ambiental, ten para os veciños de Neda, un segundo impacto, xa que a explotación desta mina afectaría gravemente ó Rio Belelle ( o Rego Cernadas, figura encadrado na cunca do Río Eume, sendo un dos dous regos mais importantes, que forman parte da cabeceira do Río Belelle).
Dende o BNG, pensamos, que a posta en funcionamento desta explotación de andalucita, non so afectaría á cantidade senón á calidade das augas dos río Belelle ( algo que foi pasado por alto nos informes de impacto ambiental), que son o subministro do 100% da auga pública do concello de Neda, así como tamén os veciños de A Capela e algúns de Ferrol, non so pola explotación senón pola entulleira e os lixiviados, etc
O BNG en Neda, vai presentar no concello un escrito, par que se fagan as alegación correspondentes, car a evitar, que a calidade das augas, das que están a disftutar os veciños de Neda, se vexa afectada pola contaminación de esta explotación, e que realmente non xerará a riqueza comparativa, cós prexuízos medioambientais e de salubridade que nos informes se reflicten.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 8:14 da tarde 0 comentarios
2.5.10
Xuristas especializados detectan irregularidades no Plan de Ordenación do Litoral (POL)
Xuristas especializados en Dereito Urbanístico advirten, nun informe encargado polo Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA), da existencia de "irregularidades" no Plan de Ordenación do Litoral (POL) elaborado pola Xunta.
O informe está asinado por Enrique Sánchez Goyanes, doutor en Dereito, especializado en Dereito Urbanístico, presidente do Consello Asesor de Práctica Urbanística e profesor fundador e co-director do Máster de Desenvolvemento Sostible Urbano e Territorial da Universidade de Salamanca; e Ignacio Sanz Jusdado, avogado urbanista e máster en Urbanismo e Ordenación do Territorio, segundo informou o IGEA onte nun comunicado.
Ambos os dous expertos conclúen no seu informe, sinala a nota, que o documento Plan de Ordenación do Litoral que o Goberno autonómico enviou aos concellos "adoece dunha serie de irregularidades que, dende o punto de vista xurídico, o farían contrario a Dereito".
Trámites > Na súa análise, Sánchez Goyanes e Sanz Jusdado sinalan, entre outras cousas, que a Xunta comezou a tramitar este plan sen aprobar previamente unhas directrices de ordenación do territorio, co que "se vulnera o disposto na Lei de Ordenación do Territorio de Galicia".
Destacan, ademais, a "extralimitación" no POL arredor dos contidos e funcións que a Lei de Ordenación do Territorio fixa para este tipo de plans, así como, en opinión dos autores, a "insuficiente" regulación que o texto contén respecto á súa convivencia ou prevalencia cos plans urbanísticos municipais.
Sánchez Goyanes e Sanz Jusdado dubidan ademais de, o feito de que este plan lle furta aos concellos certas potestades sobre autorización de usos e actividades do chan".
En relación á devandita lei, os xuristas aprecian que o texto elaborado pola Consellería de Medio, Territorio e Infraestrutura se "extralimita" nos seus contidos, cunha "insuficiente" regulación respecto á súa convivencia cos plans urbanísticos municipais.
Unhas potestades, resaltan, que o POL "deixa en mans da Administración autonómica, e o fan, ademais, proporcionando á Xunta unha marxe de decisión discrecional", e que ambos os dous xuristas auguran que provocará "decisións arbitrarias e inxustas, inseguridade xurídica, e poñerá en dúbida o principio de igualdade".
Outra das irregularidades que detectan os xuristas autores do informe do IGEA é que o texto non contén o "imprescindible estudo económico e o documento que acredite a súa sostibilidade económica". Este feito, recordan, está a ser "sancionado sistematicamente polos tribunais coa nulidade destes plans", como xa aconteceu co Plan Insular de Ordenación Territorial de Lanzarote o pasado ano 2009 ou -no ámbito galego- co Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Gondomar no ano 2001.
Ademais, detectan a falta dun réxime transitorio necesario para regular a aplicación paulatina da nova normativa, de forma que flexibilice a aplicación das novas regras en situacións xa existentes, algo que ven como unha esixencia "de orde case constitucional".
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:37 da manhã 0 comentarios
29.4.10
O BNG non vota a favor dos orzamentos de Neda
Bloque Nacionalista Galego,diante do debate de orzamentos do Concello de Neda gostarianos facer unha serie de consideracións e reflexións, con respecto aos mesmos:
1. Temos que facer crítica do talante demostrado, polos socios de goberno de Neda, ainda que teñen maioría absoluta para aprobar os orzamentos, calquera grupo político que se precie de democrático, sempre busca o consenso e mais que nada naqueles temas que son de grande importancia para o concello, como é o caso dos orzamentos.
2. Son unhos orzamentos, que se presentan tarde e así o reflicte o Interventor no seu informe
3. Son pouco creibles nos seus obxectivos, e así o da a entender o técnico, poñendo en dúbida a efectividade das medidas nel plasmadas
4. Non teñen en conta, e dada a situación económica actual , cuestións en te´rminos sociais, vivenda, escolas infantiseliminación de barreiras arquitéctonicas, etc.
5. Conta con inversión real mínima por parte da Administración Local, xa que a maioría procede de outras administración, Estado e Deputación
6. Teñen estes orzamentos un carácter privatizador total, contratacións asesorias urbaníticas ( non se xustifican dada a pouca construcción que en Neda existe ), empresa recollida lixo, etc
7. O que xa nos parece moito mais grave e un verdadeiro disparate son os mais de 120.000 € ( mais de 20 millóns de antiguas pts)para asitencias a órganos de goberno, dedicacións, gastos de viaxes e de representación.
Un concello como Neda, non se pode permitir tanto dispendio económico e menos nas circunstancias actuiais económicas e máxime cando están sin cubri necesidades básicas dos veciños do Concello, tales como a auga e a rede de sumidoiros en zonas de Anca a Cobeluda, etc
8. Non existindo ademais ningunha partida, que diga que vai cambiar de rumbo o que foi a política municipal ao longo destes 3 anos
Polo explicado dende o Bloque Nacionalista Galego, consideramos que non son os orzamentos que o Concello de Neda precisa.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:33 da tarde 0 comentarios
22.4.10
VIA ALTA CAPACIDADE ENTRE NEDA ( AP-9) E S. SADURNIÑO(AG-64)
Á iniciativa do BNG de Neda e a través das Parlamentarias do grupo Tareixa Táboas e Mª Luisa Bouza, en col do tema dos investimentos previstos e proxectos na “ Vía de alta capacidade entre Neda ( AP-9) e S. Sadurniño (AG-64)”, ben de dar resposta a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e nela expón.
1º.- A Consellería ten previsto a construción dunha nova estrada de conexión entre a AP-9 ( enlace Neda e AG-64 ( enlace S. Sadurniño )
2º.- A nova estrada discorre integramente polo concello de Neda, non podendo determinar con exactitude os lugares por onde vai pasar, ata que se coñeza o proxecto de trazado.
3º.- Proxecto de trazado e impacto ambiental, están moi avanzados, polo que podería ser entragado antes do remate contractual, que está fixado para “ maio deste ano, posteriormente someterase a información pública e unha vez rematado o prazo de alegacións procederase á análise das mesmas, para continuar coa tramitación legalmente establecida, aprobación de proxecto, trámites expropiatorios para a dispoñibilidade de terreos, procedemento de adxudicación e inicio da obra.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 11:10 da tarde 0 comentarios
21.4.10
GARZÓN
Confeso que non simpatizo con Garzón. Quizais por non acreditar nos superhomes e, tampouco, por conseguinte, nos superxuices. Quizais por seguir pensando que a Audiencia Nacional é un tribunal de excepción, herdeiro do Tribunal de Orde Pública franquista que, como este, privilexia as razóns de Estado sobre as garantías e a razón xurídica. Baste lembrar os “macroprocesos” instruídos e xulgados pola AN, o caso “Egunkaria”, os clamorosos erros procedimentais que puxeron na rúa a notorios narcotraficantes ou o tratamento de favor que, goberne quen goberne, Emilio Botín adoita receber deste órgao xurisdicional. Así as cousas, o axuizamento de Garzón é indisociábel da degradación institucional que padecemos e que se manifesta con especial acuidade no poder xudicial. Deste ponto de vista Baltasar Garzón é vítima, sen dúbida, dun sistema degradado que el proprio axudou a construir.
Mais se tratando dun asunto complexo hai tamén, sen dúbida, outras perspectivas posíbeis. A perseguizón dos crimes de lesa humanidade cometidos polas ditaduras militares de Chile, Arxentina ou Guatemala e o establecimento do principio de xustiza universal – agora restrinxido na lei tras acordo entre PP e PSOE – reconciliáronme un algo con Garzón, por máis que sempre pensara que á parte de ollar cara os crimes cometidos polas ditaduras latinoamericanas conviña tamén ver de axuizar os perpetrados polo fascismo español. E tamén pode ser que para perseguir os crimes do franquismo houbese que anular previamente a Lei de Amnistía de 1977 formulando a correspondente cuestión de inconstitucionalidade. Proceso, por certo, que nos permitiría non só recuperar a memoria dos que deron a vida por defender as liberdades mais tamén revisar unha transición que, lonxe de ser modélica, segue a condicionar negativamente a democracia no Estado español. Porque, ao cabo, que diferenza hai entre a lei de amnistía española e as leis de ponto final de Arxentina ou Chile? Que é o que distingue os desaparecidos de Franco dos de Videla ou Pinochet? Porén esta non foi a liña seguida por Garzón: el preferíu non cuestionar a lei de amnistía e proceder pola vía, xuridicamente incerta e limitada, da imprescriptibilidade das desaparicións do franquismo.
En todo caso, e sexa como for, Garzón vai ser xulgado por perseguir os asasinatos e desaparicións da ditadura franquista. Por este e non por outros motivos. E vaino ser tras ser acusado por organizacións de estrema dereita, como “Falange Española” e “Manos Limpias” que actúan, como no caso do “Prestige”, como brazo armado do PP. É por iso que neste caso, só neste caso, apoiar a Garzón é apoiar a xustiza. Unha xustiza que, se fose de verdade, faría desaparecer a Audiencia Nacional e a anularía da Lei de Amnistía.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 3:56 da tarde 0 comentarios
18.4.10
O BNG leva ao Parlamento a situación da Casilla de O Puntal
c.carballeira
Cando van transcorridos preto de 2 anos dende que o Bloque Nacionalista Galego, presentara unha moción ao Pleno do Concello, para que a Casilla do Puntal pasara a Titularidade Municipal, moción aprobada por tódolos grupos con representación no concello e despois de realizadas varias preguntas en pleno para ver a situación na que se atopaban as conversas para a cesión do inmoble, nas que se nos contestou, primeiro que existía acordo, logo que tiña que pasar a Patrimonio, para a súa cesión, o certo é que a día de hoxe , nada se sabe da cesión da Casilla de O Puntal.
Por este motivo a Deputada do BNG Ana Luisa Bouza presentou no Parlamento Galego unha serie de preguntas.
. 1ª) Ten coñecemento o Goberno galego da demanda de cesión da chamada “Casilla do Puntal” realizada polo Concello de Neda?
2ª) Ten previsto o Goberno galego acceder a esta demanda, en qué plazos e en qué condicións?
3ª) Ten dado o Goberno galego resposta formal a esta demanda de cesión realizada polo Concello de Neda e en qué data?
Ao BNG e aos veciños e veciñas de O Puntal preocúpalles que non se esteña a acelerar a cesión deste local dada a situación de deterioro que ten sufrido a súa estrutura e a necesidade que teñen os habitantes desta zona por carecer de local de titularidade municipal para a realización de actividades tal e como teñen outras zonas do concello.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:03 da manhã 0 comentarios
13.4.10
O Gúrtel na Galiza
A Nosa Terra, debulla o informe
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:27 da tarde 0 comentarios
12.4.10
O Concurso eólico de Feijóo
MANUEL MERA
O novo concurso da Xunta de Galiza para a adxudicación de potencia eólica favorece ás grandes empresas do sector, segundo coinciden practicamente todos os analistas. Non se trata dunha decisión illada, outro tanto sucede coa nova normativa urbanística, que legaliza inmobles e naves industriais sen licencia, e amplía as zonas para a construción industrial e de edificios a áreas adicadas a outros usos ou protexidas. Na sanidade pública hai proxectos para privatizar servizos en Vigo, Pontevedra e Ferrol. Contra estas medidas erguéronse moitas voces, e non só da oposición política, que cuestionan que se goberne en beneficio exclusivo da grande burguesía.
O tema eólico, no que está en xogo unha parte importante do sector enerxético galego do futuro, foi un dos cabalos de batalla nos que se baseou o programa electoral do presidente da Xunta. Os argumentos empregados polos populares, por exemplo a ilegalidade do concurso realizado polo bipartito, o tempo amosou que non tiñan ningunha base xurídica. En troques, agora, co novo proxecto en marcha, resulta evidente que os motivos de fondo, para unha oposición tan frontal, eran sobre todo económicos, por afectar negativamente o anterior concurso os intereses dos grandes grupos empresariais (que teñen moita incidencia política e nos medios de comunicación).
O problema de fundo non se dá só porque prime unha concepción neoliberal, que impide un reparto amplo entre os empresarios e máis ligado ao país do negocio eólico, senón que ademais, ao adiar a posta en marcha dos investimentos impediu que estes importantes recursos serviran para pular pola actividade económica produtiva, nun intre de crise tan aguda coma actual. O tempo pon a cada un no seu lugar, porén isto non evita que as consecuencias se paguen durante anos por todos e todas.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:40 da tarde 0 comentarios
4.4.10
O Congreso do PT do Brasil
Cando a desgana se vai apoderando dun, nestes días nos que o peso do ceo plomizo cae sobre nós, mentres o vento arrastra o son marcial dos tambores das procesións, achegándonos ao tempo estéticas que producen arrepíos pola súa reminiscencia Ku Klux Klan.
Cando a cuestión das caixas parecera non ter fin, entón, fago unha estratéxica fuxida en diagonal cara o Brasil, e o cuarto Congreso do Partido dos Traballadores, ao que tiven a grande honra de asistir, e a emoción de ver como todas e tódolos militantes unha vez rematado o plenario coreaban de pé a modo de samba PT, PT, PT, PT,... mentres a muller que dirixe o grupo de traballo dedicado a loitar contra o racismo no Brasil dime que o compromiso do PT é “unha loita, pero con alegría”.
Levo cavilando dende entón nesas palabras e en como outra maneira de gobernar é posíbel. Brasil lévanos ensinando como se fai o camiño nun país que era un dos máis inxustos do mundo, e que neste momento se proxecta como a quinta economía do planeta. As fondas transformacións realizadas desde un programa no polo oposto do neoliberalismo, desde esa esquerda utópica que en Europa parece esvaecerse na burocracia do propio sistema.
Mudanzas económicas, sociais, políticas e culturais feitas en tan só sete anos para facer do Brasil un país realmente máis democrático, solidario e soberano. A herdanza atopada polo Partido dos Traballadores era unha situación de décadas perdidas, produto da ditadura militar dos anos sesenta e as posteriores imposicións das políticas neoliberais na América Latina coas regras establecidas no chamado consenso de Washington en 1989, e que trouxeron da man un triste legado: inflación crecente, crise das divisas, parálise económica, desregulación dos mercados e redución do papel do Estado, deixando a un lado as cuestións sociais e os problemas históricos como a distribución da renda e polo tanto o incremento da pobreza.
Os Chicago Boys e as súas teorías ditando os criterios que obrigaban os países que precisaban emprésitos do FMI a desbaratar as súas economías elevando a miseria e o desemprego. Perante unha situación destas características o goberno de Lula tivo a valentía de dar unha viraxe de 180 graos nas políticas implementadas na América Latina, cunha proposta que lembra aquela frase do axedrecista neerlandés Max Euwe que dicía que a estratexia precisa de pensamento e a táctica da observación.
Hai que recoñecerlle ao PT esa intelixencia na implementación dun programa de esquerdas cando asumiu o poder cun grande apoio popular e unha grande incerteza e desconfianza por parte dos inversores financeiros, con fortes ataques na propia campaña do ano 2002.
Os primeiros pasos foron os de establecer os axustes macroeconómicos sólidos co fin de controlar a situación monetaria do país, agravada pola privatización dos bancos públicos estatais e federais (no ano 1990 a participación dos bancos públicos no total das operacions de crédito alcanzaba o 66%, fronte o 36% no ano 2002).
E velaí onde aparecen as medidas máis claramente revolucionarias, iniciativas que marcaron unha inflexión económica substancial no goberno do Partido dos Traballadores, o grande peso da Banca Pública que tivo como obxectivo principal en plena crise internacional dar unha resposta brasileira para evitar que esta contaminase o seu sistema financeiro, ao mesmo tempo que recuperaban o nivel de actividade económica rapidamente, aumentando a sua oferta de crédito un 33% entre setembro de 2008 e xullo de 2009 fronte ás privadas que incrementaron os emprésitos nun 4% e as insitucións estranxeiras un 1,5%.
Ao mesmo tempo que medraba a rede de protección social, o aumento do salario mínimo, así como o mantemento inalterado do seu programa de investimento. Amosando ao mundo como e posible construír un novo modelo de desenvolvemento cun único obxectivo: acadar un novo modelo de sociedade para todos, e non unha nación para uns poucos onde as maiorías sempre permanecen á marxe.
E vendo como a utopía, a loita con alegría e a valentía son posíbeis no Brasil, por que non aquí na Galiza? Hai moito que facer, precísase urxentemente dunha grande maioría política comprometida co país e co seu desenvolvemento económico e social, que dirixa o seu futuro para que este sexa mellor, como na letra da aquela canción de Toquinho, Aquarela:
“E o futuro é unha astronave
que tentamos pilotar
nao tem tempo
nem piedade
nem ten hora de chegar
sen pedir licença
muda a nosa vida”.
Tareixa Táboas coordenadora do BNG
Artg. XORNAL
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 11:24 da manhã 0 comentarios
1.4.10
Rumbo21 entrevistase co Xefe de Gabinete do Ministro de Fomento
Aproveitando a visita de hoxe do ministro de fomento Pepe Blanco aos concellos de Ferrol e Fene, foron varios os actos que dende Rumbo 21 e o BNG de Fene leváronse a cabo para denunciar a necesidade do fin do veto.
Por parte de Rumbo 21, Jesús Varela, foi recibido polo xefe de gabinete do ministro no concello de Ferrol, despois de informarlle de que o ministro non o podería atender. Jesús nesa entrevista, plantexou tódalas preocupacións que temos na comarca pola situación de desemprego e ademáis que non se podía consentir que unha instalación como a de Fene poidese estar infrautilizada, todo moi ben explicado por Jesús.
