O candidato nacionalista á presidencia da Xunta afirma que “o BNG quer construír unha nova maioría de goberno arredor dun novo modelo de país e dun Novo Estatuto que fixe un doble contrato coa cidadanía e co Estado”
O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, participou esta mañá nos “Almorzos Informativos” de Europa Press en Madrid. Ali asegurou que a próxima lexislatura deberá enfrontarse o labor de redacción dun Novo Estatuto que, para o BNG, debe “formalizar un doble contrato: un coa cidadanía, baseado nunha democracia de calidade, nun recoñecemento avanzado de dereitos e liberdades e na igualdade de oportunidades, e outro contrato de relación política entre Galiza e o Estado que recoñeza o carácter nacional de Galiza e os espazos decisionais e poderes necesarios para a expresión dun pobo”.Anxo Quintana declaróu que este contrato deberá recoller “cinco marcas de calidade democrática: recoñecemento nacional de Galiza, blindaxe competencial, novo modelo de financiamento, igualdade xurídica entre galego e castelán e será unha carta de dereitos e deberes para os cidadáns galegos do século XXI ”.Neste sentido, o líder nacionalista explicou que é necesario recoller con rango legal “dereitos de terceira xeracíón que sirvan para eliminar desigualdades”. O candidato nacionalista referíuse asi aos complementos autonómicos das pensións -xa implantado polo BNG desde o goberno galego- e á nova proposta nacionalista de crear un complemento autonómico ás prestacións por desemprego.O portavoz nacional asegurou que un Novo Estatuto “debe ser tamén unha oportunidade para que estes dereitos dos cidadáns deixen de ser resultado da vontade política do goberno de turno estabelecéndose como leis”.
Posicionamento das outras forzas políticas
Segundo indicou Anxo Quintana, o resultado das eleccións do 1-M “definirá, en gran medida, as condicións políticas que farán posíbel un Novo Estatuto, o novo ordenamento do noso autogoberno a favor de políticas de transformación do país”.Nesa nova carta de dereitos e deberes dos galegos e galegas deberá recollerse tamén, segundo Quintana, “o cadro de recursos financeiros, competenciais e decisionais das nosas institucións nacionais, pero tamén o marco no que queremos autorresponsabilizarnos das nosas políticas, o marco soberano para o noso exercicio de responsabilidade e confianza nas nosas capacidades como pobo autogobernado”.
O cartel nacionalista extendeuse aínda máis sobre os contidos que debería ter este novo texto que recollerá “un novo modelo de financiamento baseado nunha maior corresponsabilidade e que asegure a suficiencia de ingresos para unha provisión dos servizos públicos equivalente aos de outros territorios do Estado. Un novo marco que nos outorgue maior capacidade normativa sobre os tributos e que nos permita autorresponsabilizarnos do noso gasto e o noso ingreso”, concluíu.Quintana apostou por ubicar “nun lugar central do novo horizonte do autogoberno de Galiza aquelas competencias que nos permitan impulsar desenvolvemento económico para lograr a expansión, maior competitividade e sustentabilidade dos nosos sectores produtivos; para fortalecer a coordenación do poder político e o mundo financeiro; e para avanzar na consolidación dos nosos servizos públicos, do sistema galego de benestar, das políticas de igualdade e das nosas estratexias de normalización cultural e lingüística”.Para o BNG, este Novo Estatuto “é moito máis que unha fría norma xurídica”, indicou Quintana, “é ou debe ser, a definición dun modelo de país. Por iso agardamos do Partido Socialista e do Partido Popular unha exposición clara, precisa e sen ambigüidades da súa oferta estatutaria. Porque é importante que as forzas políticas se manifesten con claridade antes do 1 de marzo”.Marcas de calidade democrática
O líder do BNG quixo lembrar as “cinco marcas de calidade democrática ás que debe responder o Novo Estatuto que sometamos á aprobación dos galegos e galegas”.A primeira delas será “o recoñecemento do carácter nacional de Galiza”. Neste sentido, Quintana lembrou que o noso país “ten hoxe mesmo recoñecemento constitucional como nacionalidade que o que contan Euscadi e Cataluña. O Novo Estatuto, recoñecendo o carácter nacional de Galiza debe fixar un horizonte de autogoberno homologábel ao das outras nacionalidades do Estado” e apostou por “actuar con pragmatismo político para que Galiza non quede atrás”.
A segunda marca consistiría nun “réxime de máximos competencias, blindando o exercicio dos poderes do goberno galego e estabelecendo garantías fronte a calquera tipo de inxerencia do Estado no desenvolvemento das competencias exclusivas do noso autogoberno”.
Terceira marca: “Galiza conta cun novo modelo de financiamento que nos garanta suficiencia a nosa autonomía financeira e nos permite autorresponsabilizarnos dos nosos gastos e ingresos”elán, con iguais dereitos e deberes”. .“Recoñecemento ao galego de igualdade xurídica plena co castelán“
Testando a presenza ou non destas marcas”, indicou Quintana, “calquera galego poderá determinar se a oferta de Novo Estatuto que se lle faga desde BNG, PSOE ou PP é axeitada para cumprir a misión fundamental que teñen asignadas as institucións de autogoberno: xestionar e defender os intereses xerais de Galiza, ser garantes do benestar e da lingua e cultura que nos é propia”.
E finalmente, a xa mencionada necesidade de converter o Estatuto “nunha carta de dereitos e deberes para os cidadáns do século XXI que estabeleza con rango de lei dereitos de terceira xeración que sirvan para rematar coas desigualdades”.
“O BNG quer construír unha nova maioría de goberno arredor dun novo modelo de País e dun Novo Estatuto. Para iso queremos mobilizar a confianza dos galegos e galegas nas forzas propias, como exercicio democrático de autoestima e responsabilidade, para facer das políticas do noso autogoberno, políticas de proximidade aos intereses e preocupacións dos cidadáns, para facer do autogoberno o centro proveedor de novos servizos públicos para o benestar e a igualdade”.Autogoberno
O líder nacionalista criticou duramente o nulo labor realizado polos gobernos anteriores ao ano 2005 en Galiza a prol do autogoberno, “institucionalizouse unha posición de permanente subalternidade política respecto da Administración e o Goberno do Estado e mesmo, en moitos casos, respecto das Deputacións Provinciais e dos concellos, cando non directamente respecto de poderosos grupos económicos e comunicacionais”
.Nesta liña política, “infrautilizouse irresponsábelmente o Estatuto de Autonomía, concibido como un marco de normalización dos nosos dereitos e liberdades, pero tamén para a normalización dun novo marco de políticas públicas”. “Galiza padeceu antes de 2005 un autogoberno débil, insuficiente e mal utilizado”. O País quedou condenado a unha situación de anormal normalidade presidida por un goberno que se negaba a responsabilizarse dos problemas e desafíos de Galiza”.
Cambio transformador
Nestes tres anos e medio de goberno, o BNG “puxo en marcha políticas altamente transformadoras en benestar, vivenda, desenvolvemento do medio rural, na expansión das nosas industrias culturais ou na explotación dos recursos enerxéticos”. Neste tempo, tal e como indicou o líder nacionalista, “o BNG confirmouse aos ollos de moitos galegos e galegas como a auténtica forza do goberno galego, o principal motor do cambio iniciado no país”.O vicepresidente da Xunta amosou a súa convicción de que “existe unha maioría cidadá aínda máis ampla que a de 2005 que outorga a súa confianza aos partidos que sostemos o goberno de Galiza” e indicou tamén que, neste contexto, “dáse por sabida a derrota e o retroceso electoral do Partido Popular”.A día de hoxe hai en Galiza, segundo relatou o candidato nacionalista á presidencia, “unha maioría de galegos que queren que sigamos avanzando nas transformacións sociais, económicas, culturais e institucionais iniciadas e que consolidemos e ampliemos o noso autogoberno. Ése desexo é o que quer representar no Bloque Nacionalista Galego nas eleccións do
1-M”.
“Para moitos galegos e galegas, a incógnita electoral que máis expectativa xenera é saber canto vai ascender o BNG”, continuou, “porque o avance electoral do nacionalismo é un bo indicador para determinar o calado e intensidade da nova onda do cambio político”.Anxo Quintana afirmou de xeito rotundo que “o BNG acude a estas eleccións sen someterse a ningún teito de cristal electoral, non somos un partido auxiliar de ninguén, nin somos bisagra para soster políticas alleas”.Neste vindeiros catro anos, o nacionalismo fíxase entre os seus obxectivos: “liderar as políticas de transformación no noso país e sentar un novo marco de relación bilateral co goberno do Estado porque os próximos catro anos serán decisivos para a normalización e fortalecemento do noso autogoberno e para o impulso de políticas que permitan enfrontar eficazmente a crise económica e as consecuencias sociais”.
Galiza, un país normal
Anxo Quintana detallou as potencialidades do país desaproveitadas polo Partido Popular e asegurou que desde o ano 2005 “de milleiros de galegos e galegas teñen o soño máis revolucionario: poder facer de Galiza un país normal”.O candidato á presidencia da Xunta detallou polo miúdo como sería ese “país normal: un país con institucións de goberno que dialogan cos seus cidadáns e as organizacións sociais; con un goberno que asume o liderato da defensa dos seus intereses diante do Estado ou ás institucións internacionais; un país que sabe que o benestar e garantía de igualdade constrúese arredor dos servizos públicos educativos, sanitarios, culturais e sociais de calidade”.Ese país normal, tal e como o describíu o líder nacionalista, “explota os seus recursos naturais e enerxéticos como un patrimonio de todos; fai do crecemento económico un medio para a xeración de emprego de calidade e benestar, e da cohesión social unha garantía de estabilidade e sostenibilidade; un país que proxecta a súa cultura e a súa lingua e nunca agocha un patrimonio histórico, lingüístico e cultural milenario”.“A ese proxecto de país novo, normalizado, dono das súas decisións, obedecen as políticas de goberno do Bloque Nacionalista Galego”, asegurou.
Políticas innovadoras para o autogoberno de Galiza
Foi no ano 2005 cando os cidadáns galegos e galegas “certificaron nas urnas o seu desexo de cambio político en Galiza e o seu desexo dun goberno para un novo país, para unha Galiza normalizada”, salientou o líder nacionalista, e asi foi, xa que, “no pasado trienio, Galiza fixo efectiva a normalización do seu autogoberno e por primeira vez desde o inicio da transición democrática, os galegos e galegas saben das posibilidades que ofrece o autogoberno para construír políticas de benestar, económicas e culturais, en definitiva, para dar nova vida a un país normal”.O portavoz nacional e vicepresidente da Xunta fixo un repaso das políticas desenvolvidas polo BNG desde as súas diferentes áreas de goberno: “O banco de terras, para mobilizar fincas non produtivas, un marco de colaboración cos concellos a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, servizos pioneiros como o transporte adaptado, o Plan Sectorial de Vivenda protexida, un modelo de xestión cultural innovador coa creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, o Plano Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e o decreto para a concesión da explotación da enerxía eólica, que sinala unha liña de ruptura substancial coa xestión dos nosos recursos enerxéticos por parte das administracións e que sentou as bases para garantir o reinvestimento social do 14% dos seus beneficios a través da participación pública da Xunta”.
Debates
En resposta ás perguntas dos xornalistas sobre a posibilidade de que haxa debates a dous ou a tres nesta campaña electoral, Quintana lembrou que “debates sempre os houbo, pero só ía eu. Levamos cinco anos insistindo en que sería un bo termómetro de calidade democrática poder debater”.“Eu, en nome do BNG, irei sempre aos debates aos que se me convoque, por unha cuestión de principios”, continuou, ao tempo que deu a “benvida ao mundo dos debates” ao resto dos líderes políticos galegos que agora tamén coinciden na necesidade de debatir”.
Finalmente aludíu á proposta do PpdeG de realizar un debate a dous en Arxentina, aproveitando a coincidencia dos líderes popular e socialista neste país. “Por non debater co BNG ata poñen un océano de por medio”, insistíu, e propúxolles un tema central para ese debate, “saber quen o fixo peor co voto emigrante”.
Financiamento autonómico
Tamén en resposta ás perguntas dos xornalistas, o líder do BNG urxíu unha solución para o financiamento autonómico “en tempo e forma e canto antes” e lembrou que Galiza pode quedar mal parada por non ter un Novo Estatuto que faculte unha negociación bilateral co Estado, “unha lei orgánica que garanta uns mínimos nesta relación e se Galiza non ten ese Estatuto é polo veto do PP”.
Voto emigrante
Sobre a situación do voto emigrante e as protestas de forzas políticas estatais ante a decisión da Xunta Electoral Central de reclamar que se adxunte unha copia do DNI ou pasaporte co voto dos residentes ausentes, Anxo Quintana reclamou “un mínimo de equidade, de transparencia e control democrático” e responsabilizou da actual situación ás dúas forzas políticas estatais: “O PP porque inventou o modelo e o PSOE porque non o quixo cambiar”.
29.1.09
Quintana quer "un Novo Estatuto de Nación que garanta por lei dereitos de terceira xeración para eliminar desigualdades"
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 2:11 da tarde
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentarios:
Enviar um comentário