28.2.07

E.U. e o P.S.O.E., votan no Congreso en contra de que ASTANO volva á construcción naval convencional ( video )

Os votos en contra de PSOE e EU, impiden que o Asteleiro de ASTANO, poida recuperar a actividade de construcción naval civil.
O deputado do B.N.G. Francisco Rodríguez, pediulle ao goberno de Zapatero " un mínimo de esforzo de compromiso político", entre os apoios recibidos pola moción apresentada polo Bloque Nacionalista Galego, están C.C., P.P., C. i U.
Dende o B.N.G. pedimos a sensibilización da sociedade e en concreto da sociedade de Ferrolterra, ante a tropelía que dende o P.S.O.E, co apoio de E.U. volven a cometar con Ferrol e Comarca.

25.2.07

Peche do Verquedoiro de Ancos


Dende o Bloque Nacionalista Galego en Neda, queremos saber en que situación se atopa o proceso do selado do verquedoiro de Ancos, selado prometido no seu dia polo Conselleiro de Medio Ambiente, no mes de setembro de 2.006, para este fin o Deputado no Parlamento Galego polo BNG, Fernando Blanco, realizou unha serie de preguntas ao Executivo.

24.2.07

Nova oleada de actos vandálicos en Neda

Nunha nota enviada ao medios de comunicación, a mediados do mes de Xaneiro, o Grupo Municipal do BNG, amosabamos a nosa preocupación polo aumento de actos vandálicos, roubos e accidentes, que estaban a acontecer no Concello de Neda.
Nesta ocasión, denunciamos os furtos acontecidos na madrugada do día 22 de febreiro no que dous comercios ( unha perruqueria, e unha pescadería ) volvían a sufrir roubos e roturas nos seus establecimentos, no concello de Neda.
O Bloque Nacionalista Galego exixe a convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade, co fin de que a Delegación do Goberno, Garda Civil, Protección Civil e Policía Local, e goberno local, poñan derriba da mesa alternativas e medios, para tentar rematar con estes actos.
O aumento de actos vandálicos e roubos aumentaron de forma alarmante nestes dous primeiros meses do ano e é polo que exiximos que se tomen de inmediato as medidas oportunas.
nota enviada á prensa

20.2.07

Apoio ao Plan industrial do Asteleiro de Fene

Ao abeiro da lexislación vixente o Bloque Nacionalista Galego en Neda , apresenta a seguinte Moción , para ser debatida polo Pleno da Corporación.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
No ano 1972 Astano era un estaleiro privado con capacidade para 350.000 Tm de aceiro
e un plantel de 6.000 traballadores/as.
No ano 1984 o estaleiro Astano de Fene utilizouse como moeda de cambio en Bruxelas
para iniciar a reconversión naval do Estado español e facer posíbel as axudas públicas ao sector
dos estaleiros públicos civís do Estado.
Posteriormente, no ano 1987 prohibíuselle a construción de buques, adicándose o
estaleiro á fabricación de plataformas off-shore. A prohibición sobre a construción de buques
reiterouse co Plano Estratéxico de Competitividade (PEC), elaborado polo PSOE no ano 1994 e
aprobado polo PP no 1997.
O Goberno podía solicitar o levantamento do veto no 2002.
Logo da catástrofe do Prestige, o Consello de Ministros celebrado en xaneiro de 2003 na
Coruña, acordou solicitar da Comisión Europea que erguese as restricións á construción de
buques á empresa denominada daquela Izar-Fene. Porén, dende agosto de 2003, despois da
entrega da plataforma encargada pola empresa Statoil, as gradas de Fene están valeiras e sen
carga de traballo propia.
Por último, o 16 de decembro de 2004 asinouse o acordo entre a SEPI e os sindicatos
estatais onde Izar Fene se integra en Navantia e no punto 4º se limita a actividade civil durante
10 anos. Asemade, a SEPI, propietaria de Navantia comprometeuse a presentar un plan
industrial para a comarca de Ferrolterra, algo que a data de hoxe aínda non fixo.
Por mor deste acordo producíronse 1.400 prexubilacións en Ferrol e Fene, e Navantia
Fene quedou con 360 traballadores/as moitos/as deles/as transladados a Ferrol. Deste xeito
Fene, con 800.000 metros cadrados, convértese nunha compañía auxiliar de Ferrol e non nun
auténtico estaleiro, que está a realizar bloques para buques militares da antiga Bazán.
No mes de novembro de 2005 a Consellaría de Innovación e Industria, ante a falla
evidente de ocupación plena do estaleiro de Fene, propuxo ao presidente da SEPI a constitución
dunha comisión para a reindustrialización de Ferrol, proposta que este aceptóu.
O 5 de xullo de 2006 constituíuse a comisión formando parte dela as asociacións de
empresarios/as da comarca e os tres sindicatos maioritarios. A SEPI decidíu non formar parte da
comisión.
O 25 de setembro de 2006 a consellaría convocou unha xuntanza desa comisión, á que
a SEPI decide non asistir, e entrega aos axentes sociais un plan de viabilidade para o
desenvolvemento da industria naval na ría de Ferrol, un documento aberto ás achegas dos
axentes sociais, e que debía concretarse nun plan industrial concreto.
En xaneiro deste ano a Consellaría de Innovación e Industria, no marco da Comisión
creada a requerimento da mesma, presentou o Plan Industrial para o Estaleiro de Fene, baseado
na desafectación de activos ociosos que hoxe existen en Navantia Fene, para poder construír
buques civís e crear 250 postos de traballo directos e case 3.000 indirectos nun novo estaleiro. O
promotor industrial desta iniciativa é a empresa Hijos de J.Barreras, e o finanzamento correría
por conta de Caixanova e Caixa Galicia, co cal se demostra que se trata dun proxecto sólido e
solvente. En calquera caso, a adxudicación de activos ociosos de Navantia ha de facerse
mediante concurso público cos principios de competencia, publicidade e transparencia, pero
queda demostrado que existe interese e proxectos serios para construír barcos en Fene.
Ante a consideración de que o sector naval é estratéxico non só en Ferrolterra, senón
para o futuro de Galiza, o Goberno Galego e o Parlamento teñen reiterado nas últimas semanas
o apoio unánime a este Plan.
É polo que solicitamos do Pleno deste concello a adopción dos seguintes
ACORDOS
1. Comunicarlle á Presidencia e Vicepresidencia da Xunta de Galiza o apoio do Pleno da Corporación Municipal ao Plan Industrial para o Estaleiro de Fene.
2. Instar á Presidencia do Goberno do Estado a :
· Adoptar as medidas precisas que permitan que parte dos activos que no pasado perteñeceron a Astano en Fene poidan ser desafectados pola SEPI e dedicados á construción naval convencional no ámbito civil.
· Garantir a plena carga de traballo na factoría de Navantia Fene.
· Presentar de contado o Plan Industrial para Ferrol previsto nos acordos de 16 de decembro de 2004.
· Que a SEPI, no suposto de que se adopte algún acordo que poida afectar aos/ás traballadores/as de Navantia Fene, garanta sempre que o actual persoal do estaleiro poderá optar por continuar dentro do sector público.
· Que a SEPI inicie coa Xunta de Galiza o deseño e impulso de novos proxectos de reindustrialización na comarca de Ferrolterra.
enviada á prensa

13.2.07

Pola revitalización do Sector Naval na ría ( Acto Público )

Este venres 16 de febreiro de 2.007 , ás 20:00 horas, o Consello Comarcal do BNG de Ferrolterra organiza, no salón de actos do Vicerreitorado-Campus de Esteiro (Ferrol), un acto público para explicar a proposta para a revitalización do sector naval na ría, posta en marcha pola Consellaría de Innovación e Industria, que xestiona o nacionalista Fernando Blanco.
Intervirán, ademais do propio conselleiro, Xosé María Rivera Arnoso, alcalde de Fene; Xoán Xosé Pita, candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol; Francisco Rodríguez, portavoz do BNG no Congreso dos Deputados; e Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta de Galiza.
No acto, os cargos públicos nacionalistas analizarán polo miúdo as iniciativas levadas a cabo até o de agora tanto polo Goberno galego como polo BNG a prol dun sector industrial de importancia estratéxica para o país, así como os obstáculos que está a pór a SEPI, máis interesada en favorecer outras zonas do Estado en detrimento do naval galego.
O proxecto presentado pola Consellaría implica a unha importante navieira galega, Barreras, e conta co aval de dúas entidades financeiras da solvencia de Caixanova e Caixa Galicia. Implicaría a creación de 300 postos de traballo directos e 2.000 indirectos, que contrastan coa parálise actual da factoría fenesa. Ao estar protagonizado por capital privado, atópase á marxe dos vetos negociados polo PSOE coa Unión Europea.

12.2.07

Vicepresidencia esixelle ao Goberno central que "nos deixe traballar en paz" para impulsar Navantia

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, asegurou hoxe que a Administración autonómica “non precisa” do Estado para impulsar un proxecto nos terreos de Navantia en Fene e, por iso, pediu ao Goberno estatal que “nos deixen traballar en paz” para facer viábel a “única alternativa posible” para o estaleiro, traducida no proxecto presentado por Hijos de J. Barreras.En resposta aos medios de comunicación, Quintana expresou a súa “convicción“ de que a reivindicación defendida polos nacionalistas é xusta e, en consecuencia, confirmou a intención de “levala a onde faga falla”. Afirmou que a oferta da empresa viguesa non sóconstitúe a “única” posíbel, senón que tamén “é unha boa alternativa” e engadiu que “agora non vale dar voltas ao tema”, en referencia á negativa da SEPI á proposta impulsada pola Xunta para segregar a superficie inutilizada da antiga ASTANO para adicala á construción de buques civís.Quintana afirmou que o debate está restrinxido a “se os galegos teñen dereito a producir nun sector tradicional” da súa economía, o naval, ou ben deben “sufrir as consecuencias de calquera acordo colonial”, en referencia aos termos pactados no 2004 coa Unión Europea co gallo de garantir a continuidade da que por entón era a empresa pública Izar.AlegaciónsDesta forma, Quintana aludiu ao argumento esgrimido pola SEPI para xustificar o seu desacordo e advertiu que o pacto subscrito con Bruxelas “nada ten que ver coas institucións públicas ou cos dereitos e intereses dos galegos”.Nesta dirección, subliñou que a Xunta “está do lado dos intereses de Galiza” e que, por iso, aspira a “utilizar unhas instalacións, hoxe ociosas, que poderían cumprir unha función indispensábel para a creación de emprego en Ferrolterra”. “ Estamos convencidos da xustiza da nosa reivindicación e vamos a levala a onde faga falla”.Única soluciónAnxo Quintana considera que o caso de ASTANO é un bon exemplo e, en consecuencia, engadiu que só propón “unha solución: que nos deixen ser nós mesmos”. "Estamos fartos de pedir ao Estado, agora o único que lle pedimos é que nos deixen en paz e que nos deixen traballar a nós”, aseverou.Así mesmo incidiu en que “isto e a voluntade de autogoberno” fronte a “excesiva incidencia que hai en Galicia de pedirlle ao Estado”. “E hora de dicirlle que non o precisamos. Galicia ten empresas, entidades financeiras e un Goberno disposto a crear escenarios. Con que nos deixen gobernarnos e suficiente” concluíu.

8.2.07

A Propaganda desesperada do Alcalde de Neda (preme enlace nota aparecida nos medios )

Dende o Bloque Nacionalista Galego, nos gustaria, que o Sr. Alcalde de Neda, Sr. Carlos Pita, se deixara de facer tanta propaganda mediática e se puxera a traballar xa que leva moito tempo sin realizar propostas e traballos para sacar a Neda de onde a meteu, ( no vagón de cola da Comarca de Ferrolterra).
Dixemos que se deixe de propaganda e se poña a traballar porque o que si realmente ten que facer como Alcalde é
1. Presentar os ornamentos do ano 2.007, xa que a estas alturas ainda están no baúl dos recordos, e ademais aquelas grandes partidas do 2.006 pouco deberon dar de si, xa que o concello sigue a estar igual.
2. Dicimos que se poña a traballar e a realizar aquelas cousas que lle preocupan realmente á xente, vivenda pública, para que non siga marchando xente do concello, garderias infantis co fin de poder asentar xente nova, e que poida compaxinar a sua vida laboral e familiar, a realización das xestións para un centro de día, co fin de dar solución a un problema grande dos noso mayores, xa que o 24,5 % da población de Neda e mayor de 60 anos, e o tan manido Centro Cívico non vai dar solución a este tipo de necesidades dos nosos mayores.( lembramos que no mes de agosto do 2.006 presentamos dende o BNG, unha opción para o circulo de Xubia, que ademais de non costarnos prácticamente nada as arcas municipais, podería ser o inicio da solución aos problemas dos maiores.
3. E por último o emprego, e neste punto queriamos expresar a nosa sorpresa, polo do Parque Industrial de Maciñeira, sorpresa porque, despois de 28 gobernando en Neda, o Sr. Alcalde ainda non sabe a quen se ten que dirixir, para arranxar estes tema, xa que non é a consellería de Industria quen xestiona o terreos industriais, e a Consellería de Vivenda, ( xa que a Consellería de Industria a través de Xestur, o que fai e xestionar e urbanizar este chan, e ademais, primeiro o Sr. Alcalde terá que poñer a andar o PXOM, que é un trámite preceptivo, xa que si non tería que elaborar un Plan Parcial, cousa que ate o de agora o BNG, non veu presentado por ningures.

Polo tanto seguimos a reptir o que deciamos, cando iniciamos, Sr. Alcalde , si ten pensado facer algo nesta lexislatura, póñase mans a obra que o vai coller o toro.