¡Parece ser !, que o único que ten coñecemento de que os terreos cedidos polo concello de Neda, para a construción dunha gardería, é o Portavoz do BNG de Neda, xa que o goberno municipal non ten comunicación ningunha. Unha pequena aclaración:
Si iso fose así, porque o grupo de goberno de Neda, está a pedir a descatalogación da Escola do Empedrón?, ( por ciencia difusa ou por comunicación da Xunta de Galicia?).
E despois de dous anos de goberno do PP, os responsables do concello de Neda (¡ xa que os outros eran tan malos malísimos!) non foron capaces de preguntar á Xunta amiga, que pasaba coa gardería que se ía facer en Neda, e pórse a súa disposición para que esta fose a estas alturas unha realidade, logo iso é unha deixazón de función e desinterese polos problemas dos veciños.
Cando escomenzou o debate cara a consecución do Bus ao Puntal, tamén a prensa por declaración dos actuais gobernantes,dicía que non existía documentación que a Xunta non tiña coñecemento de nada, logo, apareceron os documentos, pero ninguén retificou nada. – pode que veña ao caso do que hoxe nos ocupa-
Aclaración feita á prensa ( non publicada ).
3.4.11
Os Terreos da Gardería
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:00 da manhã
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentarios:
Enviar um comentário