O Director Xeral de Calidade e Avaliación Medio Ambiental, Joaquin Lucas Buergo, anunciou o día 6 de Xuño de 2.007 en resposta ao BNG, que o proxecto de selado e de clausura do vertedoiro de Ancos (Neda) deberá estar rematado o próximo mes de outubro.
Durante o debate en comisión dunha iniciativa do deputado nacionalista Ferando Blanco Parga ao respeito, Buergo explicou que, nestes momentos, se pode dicir que a obra está na súa fase de inicio “ no seu replanteo”, toda vez que o pasado mes de abril se adxudicou a súa execución e en Maio asinouse o contrato, co compro miso de rematar en cinco meses.
Blanco Parga, lembrou que se trata dun proxecto necesario, xa que a sáu permanencia como vertedoiro incontrolado, nunha parcela de 8.277 metros cadrados, supón unha agresión medioambiental importante, “ pois os residuos se acunulan na ladeira do rio Grande de Xubia e existe o perigo de derrube.
Coñecida a contestación, e personándose , no lugar os concelleiros do BNG en Neda, Manolo Castro e Abel García, comprobamos que polo momento, non existe ningún tipo de actuación, feito que choca coa contestación realizada en sede parlamentar, apreciándose iso si, un total abandono na zona.
10.6.07
A XUNTA COMPROMÉTESE CO BNG A SELAR O VERTEDOIRO DE ANCOS (NEDA) EN OUTUBRO
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 10:07 da tarde
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentarios:
Enviar um comentário