13.5.09

O BNG pon a ASTANO no debate do estado da nación ( preme para mirar o discurso )


España aproveitará a presidencia da Unión Europea no primeiro semestre do 2010, para revitalizar Navantia Fene, segundo asegurou esta mañá o presidente do Goberno Rodriguez Zapatero no debate do estado da nación. Zapatero, en resposta ao deputado do BNG Francisco Jorquera reiterou a súa intención de cumprir os compromisos e negociar con Europa o levantamento dos vetos ao estaleiro de Fene.
Rodriguez Zapatero sinalaba que o momento máis propicio para reabrir Fene á construcción naval civil coincidirá co semestre da presidencia española na Unión. O parlamentario do Bloque Nacionalista Galego reclamou que a antiga Astano poida acceder a todo tipo de mercados. Francisco Jorquera afirmou que a construcción naval e a producción de leite son cruciais desde a perspectiva do BNG. Calquera acordo neste debate pasa pola atención preferente a eses sectores, manifesta a formación nacionalista.
Autor: Henrique Sanfiz

0 comentarios: