19.10.09

Os veciños do Puntal piden o bus


A falta dun servizo de transporte público adecuado recrudeceo as protestas que emprenderon os veciños de O Puntal, en Neda. Se o pasado venres cortaban o tráfico durante un cuarto de hora nese lugar, este xoves día 17 de outubro fixeron o mesmo no centro da vila, xusto fronte ao Concello, en dúas ocasións en menos de trinta minutos.
Todo desenvolveuse de forma pacífica, aínda que se provocaron importantes retencións de vehículos. De 12.20 a 12.30, e tras unha concentración previa, os cidadáns bloquearon a estrada principal do municipio cando ía pasar o autobús de Tranvías que une a zona con Ferrol. é, precisamente, o que queren que chegue até O Puntal. Na actualidade queda quilómetro e medio antes,
no Camiño do Regueiro.
Pouco despois, ás 12.35, repetiron a operación cando se achegou o vehículo de transporte colectivo de Arriva. é esa compañía a que ten a concesión na zona e cúbrea co coche que fai a ruta Ferrol-A Coruña, aínda que a súa frecuencia é moi escasa e, para os residentes de O Puntal, o servizo é deficiente.
Aproveitaron a manifestación, tamén, para solicitar a colaboración do Concello e, en concreto, a do alcalde. Con berros de «Cabezón, solución!» e «Cabezón, sal ao balcón!», en alusión ao rexedor, pedían «polo menos un xesto de que nos van a axudar de verdade a conseguir ou noso obxectivo», tal e como explicaba ao termo da mobilización Rubén Río, que onte exerceu de portavoz do colectivo.
Desde o grupo de goberno recentemente pedíaselle á veciños «confianza» nas súas xestións para resolver a situación e que a liña de Tranvías chegue a O Puntal, unha zona na que residen ao redor de setecentos cidadáns, moitos deles maiores de 60 anos e que necesitan o autobús para desprazarse, por exemplo, ao centro médico ou a facer a compra.
Os veciños, no entanto, xa anunciaron onte que se non hai avances, a finais da próxima semana -probablemente o venres pola tarde- haberá unha nova protesta «e esta vez será máis forte». Agradecen aos cidadáns que se viron afectados «a súa paciencia e a cordialidade que demostraron».

0 comentarios: