23.5.09

O BNG non comparte a colocación de video- cámaras que anunciou o Concello e dubida da súa viabilidade legal


O BNG de Neda non entende nin comparte a intención, anunciada desde goberno local, de colocar cámaras de vídeo-vixilancia en varias zonas do municipio co obxecto de diminuir os niveis de delincuencia. Ademais, o BNG preguntará, na próxima reunión da Comisión de Tráfico e Seguridade, se o goberno conta con todas as autorizacións dos organismos pertinentes.

O BNG cre innecesaria e inadecuada a medida anunciada polo goberno municipal de instalar cámaras de vídeo en diversos puntos do concello, e ademais, dubida de que sexa viable legalmente dado que a lei é moi clara e estrita ao respecto, e somete a instalación de cámaras a unha autorización por parte da Delegación do Goberno, previo informe da Comisión de Garantías de Vídeo-vixilancia. Existe xurisprudencia neste sentido, como é a sentencia de 19 de outubro de 2007 do Xulgado do Contencioso- Administrativo nº 3 da Coruña, recaída no procedemento ordinario 69/07 que se seguiu contra o Concello da Coruña pola instalación de cámaras de vídeo-vixilancia na estación de autobuses, na que literalmente se pode ler: “resulta que a administración local incumpriu o RD 596/1999, xa que este impón que a instalación sexa autorizada antes de que se realice o informe -previo- vinculante da comisión de garantías á solicitude de instalación”.

Deste xeito, as cámaras que se pretenden colocar, tanto na Toeleira coma no contorno do Concello e nas rúas de aceso á pía municipal poden non cumprir a lexislación. É necesaria unha proporcionalidade, é dicir, que só se poden empregar vídeo cámaras cando resulte adecuado para unha situación concreta para o mantemento da seguridade cidadá. Ademais, tamén se esixe o principio de intervención mínima, ou o que é o mesmo, que exista ponderación entre a finalidade perseguida e a posible afectación pola utilización da vídeo cámara aos dereitos á honra, a propia imaxe e a intimidade.

Desde o BNG non entendemos a teima dos gobernantes locais de afirmar que en Neda existe máis delincuencia que noutros concellos de Ferrolterra, cando os datos revelan que o noso Concello é un dos menos conflitivos da comarca.

21.5.09

Galiza en Europa


O sondeo elaborado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) sobre as eleccións europeas do 7 de xuño dálle un escano á coalición Europa dos Pobos-Verdes, na que se integra o BNG xunto a ERC, Aralar, EA e Chunta Aragonesista.

A enquisa sinala que a fronte obtería un 3,6% dos votos, co que se quedaría a unha soa décima de conquerir o segundo deputado, que correspondería a Ana Miranda (BNG) en virtude dos acordos acadados entre as formacións da coalición.

O sondeo tamén arroxa un resultado de empate técnico entre PP e PSOE, que obterían 23 escanos cada un. Ademais, revela cuestións como a falta de información dos cidadáns sobre os asuntos relacionados coa UE, xa que un 50,1% dos enquisados sostén que está pouco informado e un 18,1% que está nada informado.

Sobre a importancia de Europa, un 54,3% de cidadáns cre que a entrada na a UE beneficiou a España, aínda que o espírito europeo non calla e só un 7,3% de enquisados defínese como cidadán europeo. Ademais, o 76,3% dos cidadáns recoñece que segue con pouco ou ningún interese as noticias relacionadas coas eleccións do 7-X.

17.5.09

Pola defensa da nosa Lingua ( preme para ver o video )


Máis de 30.000 persoas manifesáronse esta mañá polas rúas de Santiago para demandar respeto para a nos Lingua,o Presidente da Mesa Pola Normalización Lingüistica, Carlos Callón acusa a Feijóo de poñer a man no corazón para simbolizar a su defensa do galego cando foi el quen "levantou a bandeira do odio"
Acudiron á concentración numerosos políticos do BNG, como o voceiro nacional, Guillerme Vázquez; o voceiro parlamentario, Carlos Aymerich; o deputado no Congreso, Francisco Jorquera; e deputados como Teresa Táboas, Ana Pontón, Alfredo Suárez Canal e Carme Adán, entre outros. Por outra banda, na cita puídose ver representantes do mundo da cultura, como os escritores Manuel Rivas e Yolanda Castaño ou o rexedor do clúster audiovisual, Antón Reixa.

