O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Rodríguez, rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que pide explicacións pola construción dun edificio de Tragsa nunha praia de Valdoviño dentro da zona de dominio público-terrestre.
Rodríguez explica nun comunicado que esta construción é un "sinsentido" posto que no pasado mes de abril a Demarcación Costas de Galicia "derrubou un edificio das mesmas características situado a pouca distancia do actual", indica a nota.
Ademais, Rodríguez indica que o lugar onde se está construíndo este novo edificio de Tragsa atópase nunha "zona natural de alto valor" incluído na lista Ramsar, Lista de Humidais de Importancia Internacional, e que é zona de especial protección de aves e dos valores naturais.
Por todo isto, Rodríguez cre que existen "motivos suficientes" para que Costas "paralice a obra e derrube" a parte xa realizada
16.8.07
O BNG pide explicacións pola construción dun edificio de Tragsa nunha praia de Valdoviño
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 4:47 da tarde
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentarios:
Epor que non pide explicacións pola construcion ilegal dunha pranta regasificadora en Mugardos?
E por que non pide explicacións pola construcion dunha pranta regasifcadora en Murgardos?
Enviar um comentário