25.6.08

O BNG si cre en Navantia-Fene


O Parlamento de Galicia vén de aprobar en pleno unha proposición non de lei do BNG na que se insta a cuantificar as axudas europeas que recibíu Navantia-Fene e que foron consideradas ilegais pola UE e que se negocie con Europa para que, “en virtude do principio de proporcionalidade, permita a transmisión ou adquisición de activos non utilizados pola empresa Navantia-Fene para que, dentro do marco dun concurso público, poidan volver á construción naval civil”.O parlamentar nacionalista Fernando Blanco describíu na súa intervención a situación que vive na actualidade o sector naval, con unha elevada carteira de pedidos que ocasiona que o sector naval de Vigo estea a demandar de xeito urxente 1.500 traballadores con formación para o sector.“Existe unha demanda disparada que en Europa se elevaba en 2007 a 3,6 veces a capacidade de traballo dos estaleiros existentes”, indicou o parlamentar, ao tempo que resaltou a importancia de potenciar este sector con tantas posibilidades en época de crise económica.Asi, o deputado do BNG subliñou o paradoxo de que “tendo o sector naval de Vigo problemas para a súa ampliación, haxa a 200 quilómetros un estaleiro totalmente ocioso”.860 ME en axudas da UEEsta situación, tal e como lembrou o parlamentar, “débese ás axudas europeas consideradas ilegais pola UE”, para evitar a devolución de 860 ME, o goberno do PSOE acolleuse a unha cláusula de salvagarda e iniciáronse unhas negociacións nas que se desfai Izar e se crea Navantia e o estaleiro de Fene fica relegado a abandonar a construción naval civil.Mais, o certo é, tal e como indicou Blanco Parga que “ninguén aclarou cales desas axudas recibiu Astano” e apuntou que, das tres axudas ás que se referiu a UE, dúas eran nominais e a factoría de Fene non percibiu nin un céntimo en eses dous casos.O deputado nacionalista lembrou o labor feito polo nacionalismo en defensa do estaleiro de Navantia-Fene, tanto no foro parlamentar, como desde a Consellaría de Innovación e Industria e instou a que se cuantifiquen os cartos que percibiu Fene para clarificar quen se beneficiou realmente destes cartos.A iniciativa, que foi aprobada cos votos a favor dos grupos que sustentan o goberno, insta asemade a abrir unha negociación coa UE para que, “en virtude do principio comunitario de proporcionalidade e sen que implique novas axudas públicas, permita a transmisión ou adquisición dos activos non utilizados pola empresa Navantia-Fene para que dentro dun marco de concurso público poidan volver á construción naval-civil”.
( noticia de GZnación)

0 comentarios: