O candidato critica a imposición europea “sagrada” para construír buques civís en Astano e contrapón que “cando se trata de encher as arcas dos bancos de recursos públicos se vulnera a normativa que faga falta”
O candidato nacionalista á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, participou nun mitin no teatro Jofre de Ferrol, no que tamén interviron a concelleira Ana Vérez; a o candidato Fernando Branco Parga, e a número dous pola Coruña, Ana Pontón.
O número un do BNG asegurou na súa intervención que “a victoria do nacionalismo o vindeiro día 1 será a derrota do caciquismo e a victoria da democracia”.
O candidato nacionalista quixo iniciar a súa intervención pedindo o voto para unha formación política “nacida do pobo e para servir a Galiza” porque, segundo indicou, “é necesario combater con razóns, argumentos e historia a mentira que o PP está intentando trasladar á sociedade: a idea de que todos somos iguais, que non merece a pena”.
Quintana aludíu a algúns dos presentes entre o público do teatro que “traballaron incansábelmente a prol das súas ideas para construír en Galiza unha forza política propia do país, convencido de que Galiza será país na medida en que teñamos unha cultura propia, pero tamén precisabamos algo máis que non tiña, unha forza política propia que o defendera, un instrumento ao servizo do pobo”.
O candidato do Bloque contrapuxo o labor do BNG co historial de políticos que chegaron a escena “aupados polos ventos do franquismo” e que foron capaces de “colocarse sumisos aos dictados de empresas e grupos financeiros. Non todos somos o mesmo, nin moito menos”, exclamou.
Quintana pedíu o voto para o Bloque porque o nacionalismo ten un proxecto de futuro para este país “baseado en dúas cuestións fundamentais: pídovos o voto para que o BNG teña a oportunidade de seguir utilizando o autogoberno para xerar benestar e para que Galiza teña un goberno que traballe no estado e no mundo para que Galiza sexa respectada”.
O cartel nacionalista cifrou a diferencia entre estes momentos difíciles e outros que tivo que pasar xa o país na presenza “dunha forza política propia disposta a gobernar para a xente, que confia nos recursos do país, que está disposta a gobernar con valentía e sen ataduras, ao servizo do pobo galego e iso non o tivemos antes”.
A crise non se resolve con escenas de sofá
A preocupación do nacionalismo galego nestes tempos de crise son, tal e como indicou Quintana, “as persoas que se levantan sen saber se van poder conservar o seu posto de traballo, pensando en como van pagar a súa hipoteca a final de mes” e para eles, o nacionalismo quer “lanzar a nosa alternativa, confiando nas posibilidades do país, con valentía”.
Neste ponto, o número un do Bloque aludíu ás posibilidades do país en sectores estratéxicos como o naval “só pedimos que nos deixen traballar. Queremos por en marcha os estaleiros de Fene, que dende a UE non nos sigan pondo chatas á nosa obra e sigan paralizando o proceso de expansión porque se ao estado español non lle interesa o naval, ao nós si, ao BNG si, que nolo dean se non lles interesa”.
Para afrontar a actual situación, o candidato apostou por dar un novo paso porque “non se resolve con escenas de sofá, senón con pasos firmes, política financeira comprometida coa xente con entidades financeiras que actúen ao servizo do país”.
Fronte ás propostas do BNG, Quintana ubicou as de Feijóo “todos lembramos o que sucedeu na crise no 'Prestige': converter unha crise nunha catástrofe iso é o que fai o PP coas crises. Contra a crise só ten dúas leis”, explicitou, “a do máis forte, o goberno non ten que intervir para nada, a lei da selva, que gañen os de sempre, as grandes entidades financeiras e se lle falla ésa a segunda é a de man dura cos débiles e mao de seda cos fortes”.
1 comentarios:
Será para `pasearse neles non si?
http://www.lavozdegalicia.es/especiales2009/eleccionesgallegas/2009/02/26/0003_7555012.htm?idioma=galego
Enviar um comentário