A Comisión de Orzamentos do Senado rexeitou hoxe os vetos aos Orzamentos presentados por PP, CIU ERC e ICV, con 13 votos a favor e 13 en contra, polo que as propostas de veto pasan a debaterse e votarse no Pleno da Cámara Alta a próxima semana.
Pérez Bouza subliñou que o BNG segue mantendo unha "posición en contra" das contas públicas, pero opta pola decisión "máis útil" para Galiza, e non apoiar un rexeitamento no Senado "que ten un carácter simbólico".
Ademais, o acordo inclúe unha emenda que permite que os municipios poidan participar no proceso de elaboración dos relatorios de valores, en base ás que se cobra o IBI dos Bens Inmobles de Características Especiais (BICES).
Valoración catastral
Bouza explicou que até agora se producía unha "situación inxusta" na que moitos concellos se vían prexudicados polo descenso na valoración catastral dos BICES, o que repercutía nunha diminución dos seus ingresos a través do IBI. "De saír adiante os vetos no Senado, non poderiamos conseguir estas melloras", sinalou o senador do BNG.
O Bloque recordou que, "dentro dun posicionamento global en contra das contas presentadas polo Goberno", conseguiu nas negociacións "que as partidas de investimentos en Galiza se incrementasen nuns 40 millóns", así como "cambios como a reforma da Lei Beckham para finalizar cos privilexios fiscais das estrelas de fútbol"
ANT.
9.12.09
O BNG obtén sete millóns de euros para Galiza a cambio de rexeitar os vetos
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 9:22 da tarde
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentarios:
Enviar um comentário