http://www.youtube.com/watch?v=uXQP01RLDFs
28.2.09
Apoio a Quintana
O masivo apoio no peche de campaña do BNG Nas Travesas en Vigo, da unha mostra da madurez política do País e dos galegos e das galegas, pese ás campañas de desprestixio difación e insultos persoais, os homes e mulleres da Nazón Galega saben que non pode voltar o escuro pasado que os aferrollaba e os tiña na máis completa inoración, roubándolles e esquilmando o noso País.
Adiante BNG, na nosa historia, xa nos teñen acusado de todo, os do non, terroristas, agora xa iso non vale agora xa é o persoal, moi mal deben andar, moito medo deben ter os ricachóns.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:35 da manhã 2 comentarios
Máis de 6.000 persoas no fin de campaña do BNG
Non precisou o BNG, carretar xente de Madri nin de Castela-León, os galegos e galegas son moito mais intelixentes do que o PP pensa e por iso apoiaron sen fisuras e sen dúbidas ao único candidato que defende a Galiza con intelixencia e co corazón.
Ánimo e adiante, derrotaremos o fascismo e o caciquismo, dunha vez por todas.
FORZA BNG
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:15 da manhã 1 comentarios
26.2.09
Quintana: "Quen lles molesta non é o BNG nin Quintana, senón que Galiza sexa un país libre no mundo"
O candidato do Bloque di que “o que nos xogamos é ou lle entregamos o goberno de Galiza a aqueles que non cren en Galiza e nos piden o voto para gobernar, ou votar BNG para que Galiza poida ter un goberno para a xente”
O candidato nacionalista á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, participou esta tarde nun acto público na Coruña, no que tamén interviron o tenente de alcalde da Coruña, Henrique Tello; o número tres pola Coruña, Carlos Aymerich, e a número dous, Ana Pontón.
Quintana iniciou a súa intervención pedindo o voto para o BNG co respaldo da palabra dada hai agora tres anos e medio e fixo un repaso das políticas “transformadora” que o nacionalismo leva anos desenvolvendo desde o goberno da Xunta.
Advertíu de que en tres anos e medio non se poden “remover todas as estruturas construídas durante 50 anos e a cultura política aparellada a ela”. Mais, o líder nacionalista quixo manifestar a súa “sensación de ter perdido o tempo, porque non facía falta explicalo. Basta con ver a saña contra o BNG, os ataques inxustificados para dármonos conta de que os cambios foron moi fortes”.
O líder nacionalista asegurou que é asi porque “o PP e os poderes tradicionais deste país esperaban que o BNG fora sempre un partido bonsai” e, neste sentido fixo un símil sobre a visión que o PP ten do país “consideran que o país é o seu horto particular, a súa finca e deciden as pranta que regan e as que non” porque estaban acostumados a que nese xardín particular houbera un bonsai, un pequeno bonsai que nunca vai medrar e que utilizaban para todo”.
“Esperaban que foramos un partido bonsai e o bonsai medrou e as raíces afincaron na terra e estendéronse no país e dixeron que a terra é para quen a traballa”, dixo.
Neste sentido, Quintana remitíuse ás orixes da forza política nacionalista como “forza política propia, do pobo, disposta a conseguir que se respeitara a Galiza”, neste sentido lembrou o labor de persoas como Vilar Ponte cando anunciou a creación das Irmandades da Fala nun xornal a creación das Irmandades da Fala e perguntouse “que diría se soubera que se quixera facer o mesmo no mesmo xornal sería acusado de querer impor o galego”.
Galiza decide
O número un do Bloque explicou que agora “é Galiza quen decide en Madrid. Agora é o BNG, o BNG é Quintana. Pois aqui estamos”, retou aos que lanzan as campañas de difamación contra o nacionalismo galego.
Quixo advertir a todos que non esquezan nunca algo moi importante que quen lles molesta non é Quintana nin o BNG, senón que Galiza sexa un país libre, que Galiza se faga respectar no mundo, que apareza aos ollos da humanidade como un país orgulloso da súa cultura e o seu idioma”.
"Como non valía a mentira, nin as estadísticas, pasaron á maldita mentira que consiste en convertir a campaña na da difamación, a terxiversación, o insulto, a ofensa á vida persoal, na que se inventa todo"Mais, o candidato advertíu de que “non nos van dobrar” e, neste sentido, indicou que a súa ilusión é “que unha xeración de galegos poida criarse nun país de liberdade e con respecto a sí mesmo. Queren cortar o nacemento desa xeración, que medre no país, orgullosa, que se sinta galega e sinta que ése é o único xeito de ser cidadán no mundo. Non o imos permitir por moita estratexia de mentira que queiran pór en marcha”.
Quintana aludíu ás mentiras verquidas contra o BNG nesta campaña e indicou que “hai tres tipos de mentira, a mentira, a maldita mentira e as estadísticas. O PP nesta campaña ten utilizado a tres. Empezou polas estadísticas para falar das cifras do paro, fala de números con desprezo. O que lle interesa é lanzar mensaxe catastrofista que nos leve a pensar que non é posíbel”.
Plan económico
Contra o modelo económico do PP que perpretou a situación de crise actual, Quintana defendeu as medidas propostas polo nacionalismo a través dun plan de estímulo económico que se efectivizará nos cen primeiros días de goberno, cunha reactivación do sector estratéxico do país como é o naval” e anunciou que pedirá a Zapatero que levante o veto a Astano para que volva á construción, destacou tamén o apoio ao sector primario, “para que Galiza teña un grupo lácteo galego que nos permita ser potencia en produción e comercialización”.
Un plan de fomento do emprego xuvenil, utilizando os novos nichos do mercado laboral, a extensión do Sistema Galego de Benestar para crear postos estábeis de traballo, para alén da creación dunha banca pública galega para que chegue ás familias o crédito.
Mais, como apuntou o candidato, “cando dixemos todo isto, como ao PP as estadísticas non lle valían e ante medidas do BNG non hai estadística que valga, usou a mentira lisa e llana para trasladar unha idea: non vaiades votar, imos seguir os mesmos de sempre, todos somos iguais. Como que todos iguais?, perguntouse, “somos iguais aqueles que defendemos o galego a aqueles que fan manifestacións en contra do galego?”
Finalmente, o número un do BNG aludíu ao feito de que, “como non valían nin as estatísticas nin a mentira, pasaron á maldita mentira que consiste en convertir a campaña na da difamación, terxiversación, o insulto, ofensa á vida persoal na que se inventa de todo, a campaña dos paparazzis, e na que se chegan a inventar un accidente. Ésa é a campaña do PP”.
Mentira, maldita mentira e estadística
Estas mentiras son as que o PP quer ocultar e por iso, tal e como dixo Quintana, “négase a debate, para ocultar o tremendo timo á sociedade galega que o señor Feijóo quixo facer negándose a debater democraticamente. Teño ofrecido todas as posibilidades porque ten mentiras e moito pasado, pero non futuro.
Quintana ironizou cos temas que se poderían tratar nese debate, en caso de producirse, como as perguntas a Feijóo sobre “a que empresas amigas de fóra lles ía dar as concesións do concurso eólico, e cantos postos de traballo vai destruír pechando as galescolas co seu fanatismo ideolóxico”.
Animouno a explicar tamén no debate por que “o señor Louzán convoca postos de traballo na Deputación na que só fai falta unha entrevista na que preguntarán se son amigos do PP ou non. Vostede aínda ten tempo de facer campaña electoral despois de ter que aturar unha trama co señor Correa, e outra na que está implicado o señor Rajoy”.
Emprazou aos asistentes a votar porque “o que nos xogamos é ben sencillo: ou lle entregamos o goberno de Galiza a aqueles que non cren en Galiza e nos piden o voto para gobernar, ou lle damos o voto ao BNG para que Galiza poida ter un goberno que goberne para a xente e faga o necesario para que Galiza sexa respectada”.
Quintana amosou hoxe a papeleta do BNG pola provincia da Coruña e comentou que nestes anos tense insinuado a posibilidade de que o BNG cambiara a estrela do logo e, aínda que confesou que a el lle gusta, indicou que, se se cambiara, “sería para introducir un corazón, o corazón de aqueles galegos e galegas que cando pensan en política pensan que Galiza ten que ser o primeiro”.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 4:27 da tarde 0 comentarios
A cobardía de Feijoo009
Feijóo, dixo que debate a tres non o quería, que era unha encerrona.
Quere agora debatir un a un?, tampouco, un candidato contrampa e cobardía non merece ser presidente nin dunha Asociación de veciños, iso é o que lle pasa a Feijoo.
Un candidato que se agocha ,detrás dos medios retrogrados e afins á extrema dereita, non debe ser tido en conta.
Galiza precisa seriedade e retirar de unha vez por todas o pasado e a corrupción ( de Correas, Deputados, Senadores, etc ).
Atrévete a debater, Feijoo
Os medios están aí, El correo TV, púxoos a disposición de Feijoo, Quintana dixo que cando e onde quixera. Terá medo Feijoo009, a que se lle caían os naipes montados por el e os seus satelites mediaticos.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 4:08 da tarde 0 comentarios
24.2.09
Que nos deixen acer barcos, di o lider do BNG Anxo Quintana
O candidato critica a imposición europea “sagrada” para construír buques civís en Astano e contrapón que “cando se trata de encher as arcas dos bancos de recursos públicos se vulnera a normativa que faga falta”
O candidato nacionalista á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, participou nun mitin no teatro Jofre de Ferrol, no que tamén interviron a concelleira Ana Vérez; a o candidato Fernando Branco Parga, e a número dous pola Coruña, Ana Pontón.
O número un do BNG asegurou na súa intervención que “a victoria do nacionalismo o vindeiro día 1 será a derrota do caciquismo e a victoria da democracia”.
O candidato nacionalista quixo iniciar a súa intervención pedindo o voto para unha formación política “nacida do pobo e para servir a Galiza” porque, segundo indicou, “é necesario combater con razóns, argumentos e historia a mentira que o PP está intentando trasladar á sociedade: a idea de que todos somos iguais, que non merece a pena”.
Quintana aludíu a algúns dos presentes entre o público do teatro que “traballaron incansábelmente a prol das súas ideas para construír en Galiza unha forza política propia do país, convencido de que Galiza será país na medida en que teñamos unha cultura propia, pero tamén precisabamos algo máis que non tiña, unha forza política propia que o defendera, un instrumento ao servizo do pobo”.
O candidato do Bloque contrapuxo o labor do BNG co historial de políticos que chegaron a escena “aupados polos ventos do franquismo” e que foron capaces de “colocarse sumisos aos dictados de empresas e grupos financeiros. Non todos somos o mesmo, nin moito menos”, exclamou.
Quintana pedíu o voto para o Bloque porque o nacionalismo ten un proxecto de futuro para este país “baseado en dúas cuestións fundamentais: pídovos o voto para que o BNG teña a oportunidade de seguir utilizando o autogoberno para xerar benestar e para que Galiza teña un goberno que traballe no estado e no mundo para que Galiza sexa respectada”.
O cartel nacionalista cifrou a diferencia entre estes momentos difíciles e outros que tivo que pasar xa o país na presenza “dunha forza política propia disposta a gobernar para a xente, que confia nos recursos do país, que está disposta a gobernar con valentía e sen ataduras, ao servizo do pobo galego e iso non o tivemos antes”.
A crise non se resolve con escenas de sofá
A preocupación do nacionalismo galego nestes tempos de crise son, tal e como indicou Quintana, “as persoas que se levantan sen saber se van poder conservar o seu posto de traballo, pensando en como van pagar a súa hipoteca a final de mes” e para eles, o nacionalismo quer “lanzar a nosa alternativa, confiando nas posibilidades do país, con valentía”.
Neste ponto, o número un do Bloque aludíu ás posibilidades do país en sectores estratéxicos como o naval “só pedimos que nos deixen traballar. Queremos por en marcha os estaleiros de Fene, que dende a UE non nos sigan pondo chatas á nosa obra e sigan paralizando o proceso de expansión porque se ao estado español non lle interesa o naval, ao nós si, ao BNG si, que nolo dean se non lles interesa”.
Para afrontar a actual situación, o candidato apostou por dar un novo paso porque “non se resolve con escenas de sofá, senón con pasos firmes, política financeira comprometida coa xente con entidades financeiras que actúen ao servizo do país”.
Fronte ás propostas do BNG, Quintana ubicou as de Feijóo “todos lembramos o que sucedeu na crise no 'Prestige': converter unha crise nunha catástrofe iso é o que fai o PP coas crises. Contra a crise só ten dúas leis”, explicitou, “a do máis forte, o goberno non ten que intervir para nada, a lei da selva, que gañen os de sempre, as grandes entidades financeiras e se lle falla ésa a segunda é a de man dura cos débiles e mao de seda cos fortes”.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:09 da manhã 1 comentarios
23.2.09
Esta noite debates provinciais na galega
Tereixa Táboas, Fernando Blanco, Ana Pontón e Alfredo Suárez Canal intervirán esta noite nos debates provinciais na Televisión de Galiza (TVG).
Os debates poderánse ver ás 22.45 horas e teñen unha duración duns 70 minutos. Son os únicos debates que os telespectadores teñen a oportunidade de ver na televisión pública galega.
Tereixa Táboas debate cos cabezas de lista do PP e do PSOE por Pontevedra. De igual xeito, Alfredo Suárez Canal, Fernando Blanco e Ana Pontón, que abordarán diversas cuestións temáticas como as políticas sociais, a sanidade, as infraestruturas, a ordenación do territorio, a economía, a educación ou o modelo autonómico.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:34 da tarde 0 comentarios
22.2.09
O BNG afianza os seus 16 escanos
No sondeo de Xornal
Os nacionalistas afianza os seus 16 escanos.
Cuando queda menos de una semana para el final de la campaña electoral, parece que los mítines de los distintos partidos solo han servido para incrementar la cifra de los indecisos, sobre todo en las filas de las fuerzas que componen el Gobierno bipartito, PSOE y BNG. Sin embargo, esta coalición revalidará su mayoría para gobernar tras las elecciones del 1 de marzo, con un total de 40 diputados, gracias a la subida de tres escaños de los nacionalistas, según la encuesta realizada por Quadernas Consultoría para Xornal de Galicia, la última antes de los comicios.
Mientras, el PP se mantiene gracias a su electorado en una intención de voto del 25%, ligeramente superior a la que tenía a principios del pasado mes de enero, cuando se realizó el primero de estos sondeos. Aún así, este porcentaje de apoyos lo situará lejos de la mayoría absoluta que estuvo a punto de lograr hace cuatro años, ya que la estimación es que conseguirá 35 escaños, dos menos que en las elecciones de 2005.
A estas alturas de la campaña, uno de cada cinco electores (20%) aún no tiene decidido a quien va a votar. El número de indecisos se incrementó en cinco puntos en menos de dos meses, y el mayor porcentaje de personas que todavía no ha decidido su voto está entre los que hace cuatro años votaron al PSOE. Casi un 23% no sabe qué papeleta elegirá el 1 de marzo.
Por su parte, el BNG presenta el mayor voto desmovilizado, aquellos que le votaron en 2005 pero ahora no acudirán a votar o lo harán en blanco. Pero los nacionalistas son los únicos que conseguirán subir en escaños, según el estudio de Quadernas. En concreto, alcanzarán los16, frente a los 13 de las últimas autonómicas.
El BNG subiría un escaño en Lugo, otro en Ourense –aunque este no está muy seguro– y otro en Pontevedra, en base a este estudio. En las dos primeras provincias se lo arrebataría al PP y en la última al PSOE. Así, el resultado de los socialistas quedaría en 24 diputados, pero también son una amenaza presente para el PP en A Coruña, donde la oposición tiene once escaños.
Desde el mes de enero, desciendió el número de personas que duda entre votar al BNG o al PP, sólo un 6,5%, y los que lo hacen entre los nacionalistas y el PSOE, un 39%.Al mismo tiempo, aumentaron los que están entre votar al PP o a los socialistas, un 34%.
En cuanto a la última semana, los populares parecen acusar la negativa de su líder Alberto Núñez Feijóo a debatir, ya que vieron recortada en casi medio punto su intención de voto, pasando de un 25,6 a un 25,4%. La semana anterior, ni la retirada del número uno del PP por Ourense, Luis Carrera, ni la detención del ex secretario de Organización Pablo Crespo habían tenido efectos negativos en los posibles apoyos electorales, que se incrementaron.
Por lo que respecta a las preferencias de los encuestados por los líderes, son los del bipartito los que más se resienten. El líder socialista, Emilio Pérez Touriño, sigue primero, con un 34% de los apoyos, pese a bajar dos puntos en una semana. El nacionalista Anxo Quintana perdió un poco menos, del 20% al 18,6%. El único que cuenta con más preferencias que la semana anterior es Feijóo, que se sitúa de segundo con más de un 28%.
Sin embargo, pese a estas variaciones en las preferencias, los resultados muestran que un 60% de los entrevistados cree que Touriño será de nuevo presidente.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:48 da manhã 0 comentarios
20.2.09
Os temas sociais centran o debate de Quintana cos cidadáns
Os cidadáns foron os protagonistas. O BNG fixo unha preselección de xente da rúa para que lle preguntaran ao candidato nacionalista. Sen temas comprometidos, Quintana navegou por un mar de tranquilidade coas súas respostas. Deseguido facemos un resumo:
Alba Pérez, estudante universitaria, 22 anos: como vai ser a aplicación do Plan Boloña, como se vai a compatibilizar a Universidade co mundo laboral?
A Universidade non ten que perder a súa esencia, e creo que se desvirtúa co plan Boloña. Como servizo público ten que ter unha práctica para todos os cidadáns, para vincular o mundo universitario co mundo empresarial. A Universidade ten que asociar a súa capacidade produtiva co mundo da empresa. Temos que chegar ao 1,5% no 2010 que é o que pide e temos posto en marcha os parques tecnolóxicos que poñan en relación a Universidade co mundo da empresa.
Antonio Souto, xubilado, 65 anos: vai a haber reflexión sobre o imposto de sucesións e, neste momento de crise, aos parlamentarios se lles pasou pola cabeza baixar os seus soldos?
Temos que ser cautos nestes temas, o fácil é que o fai o PP, que é a campaña do que soa bonito: baixar os impostos a todo o mundo, e iso a quen favorece é aos mais ricos. Porque aos cidadáns os impostos dótanos de servizos, e nós defendemos unha fiscalidade progresiva, que graven máis os que máis teñen e menos os que menos teñen, para que as empresas galegas non se deslocalicen, para que as comunidades autónomas non perdan unha fonte de ingresos básicos.
Sobre a segunda cuestión, eu estou de acordo en que e necesario que na vida pública haxa unha política de austeridade dos gastos, agora, o que non estou de acordo é seguir esa máxima dos soldos desorbitados, que se se compara cos albaneis é inxusto, pero a sociedade e inxusta. Pero o que se fai é utilizar isto demagoxicamente, como fai o PP, levando a cabo a "política do calamar", encher todo de tinta, e afastar a xente da política.
Aliou Niang, inmigrante senegalés, 42 anos: somos un colectivo moi débil, non temos papeis, algúns traballamos en venda ambulante, que vai a facer por nós?
Manolo Rivas di que o bo de Galiza é que é galego todo o mundo que quere ser galego. Estamos obrigados a ser unha terra de acollida. Aquí hai sitio para todos, coas dificultades que todos temos. É unha obriga ter a posibilidade de dar emprego a todos os que queren traballar en Galiza. Na venda ambulante hai que compaxinar o dereito a facelo cunha regulación necesaria para que non haxa agravio comparativo coa xente que ten o comercio, que moitas veces implica imposibilidade para que a xente se adique a iso. O que non podemos permitir é que eses requisitos sexan discriminatorios dependendo de onde proveñas, non pode haber requisitos que marquen vantaxes para algúns.
José Ucha, arquitecto, 37 anos: o plan sectorial de vivenda contempla algunha medida correctora para que a pequena empresa poida concorrer para que non beneficie ás grandes empresas en detrimento das pequenas?
Queremos que a pequena e mediana empresa poida participar, non temos interese en que as grandes inmobiliarias e sobre todo as de fóra sexan beneficiadas. E temos visto que inmobiliarias que construiron pisos e non os venden, porque teñen prezo moi alto, nos piden que non fagamos pisos de protección nesas cidades, pero nós temos que mirar para a xente, para que as economías familiares con menos pulos poidan ter casa.
Benito Casas, 33 anos, persoa con discapacidade: como vai a facilitar a integración laboral das persoas con discapacidade, e se teñen medidas sobre ese 2% de reserva para empresas de mais de 50 empregados.
Temos avanzado moitísimo nas políticas de apoio ás persoas con discapacidade, en colaboración con asociacións, e tamén tomando como un reto do goberno. O gran avance ten sido que toda a rede de centros enchen esa perspectiva integradora, dándolle os mesmos dereitos que outros cidadáns.
Pirula Expósito, actriz en paro: por que non se lle inca o dente ás medidas contra o botellón, porque na Xunta remiten aos concellos e os concellos á Xunta.
É un tema complicado. Eu entendo a situación dos cidadáns que teñen que padecer a incapacidade de descansar por este motivo. O problema é complicado porque os hábitos de diversión da mocidade mudan. Identificar o botellón con actitudes aprehensivas da mocidade. Así que se teñen que atopar formas de acceder a novos ámbitos de lecer e diversión para a mocidade e sempre se colle aos maiores e ás institucións a contrapé, e sempre tardan en reaccionar ao problema, e mentrees tento os que padecen as consecuencias son os cidadáns.
Rosa Rodríguez, xubilada, 70 anos: por que ás viúvas nos queda o 55% da pensión dos nosos homes, se temos os mesmos gastos de sempre?
A miña nai e viúva e este discurso mo fai todos os días. Iso e unha competencia do Estado, aínda que podemos incidir nese tema. Nós cremos que todo o sistema de pensións é inxusto. Hai no réxime da Seguridade Social xente que cotizou nun réxime especial e que cobra moi pouco e nós fixemos que haxa un réxime de equiparación, nós puxemos en marcha o complemento autonómico para as pensións máis baixas, que axuda, aínda que non o soluciona, ademais sempre que se intenta solucionar unha inxustiza sempre hai un agravio comparativo.
María Seijo, enfermeira, 45 anos: durante esta lexislatura publicouse un plan galego de plans paliativos que contemplaba unha coordinación dos recursos sociais para que o paciente poida ser coidado no domicilio pero non hai orzamentos, os profesionais son escasos, para cando imos poder dispor da garantías?
A consellarería de sanidade sacou o plan coa maior atención, pero creo que o plan vai estar superado por outros plans que puxemos en marcha. Puxemos en marcha un sistema galego de benestar, para rematar con ese espazo difuso de discusión de cando remata o ámbito hospitalario e pasa ao espazo social, onde ninguén se quere facer cargo
Manuel Figueira, prexubilado: se o PP se opón, que se vai a facer sobre o Estatuto de Nación?
Non nos podemos quedara trás, porque todos se moven. Ese é o reto que temos en Galiza neste momento, ou o aprobamos ou perdemos o estatus de igualdade con Cataluña ou Euskadi. O PP utilizou a súa minoría para bloquear. Eu podo ensinarlle o estatuto que tiña o BNG, e podemos comparalo co que pactamos co PSOE e parte co PP e parécese o mesmo que un ovo a unha castaña. Para min o mellor estatuto é o que deseñamos nós, pero temos que chegar a un consenso, temos que atender aos demais, e o señor Feijóo non cedeu en nada. O que precisa o señor Feijóo para cambiar a súa actitude é un castigo nas urnas.
Celia Armas, profesora: hai falta de aplicación da lei de normalización lingüística. Se vostedes participan no goberno que medidas adoptarán?
Algo tan sinxelo como que se cumpla a lei, o Estado de dereito funciona así. A opinión de todos decídese no parlamento. Acabamos de pór de manifesto unha realidade, que non se cumple, porque algúns din o contrario,que impomos o galego. O galego é o idioma da Galiza, é de todos , dos que falan en galego e en castelán. Eu estou seguro de que os que así actúan pretenden que milleiros de persoas que falan en castelán pero que non teñen nada en contra do galego queren levantar unha barreira, para que esa xente non se pase ao galego, para que non teñan unha actitude amiga.
Manuel Vázquez, xubilado, 69 anos: teño o meu sogro de 90 anos, e fixéronlle unha entrevista de 10 minutos, unha valoración normal ten que durar máis, non cre?
Ca lei de dependencia o que se fixo co Estado foi levantar unhas inmensas espectativas de que quen tivera un dependente na casa á semana seguinte cobraba unha paga. A lei non concede unha paga a todos. Só aos de mais alto nivel. Ademais concede un procedemento administrativo moi farragoso. Nós temos a 54.000 peticións valoradas, o 95% da xente dependente, e 23.000 teñen dereito, e case 12.000 xa teñen algunha prestación, non só unha paga. Pode haber insatisfacción, o proceso é así, agora hai 60.000 persoas que reciben prestacións. Cando comezamos a camiñar, temos que conseguir que os que teñan dereito vaian a ter a concesión.
GZnacion.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 4:44 da tarde 0 comentarios
15.2.09
O BNG afianza os 16 escanos
O bipartito PSOE-BNG xestionará a Xunta durante unha lexislatura máis grazas á subida dos nacionalistas se se confirma o sondeo de Quadernas Consultoría para Xornal de Galicia, aínda que a enquisa outorga aos socios de goberno unha vitoria máis axustada da que se prevía no mes de xaneiro.
O estudo outorga ao PP 35 escanos, mentres que no mes de xaneiro as expectativas apuntaban a unha variable de 33/34. Aínda que os de Alberto Núñez Feijóo melloran, seguen lonxe dos 37 deputados que outorgan a maioría absoluta e que, no seu caso, son necesarios para poder chegar á Presidencia da Xunta. Con todo, a enquisa demostra que polo momento non lle afectan a destitución do número 1 por Ourense, Luís Carrera Pásaro, nin o escándalo en Madrid de Pablo Crespo, antigo secretario de Organización dos conservadores galegos.
Mentres tanto, o PSOE baixaría un deputado con respecto ás previsións de principios de ano. Dos 25/26 escanos que se lle auguraban, os resultados de febreiro caen ata os 24 deputados, co que, de cumprirse a previsión, os socialistas perderían un asento na Cámara.
O BNG é a única das tres grandes forzas galegas que se mantén. A formación frontista subiría tres escanos, colocándose nos 16. Un ascenso que, con todo, non igualaría o teito dos nacionalistas, acadado en 1997 con 18 escanos.
No relativo á intención directa de voto, o BNG descende nesta terceira onda de estudo, mentres que o PP vaise recuperando paulatinamente da baixada sufrida no mes de xaneiro, e iríase incrementado o apoio á vez que o do PSOE decrece.
En canto á evolución das opcións de voto ante o sufraxio, máis do 10% dos enquisados dubida entre outorgar o seu voto a Anxo Quintana ou a Alberto Núñez Feijóo. O 34% oscila entre outorgar o seu apoio ao BNG ou ao PSOE e un 33,4% aínda non decidiu se a súa papeleta será a dos socialistas ou a do PP.
No trasvasamento de votos, o BNG presenta a maior porcentaxe de voto desmobilizado, xa que un 11% do seu electorado no ano 2005 outorgaría o seu voto nesta ocasión a outra forza política. Con todo, son papeletas de ida e volta, xa que a formación frontista recibe a mesma porcentaxe de sufraxios por parte dos descontentos co PSOE que os que cede ao seu socio de goberno. O PP é o grupo que conta cun electorado máis fiel. Só un 2,3% das persoas
que apoiaron a Manuel Fraga en 2005 non votarán aos conservadores nesta ocasión. Mentres tanto, o PSOE ve como descende o número de apoios procedentes do PP e do BNG e, á súa vez, un 16,9% dos seus electores as anteriores autonómicas agora están indecisos.
No que respecta á estimación por provincias, na Coruña obsérvase unha recuperación do voto conservador, o que permitiría ao PP aguantar o seu escano 11, reducindo a ameaza socialista. O BNG mantería cinco.
En Lugo, os nacionalistas roubaríanlle un escano ao PP. En Ourense poderíase repetir a situación e os populares perderían un deputado en favor do BNG.
En Pontevedra a formación frontista tería opcións de conseguir un escano e subir ata os cinco, neste caso restándolle un deputado ao seu socio á fronte do Executivo.
Ámbito: Comunidade Autónoma de Galicia. Desagregación por provincias.
Universo: Poboación de 18 e máis anos con dereito a voto.
Tamaño: 2.200 entrevistas, 550 en cada unha das catro provincias.
Tipo de enquisa: Entrevistas telefónicas no domicilio dos entrevistados, selección aleatoria de teléfonos sobre o conxunto do listín, selección aleatoria de individuos en cada vivenda.
Método da mostraxe: En cada unha das provincias o deseño mostral resposta a tres estratos poboacionais. A selección final de individuos realízase segundo cuotas de sexo e idade, de forma proporcional á distribución en cada provincia.
Afixación: Proporcional dentro de cada provincia, obtendo o número de elementos na mostra para cada estrato proporcionalmente ó censo de votantes en dito estrato.
Erro de mostraxe: Para un nivel de confianza de 95,5% (dúas sigmas), e p=q, o erro é de ±2,13% para o conxunto de Galiciae dun ±4,26% para cada unha das catro provincias.
Data de realización: do venres 6 ao venres 13 de de febreiro de 2009.
Publicación diario Xornal
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 8:55 da tarde 1 comentarios
Quintana chama aos mozos e mozas a votar BNG "para seguir avanzando con políticas de apoio á mocidade e contra a crise"
O candidato nacionalista participou nun xantar con preto de un milleiro de mozos e mozas procedentes de toda Galiza
O candidato nacionalista á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, participou este mediodía nun xantar con preto de un milleiro de mozos e mozas de toda Galiza en Pontevedra.
Ali, o número un do nacionalismo reivindicou o labor feito polo BNG na Xunta nestes tres anos e medio nos que levou adiante iniciativas innovadoras aínda que quixo matizar que “cando derrotamos ao goberno de Fraga derrotamos a un réxime que levaba toda a vida” e indicou que “ninguén podía esperar que un réxime fora borrado e cambiado en tres anos e medio”.
“Puxemos os alicerces do cambio”, dixo o candidato, “e temos conseguido que o goberno se preocupe da xente e leve adiante políticas para a xuventude tendo en conta á xuventude e iso, en si mesmo, é un cambio moi importante”.
Para continuar con este traballo, Anxo Quintana indicou que o BNG quer agora “un complemento autonómico para o desemprego que afecta de xeito tan importante á xente nova”, e salientou tamén outras medidas como a necesidade dun ICO galego porque “debe apoiar á xente e ás empresas e non aos intereses especulativos”.
Contrapuxo estas medidas coa ideas do PP “teñen unhas ideas macanudas”, ironizou, “nós queremos manter emprego e eles din que hai que fomentar o despido libre, a ver se é porque pensan que sendo máis levarémonos mellor”.
Anxo Quintana defendeu o modelo nacionalista fronte ao dos “ricos e poderosos” do PP que, tal e como explicou, “agora vén dicindo que non houbo cambios suficientes. Non existen milagres en política”, continuou, “pero a alternativa é ir atrás, que é o que quere o PP, converter a Galiza nun país de quinta categoría e poñelo aos pés de Rajoy e dese predicador radiofónico que manda no PP”.
Asegurou que o que queren os populares é “unha campaña pasmona, sen chicha, porque quer que a xente se aburra e só lanzan mentiras e difamacións para que cunda a idea de que todos somos iguais”.
Fronte a isto, explicou o labor do nacionalismo con iniciativas como o decreto eólico que pon os beneficios da enerxía a favor dos galegos e galegas en contra do que fixo o PP. “Quen queira que a enerxía eólica serva para que o Madrid fiche a Ronaldo que vote polo PP, quen queira que beneficie aos galegos e galegas, que vote BNG”.
Quintana finalizou a súa intervención cun chamamento masivo ao voto e explicou que “o after hours do día 1 son as urnas".
Iria Aboi
O acto abríuno a secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, que chamou a todos os asistentes a que non se confiansen e reclamou o voto nacionalista para “ter un ensino público en galego, mal que lles pese a algúns”.
“A mocidade galega mobilizouse contra a guerra de Irak, contra a ocupación do pobo palestino”, lembrou, “agora hai que apoiar ao BNG porque é unha causa xusta dos que queremos que as institucións se poñan ao servizo do país. Non nos vale a abstención”, advertíu.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:40 da manhã 0 comentarios
8.2.09
O BNG avanza en intención de voto
El BNG experimenta la mayor subida mientras la campaña presidencial de Touriño no cuaja.
La encuesta confirma el avance del Bloque, un cierto retroceso socialista y un estancamiento popular.
Intención de votoEl PSdG registra una intención directa de voto del 29,5%, mientras que los populares presentan un 24,3% y el BNG recoge un 18,5%, porcentajes todos ellos muy similares a los del sondeo del mes pasado."Como xa comentamos no anterior estudo, cómpre ter en conta que as enquisas realizadas polas distintas empresas demoscópicas dende o cambio de Goberno veñen amosando unha forte ocultación non só da intención de voto ao PP, senón tamén do recordo de voto de esta formación situándose, na presente enquisa, en torno aos 15 puntos porcentuais por debaixo do real. Esta ocultación está acompañada por unha inflación do recordo de voto cara o PSOE, mentres o recordo do BNG se mantén arredor das marxes de voto real recibido", precisa Quadernas Consultoría.Así las cosas, las estimaciones le otorgan un 43,2% de los votos al PP el próximo 1 de marzo, un 31,7% al PSOE y un 21,6 al BNG. Los populares suben 2,4 puntos con respecto a la encuesta del mes pasado, mientras que los socialistas caen 2,6 puntos. Los nacionalistas apenas pierden un 0,1% y el voto en blanco pasa del 1,3 al 1,7%."Estes resultados debemos contextualizalos agora nunha situación de crecente mobilización dos votantes populares galegos, e na que o vento que sopraba a favor socialistas tornouse nun auténtico vendaval en forma de cifras do paro que frea as súas aspiracións electorais. En todo caso, os recentes comicios xerais, ao igual que os municipais, confirman a tendencia recollida na presente enquisa, se ben modulan a súa intensidade. Así, se comparamos os resultados das xerais deste ano coas do 2004, podemos comprobar como o PP experimentou un forte descenso nas provincias orientais (máis de 5 puntos en Lugo e case 8 en Ourense), con descensos máis moderados (+/-2 puntos) en A Coruña ePontevedra, de xeito tal que o PP perdeu un 3,3% a nivel autonómico", concluye la consultora que elaboró la encuesta para este periódico. Ante las próximas elecciones autonómicas en Galicia, el 36,5% de los entrevistados indecisos declara tener dudas entre el BNG y el PSOE, porcentaje que sitúa esta opción de duda como la mayoritaria. Las dudas entre PP y PSOE son del 32,6%, al tempo que la opción BNG-PP alcanza el 12,8%.Por lo tanto, se constata que el BNG es contemplado como una opción de voto por el 49,1% de los indecisos, el PSOE lo es para el 69,1% y el PP para el 45,1%.
Trasvase de votos entre Quintana y TouriñoEn comparación con las elecciones autonómicas del año 2005, el PP es el partido que presenta el mayor porcentaje de retención de voto (75,6%), siendo de un 68,3% entre los nacionalistas y de un 64,4% entre los socialistas, la única fuerza que pierde con respecto a la encuesta del mes pasado.El BNG cede un 10,5% de su electorado a los socialistas, mientras que recibe de estos un 9,7%, pero en función de los porcentajes de voto recibido por cada una de estas fuerzas y en la traducción de estos porcentajes a números absolutos, se constata como esta relación es claramente favorable a los intereses del BNG, según las conclusiones de Quadernas.El PP transfiere un 5,6% a los socialistas y un 3,7% de su electorado se inclina ahora hacia el BNG. La proporción de indecisos es muy semejante en el caso de los votantes de los tres partidos.
Crece el apoyo de los mayores al BNG Con respecto a la edad de los votantes, en la segunda encuesta elaborada para Xornal de Galicia se mantienen las constantes clásicas: la formación nacionalista pierde apoyos a medida que aumenta la edad de los encuestados, evolucionando de un 25,1% entre los menores de treinta anos hasta un 8,5% entre los de 65 o más años.Aunque inferior al 10%, este porcentaje del 8,2% de intención directa de voto al BNG entre los mayores de 65 anos supone prácticamente duplicar los porcentajes de apoyo que los nacionalistas acostumbraban a recoger. Las políticas para la tercera edad de la Vicepresidencia de la Xunta han servido para invertir poco a poco las tendencias habituales.Por su parte, el PSOE presenta porcentajes de intención directa superiores al 30% en todos los intervalos, excepto entre los de 30 a 49 años (donde presenta un 15%). El PP, como también viene siendo habitual, se sitúa como la fuerza mayoritaria en el segmento de mayor edad (37,4%), mientras que obtiene el menor porcentaje de apoyo entre los jóvenes (17,2%).
Ourense se resiste al PP y A Coruña al BNG
Génova-Ferraz, derbi también en Galicia
Indecisos y debate
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:06 da manhã 0 comentarios
4.2.09
Acusan ao alcalde Cabezón de falta de respeto
Aasociacións do CEIP San Isidro, CEIP Maciñeira e IES Fernando Esquío acusan ao alcalde de manter unha actitude durante a reunión do Consello Escolar Municipal, de “falta de respecto aos que asistiron á xuntanza”. Algo que, según din, motivou que os presentes marcharan do encontro. Tamén se queixan dende o colectivo de que a penas puideron intervir “dada a verborrea faltona do señor alcalde, que deixou sen palabras aos asistentes”. Asemade, engaden que o alcalde “non dubidou en faltarlle ao respecto a todos os presentes, incluída á súa compañeira, a concelleira de Educación, Isabel Fernández Naseiro”, a quen manifestan todo o seu apoio “por tentar manter unha postura racional”.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:58 da tarde 0 comentarios
3.2.09
Publicadas as Axudas polos danos do temporal
Martes, 3 de febreiro 23 2279 Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Orde pola que se estabelecen as bases reguladoras e se
convoca a concesión de axudas destinadas a sufragar os
gastos extraordinarios en que incorresen as entidades
locais como consecuencia directa do temporal ocorrido en
Galiza a partir do 23 de xaneiro
Martes, 3 de febreiro 23 2.295 Consellaría de Economía e Facenda
Orde pola que se estabelecen as bases reguladoras e se
convoca a concesión de axudas e subvencións por danos
persoais, previstas no Decreto 13/2009, de medidas
urxentes para a reparación dos danos causados polo
temporal ocorrido en Galiza a partir do 23 d
Martes, 3 de febreiro 23 2.299 Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes
Orde pola que se regula concesión de axudas para
compensar os danos sufridos en estabelecementos
comerciais, mercantís, industriais, turísticos e deportivos,
situados en instalacións portuarias de titularidade
autonómica como consecuencia dos estragos pro
Martes, 3 de febreiro 23 2.302 Consellaría de Política Territorial, ObrasPúblicas e Transportes
Orde pola que se desenvolven as medidas urxentes
previstas no Decreto 13/2009 para a reparación dos danos
que, causados polo temporal ocorrido os días 23 e 24 de
xaneiro, afectasen a rede de estradas locais e os seus
elementos funcionais e auxiliares de t
Martes, 3 de febreiro 23 2.309 Consellaría de Innovación e Industria
Orde que regula a concesión de axudas por danos
provocados nos estabelecementos comerciais, industriais,
turísticos e mercantís e nas infraestruturas enerxéticas e
turísticas de titularidade municipal, pola que se desenvolve
o Decreto 13/2009 de medidas
Martes, 3 de febreiro 23 2.319 Consellaría do Medio Rural
Orde pola que se convocan axudas para as explotacións
agrícolas e gandeiras ao abeiro do Decreto 13/2009 de
medidas urxentes para a reparación dos danos causados
polo temporal ocorrido a partir do 23 de xaneiro.
Martes, 3 de febreiro 23 2.327 Consellaría de Cultura e Deporte
Orde pola que se regula a concesión de axudas a concellos
para compensar os danos sufridos en instalacións
deportivas de titularidade pública polos efectos do temporal
ocorrido os días 23 e 24 de xaneiro de 2009.
Martes, 3 de febreiro 23 2.345 Consellaría de Vivenda e Solo
Orde pola que se estabelecen as bases reguladoras e se
convoca a concesión de axudas destinadas a sufragar os
danos causados en vivendas e instalacións
complementarias polo temporal do 23 de xaneiro.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:32 da tarde 0 comentarios
1.2.09
Quintana asegura que o complemento autonómico para o desemprego beneficiará a máis de 42.000 mulleres
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 11:21 da manhã 0 comentarios