O alcalde de Arzúa e candidato do BNG á reelección, Xaquín García Couso, trasladou ao Ministerio Fiscal o “intento de suborno” que practicou, segundo denunciou, o agora candidato do PP á alcaldía e daquela director da radio municipal desa localidade, por se entende que “poden ser constitutivos de delito perseguible de oficio”.
Esta decisión, explicou en rolda de prensa, adoptouna despois de estar “suficientemente meditada”, e puxo de manifesto que este feito non ten que ver coa proclamación como candidato do PP de Armando Cascón Rodríguez, senón pola “recente publicación en prensa” dos feitos ocorridos en 2009 e a “actitude que toma o propio” candidato ao presentar contra el unha querela criminal no Xulgado de Arzúa ante a decisión de trasladalo temporalmente do seu posto mentres dure a súa condición como candidato.
García Couso contratou un detective privado, tras cursar as consultas ao avogado asesor municipal, para gravar “o intento de suborno” do agora candidato do PPdeG e entón empregado público do Concello.
Neste sentido, defendeu a “absoluta legalidade” das gravacións da conversación mantida o 6 de agosto de 2009 co actual aspirante popular, e desmentiu as acusacións do presidente do PP da Coruña, Carlos Negreira, quen “publicamente tentou manchar a imaxe deste alcalde falando de gravacións ilícitas”.
“Dígoo por última vez, estas gravacións son completamente legais e non vou permitir que nunca ninguén máis me calumnie publicamente sen que se tomen pola miña banda as medidas legais oportunas”, manifestou García, quen aclarou que foi unha gravación “puntual que se fixo necesaria e imprescindible para demostrar un intento de suborno a este alcalde por quen hoxe é candidato do PP”.
Naquelas conversas deducíase como o agora candidato do PP ofrecíalle ao alcalde controlar a radio e emitir información favorable ao rexedor a cambio de que este lle subise o soldo como director á fronte da emisora municipal.
xornal
16.4.11
O alcalde de Arzúa leva ao fiscal o intento de suborno do actual candidato popular
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:31 da manhã
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentarios:
Enviar um comentário