No mes de outubro de 2008, anunciábase, que na reunión a celebrar naquel intre coa Dirección Xeral de Transporte da Xunta de Galiza, ían quedar solucionados os problemas de transporte metropolitano da Comarca de Ferrol, un Plan de transporte que incluiría o percorrido circular pola Ría de Ferrol.
No seu momento e grazas á presión exercida polos veciños de O Puntal, ( a pesares das declaracións realizadas polo Sr. Bugarín, dixit..que o transporte metropolitano non se poría en marcha ate o verano do ano 2.010 ). O bus chega a O Puntal en xaneiro de ese ano, no que si mentiu o Sr. Bugarín, niso tamén, é que o transporte íase poñer en marcha no verán do 2.010.
Cando, xa van transcorridos case que catro meses do ano 2.011, os habitantes da zona sur da Ría de Ferrol, continúan esperando por esa posta en marcha do transporte metropolitano ( iso si con anuncio e propaganda da posta en marcha dunha nova tarxeta e adaptación de custos, ( custos que por certo unha parte importantísima a realizan os concellos ).
Dende o Bloque Nacionalista Galego, nos preguntamos, canto tempo mais, haberá que esperar?, para que un servizo público transcendental, como é o transporte , e nas circunstancias económicas actuais, , teña vía libre e se faga realidade a súa posta en marcha .
enviado á prensa o 18 de abril
21.4.11
PARA CANDO A POSTA EN MARCHA DO BUS CIRCULAR Á RÍA
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:31 da tarde
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentarios:
Enviar um comentário