27.6.08

Supresión das berreiras arquitectónicas


Texto da moción que o BNG, vai presentar no concello, a petición dos veciños de Neda.


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS


Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.
O artigo 49 da Constitución española encoméndalles ós poderes públicos a realización dunha política de previsión, tratamento, rehabilitación e integración dos diminuídos físicos, psíquicos e sensoriais, ós que lles prestarán a atención específica que requiran e ós que ampararán especialmente para o desfrute dos dereitos que a Constitución lles outorga a tódolos cidadáns
Artigo 2.-
Ámbito de aplicación.
Están sometidas ás prescricións desta lei tódalas actuacións levadas a cabo na Comunidade Autónoma de Galicia por entidades públicas ou privadas, así como polas persoas individuais.

b) Enténdese por barreiras calquera impedimento, atranco ou obstáculo que limite ou impida o acceso, a liberdade de movemento, a estancia, a circulación e a comunicación sensorial das persoas con mobilidade reducida ou calquera outra limitación.
As barreiras clasifícanse en:
-Barreiras arquitectónicas urbanísticas (BAUR): son aquelas barreiras existentes nas vías e nos espazos libres de uso público.

Barreiras arquitectónicas na edificación (BAED): son aquelas barreiras existentes nos accesos e/ou no interior dos edificios, tanto de titularidade pública coma privada.
-Barreiras no transporte (BT): son aquelas barreiras que existen nos medios de transportes e nas súas infraestruturas.
c) Enténdese por persoas con limitacións aquelas que temporal ou permanentemente teñen limitada a capacidade de utiliza-lo contorno ou de relacionarse con el.
d) Enténdese por persoas con mobilidade reducida aquelas que temporal ou permanentemente teñen limitada a posibilidade de desprazarse.
Disposicións adicionais
Primeira.-As correspondentes administracións públicas galegas elaborarán os plans de adaptación e supresión de barreiras previstas nesta lei nun prazo de dous anos desde a súa entrada en vigor. Estes plans serán revisados cada cinco anos e o prazo para a súa realización non superará os dez anos .As administracións públicas galegas establecerán, anualmente, unha porcentaxe das súas partidas orzamentarias de investimento para a supresión das barreiras existentes nos edificios de uso público da súa titularidade ou sobre as que dispoñan, por calquera título, do dereito de uso.
Artigo 9.-Elementos de urbanización.
Os elementos de urbanización, tales como pavimentos, saneamento, redes de sumidoiro, iluminación, redes de telecomunicación e redes de subministración de auga, electricidade, gases e aqueloutras que materialicen as indicacións do planeamento urbanístico, posuirán unhas características de deseño e execución tales que non constitúan obstáculo para a liberdade de movementos de calquera persoa.


ACORDOS

Que tal e como reflicte a lei 8/1997, no vindeiro orzamento municipal se reserve o 0.8% para supresión de barreiras arquitectónicas no concello de Neda.

0 comentarios: