Os cidadáns foron os protagonistas. O BNG fixo unha preselección de xente da rúa para que lle preguntaran ao candidato nacionalista. Sen temas comprometidos, Quintana navegou por un mar de tranquilidade coas súas respostas. Deseguido facemos un resumo:
Alba Pérez, estudante universitaria, 22 anos: como vai ser a aplicación do Plan Boloña, como se vai a compatibilizar a Universidade co mundo laboral?
A Universidade non ten que perder a súa esencia, e creo que se desvirtúa co plan Boloña. Como servizo público ten que ter unha práctica para todos os cidadáns, para vincular o mundo universitario co mundo empresarial. A Universidade ten que asociar a súa capacidade produtiva co mundo da empresa. Temos que chegar ao 1,5% no 2010 que é o que pide e temos posto en marcha os parques tecnolóxicos que poñan en relación a Universidade co mundo da empresa.
Antonio Souto, xubilado, 65 anos: vai a haber reflexión sobre o imposto de sucesións e, neste momento de crise, aos parlamentarios se lles pasou pola cabeza baixar os seus soldos?
Temos que ser cautos nestes temas, o fácil é que o fai o PP, que é a campaña do que soa bonito: baixar os impostos a todo o mundo, e iso a quen favorece é aos mais ricos. Porque aos cidadáns os impostos dótanos de servizos, e nós defendemos unha fiscalidade progresiva, que graven máis os que máis teñen e menos os que menos teñen, para que as empresas galegas non se deslocalicen, para que as comunidades autónomas non perdan unha fonte de ingresos básicos.
Sobre a segunda cuestión, eu estou de acordo en que e necesario que na vida pública haxa unha política de austeridade dos gastos, agora, o que non estou de acordo é seguir esa máxima dos soldos desorbitados, que se se compara cos albaneis é inxusto, pero a sociedade e inxusta. Pero o que se fai é utilizar isto demagoxicamente, como fai o PP, levando a cabo a "política do calamar", encher todo de tinta, e afastar a xente da política.
Aliou Niang, inmigrante senegalés, 42 anos: somos un colectivo moi débil, non temos papeis, algúns traballamos en venda ambulante, que vai a facer por nós?
Manolo Rivas di que o bo de Galiza é que é galego todo o mundo que quere ser galego. Estamos obrigados a ser unha terra de acollida. Aquí hai sitio para todos, coas dificultades que todos temos. É unha obriga ter a posibilidade de dar emprego a todos os que queren traballar en Galiza. Na venda ambulante hai que compaxinar o dereito a facelo cunha regulación necesaria para que non haxa agravio comparativo coa xente que ten o comercio, que moitas veces implica imposibilidade para que a xente se adique a iso. O que non podemos permitir é que eses requisitos sexan discriminatorios dependendo de onde proveñas, non pode haber requisitos que marquen vantaxes para algúns.
José Ucha, arquitecto, 37 anos: o plan sectorial de vivenda contempla algunha medida correctora para que a pequena empresa poida concorrer para que non beneficie ás grandes empresas en detrimento das pequenas?
Queremos que a pequena e mediana empresa poida participar, non temos interese en que as grandes inmobiliarias e sobre todo as de fóra sexan beneficiadas. E temos visto que inmobiliarias que construiron pisos e non os venden, porque teñen prezo moi alto, nos piden que non fagamos pisos de protección nesas cidades, pero nós temos que mirar para a xente, para que as economías familiares con menos pulos poidan ter casa.
Benito Casas, 33 anos, persoa con discapacidade: como vai a facilitar a integración laboral das persoas con discapacidade, e se teñen medidas sobre ese 2% de reserva para empresas de mais de 50 empregados.
Temos avanzado moitísimo nas políticas de apoio ás persoas con discapacidade, en colaboración con asociacións, e tamén tomando como un reto do goberno. O gran avance ten sido que toda a rede de centros enchen esa perspectiva integradora, dándolle os mesmos dereitos que outros cidadáns.
Pirula Expósito, actriz en paro: por que non se lle inca o dente ás medidas contra o botellón, porque na Xunta remiten aos concellos e os concellos á Xunta.
