17.8.08
Galiza non pode adoptar a súa hora natural
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:12 p.m. 0 comentarios
26.7.08
Quintana salienta no Día da Patria o fracaso do modelo económico ultraliberal
Máis de 25.000 persoas asistiron este 25 de Xullo á manifestación convocada polo BNG con motivo do día da Patria Galega. No seu discurso, o portavoz nacional, Anxo Quintana, dedicou parte do seu tempo ao período de crise económica que estamos a vivir. Cualificou o actual período como a primeira crise da globalización ultraliberal: “Os apóstolos do ultraliberalismo agora gardan silencio fronte a unha crise global que evidencia o esgotamento do modelo enerxético baseado no petróleo, que evidencia todo o sen sentido especulativo do sistema financeiro mundial, e que revela unha aguda crise alimentaria que condea a millóns de persoas á fame extrema”.
"O BNG sempre apostou por poñer o autogoberno ao servizo da economía real das persoas e do benestar real das persoas"Nesa liña, destacou que o BNG sempre apostou por “poñer o autogoberno ao servizo da economía real das persoas e do benestar real das persoas” e mencionou as políticas baseadas no desenvolvemento autocentrado que está a por en práctica o BNG na Xunta. “Asumimos como parte fundamental da nosa acción de goberno a obriga de impulsar a mobilización dos recursos financeiros, enerxéticos e humanos de Galiza a favor da súa economía produtiva e da xeración de emprego e riqueza. Impulsar a nova ordenación da explotación dos nosos recursos enerxéticos e aproveitar as súas potencialidades para favorecer innovadoras estratexias de industrialización e diversificación produtiva”, dixo.
Quintana destacou tamén a importancia prioritaria de “deseñar unha nova política agrogandeira e forestal para recuperar o medio rural como espazo estratéxico prioritario para o noso desenvolvemento como garantía de reequilibrio territorial e cohesión social fronte á desertización demográfica que ameaza as nosas comarcas”.
Ademais, citou a tentativa de regaleguizar FENOSA: “benvidos ao galeguismo enerxético a algúns que estes días avogan pola galeguización dunha importante empresa eléctrica agora en venta”. “Son os mesmos que hai ben pouco tempo louvaban a liberdade sen límites dos mercados e acusaban ao BNG de cativismo paduano ao reclamar o dereito de Galiza a un desenvolvemento autocentrado e a sacar proveito nacional da explotación dos nosos recursos ou por non renunciar ao dereito a vivir e traballar na nosa terra”, afirmou.
A creba de Martinsa-Fadesa tamén tivo o seu espazo no discurso de Quintana: “Seica nestes días hai quen anda preocupado polo destino último que poden ter certos terreos propiedade dalgunha empresa inmobiliaria caída en desgraza. E se especula coa posibilidade de utilizar fondos públicos para resolver o desaguisado. Sabede que mentres o BNG teña responsabilidade nesta materia, e a terá durante moito tempo, os fondos públicos só se utilizarán para asegurar o acceso á vivenda das persoas con menos recursos, para a promoción de vivenda protexida e nunca para cadrar a conta de resultados dalgunha empresa mal xestionada”.
Modelo de financiamento
O vicepresidente da Xunta criticou os termos nos que se está a dar o debate das balanzas fiscais e da reforma do financiamento autonómico: “Temos que acabar dunha vez por todas co mito de que somos un país subsidiado, pobre, sen capacidade para xerar ingresos que cubran os nosos servizos públicos. Hai que desfacerse da imaxe distorsionada e falsa que de nós queren construír dende Madrid, sexa utilizando as balanzas fiscais ou o modelo de financiación”.
Acordos políticos en Galiza para ampliar o autogoberno
"O que utilizan con Euskadi, Cataluña ou Galiza para negarlle o seu autogoberno non son argumentos senón coartadas inadmisíbeis en termos democráticos”Citando a Curros Enríquez “Na nosa unidade está o porvir da patria”, Quintana defendeu o diálogo como método para chegar a acordos con PP e PSOE de cara a cuestións de interese xeral para Galiza, como a comisión de seguemento do AVE ou a ampliación de competencias.
Criticou a actitude do poder central ante as demandas de autogoberno das nacións: “Se seguen negándose en Madrid a que Galiza teña policía propia ou a crear a Comisión Bilateral de seguimento das obras do AVE teremos que concluír que o que utilizan con Euskadi, Cataluña ou Galiza para negarlle o seu autogoberno non son argumentos senón coartadas inadmisíbeis en termos democráticos”.
