O alcalde de San Sadurniño, Secundino García Casal, e responsábeis da Asociación Picos do Sol presentaron onte na Casa de Cultura do Concello o Plan de Fomento das Enerxías Renovábeis co que o municipio ten a misión de facilitar ferramentas aos seus veciños para favorecer o uso da enerxía solar –principalmente a térmica– e cumprir coa responsabilidade institucional de facer fronte ao cambio climático.
Este plan presentado onte e que conta co financiamento da Consellaría de Medio Ambiente, desenvolverase ao longo dos vindeiros doce meses, contará cunha primeira fase na que técnicos de Picos do Sol fará unha campaña informativa porta por porta e charlas nas parroquias da localidade para dar a coñecer a enerxía solar e a súa viabilidade.
A segunda fase do plan baséase en catro accións: a promulgación dunha Ordenanza Solar Municipal que estimule con exencións de taxas as instalacións de placas solares; a constitución de Promosol, un grupo de consumo de colectores solares térmicos que favoreza o abaratamento do custo e fornecemento das redes comunitarias; a implantación do sistema de recollida de aceites vexetais usados Oliklak a través dos alumnos dos colexios aos que se lles facilita unha garrafa de 1,5 litros e cuxo rendemento económico reverterá nos propios alumnos do centro; e a exposición e demostración dos usos das enerxías solares.
Con esta iniciativa San Sadurniño, de 3.500 habitantes e 1.500 vivendas, aspira a reducir a contaminación, cumprir cos obxectivos do Plan de Enerxías Renovábeis, e propiciar o aforro no gasto enerxético das familias.
6.12.09
San Sadurniño prepárase para o cambio climático
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 11:09 da manhã
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentarios:
Enviar um comentário