É un tema complicado. Eu entendo a situación dos cidadáns que teñen que padecer a incapacidade de descansar por este motivo. O problema é complicado porque os hábitos de diversión da mocidade mudan. Identificar o botellón con actitudes aprehensivas da mocidade. Así que se teñen que atopar formas de acceder a novos ámbitos de lecer e diversión para a mocidade e sempre se colle aos maiores e ás institucións a contrapé, e sempre tardan en reaccionar ao problema, e mentrees tento os que padecen as consecuencias son os cidadáns.
Rosa Rodríguez, xubilada, 70 anos: por que ás viúvas nos queda o 55% da pensión dos nosos homes, se temos os mesmos gastos de sempre?
A miña nai e viúva e este discurso mo fai todos os días. Iso e unha competencia do Estado, aínda que podemos incidir nese tema. Nós cremos que todo o sistema de pensións é inxusto. Hai no réxime da Seguridade Social xente que cotizou nun réxime especial e que cobra moi pouco e nós fixemos que haxa un réxime de equiparación, nós puxemos en marcha o complemento autonómico para as pensións máis baixas, que axuda, aínda que non o soluciona, ademais sempre que se intenta solucionar unha inxustiza sempre hai un agravio comparativo.
María Seijo, enfermeira, 45 anos: durante esta lexislatura publicouse un plan galego de plans paliativos que contemplaba unha coordinación dos recursos sociais para que o paciente poida ser coidado no domicilio pero non hai orzamentos, os profesionais son escasos, para cando imos poder dispor da garantías?
A consellarería de sanidade sacou o plan coa maior atención, pero creo que o plan vai estar superado por outros plans que puxemos en marcha. Puxemos en marcha un sistema galego de benestar, para rematar con ese espazo difuso de discusión de cando remata o ámbito hospitalario e pasa ao espazo social, onde ninguén se quere facer cargo
Manuel Figueira, prexubilado: se o PP se opón, que se vai a facer sobre o Estatuto de Nación?
Non nos podemos quedara trás, porque todos se moven. Ese é o reto que temos en Galiza neste momento, ou o aprobamos ou perdemos o estatus de igualdade con Cataluña ou Euskadi. O PP utilizou a súa minoría para bloquear. Eu podo ensinarlle o estatuto que tiña o BNG, e podemos comparalo co que pactamos co PSOE e parte co PP e parécese o mesmo que un ovo a unha castaña. Para min o mellor estatuto é o que deseñamos nós, pero temos que chegar a un consenso, temos que atender aos demais, e o señor Feijóo non cedeu en nada. O que precisa o señor Feijóo para cambiar a súa actitude é un castigo nas urnas.
Celia Armas, profesora: hai falta de aplicación da lei de normalización lingüística. Se vostedes participan no goberno que medidas adoptarán?
Algo tan sinxelo como que se cumpla a lei, o Estado de dereito funciona así. A opinión de todos decídese no parlamento. Acabamos de pór de manifesto unha realidade, que non se cumple, porque algúns din o contrario,que impomos o galego. O galego é o idioma da Galiza, é de todos , dos que falan en galego e en castelán. Eu estou seguro de que os que así actúan pretenden que milleiros de persoas que falan en castelán pero que non teñen nada en contra do galego queren levantar unha barreira, para que esa xente non se pase ao galego, para que non teñan unha actitude amiga.
Manuel Vázquez, xubilado, 69 anos: teño o meu sogro de 90 anos, e fixéronlle unha entrevista de 10 minutos, unha valoración normal ten que durar máis, non cre?
Ca lei de dependencia o que se fixo co Estado foi levantar unhas inmensas espectativas de que quen tivera un dependente na casa á semana seguinte cobraba unha paga. A lei non concede unha paga a todos. Só aos de mais alto nivel. Ademais concede un procedemento administrativo moi farragoso. Nós temos a 54.000 peticións valoradas, o 95% da xente dependente, e 23.000 teñen dereito, e case 12.000 xa teñen algunha prestación, non só unha paga. Pode haber insatisfacción, o proceso é así, agora hai 60.000 persoas que reciben prestacións. Cando comezamos a camiñar, temos que conseguir que os que teñan dereito vaian a ter a concesión.
GZnacion.
0 comentarios:
Enviar um comentário