No concello de Fene, varios políticos do BNG acompañados por moitos veciños, esperaron a chegada do ministro coa pancarta de Sabemos e queremos construir barcos, para lembrarlle novamente a preocupación e mal estar que existe nesta comarca polo nulo traballo que se está a facer dende a presidencia da Unión Europea para cambiar dunha vez por todas a situación de Astano. Aos berros de "O veto de Astano que o quiten este ano!", a demanda non pasou desapercibida, sendo o tema de comentario maioritario por parte de tódolos presentes, conseguindo dar un novo impulso a reivindicación.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:25 da manhã 0 comentarios
21.3.10
Carlos Aymerich: “Núñez Feijóo usa os parados galegos para pavimentar a chegada de Rajoy ao poder”
O nacionalista Carlos Aymerich liderou boa parte das críticas da oposición ao Goberno de Feijóo no recente Debate sobre o Estado da Autonomía. Cando xa se cumpriu o primeiro ano dos catro da lexislatura, o voceiro parlamentario do BNG considera que “queda demostrado que esta Xunta non está á altura do país”.
Que sensacións lle deixou o Debate?
A conclusión fundamental é que temos que cambiar o regulamento para evitar espectáculos como o dado coas resolucións. E logo o debate en si amosou a un Núñez Feijóo que fuxiu das contas, nunca falou do feito nos doce meses que leva na Xunta, o que é unha fuxida permanente cara diante, na que non se cumpre o prometido pero se anuncian novos plans que seguramente tampouco se cumprirán.
Na primeira xornada do Debate fíxose visible certa crítica conxunta de Bloque e PSOE, como representando unha alternativa. Pero no día das resolucións xa volveron algunhas divisións.
Eu teño falado con moitos amigos do PSOE de que o Bloque non pode facer toda a oposición el só. Nas resolucións fálase de xeometría variable, e Feijóo está cómodo no medio da roda, pactando con uns as caixas e cos outros o territorio e a demografía. Pero nas caixas non hai un pacto, hai unha lei do BNG que foi apoiada polo PP. Eu xa dixen no debate que Feijóo é o responsable do que suceda agora. O que non pode facer é culpar a outros da súa falta de habilidade ou de firmeza. Neste país xa imos fartos de culpabilidades colectivas. Cando vetou o Estatuto tamén dixo que a culpa era de todos e non, era súa. E se o das caixas fracasa será porque non pon toda a carne no asador, non recorre o FROB nin ten a forza suficiente dentro do seu partido para cambiar a opinión do PP estatal, que é a mesma que a do PSOE, a favor dun reparto do mapa financeiro en dúas grandes áreas de influencia, unha para cada partido. Feijóo ten que pasar das palabras aos feitos. O que si nos sorprendeu máis foi o pacto polo territorio. Estes días temos en Barreiros o que significa ese pacto, que envía a mensaxe de que se pode construír ilegalmente en terreo rústico, que non vai haber sancións.
Vai dar batalla co territorio o Bloque ao mesmo nivel que coas caixas?
O BNG está para defender este país e se non o facemos sobramos, porque para esnaquizalo hai outros, mellores que nós niso. Nós non temos unha versión idílica do territorio nin pensamos que non hai que facer nada de nada, nós estamos porque haxa desenvolvemento e industria, pero dentro dun desenvolvemento racional do territorio, con respecto absoluto polo medio ambiente. O que non pode ser é que esa ordenación comece polo tellado. Se xa existe moita dispersión na poboación teremos que mirar de non aumentala, e a reforma que pactaron PP e PSOE por exemplo non axuda a ese propósito. Fan unha reforma exprés da Lei do Solo para legalizar todos os desmáns que Feijóo permitiu cando era conselleiro, cos Gobernos de Fraga. A este paso, cando haxa directrices da ordenación do territorio xa non vai haber territorio que ordenar. Constatamos que hai unha política moi lesiva para o país, claramente inspirada polo PP e por Agustín Hernández, que é o representante dos promotores e dos grandes construtores no Goberno. E agora o PSOE avala iso, e eu o lamento, porque así volve aos anos do sindicato de alcaldes e de seguir as ordes de Madrid, como nos tempos de Francisco Vázquez. Así vai ser difícil presentar unha alternativa ao PP.
Foi iluso o BNG coas caixas?
Non, sempre fomos conscientes de que isto era un tema complicado, consensuado por PP e PSOE en Madrid, que queren centralizar o poder financeiro e acabar convertendo as caixas en bancos. Iso non é fácil movelo. O que me pregunto é porque o PSOE pacta co PP por Cajamadrid, asumindo que ese era un tema central, pero en Galiza non, o que merece unha explicación, como merece unha explicación que Feijóo non se decida a aplicar a lei, non está actuando de acordo co mandato parlamentario segundo o cal ten que impugnar o FROB. E tamén ten que facerse respectar en Madrid e para iso ten que respectar primeiro a Galiza, o que non se consegue desprezando a lingua ou o autogoberno ou máis preocupado no que din os foros madrileños que no que lle ocorre aos galegos.
No Debate, Feijóo traduciu a Castelao pero definiuse como “galeguista”. Hai unha perversión do diccionario?
Isto lembra á neolingua da que fala Orwell en 1984. Eliminan os libros de texto gratis pero lle chaman gratuidade solidaria cando é todo o contrario; eliminan os servizos públicos e lle chaman austeridade; incrementan a débeda e lle chaman saneamento; atacan a lingua, a cultura e a identidade galega e falan de equilibrio e cordialidade. Feijóo usa os problemas dos galegos e os nosos parados para pavimentar a chegada do PP ao poder en Madrid. Logo di iso da Galiza global e debe referirse á subvención para que Caramelo envíe a China a súa produción. Isto é o que temos.
Seguen firmes en contra do decreto do galego do PP malia que agora é defendido como “equilibrado”.
O 50-50 que propoñen non é o equilibrio que sinala o Plan de Normalización, que fai referencia a un mínimo da metade do horario lectivo. Agora haberá un 50% excluídos os idiomas. E logo, ese suposto equilibrio ata se podería aceptar se houbese tamén equilibrio nos medios de comunicación, nas relacións comerciais, na administración, nos outros aspectos da vida, porque un non se socializa só na escola. Pero a escola está para correxir os desequilibrios. Se na sociedade hai unha desigualdade evidente entre galego e castelán iso non se vai solucionar cun falso equilibrio na escola. Tratar como iguais aos que non o son tamén é discriminar. E hai máis temas moi graves. En infantil, un neno nun entorno castelán falante non vai ter ningún contacto co galego na escola e seguramente tampouco na vida diaria. Iso é equilibrio? Pero é que ademais, logo está iso de escoller a lingua na que falan ao profesor. Nunca houbo ningún problema por iso, pero o normal en termos pedagóxicos é que se faga o exame no idioma no que se imparte. Todo isto non é algo que só diga o BNG. Feijóo cometeu un erro de cálculo, xa levou tres avisos e agora está só, porque defendendo a lingua está tamén o PSOE, nunha postura que o honra, está a Real Academia, está o Consello da Cultura, están os colexios relixiosos concertados, están as asociacións de renovación pedagóxica, os sindicatos, todo o mundo menos Feijóo, Galicia Bilingüe e Rosa Díez, que están no outro lado.
A reforma do Estatuto é unha causa perdida nesta lexislatura?
Non, non renunciamos a que esta lexislatura poda ser a do Estatuto, pero estamos no de sempre, que Estatuto? Feijóo xa o vetou unha vez e agora é o responsable de que teñamos un financiamento inxusto, xa que non regulamos eses mínimos como si fixo por exemplo Cataluña. E agora Feijóo segue no de sempre: xa o plantexaremos cando saia a sentenza do Estatut. El chegou a dicir que a reforma do Estatuto galego era imprescindíbel en termos políticos, pero chegou Rajoy, dixo que non é unha prioridade para Galiza e todo pasou a mellor vida. O BNG ten claro que quere un Estatuto para crecer, que manteña o noso estatus gañado hai trinta anos, xunto a Euskadi e Cataluña e iso significa que o texto ten que recoñecer o noso feito nacional, ten que recoñecer o dereito a uns servizos sociais públicos, porque para iso vale un Estatuto tamén. Tería que blindar as nosas competencias e tamén igualar a nivel legal a galego e castelán, como pediu o propio Xesús Palmou en Xornal, para que os que falamos galego teñamos os mesmos dereitos que os que falan castelán, algo que agora non ocorre.
Os tres grupos veñen de asinar unha resolución para loitar contra a crise. Porén, este tipo de acordos adoitan xerar moito escepticismo.
Eu tamén son bastante escéptico sobre este tipo de resolucións porque no discurso de investidura Feijóo prometeu trinta plans e non fixo ningún. El queixábase de que no último ano do bipartito medrara o paro en 15.000 persoas, e agora con el foi o dobre, 30.000. E non di nada sobre o que vai facer para atallar esta sangría. Isto debemos de cambialo, porque aprobar resolucións sen que haxa logo un mecanismo de seguimento e cumprimento non avanza nada. Pero tamén é moi chusca esta que aprobaron sobre o impulso demográfico.
Fraga dicía que os galegos tiñan que poñerse a facer fillos.
Eu prefiro o que dicía John Kenneth Galbraith cando Ronald Reagan quixo adornar a súa política neoliberal dicindo que había que defender as familias e este contestoulle que se preocupara de ofrecer uns bos servizos públicos, unha boa educación, unha boa sanidade, que se hai iso as familias xa se defenden soas e farán os fillos que queiran. E agora, o PP fala de impulso demográfico cando pecha galescolas, non abre centros de día... cun desemprego e unha precariedade laboral con cara de muller nova. De este xeito cal vai ser o impulso demográfico? Cando Fraga falara daquilo, cun discurso terrible que viña a dicir algo así como que cando as mulleres se liberan deixan de facer fillos, se creara un equipo de traballo e elaborara un informe que logo o PP non aprobou porque falaba precisamente diso, da necesidade de incrementar os servizos públicos para mellorar a demografía.
Vaise manter a tensión deste primeiro ano o resto da lexislatura?
Creo que Feijóo desperdiciou a cuarta parte do seu mandato dividindo ao país, e este non era un ano calquera, é o único que tiña sen eleccións. E nun ano que é o primeiro, o de maior enerxía, sen comicios, que pode ser o máis propicio para introducir acordos e propostas constatamos que o que fixo foi un desperdicio...ada indica que o ano que vén, con municipais, vaia baixar o diapasón, máis ben todo o contrario. Ademais, Feijóo chegou como o gran pacificador, o que ía domar e castrar ao sector da boina e logo a Galiza. E vemos como un ano despois, as augas dentro do PPdeG non baixan tan calmas e na sociedade galega hai moita máis contestación da que esperaba. Porque ademais Feijóo tolera escándalos democráticos como as prácticas dos Baltar en Ourense ou as de Louzán en Pontevedra, coas súas mocións de censura con tránsfugas.
As municipais están preto.
Estamos traballando para melloren resultados e para ter un BNG que poida aproveitar ese sentimento de orfandade que teñen agora moitos votantes do PSOE que non se recoñecen con este PSOE de Pachi Vázquez, que pacta legalizar todas as desfeitas urbanísticas. Hai moita xente que empeza a mirar para o BNG e temos que facernos merecedores da súa confianza.
Por iso o BNG non celebrará asemblea este ano?
Nós (a corrente Máis Galiza) cando falabamos dunha asemblea antes da municipais sempre dixemos para que a queríamos e como a queríamos. Agora, cando aínda non pasou un ano da anterior, se non chegamos a ela cun mínimo de consenso previo podería ser moi negativo. Queríamos unha asemblea que servise para proxectar un BNG unido e pechase as feridas da última, pero non unha de confrontación ás portas dunhas municipais nas que o Bloque se xoga moito, incrementar a presenza nos concellos pero algo máis.
Que é ese “algo máis” que se xoga o BNG nas locais?
Pois que o Bloque poida saír das municipais con forzas para botar a Feijóo da Xunta
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:31 da manhã 0 comentarios