12.2.07

Vicepresidencia esixelle ao Goberno central que "nos deixe traballar en paz" para impulsar Navantia

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, asegurou hoxe que a Administración autonómica “non precisa” do Estado para impulsar un proxecto nos terreos de Navantia en Fene e, por iso, pediu ao Goberno estatal que “nos deixen traballar en paz” para facer viábel a “única alternativa posible” para o estaleiro, traducida no proxecto presentado por Hijos de J. Barreras.En resposta aos medios de comunicación, Quintana expresou a súa “convicción“ de que a reivindicación defendida polos nacionalistas é xusta e, en consecuencia, confirmou a intención de “levala a onde faga falla”. Afirmou que a oferta da empresa viguesa non sóconstitúe a “única” posíbel, senón que tamén “é unha boa alternativa” e engadiu que “agora non vale dar voltas ao tema”, en referencia á negativa da SEPI á proposta impulsada pola Xunta para segregar a superficie inutilizada da antiga ASTANO para adicala á construción de buques civís.Quintana afirmou que o debate está restrinxido a “se os galegos teñen dereito a producir nun sector tradicional” da súa economía, o naval, ou ben deben “sufrir as consecuencias de calquera acordo colonial”, en referencia aos termos pactados no 2004 coa Unión Europea co gallo de garantir a continuidade da que por entón era a empresa pública Izar.AlegaciónsDesta forma, Quintana aludiu ao argumento esgrimido pola SEPI para xustificar o seu desacordo e advertiu que o pacto subscrito con Bruxelas “nada ten que ver coas institucións públicas ou cos dereitos e intereses dos galegos”.Nesta dirección, subliñou que a Xunta “está do lado dos intereses de Galiza” e que, por iso, aspira a “utilizar unhas instalacións, hoxe ociosas, que poderían cumprir unha función indispensábel para a creación de emprego en Ferrolterra”. “ Estamos convencidos da xustiza da nosa reivindicación e vamos a levala a onde faga falla”.Única soluciónAnxo Quintana considera que o caso de ASTANO é un bon exemplo e, en consecuencia, engadiu que só propón “unha solución: que nos deixen ser nós mesmos”. "Estamos fartos de pedir ao Estado, agora o único que lle pedimos é que nos deixen en paz e que nos deixen traballar a nós”, aseverou.Así mesmo incidiu en que “isto e a voluntade de autogoberno” fronte a “excesiva incidencia que hai en Galicia de pedirlle ao Estado”. “E hora de dicirlle que non o precisamos. Galicia ten empresas, entidades financeiras e un Goberno disposto a crear escenarios. Con que nos deixen gobernarnos e suficiente” concluíu.

0 comentarios: