8.6.07

Catro verdades sobre Reganosa

http://www.anosaterra.com/documentos/central_principal.php?pagina_actual=principal_1&numero=1274

O portavoz do grupo parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, escribe esta semana en A Nosa Terra o seguinte artigo sobre o conflito xurdido en Ferrol pola planta de Reganosa.

El Musel está llamado a jugar un peso estratégico cada vez más importante en el relevante papel que ya tiene el Principado en el mapa energético español. Endesa ya ha pedido suelo en la nueva explanada de Aboño, otra de las obras de las ampliación portuaria gijonesa, para hacer un ciclo combinado de 800 megavatios” (http://www.xixon.izquierdaxunida.com/iu.php?id_noticia=00003387). Deste xeito, enfrontando con toda rotundidade a oposición de numerosos grupos ecoloxistas e colectivos cidadáns de Asturies, xustifica IU de Xixón o seu apoio á futura regasificadora do Musel, adxudicada a ENAGAS polo goberno español do PSOE. Unha regasificadora situada a menos de 1000 metros de bairros como os do Muselín, Otero, Musel Arnao, Les Cabañes, Barrio de Pescadores, Jove de Arriba ou Tocote e dunha concorrida praia como a de Xivares cuxa entrada en funcionamento está prevista para 2010.

No caso da regasificadora de Reganosa en Mugardos é sabido que a sucursal galega de IU fixo da súa oposición á planta o eixo dunha campaña electoral que lle permitirá cogobernar Ferrol co PSOE, partido que malia a súa directa responsabilidade na autorización e na ubicación da planta de gas mantivo un prudente silenzo apenas roto polos mocazos da policía, dirixida polo Delegado do Goberno, e a desproporcionada intervención da Fiscalía contra o patrón maior da Confraría ferrolá. Ministerio Fiscal que tamén depende, como é sabido, do goberno español. Porén nin estes partidos nin tampouco o denominado Comité de Emerxencia fixeron en momento ningún referencia ao paralelismo entre Ferrol e Xixón nesta materia. A razón do silenzo hai que procurala na militancia partidaria de Carmelo Teixeiro (ex responsábel do PSOE en Ferrolterra) e Rafael Pillado (ex concelleiro do PSOE en Ferrol), respectivamente portavoz e destacado integrante do dito Comité de Emerxencia ao tempo que integrantes da Xunta Directiva da Asociación “Fuco Buxán”, de recoñecida filiación pesoísta. E quizais esta militancia partidaria teña a ver tamén coa clara intencionalidade política dunhas críticas centradas no BNG e dirixidas, sen dúbida, a desviar a atención da negativa do goberno español – secundado por IU – a permitir a volta da construción naval civil á ría de Ferrol.

Pois ben, penso que xa é ben tempo de que desde o nacionalismo se esclarezan algúns dados que Teixeiro, Pillado e IU interesadamente silencian sobre o asunto de Reganosa:

1. O BNG foi a única forza política que formulou alegacións contra a ubicación da planta regasificadora no interior da ría de Ferrol. Nin o PSOE nin IU formularon alegación ningunha nin utilizaron, como si fixo o nacionalismo galego, a súa representación institucional para se opór, cando o había que facer, á tal ubicación. É máis, desde o BNG seguimos a pensar o mesmo: a ubicación idónea para a regasificadora debe ser o porto exterior. Mágoa que ENAGAS rexeitara ese emprazamento. As razóns, nunca explicadas, haberá que llas perguntar ao xenro do finado Xeneral Gabeiras, na altura conselleiro delegado da empresa gasista.

2. As autorizacións para Reganosa se instalar en Mugardos e iniciar o seu funcionamento foron outorgadas polo goberno español. Máis en concreto pola Autoridade Portuaria de Ferrol, ao se tratar de dominio público portuario, e máis polo Ministerio de Industria. Son, xa que logo, estas mesmas autoridades estatais as que poden revisalas de oficio e anulalas como meio de promover o seu translado. Serían tamén, por certo, elas proprias as que tivesen que satisfacer as indemnizacións ou compensacións que, no seu caso, correspondesen. A Consellaría de Industria non ten competencias nin para autorizar, nin para paralisar nin tampouco para deslocar Reganosa da súa ubicación actual.

3. Porén, e á marxe da súa concreta ubicación, a Consellaría de Industria e o conxunto do goberno galego consideran que a existencia dunha regasificadora constitúe unha infraestrutura estratéxica para o desenvolvimento económico de Galiza e, en concreto, para a instalación de ciclos combinados de gas natural nas térmicas das Pontes e de Sabón. E o BNG non vai permitir que Galiza perda o tren da transformación enerxética en beneficio de Asturies como outros semellan empeñados en que perda o da construción naval civil para maior proveito dos estaleiros andaluces.

4. Outra cousa é que Reganosa deba funcionar con todas as garantías ambientais e de seguranza exixidas pola lexislación vixente e que os danos e prexuízos que a súa posta en andamento poda supor para outras actividades económicas como a pesca ou o marisqueo deban ser avaliados e compensados. Neste sentido cúmprelles ás Consellarías de Desenvolvimento Sustentábel e Presidencia, responsábeis respectivamente pola Declaración de Efeitos Ambientais e máis polo Plano de Seguranza Exterior, extremaren o seu celo e actuaren coa máxima dilixencia.

Xa van sendo horas de pór a cadaquén no seu lugar e separar as lexítimas preocupacións polo meio ambiente e a seguranza doutras motivacións, políticas e económicas, menos confesábeis. Non vaia ser que, ao fin, os mesmos que secundaron que o naval marchase para Andalucía amparados nunha farisaica defensa do sector público, podan conseguir agora que a enerxía marche para Asturies sob a capa dunha falsa preocupación ambiental.

10 comentarios:

Anónimo disse...

Errades a estratexia. Xa vos pasou fatura a posición do bng no tema de REGANOSA. E profundizades no erro. Iso non son catro verdades sobre reganosa, son catro tonterias que se lle ocorren a Aymerich para neutralizar unha campaña que vos vai barrer. Analisade o tema escoitando todas as voces que hai no bng.

Anónimo disse...

Nin estratexia nin nada. A mín as cousas parécenme máis sinxelas:
-O BNG foi o único que se opuxo firmemente a instalación da planta en Mugardos, pero xente como Guillermo Grandío (presidente da Autoridade Portuaria), Cuíña, Fraga e Tojeiro, son os artífices da actual ubicación da planta en Mugardos. Utilizaron o poder que tiñan, utilizaron os medios de comunicación e todo o que poideron.
-Agora, xa están os feitos consumados... a planta está en Mugardos e ¿qué facemos? ¿quitala?. Xa que está ahí, o que temos que facer é vixilar dun xeito pormenorizado que se cumplan as medidas ambientales e de seguridade precisas para evitar un posible accidente...
A mín, gostaríame ver a todo o mundo protestando diante da casa deses 4 que mencionei antes.... ¿ou acaso non sabedes que o presidente da Autoridade Portuaria que estaba antes "Guillermo Romero", tamén do PP, foi destituido dun día para outro porque non quería a planta de gas en Mugardos?. O PP o ten moi claro... aqueles que non pensan como eles queren, os apartan da circulación....Menos mal que en algo nos diferenciamos os nacionalistas....

Anónimo disse...

O BNG cambio de posición sen abrir un debate no que se escoitaran todas as voces. E asi lle foi. Non acabo de entender o derrotismo de que está ai e non hai nada que facer. O gas é un gran neocio. Por iso monta a plante Tojeiro. Para gañar cartos. Non porque queira facer unha obra de beneficiencia con Galiza. Aplicalle a lei, é xa verás como cando pola aplicación da lei non poda abrir reganosa traslada todo ao porto exterior e si non o fai el o fará outra empresa. Esa é a posición mais intelixente porque é a que non pon en perigo a vida de miles de persoas e garantiza unha ria menos agredida. E sobre apartar da circulación aos que non pensan igual recordoche que no bng apartouse da circulacion a aqueles que non pensaban como a upg neste tema, chegando incluso a expulsións.

Anónimo disse...

amigo te confundiche, os de Neda, nin temos nada que ver coa upg, nin con reganosa nin con farrapos de gaita, os homes e mulleres do BNG de Neda, somos do BNG,si tes algún problema cos da ug, te trabucache de foro, sentimolo moito, si quers algo nas cuestións do BNG d Neda e de temas de Neda, na AVda de alxeciras 67, temos o Local, tódolos venres desposidas 6 h e 30 m da tarde al´´i estamos abertos a todo tipo de debates e suxestións

Anónimo disse...

Pois para non ter nada que ver ca upg ven que paseabades o candidato con Fernando Blanco, conselleiro de industria, e afin aos postulados da upg. Sufrichedes a caida polas politicas que os da upg están a impor no bng de errolterra do que formades parte. Non avanzamos nada negando as evidencias. As catro verdades sobre reganosa responden á clasica estratexia estalinistaque manexan os comunistas patrioticos. E vexo que os debes coñecer ben porque presentandote como do bng de neda ocultaste no anonimato. Decir que o que dixeches diante dos que mandan acabria por marxinarte.

Anónimo disse...

Totalmente de acuerdo con anonimo. Renovar el partido. Villamar no puede seguir en la diputación.

Anónimo disse...

Pois, amigo alberto, non so segue senon ue despois do bo traballo que fixo, dos centos de votos rurais que foi capaz de aportar ca sua xestion na deputación o volven a escoller. Ata cando permitiran que os burocratas da upg lle chupen o sangue a esta democracia capitalista.

Anónimo disse...

Que foi da resposta de Amadeo Varela ás " catro mentiras sobre Reganoxo" escritas por Aymerich?.

Non che convén que aparezan

Anónimo disse...

De la calle Real a REGANOSA
Fernando Soto


(sábado 12 de mayo de 2007)


Voy a cumplir 37 años, tengo un trabajo fijo, soy padre de dos niños pequeños y paso la mitad de mi tiempo libre paseando con ellos de Amboage a la plaza de Armas y vuelta. No he ido a una manifestación en mi vida, exceptuando la del 11-M, no milito ni he militado en partido político alguno, y hasta que hace un año me hice socio de la Asociación de Vecinos de Ferrol Vello nunca había formado parte de ninguna organización social, cultural, sindical, de opinión o de otro tipo.

Como ven, no es el mío un perfil muy agresivo. Pero este perfil, que en ciertos ambientes me dejaría en inferioridad de condiciones, creo que me permite dirigirme con cierta confianza a ustedes, a quienes se consideran personas tranquilas, que creen que los problemas del día a día y no las entelequias teóricas son los que verdaderamente importan, que las batallas que libran son para poder llegar a fin de mes y conseguir que sus hijos estudien, que sospechan que detrás de muchas buenas causas no hay más que intereses políticos, que no se ponen camisetas con eslóganes reivindicativos, que difícilmente se van a identificar con alguien que corte el tráfico o queme neumáticos en la calle y que nunca han visto en la presencia de un policía una amenaza sino todo lo contrario. Y me gustaría hacerlo para contarles lo que está pasando con Reganosa.

Miren, el problema de la planta regasificadora, el problema de la entrada del gasero de estos días, no es el problema de unos cuantos radicales, ni de cuatro ecologistas utópicos, ni siquiera de los mariscadores: es un problema que nos afecta a todos, que les afecta a ustedes; y es un problema bien real.

La regasificadora, en su emplazamiento actual, no cumple prácticamente ninguno de los requisitos de seguridad que tanto la legislación española como la europea exigen. Así de simple. No crean a quienes les aseguran lo contrario. Se infringen varios Reales Decretos, Leyes, Directivas europeas y normas UNE. Ese tipo de instalación y la actividad que se va a desarrollar en ella, declarada peligrosa por la Unión Europea, así como el tráfico marítimo de buques de ese desplazamiento y con esas cargas, están sujetos a una estricta normativa. Normativa que se debe aplicar desde el momento de elegir su ubicación y que se resume en la obligación de efectuar un estudio previo y riguroso de impacto ambiental, dejar un área de seguridad adecuada hasta los núcleos poblados más próximos, y garantizar la salida de los gaseros en caso de emergencia. Y es inadmisible que no sea así. Ya que por muchas medidas y protocolos de seguridad que los responsables hayan contemplado es evidente que hay un riesgo; y un riesgo, además, enorme.

Fíjense hasta qué punto esto es verdad, que la planta de gas de Reganosa es la única de España a la que el Banco Europeo de Inversiones (BEI), en razón de esas irregularidades, le ha negado su financiación.

Da igual si tiene o no tiene los pertinentes permisos de la Administración. ¿No se dan cuenta de que quien da esos permisos es parte interesada?, ¿que las instituciones tienen dinero en el proyecto? Tiene permisos administrativos, o los tendrá, pero es ilegal.

Me dirijo a ustedes porque ustedes son mayoría. Los políticos gobiernan para ustedes, y los medios de comunicación les informan a ustedes. Y es lo que hagan o dejen de hacer ustedes lo que más importa. Por eso las instituciones públicas y parte de nuestra prensa han intentado presentar lo de estos días como una serie de actos violentos y marginales, o como un problema de los mariscadores (cuando los mariscadores han hecho una labor esencial y han dado la cara más que nadie, sí, pero lo han hecho integrados en un colectivo mucho más amplio), para que el resto de la población se desentienda. Para que ustedes no se sientan identificados con las protestas. Pero les aseguro que eso es falso, que aquí no hay alborotadores ni partidos políticos intentando manipular a nadie (de hecho, sólo uno, IU, se ha mostrado en contra de la planta, mientras todos los demás daban su visto bueno), ni se trata de la guerra particular de ningún colectivo, ni de unas reclamaciones ilógicas e idealistas. Se trata de un problema de todos, que supone una amenaza real para nuestra integridad física y la conservación de la ría, y para el que se propone una solución factible e incomparablemente mejor por seguridad, salud medioambiental e incluso impacto sobre el paisaje.

Nadie habla de quedarse sin planta de gas, de renunciar a ella, sino de no permitir que una actividad peligrosa se lleve a cabo en el interior de una ría densamente poblada y con un acceso estrecho y dificultoso. Hay un puerto exterior que podría albergarla, y que además encontraría en ella la razón de ser de esa segunda fase que está resultando tan difícil justificar.

Éste es también su problema. Hay gente que está intentando que se cumpla la ley y está dando la cara por ustedes. Por nosotros. Ellos ya están convencidos, convénzanse ustedes y hagan suya esta batalla. Es razonable y es justa, y en ella tendrán ustedes a la ley de su parte.

---

Fernando Soto Maceiras es secretario de la AVV Ferrol Vello

Anónimo disse...

Crispina no BNG expulsaron a un membro do seu Consello Nacional e do Consello Comarcal de Ferrol por defender a Planta de Gas fóra da Ría . Que decias das diferencias co PP