Unha nova maioría galeguista
O líder do BNG chamou aos presentes a artellar “unha nova maioría social galeguista en torno ao BNG como apoiatura dun novo goberno e do Novo Estatuto de Nación que Galiza precisa facer realidade en 2009”. “Esa maioría galeguista e nacionalista, á que queremos dar expresión política e representación institucional, confía e sabe que para ser algo hai que querer algo, que non hai avances se non hai vontade de avance, que non hai transformación positiva da realidade sen un esforzo consciente por mudar a realidade”, asegurou.
“Non seremos complemento ou bisagra”
Quintana reivindicou a labor do BNG como “motor das políticas de transformación social, cultural e económica do país e asegurou, concluíndo o seu discurso, que “nós non nacemos para ser complemento de ninguén nin ser bisagra en ningún modelo multipartidario. Nacemos para liderar o País e a única porta da que queremos formar parte é da que conduce á liberdade soberana de Galiza.”
A manifestación saíu puntualmente da Alameda e bifurcouse en dúas ao chegar á zona vella, para evitar aglomeracións e dar comezo antes ao acto. Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova, foi a encargada de dar comezo ás intervencións. Mencionou as 19 delegacións internacionais asistentes, así como as cinco organizacións galegas que enviaron representantes.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:58 p.m. 1 comentarios
24.7.08
O Día da Patria na Tele BNG
Segue o Día da Patria na TeleBNG, as intervencións do Portavoz Nacional (Anxo Quintan) e de Iria Aboi (responsábel de Galiza Nova)
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:22 p.m. 0 comentarios
21.7.08
A intolerancia de TEGA co galego
No último Pleno , celebrado no concello de Neda, no apartado de rogos e preguntas,portavoz do BNG no concello de Neda, fixo un rogo no que solicitaba que o contestador telefónico do concello tivera a opción dos idiomas galego e castelán ( dado que ate o de agora só esta en castelán), o alcalde de Neda, Ignacio Cabezón de TEGA, negouse tallantemente, que non quería imposicións e que non queria que o idioma galego estivera como opción de idioma no contestador da centraliña do concello de Neda. Quen impón?. pregúntase os membros do BNG de Neda. Quen é intolerante co idioma ?. Onde está a igualdade dos idiomas?
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:10 p.m. 0 comentarios
17.7.08
TEGA e PP, votan encontra da maioría das mocións presentadas polo BNG no Pleno de Neda
As mocións referentes á “INVESTIGACIÓN DO ACCIDENTE DA FRAGATA EXTREMADURA”, a aportación do 0,8 % dos orzamentos municipais para " A SUPRESIÓN DE BARREIRAS ARQUITETÓNICAS”, e a relativa á posta a disposición do Instituto Galego de Vivenda e Solo de terreos “ PARA A CONSTRUCCIÓN DE VIVENDAS SOCIAIS”, foron rexeitadas e votadas encontra, polos socios de goberno de Neda ,TEGA e PP, no Pleno celebrado esta mañá no Salón de actos do Concello, cando xa na Comisión de Asuntos de Pleno fora rexeitada a da supresión da Simboloxía Fascista.
Ao BNG, chámalle a atención que a postura do PP, no caso das vivendas sociais fora unha demanda deste partido, tal e como se pode ler si un mira as hemerotecas ( notas do 03/08/05 ) e agora sexa rexeitada.
No mesmo pleno e ó inicio, á petición do Portavoz do BNG, Manolo Castro, fíxose unha condena por parte de tódolos grupos, aos atentados fascistas sufridos no mural do BNG, na parede dun veciño e no propio automóbil deste concelleiro.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 8:20 p.m. 3 comentarios
14.7.08
Ataque fascista a un mural do BNG
O mural que está situado na Avda de Alxeciras , a altura do nº 67, sufriu o ataque este domingo.
O Bloque Nacionalista Galego en Neda, condena enerxicamente este tipo de actitudes de carácter fascistoide e quere expresar qaue quen isto fai carece de argumentos diante da cidadanía e demostra as súas actitudes antidemocráticas.
O BNG en Neda, pedirá no vindeiro Pleno a celebrar o 17 de xullo ás 12 da mañá, a condena destes actos por parte de tódolos grupos que forman parte da corporación nedense.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:10 a.m. 0 comentarios
12.7.08
O BNG pide a construcción de Vivendas Sociais
No Pleno do concello celebrado o 30 de xuño de 2.004, o Bloque Nacionalista Galego dentro dos puntos da orde do día presentou unha Moción para que se iniciaran os trámites de construción de vivendas sociais,moción que foi aprobada por tódolos membros do consistorio, transcorridos xa 4 anos, dende o BNG observamos, que non se tomaron iniciativas para levar a cabo a construción de ditas infraestruturas.
