O senador nacionalista Francisco Jorquera denunciou ao Goberno central por non permitir a saída a concurso dos activos ociosos de Navantia-Fene, a pesar de recoñecer que as privatizacións do naval permitiron o mantemento da actividade civil neste sector.Así, en resposta a unha pregunta do BNG, o Goberno central sinalou que foi o recurso da súa venda ao sector privado o que permitiu que antigos estaleiros de Izar se mantivesen operativos no mercado civil. "Pero o que non explica é por que agora se lle nega esa mesma vía a Navantia-Fene cando a Consellaría de Innovación e Industria promovía un plano para poñer en valor, mediante concurso, os activos agora ociosos de Fene", apuntou Jorquera.Por iso, criticou que o que "valía antes, non vale agora" e denunciou que desde o Goberno central "non teñen ningún argumento racional" para opoñerse á utilización dos 600.000 metros cadrados de Navantia-Fene.Desta forma, denunciou que os sucesivos gobernos centrais "sacrificaron" á antiga Astano para salvar outros estaleiros e subliñou que os postos de traballo se reduciron "á mínima expresión" dende 1995, cando traballaban 1.620 persoas e, agora, só 360.Finalmente, criticou que o Goberno se negue a achegar máis carga de traballo a este estaleiro alegando a cuestións técnicas, "cando foi unha decisión política”.
19.4.07
O Estado négase a privatizar os activos ocioso de ASTANO
Publicado por Bloque Nacionalista Galego ás 6:14 da tarde
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentarios:
Enviar um comentário