O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, denunciou hoxe que “entre o Goberno do PSOE en Madrid e o goberno do PP na Xunta están a levar a Galiza a unha situación delicadísima”.
Guillerme fixo estas declaracións antes de participar na manifestación que baixo o lema “Galiza ten dereito! En defensa do emprego, do aforro e do país”, congregou a máis de 5.000 persoas esta mañá en Santiago de Compostela. A marcha, que rematou coa lectura dun manifesto na praza da Quintana a cargo do economista Xavier Vence, foi convocada conxuntamente polo BNG e a CIG.
14.3.11
Máis de 5.000 persoas defenden que Galiza ten dereito e piden outras políticas para o País
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 5:52 da tarde
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentarios:
Enviar um comentário