Polo exposto, o Bloque Nacionalista Galego, pon en consideración do Pleno.
ACORDOS
Que o goberno municipal, inicie os trámites para a consecución de terreos, para por a disposición do Instituto Galego de Vivenda e Solo, co fin de dotar ao noso concello de Vivendas Sociais.
Que por parte da Alcaldía, se elabore un bando onde se publique o rexistro de demandantes de vivendas do noso concello.
Que se solicite unha entrevista co Delegado Provincial de Vivenda e Solo, para coñecer a disposición do citado Organismo, para a construción das citadas infraestruturas.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:37 a.m. 0 comentarios
9.7.08
Retirada da Simboloxía Feixista
Sempre pola vía da imposición, os golpistas foron deixando as súas pegadas ao longo de todo o Estado con escudos, símbolos, cruces e nomes de rúas de aqueles que sementaban o odio e o terror.
No noso concello temos mostra desa pasaxe da historia con nomes nas rúas ( Avda del generalísimo, Avda del general franco ), etc entre a simboloxía o iugo e as frechas nalgúns lavadoiros e a “cruz de los caídos” da Toeleira, que enaltece única e exclusivamente a unha parte dos mortos da contenda sen ter en ningún momento en conta, que si houbo persoas, que perderon a súa vida por loitar pola liberdade e defendendo a legalidade, e enaltecendo a outro golpista como foi Jose Antonio ( que tamén se alzou en armas contra un goberno lexitimo ).
A lei 52/2007 de 26 de decembro ( lei da memoria histórica) establece no seu Art. 15 ( Símbolos e monumentos públicos), no seu apartado 1. As administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación persoal ou colectiva da sublevación militar da guerra civil ou da represión da ditadura.
Co fin de que sexa resarcida á lexitimidade e a memoria de todas aquelas mulleres e homes que pelexaron por un País en liberdade e pola democracia, o BNG propón
ACORDOS
A retirada da simboloxía e nomes da ditadura franquista do noso concello.
A retira de “ a cruz de los caídos” do xardín da Toeleira.
A colocación dunha cuncha como símbolo de unión de xentes e culturas ( que significa o Camiño Inglés ) e no seu interior un texto gravado, onde se lembre o art.Artg 29 2. (da Declaración dos Dereitos Humanos).
No exercicio dos seus deberes e no disfrute das súas liberdades , toda persoa estará unicamente suxeita ás limitacións establecidas pola lei co único fin de asegura-lo recoñecemento e o respecto dos dereitos e liberdades dos demais, e de satisface-las xustas esixencias da moral, da orde pública e do benestar xeral nunha sociedade democrática
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 8:20 p.m. 1 comentarios
6.7.08
O BNG presenta unha moción para a supresión da peaxe entre Fene e Pontedeume
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A estrada N-651 da servizo entre Ferrol e Pontedeume e atravesa os concellos de Fene e Cabanas. O desenvolvemento urbano destes catro concellos fai que esta vía sexa, a día de hoxe e case na súa totalidade, unha vía urbana e, polo tanto, con múltiples limitacións de 50 qm/h, por motivos de seguridade viaria, e, asemade, con atoamentos habituais en determinadas horas do día, especialmente no verán.
Mais esta situación é especialmente grave entre Pontedeume e Cabanas, xa que a ponte que cruza o Eume non abonda para absorber o tráfico e, neste punto concreto, os atascos son constantes, reproducíndose a situación anterior á entrada en servizo da autoestrada AP-9. A súa ampliación, imposíbel pola situación, volvería a converter a Pontedeume nun funil, e a construción doutra ponte no río Eume para aliviar o tráfico actual non é viábel polo seu impacto ambiental negativo.
A única solución factíbel e inmediata é o levantamento das peaxes da autoestrada AP-9, pasando a ser gratuíta entre Ferrol e Pontedeume, e dotar a este concello dun novo acceso no lugar de Andrade, actuacións conxuntas que terían un impacto positivo e evitarían seguir facendo de Pontedeume un colapso permanente de tráfico.
É importante destacar que o novo acceso xa é un vello compromiso das Administracións Públicas: o 24 de Febreiro do 1993, o Presidente de Audasa dirixíase por escrito ao Alcalde para “... confirmarlle a disposición desta Empresa de dotar a Pontedeume dun enlace, na zona do previsto polígono industrial de Vidreiro, coa Autoestrada do Atlántico, A-9, treito Fene-Guísamo”, e, nesa mesma data, o daquela Secretario Xeral para as Infraestruturas do Transporte Terrestre do Ministerio de Obras Públicas e Transportes, hoxe Presidente da Xunta de Galiza, sr. Pérez Touriño, tamén se dirixía por escrito ao Alcalde para reafirmar a disposición de Audasa. Por outra banda, o citado acceso xa acadou o apoio no Parlamento Galego logo de que o BNG presentase no ano 2007 unha Proposición Non de Lei.
Polo exposto con anterioridade, e considerando que a solución enunciada beneficia non só aos concellos directamente afectados (Ferrol, Fene, Cabanas e Pontedeume)a solución proposta beneficia efectivamente aos Concellos directamente afectados: Ferrol, Fene, Cabanas e Pontedeume, mais tamén ten unha repercusión positiva noutros Concellos do entorno: Monfero, Vilarmaior, A Capela, As Pontes, Mugardos, Ares, Neda, Narón, e, en definitiva, o conxunto dos Concellos das Comarcas de Ferrol, Eume e Ortegalsolución proposta beneficia efectivamente aos Concellos directamente afectados: Ferrol, Fene, Cabanas e Pontedeume, mais tamén ten unha repercusión positiva noutros Concellos do entorno: Monfero, Vilarmaior, A Capela, As Pontes, Mugardos, Ares, Neda, Narón, e, en definitiva, o conxunto dos Concellos das Comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, se non tamén aos do entorno (Monfero, Vilarmaior, A Capela, As Pontes, Mugardos, Ares, Neda, Narón, ...), e, en definitiva, ao conxunto das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, o Grupo Político Municipal do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO propón ao Pleno do Concello adoptar os seguintes
ACORDOS
1.- Demandar da Xunta de Galiza o inicio de negociacións co Goberno do Estado co obxectivo de liberar as peaxes entre Fene e Pontedeume.
2.-Instar á Xunta de Galiza, de acordo co aprobado no Parlamento Galego en xuño do 2007, a dirixirse ao Goberno do Estado para que retome as xestións e os compromisos acadados e se proceda a realizar un novo acceso á autoestrada AP-9 no concello de Pontedeume, no lugar de Andrade.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:34 a.m. 0 comentarios
3.7.08
Rolda de prensa do grupo municipal do BNG
A/o Concelleira/o, Cristina Bouza Bellón e Manolo Castro Alonso, presentaron hoxe en rolda de prensa, as iniciativas que van a levar ao próximo pleno, a celebrar no Concello, o vindeiro 17 de xullo, os concelleiros expuxeron, que temas como o aprobado polos ministros e ministras de traballo dos Estados membros da Unión Europea ( na cuestión das 65 horas ) coa abstención do PSOE, a supresión da peaxe Ferrol-Pontedeume, o esclarecemento do accidente da Fragata "EXTREMADURA" e a retirada do expedente ao veciño de Neda e cabo da Armada, Jorge Miguel Gago Chao, a reserva dun 0,8 % nos orzamentos do ano 2.009, para a supresión de Barreiras Arquitectónicas, o inicio de trámites para por a disposición do Instituo Galego de Vivenda e Solo para dotar a Neda de Vivendas sociais e a retirada da simboloxía franquista do noso concello, son temas tratados polos concelleiros e que pretenden que sexan debatidos polos grupos que forman oa corporación municipal.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:07 p.m. 0 comentarios
1.7.08
Que se exclareza o accidente da fragata " EXTREMADURA"
Que se esclareza o acontecido na fragata "EXTREMADURA" é o que esta a pedir o Bloque Nacionalista Galego na moción presentada no Concello de Neda e que ó Veciño deste concello o cabo da armada Jorge Miguel Gago Chao lle sexa retirado o expediente disciplinario.
Texto da Moción:
Exposición de Motivos:
O 19 de decembro do ano 2005, estouraba unha caldeira na Fragata “Extremadura”, pertencente á armada española, provocando á morte de dous dos seus tripulantes. Os mozos galegos, Francisco Javier Pérez Castrillón e Eric Noval Gómez.
Nas respostas do Goberno ás preguntas por escrito formuladas polo BNG en diversas ocasións no Congreso dos Deputados nunca se despexaron todas as dúbidas respecto ao accidente e ao estado da embarcación. En concreto nunca se aclarou porque nunca se evacuou a fragata á hora do accidente, nen tampouco as cuestións relacionadas coa temperatura da caldeira nos momentos previos ao suceso, que sempre quedaron abertas.
Somos coñecedores que existen testemuña que sosteñen que nas horas previas ao accidente se detectaron niveis de contaminación por cloro moi superiores aos niveis permitidos e que incluso se advertiu desta circunstancia aos mandos da fragata. Cabe a hipótese, polo tanto, de que a causa da explosión puidese estar no quentamento excesivo da caldeira de popa que posteriormente estourou.
Entre estas testemuñas atopase o veciño do noso concello Jorge Gago, que viu como a súa contribución esencial á clarificación dos feitos e á posibilidade real de facer xustiza foi respondida coa apertura dun expediente disciplinario.
A actitude do Ministerio de Defensa é cando menos sorprendente pois evita posicionarse escudándose na situación de “pendente de resolución xudicial” do caso e, ao mesmo tempo, ábrelle un expediente disciplinario ao cabo ferrolán Jorge Gago, unha testemuña clave neste proceso, o que pode chegar a entenderse como unha inxerencia que busca transmitir a mensaxe da obediencia e o silencio.
Entendemos que a Defensa como parte da administración publica debe rexerse polos principios de servizo, transparencia e responsabilidade. A disciplina militar non pode ser obediencia cega á xerarquía, subordinación acrítica e o mando autoritario despótico. As Forzas Armadas non poden ficar á marxe dos dereitos e deberes que teñen o resto de cidadáns e as administracións públicas.
Así mesmo, e xa que a día de hoxe moitos mozos e mozas de Galiza recorren ao ingreso nas Forzas Armadas, como saída laboral, merecen unha consideración, como cidadáns e traballadores, propia dun estado democrático.
Por este motivo o grupo municipal do BNG propón a adopción dos seguintes
ACORDOS:
1.- O Pleno do Concello acorda instar ao Ministerio de Defensa a que proceda a realización dunha investigación seria e rigorosa que esclareza as causas do accidente da Fragata “Extremadura”.
2.- O Pleno do Concello acorda instar ao Ministerio de Defensa à retirada do expediente disciplinario aberto contra o veciño do concello de Neda e Cabo da armada Jorge Miguel Gago Chao.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:52 p.m. 1 comentarios
27.6.08
Supresión das berreiras arquitectónicas
Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.
O artigo 49 da Constitución española encoméndalles ós poderes públicos a realización dunha política de previsión, tratamento, rehabilitación e integración dos diminuídos físicos, psíquicos e sensoriais, ós que lles prestarán a atención específica que requiran e ós que ampararán especialmente para o desfrute dos dereitos que a Constitución lles outorga a tódolos cidadáns
Artigo 2.-
Ámbito de aplicación.
Están sometidas ás prescricións desta lei tódalas actuacións levadas a cabo na Comunidade Autónoma de Galicia por entidades públicas ou privadas, así como polas persoas individuais.
b) Enténdese por barreiras calquera impedimento, atranco ou obstáculo que limite ou impida o acceso, a liberdade de movemento, a estancia, a circulación e a comunicación sensorial das persoas con mobilidade reducida ou calquera outra limitación.
As barreiras clasifícanse en:
-Barreiras arquitectónicas urbanísticas (BAUR): son aquelas barreiras existentes nas vías e nos espazos libres de uso público.
-Barreiras no transporte (BT): son aquelas barreiras que existen nos medios de transportes e nas súas infraestruturas.
c) Enténdese por persoas con limitacións aquelas que temporal ou permanentemente teñen limitada a capacidade de utiliza-lo contorno ou de relacionarse con el.
d) Enténdese por persoas con mobilidade reducida aquelas que temporal ou permanentemente teñen limitada a posibilidade de desprazarse.
Disposicións adicionais
Primeira.-As correspondentes administracións públicas galegas elaborarán os plans de adaptación e supresión de barreiras previstas nesta lei nun prazo de dous anos desde a súa entrada en vigor. Estes plans serán revisados cada cinco anos e o prazo para a súa realización non superará os dez anos .As administracións públicas galegas establecerán, anualmente, unha porcentaxe das súas partidas orzamentarias de investimento para a supresión das barreiras existentes nos edificios de uso público da súa titularidade ou sobre as que dispoñan, por calquera título, do dereito de uso.
Artigo 9.-Elementos de urbanización.
Os elementos de urbanización, tales como pavimentos, saneamento, redes de sumidoiro, iluminación, redes de telecomunicación e redes de subministración de auga, electricidade, gases e aqueloutras que materialicen as indicacións do planeamento urbanístico, posuirán unhas características de deseño e execución tales que non constitúan obstáculo para a liberdade de movementos de calquera persoa.
Que tal e como reflicte a lei 8/1997, no vindeiro orzamento municipal se reserve o 0.8% para supresión de barreiras arquitectónicas no concello de Neda.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:18 p.m. 0 comentarios
25.6.08
O BNG si cre en Navantia-Fene
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:04 p.m. 0 comentarios
22.6.08
O SENADO APROBA UNHA MOCIÓN DO BNG SOLICITANDO AO GOBERNO QUE NON SUPRIMA A TARIFA NOCTURNA
A iniciativa de Xosé Manuel Pérez Bouza (Senador do Bloque Nacionalista Galego ) foi apoiada por todos os grupos políticos, agás o PSOE
A Comisión de Industria do Senado aprobou esta mañá unha moción do senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza pola que se lle demanda ao Goberno que non suprima a tarifa eléctrica nocturna “debido á negativa repercusión económica que tería sobre os consumidores”.
A moción do BNG foi apoiada por todos os grupos da Cámara Alta (PP, CiU, PNV, Entesa Catalana e Mixto) e só contou co voto en contra do PSOE.
En concreto, a moción do BNG aprobada hoxe insta ao Goberno a que “derrogue a nova modalidade tarifaria de discriminación horaria e reimplante a tarifa eléctrica nocturna, de forma as economías domésticas non sufran unha suba desproporcionada na tarifa eléctrica”:
“Non é de recibo pretender aplicar neste momento un cambio de tarifa que sería lesivo para as economías domésticas”
Pérez Bouza subliñou que “o Goberno ten que ter en conta que o contexto económico actual de crise non é o máis idóneo para proceder a realizar cambios normativos que, indirectamente, supoñan un incremento da tarifa eléctrica inasumíbel e lesivo para as economías domésticas”, xa que poderían incrementar o recibo da luz entre un 20 e un 70%.
Ademais, advertiu de que “a supresión da tarifa eléctrica nocturna prexudicaría gravemente a máis dun millón de familias que están subscritas a este contrato en todo o Estado, dos que unha boa parte (160.000 fogares) en Galiza ”.
Neste sentido, alertou de que a maioría destes abonados á tarifa nocturna “non poderían aboarse á tarifa social que propón como alternativa o Ministerio, xa que terían que contratar unha potencia superior ao umbral máximo que plantexa o goberno (3 kw)”.
Por último, o senador do BNG agradeceu o apoio das restantes forzas políticas e lamentou que o PSOE votase en contra dunha iniciativa “que só persegue que as reformas que se fagan no recibo da luz non prexudiquen aos sectores sociais máis necesitados de axuda”.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 12:05 p.m. 0 comentarios
19.6.08
O nome do País
Nos últimos meses, a vulneración dos dereitos lingüísticos dos galegos e das galegas evidenciouse en diferentes situacións que, pola súa gravidade, tiveron tamén eco nos medios de comunicación. Algúns deses casos lembrámolos na manifestación do pasado 18 de maio, ese chamamento cívico contundente ao noso dereito a vivirmos no noso propio idioma.O Carrefour da Coruña recoñeceu que un xefe de sección insultara a unha traballadora porque esta falaba en galego. Unha xuíza, Ana López Suevos, foi denunciada e cuestionada na súa profesionalidade por emitir sentenzas nesta lingua. O Hotel Ciudad de Vigo admitiu que lle prohibe aos seus traballadores falar neste idioma milenario. O Hospital Modelo da Coruña chegou a enviar un comunicado de imprensa xustificando que unha das súas pediatras lle prohibise a pacientes e familiares que se dirixisen a ela en galego. Segundo datos proporcionados polos centros educativos, o 10,5% das crianzas de tres anos nas sete cidades non reciben nin unha hora de ensino en galego ao día; outro 16% só recibe unha hora...Ningún destes temas suscitou ningún ditame ou comunicado, por pequeno e sinxelo que fose, por parte da Real Academia Galega. Contrasta este cómodo silencio da RAG perante os problemas da lingua e da cultura do país co protagonismo desta institución na actual campaña mediática contra o uso de Galiza, forma xenuína e histórica, abrumadoramente maioritaria na documentación en galego até o século XVII (aínda que, como é sabido, desde a dominación castelá os textos no noso idioma son cada vez menos e con máis barbarismos). Hai un debate entre lingüistas sobre se Galicia é tamén ou non unha forma galega, pois a súa pervivencia na oralidade non o certifica, igual que non podemos concluír que gallego sexa o recomendábel porque galego desaparecese da fala, excepto nunha comarca. Mais o que non pode negar ningún lingüista é que Galiza é unha forma propia, da nosa historia e da nosa tradición, que hoxe non é ningunha peza de museo, senón que está recuperada e tamén viva, especialmente nos sectores máis dinámicos en favor dos dereitos da comunidade lingüística galega.Nesta pugna simbólica contra Galiza están xustamente os principais movementos e grupos fácticos ou de presión que atacan calquera posíbel adianto para o noso idioma e que ollan para outro lado cando hai conculcacións de dereitos notorias e escandalosas como as sinaladas no segundo parágrafo. Iso non quita que haxa moita xente que defenda ou utilice Galicia por apego afectivo ou porque considere máis acaída a corrente lingüística que defende o seu uso por ser a forma maioritaria na fala espontánea.Do meu punto de vista, o problema non está principalmente no ditame da RAG, pois este é pouco máis que unha paráfrase pouco afortunada das Normas de 2003, extralimitada no aspecto xurídico. O máis grave é que se estean a reproducir diariamente declaracións off the record desta institución, ou da comisión correspondente, sen que en ningún momento se neguen ou se corrixan, colaborando así na campaña de deslexitimación do uso de Galiza e creando incerteza sobre as pautas para un uso correcto do idioma. A mesma Academia que nas normas de 2003 estabelece o criterio salomónico de que Galicia e Galiza son válidas, agora considera, irresponsabelmente e pondo en perigo o consenso normativo alcanzado hai cinco anos, que isto é “esquizofrenia lingüística” e que “un país non debe ter dous nomes”. Con certeza, é digno de lamento, mais tamén non é novidade tal diverxencia de pareceres nunha institución que, despois de referendar grazas como única forma correcta, realiza declaracións públicas escasamente serias a través do seu presidente cuestionando o seu uso e indicando que el vai seguir dando as gracias. Que autoridade ten para estabelecer normativa quen non a aplica?Para o progreso do idioma é preciso un referente estándar que conte cun amplo respaldo e consenso social, aínda que tal acordo ortográfico e morfolóxico deba ser dinámico e se revise “en función do proceso de normalización do uso do galego”, tal e como estabelece a Lei de normalización lingüística na súa disposición adicional. Fraco favor lle está a facer á existencia de tal consenso a postura da RAG. Agardemos que os seus membros máis conscientes, comprometidos e preocupados pola situación do noso idioma reaccionen e, aínda que sexa 101 anos despois, teñamos por fin a Academia Galega que a nosa cultura e a nosa lingua precisan.
Carlos Callon (12-06-2008)
Artigo publicado en GZnacion.com
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:59 p.m. 0 comentarios
15.6.08
Plan de financiamento de obras a Concellos de A Coruña
A área de Promoción e Cooperación a Concellos, área que xestiona o Bloque Nacionalista Galego na Deputación Provincial de A Coruña apresenta e o Pleno da Deputación Provincial aproba as Bases reguladoras do Plan Plurianual ( o plan máis importante aprobado ate o de agora por este organismo provincial) que financia obras de infraestructuras hidráulicas, obras de abastecemento de augas, depuradoras de auga potable, depósitos de auga, obras de saneamento, obras de calidade ambiental e melloras da rede viaria, por unha achega de 40.000.000 €, un Plan 2008-2011,, neste apartado ao concello de Neda correspóndelle 310.534,68 €. O concello de Neda, non pode perder a oportunidade de ampliar os servizos de saneamento de Anca e Viladonelle e a Rabadeña con este aprtida orzamentaria, adptando e poñendo ao día os proxectos que no seu momento foron redactados. O BNG sempre apoiará este tipo de inicitivas.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 1:14 p.m. 0 comentarios
10.6.08
O BNG protesta pola falla de información
O Bloque Nacionalista Galego, quere realizar a máis enerxica protesta, polo que está a acontecer cos gobernantes de Neda, cando non vai ainda transcurrido un ano dende a toma de posesión do goberno municipal e coa promesa naquel intre de que se ían crear comisións e íase manter informada a oposición por que o deles era a transparencia. A estas alturas temos que dicer dende o BNG, que hai comisións que ao longo deste ano se convocaron dúas veces e que as Xuntas de Goberno levamos mais de un mes sin recibilas, ¿ qué é o pretenden ocultar á oposición os socios do grupo de goberno?, ¿ qué é o que os move para non dar a información e non facer as comisións.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:51 p.m. 0 comentarios
7.6.08
Inauguradas dúas plantas do Centro Cívico
O Vicepresidente da Deputación Provincial D. Pablo Villamar, inaugurou onte o Centro Cívico de Neda, nun acto emotivo onde asistiron ademais dos familiares de D. Ramón Millarengo ( veciño de Neda que no seu día cedeu os tarreos, co fin de que poidera levarse a cabo a obra) os membros da corporación municipal e un reducido grupo de veciños e veciñas. Despois de 14 anos, Neda ve como se vai plasmando un edificio, non sen polémica e con moitas promesas incumplidas no tema da súa financiación.
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 7:26 p.m. 0 comentarios
4.6.08
O Goberno e a Oposición en Neda
2º.- Fumos e somos moi respetuosos cos gobernantes sempre, pero iso non quere dicer (que teñamos que tragar con rodas de muiño), e así o demostramos, dando un ano de transición para que o novo goberno do concello de Neda poidera amosar, a súa valía.
3º.- En ningún momento o BNG, fixo críticas a ningunha actuación do actual goberno, sen dar solucións e alternativas, e así o demostran as actas, tanto das comisións como dos Plenos e tamén poderán dar fe, os veciños/as que asisten aos plenos e que no futuro esperemos que sexan moitos mais para que vexan quen é cada quen en todo momento.
4º.- Si TEGA, ten mala conciencia na sua actuación política, xa que non é capaz de dar cumplimento as súas promesas electorais e ademais pretende trasladarlle a outros os seus problemas internos ( dimisión do seu Portavoz no último Pleno), que os vain solucionando e de paso que comece a traballar, xa que de momento están a vivir de iniciavas de outros e de privatizar os servizos.
En Neda, a 31 de maio de 2.008
Asdo Manolo Castro Alonso ( Concelleiro do BNG en Neda)
(NOTA ENVIADA Á PRENSA)
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:16 p.m. 0 comentarios
1.6.08
O BNG leva de novo ao Parlamento do Estado a limpeza do Belelle
A LA MESA DEL CONGRESO DE LOS DIPUTADOS
Francisco Jorquera Caselas
En los Presupuestos Generales para el año 2006 se incluyó a propuesta del BNG una partida de 60.000 euros para el dragado de la desembocadura del río Belelle en Neda (A Coruña). Dicha partida figuraba en el Programa 456D de la Sección 23 del Ministerio de Medio Ambiente.
Sin embargo, transcurridos dos años desde la aprobación de esta partida presupuestaria cuyo objeto era el de iniciar los estudios pertinentes para llevar a cabo la limpieza del río Belelle, se constata que todavía no se ha hecho nada.
El dragado de este río es una demanda histórica de los mariscadores y pescadores de Neda que tienen serios problemas para navegar con sus barcas durante la bajamar. Los lodos acumulados en el lecho del río suponen una barrera que dificulta la navegación de las embarcaciones tradicionales. De ahí la necesidad de dragar la zona a fin de regenerarla y recuperar de ese modo el cauce natural del río que posibilite el tráfico de las embarcaciones dedicadas a la actividad pesquera.
En julio del año 2006 la Dirección General de Costas informaba en respuesta a una pregunta por escrito formulada por el BNG que “estaba redactando el pliego de prescripciones técnicas para contratar la redacción del proyecto” aunque admitía que no disponía de ningún proyecto para llevarlo a cabo.
Los pescadores y mariscadores de Neda llevan años formulando esta petición, y dada la situación sería deseable que por fin el Gobierno atendiese este problema y procediese a iniciar el proyecto de limpieza y regeneración del río Belelle, máxime cuando existen incluso partidas presupuestarias destinadas a tal fin.
¿Cuál es el grado de ejecución de la partida de 60.000 euros consignada en los Presupuestos Generales del año 2006 para el dragado de la desembocadura del río Belelle en Neda (A Coruña)?
¿Se contrató la redacción del proyecto? ¿Qué gestiones ha llevado a cabo el Gobierno para tramitar el proyecto de limpieza del río Belelle? ¿Existe tal proyecto?
De no ser así, ¿a qué se debe? ¿por qué no se toma en serio el dragado de este río cuando se trata de una demanda histórica de mariscadores y pescadores de la zona?
¿Cúal es el compromiso real del Gobierno para llevar a efecto esta necesaria limpieza del río mencionado? ¿Está dispuesto a llevar a cabo este proyecto durante la presente legislatura?
¿Ha mantenido contactos con el ayuntamiento de Neda o con los afectados para abordar esta situación?
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:45 a.m. 0 comentarios










