O sumario da operación Orquesta, que investiga unha trama de presuntos delitos de tráfico de influencias, suborno, prevaricación e falsificación de documentos na Costa da Morte con máis dunha vintena de imputados, recolle entre os miles de folios conversas que a policía creu de importancia para a instrución do caso e nas que aparecen conselleiros, como Agustín Hernández ou Beatriz Mato, ou algúns altos cargos e membros dos departamentos do Goberno galego. Nunha delas, falan da presunta adxudicación a dedo do concello de Mazaricos dunha gardería con 45 millóns da consellería de Beatriz Mato e coa presunta connivencia de Benestar.
Así, un membro da construtora Ogando, que recibiu presuntamente case tres millóns de euros en obras a dedo de varios concellos, chama a un técnico de Mazaricos para preguntarlle como vai “o da guardería”, dependente do Consorcio de Benestar. “Eu creo que sale, pola conversa, eh”, dille o técnico, que terá que falar “cun posto político e unha chica cun posto medio político, de esos a dedo, de asesor, de confianza”. “Esa será a que poña problemas, se os pon”, di un. “A ver se pescamos, a ver se pescamos esto!”, di o construtor. Tres días despois, Daniel Ogando fala co técnico, que lle di: “fágao quen o faga, valo facer ti, polo que estiven oíndo”. Ogando pregúntalle: “De trinta (millóns) para arriba ou para abaixo?”. 45, dille o responsable do concello. “45, carallo”, responde.
“Ou sexa, que o vas facer, iso non me cabe menor duda, o Consorcio xa sabe que o concello ten un compromiso e o vas facer”, di. Anteriormente, un home pedíralle ao alcalde, José Santos Maneiro, que se a Xunta “lles daba pasta” para a gardería, “que non a saquen aos outros, que lla saquen a quen, xa me entendes...”.
18.4.11
Conselleiros e altos cargos da Xunta, no sumario da operación ‘Orquesta’
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:03 da tarde
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentarios:
Enviar um comentário