18.12.09

O BNG LOGRA NO CONGRESO DOS DEPUTADOS QUE TODOS OS GRUPOS SE POÑAN DE ACORDO PARA QUE A VAC BARREIROS-FERROL ESTEA REMATADA EN 2014

Francisco Jorquera advirte de que “o BNG estará vixiante para que se cumpra o acordado” e esíxelle ao Goberno de Feijóo “que, cumprindo o que o Partido Popular votou en Madrid, abandone a data de 2017 para rematar o tramo Barreiros-Ferrol”

Madrid, 16 Decembro 09.- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, logrou hoxe na Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados que todos os grupos se puxeran de acordo para aprobar para que a Vía de Alta Capacidade Barreiros-Ferrol estea rematada no ano 2014.

En concreto, a iniciativa impulsada polo BNG, e á que se incorporaron emendas do PP e do PSOE, insta ao Ministerio de Fomento a “impulsar os trámites do estudo informativo do tramo San Cibrao-Barreiros, que permitan a súa aprobación tan pronto como se dispoña da Declaración de Impacto Ambiental, a fin de redactar os correspondentes proxectos e acordar coa Xunta de Galiza as actuacións oportunas”.

Remate do VAC Barreiros-Ferrol no 2014

A continuación, todos os grupos do Congreso dos Deputados asumiron o mesmo acordo que aprobou o Pleno da Deputación de Lugo o pasado 23 de novembro. Deste xeito, a iniciativa aprobada esta tarde tamén consta dos seguintes puntos:

1. Instar al Gobierno del Estado a establecer un plazo de ejecución para o proyecto y la obra de la Autovía de conexión entre S Cibrao y Barreiros, una vez sea aprobado de forma definitiva su estudio informativo.

2. Instar a la Xunta de Galicia a que establezcan las fechas de licitación de las obras de los tramos VAC Costa Norte entre Ferrol y S Cibrao que actualmente se encuentran en fase de redacción de proyecto.

3. Instar a ambas administraciones a que procedan a acordar un cronograma con plazos y consignaciones presupuestarias suficientes que permitan acabar la Vía de Alta Capacidad Barreiros-Ferrol en el horizonte de 2014.

“Núñez Feijoo debe tomar nota e abandonar a data de 2017 para rematar o tramo Barreiros-Ferrol”

Francisco Jorquera considera que a iniciativa impulsada polo BNG “e aprobada entre outros, polos deputados galegos do PP, debe levar ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo a reconsiderar a súa postura, xa que hai unhas semanas rexeitou no Parlamento Galego unha iniciativa do BNG no mesmo sentido”.

Pero sobre todo, o deputado do BNG considera que a iniciativa aprobada hoxe no Congreso dos Deputados “debe levar á Xunta de Galiza a desbotar dunha vez a data de 2017 para rematar o tramo Barreiros-Ferrol”.

“Se quere ser consecuente co que os deputados galegos do PP votaron hoxe no Congreso debería adiantar a data de remate das obras ao 2014”, subliñou.

Asemade, Francisco Jorquera criticou os incumprimentos do Ministerio de Fomento coa parte que lle corresponde deste vial, o tramo San Cibrao-Barreiros. Lembrou que “a pesar de que desde o ano 2004 se consignaron partidas nos orzamentos do Estado para esta obra, só se executaron as do orzamentos do pasado ano, que permitiron elaborar o estudo informativo”.

Neste sentido, o deputado nacionalista advertiu de que “o BNG estará vixilante para que o acordado se cumpra, porque se estaría castigando co illamento a miles de persoas das comarcas de Ferrolterra, Eume, Ortegal e A Mariña”.

Francisco Jorquera lembrou que “o desenvolvemento económico futuro desta área, que conta cunha poboación dunhas 300.000 persoas, está condicionado a que se acometa esta obra no prazo acordado”.

0 comentarios: