4.2.09

Acusan ao alcalde Cabezón de falta de respeto

Aasociacións do CEIP San Isidro, CEIP Maciñeira e IES Fernando Esquío acusan ao alcalde de manter unha actitude durante a reunión do Consello Escolar Municipal, de “falta de respecto aos que asistiron á xuntanza”. Algo que, según din, motivou que os presentes marcharan do encontro. Tamén se queixan dende o colectivo de que a penas puideron intervir “dada a verborrea faltona do señor alcalde, que deixou sen palabras aos asistentes”. Asemade, engaden que o alcalde “non dubidou en faltarlle ao respecto a todos os presentes, incluída á súa compañeira, a concelleira de Educación, Isabel Fernández Naseiro”, a quen manifestan todo o seu apoio “por tentar manter unha postura racional”.

0 comentarios: