17.7.08

TEGA e PP, votan encontra da maioría das mocións presentadas polo BNG no Pleno de Neda

As mocións referentes á “INVESTIGACIÓN DO ACCIDENTE DA FRAGATA EXTREMADURA”, a aportación do 0,8 % dos orzamentos municipais para " A SUPRESIÓN DE BARREIRAS ARQUITETÓNICAS”, e a relativa á posta a disposición do Instituto Galego de Vivenda e Solo de terreos “ PARA A CONSTRUCCIÓN DE VIVENDAS SOCIAIS”, foron rexeitadas e votadas encontra, polos socios de goberno de Neda ,TEGA e PP, no Pleno celebrado esta mañá no Salón de actos do Concello, cando xa na Comisión de Asuntos de Pleno fora rexeitada a da supresión da Simboloxía Fascista.
Ao BNG, chámalle a atención que a postura do PP, no caso das vivendas sociais fora unha demanda deste partido, tal e como se pode ler si un mira as hemerotecas ( notas do 03/08/05 ) e agora sexa rexeitada.
No mesmo pleno e ó inicio, á petición do Portavoz do BNG, Manolo Castro, fíxose unha condena por parte de tódolos grupos, aos atentados fascistas sufridos no mural do BNG, na parede dun veciño e no propio automóbil deste concelleiro.

3 comentarios:

creador disse...

A HIPOCRESÍA POLÍTICA DE TERA GALEGA E O PP SOBREPASA OS LÍMITES DOS DEREITOS E LIBERTADES DE TODOS OS CIDADANS DE ESTA VILA NEDENSE. NON SABEN O QUE FAN...

Anónimo disse...

http://plataformasolidariaporlaverdad.blogspot.com/

Anónimo disse...

Pero mira que a hipocresia do bng cas victimas do nacismo, xudeas e non xudeas, xa non ten calificativo. Deberiano ilegalizar.