13.5.09

O BNG pon a ASTANO no debate do estado da nación ( preme para mirar o discurso )


España aproveitará a presidencia da Unión Europea no primeiro semestre do 2010, para revitalizar Navantia Fene, segundo asegurou esta mañá o presidente do Goberno Rodriguez Zapatero no debate do estado da nación. Zapatero, en resposta ao deputado do BNG Francisco Jorquera reiterou a súa intención de cumprir os compromisos e negociar con Europa o levantamento dos vetos ao estaleiro de Fene.
Rodriguez Zapatero sinalaba que o momento máis propicio para reabrir Fene á construcción naval civil coincidirá co semestre da presidencia española na Unión. O parlamentario do Bloque Nacionalista Galego reclamou que a antiga Astano poida acceder a todo tipo de mercados. Francisco Jorquera afirmou que a construcción naval e a producción de leite son cruciais desde a perspectiva do BNG. Calquera acordo neste debate pasa pola atención preferente a eses sectores, manifesta a formación nacionalista.
Autor: Henrique Sanfiz

12.5.09

O BNG MOSTRA O SEU DESACORDO COA IMPLANTACION DO SPA


O Bloque Nacionalista Galego, quere mostar o seu desacordo, pola implantación do SPA de forma gratuita, con un coste para as arcas municipais de 6.000 € anuais.
Mostramos o noso desacordo, pola situación que en términos económicos, estáa atravesar o Concello de Nedacon unha débeda de máis de 1.400.000 €, que nos sitúa como o 5º concello máis endebedado das tres Comarcas Ferrol, Eume e Ortegal.
Por outro lado dicer que nos choca esta toma de decisións, cando o propio concelleiro de Servizos Sociais, o Sr. Gradaille, na comisión expuña, falando do programa de vacacións en Paz “ .... pois pola mala situación económica pola que estamos a pasar da lugar a que se reciban nos servizos sociais abundantes demandas de axuda para satisfacer necesidades básicas das familias, considerando prioritario atender tales peticións, e xa que o orzamento é limitado hai que restrinxir os gastos noutras actuacións para atender necesidades perentorias. dixit” .
Estando dende o BNG de acordo coa atención desas necesidades perentorias, non podemos entender nin estar dacordo en tirar os cartos en este tipo de actividades que son de carácter lúdico de ocio e pracer.

9.5.09

Asemblea Nacional Extraordinaria do BNG


Este domingo, 10 de maio, celébrase no Pazo de Congresos e Exposicións de Galiza, en Santiago de Compostela, a Asemblea Nacional Extraordinaria do BNG.

Presentáronse catro listas ao Consello Nacional do BNG. Por orde de chegada son as seguintes: por orde de presentación, as seguintes: “Alternativa pola Unidade, Lealdade e Operatividade do BNG”, encabezada por Guillerme Vázquez; “Máis Alá”, encabezada por Rafael Vilar; “Máis BNG”, encabezada por Carlos Aymerich e “Lista de Encontro” encabezada por Xosé Manuel Beiras.

A Orde do Día da Asemblea é a seguinte:

08:30-09:30: Acreditación de delegados e delegada


09:30-10:00: Debate das emendas ao Regulamento


10:00-13:30: Debate do Documento Político


13:30: Defensa das candidaturas ao Consello Nacional


14:00-15:00: Votación ao Consello


15:00: Reconto


16:00: Comunicación dos resultados e reunión dos membros do Consello Nacional eleitos


17:00: Presentación das candidaturas á Executiva Nacional


17:30: Votación á Executiva


18:30: Reconto


19:00: Comunicación dos resultados


19:30: Clausura

5.5.09

Moción do BNG de apoio á lingua galega


Con motivo da proximidade do día 17 de maio, día das letras galegas e despois do contundente informe do Consello de Europa elaborado a finais do ano pasado, no que se advertía que o noso País, non daba os mínimos de garantías, para o uso do galego en sectores como a educación, a xustiza, os servizos públicos e os propios medios de comunicación, incumprindo de feito os tratados internacionais sobre dereitos lingüisticos, o Bloque Nacionalista Galego, ven de presentar no concello de Neda, unha moción, para o seu debate en Pleno, no que se solicitan como acordos:

1. Manifestar a vontade da Corporación municipal na defensa da nosa lingua e, especificamente, nos acordos unánimes adoptados polo Parlamento Galego para instrumentar as medidas de normalización do galego nos diversos ámbitos sociais.

2. Apoiar o ‘Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego’.

3. Secundar as campañas e iniciativas que se promovan en defensa do idioma galego e, concretamente, a convocada para o vindeiro 17 de maio en Santiago de Compostela.

1.5.09

Obras fondo investimento estatal

OBRA EMPRESA IMPORTE
Reurbanización Rúa Xeral Morgado. Artabra Verde S.L. 231.742,00
Reurbanización Avda. Castelao. Artabra Verde S.L. 79.500,00
Consolidación taludes y urbanización espacios libres Rúa Real.
Artabra Verde S.L. 59.750,00
Reacondicionamento de zonas verdes en Albarón. Begasucegsa. 75.000,00
Acondicionamento de espazos interiores no Centro Cívico e Social.
Construcciones Valdoviño. S.L. 231.950,00
Acondicionamento de espazos interiores e fachadas no edificio de usos mútiples en Toeleira. Moncina S.L. 229.630,50